Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Dende o punto de vista lingüístico-comunicativo, con este módulo o estudante deberá acadar un grao de dominio da lingua inglesa correspondente ao nivel B1.2/B2.1 no Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas. En particular, a superación da materia implicará que o estudante ten acadado a competencia necesaria para realizar con normalidade as seguintes funcións:
Comprensión oral:
* Comprender as ideas principais cando o discurso é claro e na variedade estándar e trata asuntos cotiáns que teñen lugar no traballo, na escola, durante o tempo de lecer, etc.
*Comprender a idea principal de moitos programas de radio ou televisión que tratan temas actuais ou asuntos de interese persoal ou profesional, cando a articulación é relativamente lenta e clara.
Comprensión lectora:
* Comprender textos redactados en lingua de uso habitual e cotiá ou relacionada co traballo.
*Comprender a descrición de acontecementos, sentimentos e desexos en cartas persoais.
Interacción oral:
*Desenvolverse en case todas as situacións que se presentan cando un viaxa a un país de fala inglesa.
*Participar espontaneamente nunha conversa que trate temas cotiáns de interese persoal ou que sexan pertinentes para a vida diaria (por exemplo, familia, afeccións, traballo, viaxes e acontecementos actuais).
Expresión oral:
*Enlazar frases de forma sinxela co fin de describir experiencias e feitos, soños, esperanzas e ambicións.
*Explicar e xustificar brevemente opinións e proxectos.
*Narrar unha historia ou relato, a trama dun libro ou dunha película
*Describir as reaccións propias.
Expresión escrita:
*Escribir textos sinxelos e ben enlazados sobre temas coñecidos ou de interese persoal.
*Escribir cartas persoais que describen experiencias e impresións.
Durante o curso abordaranse cuestións de gramática e de léxico relacionadas coa utilización da lingua inglesa ao nivel intermedio (alto), particularmente para a realización de actividades comunicativas en ámbitos da vida cotiá, persoais e profesionais. En concreto, no terreo do léxico está previsto tratar o vocabulario e as expresións máis comúns relacionadas con ámbitos tales como: a viaxe, a vida académica, as actividades de ocio e o mundo laboral, as tecnoloxías de uso cotiá, o fogar e a vida familiar, etc.
No que toca á gramática, abordaranse durante o curso cuestións relativas ao uso correcto dos tempos verbais (con especial atención á falta de simetría co sistema verbal na lingua materna do alumno), os verbos modais, as estruturas condicionais ou a expresión da negación, o discurso indirecto, os artigos e os cuantificadores, entre outras.
Ademais, ao longo do curso porase unha énfase especial no estudio dos medios dos que dispón o inglés para a realización de funcións comunicativas relacionadas co uso da lingua en contextos da vida diaria, tales como: a expresión de opinións (apreciación e desconformidade ou desgusto), de preocupación, como dar ou pedir consellos, expresar unha necesidade, emitir e entender unha advertencia, explicar e pedir axuda para resolver un problema persoal, pedir e conceder permiso, dar conta das opinións e das ideas de terceiras persoas, narrar acontecementos ocorridos na vida diaria, etc.
Libros de texto e outro material de uso habitual durante o curso :
Farase uso dun libro de texto correspondente ao nivel intermedio (alto) (B1.2 /B2.1 do MCER), así como dunha gramática axeitada ao mesmo nivel. Durante a primeira semana do curso especificaranse tanto as referencias concretas a estes dous tipos de materiais, manual e gramática, como ao libro de lecturas previsto para o curso.
Diccionarios recomendados
Gran diccionario Oxford Español-Inglés/Inglés-Español. Oxford University Press.
Collins Cobuild English Dictionary for Advanced Learners (Paperback). Harper Collins Publishers.
Recursos na rede para a consulta, a práctica e a auto-aprendizaxe.
Diccionarios
(inglés – galego)
http://sli.uvigo.es/CLIG/index.html
(inglés)
http://www.thefreedictionary.com/
http://dictionary.cambridge.org/
http://visual.merriam-webster.com/
http://www.learnersdictionary.com/
http://Idoceonline.com/
http://dictionary.reference.com/
(inglés-español)
http://www.wordreference.com/
Sinónimos, antónimos e ideas relacionadas
http://thesaurus.reference.com/
Gramáticas:
http://www.edufind.com/english-grammar/english-grammar-guide/
(con exercicios)
http://www.englishpage.com/grammar/
Miscelánea (actividades, tests, lectura, podcasts...)
English Test Net
http://www.english-test.net/
About.com
http://esl.about.com/
Easy English
http://www.easyenglish.com/
A4esl.org
http://a4esl.org/
UsingEnglish.com
http://www.usingenglish.com/
English Page
http://www.englishpage.com/
BBC Learning English
http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/
British Council - Learning English
http://www.learnenglish.org.uk/
University of Victoria - Language Center
http://web2.uvcs.uvic.ca/elc/studyzone/index.htm
Ademais dos obxectivos específicos relativos ao nivel de lingua que se deberá acadar, as actividades prácticas realizadas no marco desta materia permitirán aos estudantes pór en práctica e desenvolver unha serie de destrezas de carácter transversal:
- A través da utilización dos medios e recursos suxeridos ao longo do curso, os estudantes consolidarán as súas destrezas no manexo dunha serie de ferramentas de auto-aprendizaxe dispoñibles libremente a través da rede, mellorando así as súas capacidades para a aprendizaxe autónoma.
- Os estudantes desenvolverán tamén a súa capacidade para argumentar e expor con claridade o seu punto de vista, ao tempo que adquiren flexibilidade para admitir perspectivas distintas, mellorando deste xeito as súas habilidades para participar de forma construtiva en debates.
- A interacción habitual en grupos pequenos axudaralles aos estudantes a mellorar as súas destrezas interpersoais, necesarias para a toma de decisións e a organización do traballo en equipo.
Para o alumnado do Grao en Ciencias da cultura e difusión cultural, cuxa memoria atopase no enlace abaixo, as competencias que van desenvolverse na aula son:
XERAIS:
CG1 - Que os estudantes posúan os coñecementos básicos relativos á área das Humanidades e da Cultura derivados da educación secundaria e que sexan capaces de amplialos e desenvolvelos mediante o contacto con textos especializados e achegamentos recentes.
CG2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro das áreas das Humanidades e da Cultura.
CG3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e inerpretar datos relevantes (relativos aos contidos no Grao de Ciencias da Cultura e Difusión cultural) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CG4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CG5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de uso correcto e coherente dunha lingua estranxeira en situacións comunicativas diversas.
CT2 - Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
CT3 - Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
ESPECÍFICAS
CE1 - Adquirir os coñecementos básicos que permitan comprender os distintos compoñentes que interveñen na actividade lingüística e os principais métodos e recursos para o seu estudo científico.
CE2 - Desenvolver un punto de vista reflexivo e crítico en relación coa influencia da ciencia no mundo actual.
CE3 - Comprender razoadamente o interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferenzas culturais
Para información mais detallada pode consultar: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/memorias_grao…
As clases teórico-expositivas combinarán breves presentacións por parte do profesor, particularmente de cuestións de índole gramatical, léxica e de uso do inglés, coa realización de actividades prácticas na aula por parte dos alumnos, individualmente ou en grupo. O profesor encargado da parte teórico-expositiva regularmente proporá como complemento a realización fóra da aula por parte dos alumnos de actividades sobre cuestións lingüísticas que requiran, pola súa complexidade, unha práctica intensa e reforzada, pequenas actividades de investigación sobre cuestións de índole lingüística ou non relacionadas cos temas que se abordan na aula ou participación en actividades de grupo tales como debates a través das cales se busca que o alumno poña en práctica as súas competencias comunicativas en inglés. Para a realización de todas estas actividades fóra da aula está previsto que se empregue o Campus Virtual da USC. Este instrumento servirá tamén como canle adicional para o seguimento e titorización dos estudantes.
As clases prácticas serán impartidas por un profesor falante nativo de inglés no seu horario específico e distinto das clases teórico-expositivas. A traballo levado a cabo nestas sesións pretende ser dinámico ca participación activa dos estudantes nas actividades da aula, particularmente centradas no desenvolvemento das competencia oral e escrita do alumno. O profesor proporá tarefas nas que o alumno deberá poñer en práctica a súas competencias escrita e oral (presentacións, conversa...).
As titorías personalizadas serán impartidas polo profesor encargado será o mesmo ca o das clases teórico-expositivas. As titorías serán unha ocasión propicia para manteren profesor e alumno un contacto directo que permita monitorizar o progreso do alumno no curso, incluído o seu grao de adquisición dos coñecementos e habilidades que son obxecto de tratamento nas sesións “de aula”, e de poder xa que logo ulteriormente solicitar/ofrecer un consello personalizado que lle permita acadar mellor os obxectivos do curso. O profesor aproveitará ademais as titorías para comprobar a realización por parte do alumno das tarefas complementarias e de reforzo previstas para a súa realización fóra da aula. Por último, proporase nas primeiras semanas do curso a realización de lecturas (de artigos ou libros) que poderían ir acompañadas dalgunha activade complementaria de comprensión de texto, investigación, etc. das que se daría conta especificamente durante as sesións de titoría.
O grao de consecución dos obxectivos da materia por parte do estudante valorarase por medio de varios procedementos combinados tal e como se recolle a continuación e segundo a convocatoria do exame final:
Examen de 1ª oportunidade (xaneiro):
(A) Para o alumnado que asiste regularmente á clase:
--- Avaliación continua por medio de actividades supervisadas (dentro e fora da aula):45%
--- Exame escrito final: 45%
---- Exame oral: 10%
Os exames escritos realizaranse na data establecida oficialmente polo centro e constituirán, xunto coa avaliación das actividades realizadas ao longo do curso, un único bloque ao que corresponderá o 90% da cualificación final. O restante 10% da nota corresponderá ao resultado obtido nun exame oral. Para aprobar a materia os estudantes deberán superar as partes escrita e oral independentemente, se ben no caso de ter superado un dos bloques manterase esa cualificación na convocatoria de xullo.
(B) Para o alumnado que non ten a obriga legal de asistir a clase:
---Tarefas realizadas fora do aula: 45%
--- Exame escrito final: 45%
--- Exame oral: 10%
Examen de 2ª oportunidade (xuño/ xullo)
(A) O alumnado que asiste a clase e supera unha sección do exame de primeira opción pode gardar esta nota para o exame de segunda opción, en tal caso o sistema de avaliación está indicado enriba.
(B) Para lo alumnado que non ten a obriga legal de asistir a clase, terá que realizar os contidos na aula virtual polo que os porcentaxes serán os mesmos.
Alumnado repetidor:
Se un estudante debe repetir esta materia terá que volver realizar as actividades de avaliación continua.
As 15 semanas de clase das que consta o curso permitirán dedicar unhas dúas sesións de docencia expositiva a cada unha das unidades temáticas do curso. Estas sesións teórico-prácticas complementaranse con sesións semanais de prácticas que se centrarán nas destrezas de interacción oral e composición escrita. Ademais das sesións presenciais os estudantes deberán realizar ao longo do curso unha serie de actividades que se supervisarán na medida do posible a través do Aula Virtual.
Un total de 150 horas de traballo, das cales 45 corresponden a horas de presencia na aula (clases expositivas, prácticas e titorías) e 105 a traballo persoal do estudante fóra da aula.
TOTAL 45 + 105 = 150
Asistencia á clase:
A asistencia á clase é obrigatoria, e o alumno debe ser capaz de realizar o traballo asignado na aula ao longo do curso. Ademais, porase certo énfase no traballo oral ao longo do ano académico; para a meirande parte dos alumnos, onde mellor se realiza este traballo oral é na aula. En calquera caso, o alumno que non asista a clase terase que responsabilizar do traballo feito na aula, tanto se está presente como se non. De feito, así o reflicte unha porcentaxe da cualificación final.
Traballo na aula e estudo na casa:
A participación activa na aula axudaralle ao alumno a mellorar a súa actuación tanto en inglés escrito coma oral. Despois de rematar cada unidade, na aula deberíase reflexionar sobre aquela ao realizar as tarefas do libro de exercicios e, no seu caso, das actividades que se atopan no Aula Virtual para ese fin. Durante o curso académico asignaranse varias redaccións que lle permitirán ao alumno practicar a súa técnica. Para que estes traballos sexan avaliados teranse que entregar mecanografados a dobre espazo.
ADVERTENCIA IMPORTANTE.- Na normativa de rendemento académico da USC (DOG 21 de xullo de 2011, art. 16) penalízase a realización fraudulenta dalgunha proba avaliativa cun suspenso na convocatoria correspondente, alén do proceso disciplinario que se lle poida abrir a maiores ao alumno infractor (1). Polo tanto, a detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación que o alumno obtiver polos demais conceptos. Entendemos plaxio como a copia total ou parcial, fora literal ou non, de contidos ou ideas publicadas noutros traballos académicos ou en calquer tipo de obras (en papel ou internet), sen que o alumno cite a fonte de onde foron extraídas esas ideas ou textos. Os alumnos suspensos por plaxio non poderán presentarse á segunda oportunidade.
Todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital.
(1) https://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/resavare…
Datos descritivos da materia
Materia: Lingua inglesa 1 /Idioma Moderno I
Código: G5091105 / G5101106, e G5101106B semi-presencial
Créditos ECTS: 6.
Carácter: básico.
Curso e cuadrimestre: Primeiro curso, primeiro cuadrimestre.
PLAN DE CONTINXENCIA
Os sistemas de metodoloxía da ensinanza e de avaliación recollidos arriba serán de aplicación no ESCENARIO 1 (“NORMALIDADE ADAPTADA”) descrito no documento “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso académico 2020-2021”, que foi aprobado no Consello de Goberno do 19 de xuño de 2020. No caso de que se produza un cambio de escenario, tanto o sistema de metodoloxía da ensinanza como o de avaliación serán modificados tal e como se establece a continuación.
ESCENARIO 2: “DISTANCIAMENTO”
Metodoloxía da ensinanza:
- Sesións expositivas (1 hora por semana): As clases expositivas terán lugar ou ben de forma síncrona a través de MS Teams ou asíncrona no Campus Virtual mediante vídeos, audios e outros materiais.
- Sesións interactivas (2 horas por semana): As clases interactivas terán lugar de forma presencial, tal e como no escenario 1.
.Así mesmo o alumnado pode utilizar os contidos dispoñibles on- line para o libro de texto e libro de exercicios.
- Titorías personalizadas: As titorías personalizadas se levarán a cabo maioritariamente de forma virtual, ou ben a través de MS Teams ou por correo electrónico.
Sistema de avaliación: A porcentaxe relativa as distintas partes de avaliación non cambiará en caso dun cambio de escenario (é dicir, 45 % avaliación continua e 55 % exame final). As presentacións poderanse levar a cabo en liña a través de MS Teams ou alternativamente de forma presencial en grupos máis pequenos. O exame final será telemático a través do Campus Virtual e o exame oral será por MS Teams. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ESCENARIO 3: "CONFINAMENTO E PECHE DAS INSTALACIÓNS"
Metodoloxía da ensinanza:
- Sesións expositivas (1 hora por semana): As clases expositivas terán lugar ou ben de forma síncrona a través de MS Teams ou asíncrona no Campus Virtual mediante vídeos, audios e outros materiais.
- Sesións interactivas (2 horas por semana): As clases interactivas terán lugar ou ben de forma síncrona a través de MS Teams ou de forma asíncrona no Campus Virtual.
- Titorías personalizadas: As titorías personalizadas se levarán a cabo de forma virtual, ou ben a través de MS Teams ou por correo electrónico.
-Así mesmo o alumnado pode utilizar os contidos dispoñibles on- line para o libro de texto e libro de exercicios.
-Sistema de avaliación:
A porcentaxe relativa as distintas partes de avaliación non cambiará en caso dun cambio de escenario (é dicir, 45 % avaliación continua e 55 % exame final). As presentacións levaranse a cabo en liña a través de MS Teams e o exame final será telemático a través do Campus Virtual, mais a parte oral que será por MS Teams. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dosestudantes e de revisión de cualificación”.
Jodee Anderson Mcguire
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824713
- Correo electrónico
- jo.anderson [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Keah Amy Dixon
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | Aula 13 |
Mércores | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula 15 |
25.01.2021 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
28.06.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |