Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 15 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Básica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1 Proporcionar ao estudantado coñecementos básicos para comprender como a psicoloxía aborda o estudo dos procesos cognitivos que sustentan a intelixencia humana.
2 Formar na comprensión dos procesos perceptivos e atencionais básicos, facendo especial fincapé nas análises que poidan ser máis útiles para traducir estes procesos a sistemas artificiais.
3 Proporcionar ao estudantado a información dispoñible sobre os procesos de adquisición de información e os distintos estados desta información na memoria humana.
4 Proporcionar información sobre os modos de razoamento que utiliza o sistema cognitivo humano para resolver problemas e tomar decisións.
5 Formar na comprensión dos procesos básicos que interveñen na comprensión e expresión de enunciados a través da linguaxe natural.
6 Fomentar a reflexión co estudantado sobre as funcións da conciencia na cognición natural, e as dificultades da súa implantación en sistemas artificiais.
Sesións expositivas:
1. Que é a psicoloxía cognitiva: Historia, sistemas e métodos para comprender o funcionamento da intelixencia humana.
2. Percepción: fundamentos da percepción visual. Organización perceptiva e recoñecemento de obxectos.
3. Atención e execución: Atención selectiva e dividida. Procesamento automático e control.
4. Memoria e aprendizaxe: Aprendizaxe, asociación e almacenamento. Aprendizaxe implícita e explícita. Memoria a curto prazo e memoria de traballo. Memoria a longo prazo. Coñecemento episódico e semántico.
5. Pensamento: resolución de problemas. Razoamento dedutivo e indutivo. Toma de decisións.
6. Linguaxe: Expresión e comprensión. Fala e lectura.
7. Conciencia: último reto para a ciencia cognitiva e a intelixencia artificial.
Sesións interactivas:
1. Presentación das sesións interactivas e dinámicas de traballo.
2. Métodos e sistemas. Como se coñece un sistema intelixente?
3. Percepción: zonas erróneas que iluminan como vemos.
4. Atención: custos e beneficios.
5. Aprendizaxe e memoria. sabemos o que sabemos?
6. Pensamento. Heurística e algoritmos. Atallos e camiños.
7. Lingua: na punta da lingua.
8. Conciencia: espazos globais e integrados. A rareza do sentido común.
9. Presentación de traballos. I
10. Presentación de traballos. II
Bibliografía básica:
Anderson, John R. (2020). Cognitive psychology : and its implications. 9ª Edición (original de 1995).
Eysenck, M.W. & Keane, M.T. (2015). Cognitive Psychology: A student’s handbook. 7ª Edición.
Eysenck, M.W. & Brisbaert, M. (2018). Fundamentals of Cognition. 3ª Edición. Traducido como Fundamentos de Psicología Cognitiva. Trillas.
Talsma, D. (2023). The Psychology of Cognition: An introduction to Cognitive Neuroscience.
Bibliografía complementaria:
Anderson, John R (1995). Learning and memory : an integrated approach. Traducido como Aprendizaje y memoria : un enfoque integral (2001).
Balota, D.A. & Marsh, E.J. (2004). Cognitive Psychology: Key readings in cognition. Psychology Press.
Baddeley, A. Eysenck, M.W. y Anderson, M.A. (2015). Memory (2nd. Edition traducida como Memoria (2020).
Bermúdez, J.L. (2020). Cognitive science : an introduction to the science of the mind.
Carretero, M. y Asensio, M. (2014). Psicología del Pensamiento. Alianza Editorial.
Crespo León, A. (2006). Cognición humana: Mente, ordenadores y neuronas.
Dawson, Michael R. W. (2023). What Is Cognitive Psychology? Athabasca University Press. (disponible ebook)
Hunt, R.R. & Ellis, H.C. (2003). Fundamentals of cognitive psychology. Traducido como Fundamentos de psicología cognitiva. (2004).
Munar, E. Roselló, J. y Sánchez Cabaco, A. (2014). Atención y percepción. Alianza editorial.
Competencias:
CG4 - Capacidade para seleccionar e xustificar os métodos e técnicas adecuadas para resolver un problema concreto, ou para desenvolver e propoñer novos métodos baseados na intelixencia artificial.
TR1 - Capacidade para comunicar e transmitir os seus coñecementos, habilidades e destrezas.
TR3 - Capacidade para crear novos modelos e solucións de forma autónoma e creativa, adaptándose a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor.
Resultados:
Comprender os principais modelos psicolóxicos do funcionamento do sistema cognitivo.
Coñecer os principais métodos e técnicas de investigación da psicoloxía experimental para o estudo dos procesos psicolóxicos.
Seguirase unha metodoloxía híbrida entre a exposición de contidos por parte do profesor, nas clases teóricas, e a súa discusión aberta nas clases interactivas, guiada por lecturas previas. Ao longo do cuadrimestre realizarase un traballo en grupo que afondará nalgúns dos procesos traballados nas sesións anteriores, co obxectivo de propoñer e expoñer en público o seu avance na comprensión dese proceso.
As clases teóricas están orientadas principalmente ao logro da competencia xeral CG4, mentres que as actividades interactivas están vinculadas ao logro das competencias transversais Tr1 e Tr3.
Para a avaliación da materia teranse en conta todas as actividades desenvolvidas polo/a estudante, máis a cualificación obtida no exame final, que consistirá nunha proba obxectiva composta por preguntas sobre os distintos temas do programa. As/os estudantes que non se presenten ao exame figurarán na acta como non presentados, aínda que as puntuacións acadadas pola realización dos traballos e exercicios das prácticas se manterán para as seguintes convocatorias. O sistema de avaliación na segunda oportunidade será equivalente ao da primeira.
Segundo a asignación de horas de traballo á parte expositiva e á parte interactiva da materia, a avaliación de cada unha delas terá un peso equivalente: Na parte interactiva realizaranse tarefas, prácticas e proxectos individuais que constituirán o 30% da carga, e un traballo en grupo ó que se asigna un 20%. O rendemento no exame terá un peso do 50 % restante.
As tarefas individuais (30%) consistirán en 7 actividades que terán que entregarse ó longo do curso (6 feb, 27 feb, 6 mar, 13 mar, 20 mar, 27 mar e 10 abr, respectivamente); mentres que o traballo en grupo (20%) consistirá en 2 entregas parciais con fines meramente organizativos e de feedback (6 e 20 feb) e unha presentación oral que terá todo o peso avaliativo deste traballo (do 20 ó 30 de abril).
A avaliación global da materia será o resultado da suma destas cualificacións. Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de 2 sobre 5 en cada unha das partes (expositiva e interactiva) e a suma das dúas debe ser igual ou superior a 5. Para achegar o estudantado ás tarefas de investigación en psicoloxía valorarase simbólicamente (un ou dous décimos) a súa participación nun estudo experimental previsto polo profesorado.
Acorde á Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación (Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017), a realización fraudulenta dalgún traballo ou proba implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen re-elaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores/as e das fontes.
No que respecta a asistencia a clase e á posibilidade de dispensa de asistencia, o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster dá Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024). Entendemos que a dispensa de asistencia só é admisible como solución puntual a casos de extrema dificultade para seguir a docencia presencial. Dado que os contidos curriculares correspondentes ás sesións interactivas propóñense como obrigatorios, non se contempla a súa substitución por ningunha alternativa de traballo individual. O/a estudante excusado/a de asistencia deberá realizar os informes e traballos preceptivos por outros medios, e poderá facer uso das titorías para aclarar as dúbidas que poidan xurdir como consecuencia da súa non participación nas sesións presenciais. Ademais, deberá contribuír ao traballo de grupo nas mesmas condicións que os seus compañeiros, e participar na exposición grupal na sesión que corresponda. O/a estudante con concesión de dispensa de asistencia ás clases deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nas primeiras semanas de curso para concretar as tarefas para realizar e os prazos de entrega.
Clases expositivas: 23 h.
Sesións prácticas/interactivas: 15 h.
Titorías: 1h.
Exame final: 2h.
Horas de preparación e estudo do material para as clases expositivas: 36 horas. (estimado).
Elaboración de clases interactivas e elaboración de informes de seguimento: 25 h. (estimado).
Traballo en grupo: 10,5 h. (estimado).
Luis Miguel Jimenez Garcia
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813914
- Correo electrónico
- luis.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Marcos Diaz Lago
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813791
- Correo electrónico
- marcos.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | IA.01 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | IA.02 |
Venres | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego, Castelán | IA.01 |
18.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
18.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
18.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.01 |
18.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | IA.02 |
18.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.02 |
18.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.02 |
30.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
30.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_02 | IA.01 |
30.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |