Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer as principais manifestacións das artes decorativas no seu desenvolvemento histórico e artístico
Comprender os fundamentos formais, técnicos e simbólicos, así como os contextos espaciais, sociolóxicos e culturais das artes decorativas
Reflexionar sobre os límites da tradicional xerarquización das artes en maiores e menores, ou belas artes e artes aplicadas ou industriais
Conectar a comprensión das artes decorativas coa tendencia de estudios de historia da arte dirixidos cara o papel da materialidade e os enfoques sobre a cultura material máis xerais
Os contidos que constan no descriptor da memoria do Título de grao desenvolveranse nos seguintes temas:
Unha introducción ao estudo da cultura material: A vida dos obxectos.
Tema 1. O mundo antigo. 1.1. Exvotos: os grandes santuarios da Antigüidade como lugares de de intercambio cultural. 1.2. Homero e a memoria do pasado micénico. 1.3. Os grandes templos gregos na descripción de Pausanias. 1.4. Espazo e xénero: interiores domésticos e mobiliario. 1.5. Olladas á vida na Atenas clásica na cerámica de figuras negras e vermellas. 1.6. Riquezas de Persia e Exipto: as cortes cosmopolitas do mundo helenístico. 1.7. Do Lacio agreste ao luxo dunha metrópole: cambios na domus romana durante a época republicana. 1.8. O otium patricio e a vida cotiá: aprendendo das ruinas de Pompeia e Herculano. 1.9. Excesos imperiais: a Domus Aurea de Nerón. 1.10. Mármore: a presenza de Roma. 1.11. As cores de Plinio: unha pequena historia da pintura romana.
Tema 2. A Idade Media. 2.1. Ruinas: Spolia e reutilización. 2.2. Autómatas e prodixios nos espazos palaciais bizantinos. 2.3. O interior dos templos en Bizancio e no Occidente europeo: mobiliario litúrxico e ornamenta sacra. 2.4. Comercio e diplomacia: a circulación de obxectos de luxo, de Asia Central á Europa atlántica. 2.5. Os camiños do marfil na economía global medieval. 2.6. Os tecidos preciosos e os seus significados na escenografía do poder. 2.7. Ceremoniais de coronación rexios: escenarios e obxectos en Reims, Burgos e Palermo. 2.8. A arte do tapiz, do bordado de Bayeux ao conxunto da Dama e o Unicornio. 2.9. Hibridización cultural nas cortes ibéricas: repensando a decoración mudéjar. 2.10. Os interiores das casas burguesas a través da pintura flamenca.
Tema 3. Época Moderna. 2.1. Renacemento. Italia: novas pautas e refinamentos na decoración de interiores. Interiores dos palazzi. Mobiliario. Os cassoni. Novos recursos: pinturas ao fresco e estucos. Século XVI. Francia e Inglaterra. España e o mobiliario do Século de Ouro. 2.2. Barroco. Italia e os interiores dos palacios romanos. Venecia e a fabricación de vidrio. Francia e a época de Louis XIV. Grandilocuencia e clasicismo nos interiores de Versalles. Mobiliario barroco e pezas decorativas. Importación de obxetos orientais. Lacados. Hôtels parisinos. Vivendas das élites no resto de Europa. Holanda. Ouro e prata para a escena sagrada. 2.3. Século XVIII. Francia. Louis XV. Rococó como síntese e esplendor das artes decorativas. Mobiliario rococó: confort, feminidade e novos tipos de mobles. Chinoiseries e outras pezas decorativas. Expansión da porcelana. Artes decorativas na Inglaterra do Barroco.
Tema 4. Época Contemporánea. 3.1. Do Neoclasicismo ao estilo Imperio. Francia e a época de Louis XVI: cambios na distribución interior dos hôtels e mobiliario. Inglaterra. Contexto neopalladiano. Do Adam Style ao Sheraton Style. Porcelana inglesa. Inicios do Gothic revival. Outras modas. Napoleón e o estilo Imperio. 3.2. Época victoriana. Inglaterra. Historicismos e eclecticismo. Interiores das casas de campo e das vivendas urbanas. Francia e o pleno eclecticismo. Estilo II Imperio. Alternativa da sinxeleza: o biedermeier alemán. 3.3. Fin de século. Francia e as novas pautas domésticas. Renovación do orientalismo: o xaponismo. 3.4. Cara o Art Nouveau. William Morris e o Arts and Crafts. Art Nouveau franco-belga. Modernismo xeométrico de Mackintosh. A Secession vienesa e o Wiener Werkstätte. 3.5. Século XX. A renovación das vangardas. Deseño industrial na Bauhaus. Movemento Moderno. Mobiliario en Mies e Le Corbusier. 3.6. Art Déco como versión estilizada das vangardas. O streamlined norteamericano. 3.7. Interiores e mobiliario na segunda metade do XX. Do comfort tradicional ás neovangardas. Italia. Deseño escandinavo. Inglaterra e as visións futuristas. 3.8. A posmodernidade: crise económica, terceira revolución industrial e globalización. Últimas tendencias. Minimalismo, reciclaxe e retorno ás artesanías.
Bibliografía básica (os libros marcados con * se considerarán, en caso de necesidade, como manuais da asignatura)
ÁLVARO ZAMORA, M. I., “Artes Decorativas”, en Introducción General al Arte (Colección Fundamentos, nº 64), Madrid, Istmo, 1994, pp. 279-497.
BARTOLOMÉ ARRAIZA, A. (Coord.), Las Artes Decorativas en España. Artes Decorativas I y II. Summa Artis, vol. XLV. Espasa-Calpe, Madrid, 1999.
*BONET CORREA, A. (Coord.), Historia de las artes aplicadas e industriales en España. Cátedra, Madrid, 1994.
FLEMING, J. y HONOUR, H., Diccionario de las artes decorativas. Alianza Editorial, Madrid, 1987.
*TILLEY, Ch., Handbook of Material Culture, Londres, Sage, 2006.
*LUCIE-SMITH, E., Breve historia del mueble, Ed. del Serbal, Barcelona, 1980.
*MACGREGOR, N., A History of the World in 100 Objects, Londres, Penguin, 2012.
*McCORQUODALE, CH., Historia de la decoración. Ed. Stylos, Barcelona, 1985.
Bibliografía específica (acceso a bibliografía completa no Campus Virtual)
-BELOZERSKAYA, M., Luxury Arts of the Renaissance, J. Paul Getty Museum, Los Angeles, 2005.
- CHIEFFO RANGUIN, V., K. BRUSH, y P. DRAPER, eds., Artistic Integration in Gothic Buildings, University of Toronto Press, Toronto, 1995.
- DARDI, D., PASCA, V., Design History Handbook (Design and Designers), Silvana Editoriale, Milano, 2019.
- GREENHALGH, P., ed., Art Nouveau, 1890-1914, V&A Museum, London, 2000.
- GREENHALGH, M., Marble Past, Monumental Present: Building with Antiquities in the Medieval Mediterranean, Brill, Leiden-Boston, 2009.
- GRUBER, A. (Dir.), Las Artes Decorativas en Europa. Del Renacimiento al Barroco. Summa Artis, vol. XLVI-I, Espasa-Calpe, Madrid, 2000 (L'Art décoratif en Europe. Classique et Baroque, 1630-1760, Citadelles, 1992).
- Images in Ivory: Precious Objects of the Gothic Age, Princeton University Press, Princeton, 1997.
- KEANE, B. C., Towards a Global Middle Ages: Encountering the World Through Illuminated Manuscripts, J. P. Getty Museum, Los Angeles, 2019.
- LOOS, A., Ornamento y delito y otros escritos. Gustavo-Gili, Barcelona, 1972.
- MARTIN, Th., The Medieval Iberian Treasury in the Context of Cultural Interchange, Brill, Leiden-Boston, 2020.
- McNEIL, P., RIELLO, G., Luxury. A Rich History, Oxford University Press, 2016.
- Medieval Tapestries in the Metropolitan Museum of Art, MET, New York, 1993.
- NEER, R. T., Art & Archaeology of the Greek World (second edition), Thames & Hudson, London, 2019.
- PLINIO, Textos de Historia del Arte, ed. E. Torrego, Antonio Machado Libros, Madrid, 2001.
- RUGGLES, D. F., ed., Islamic Art & Visual Culture: An Anthology of Sources, Wiley-Blackwell, Oxford, 2011.
- RYBCZYNSKI, W., La casa. Historia de una idea, Nerea, Madrid, 1989.
-TORRENT, R. y MARÍN, J. M., Historia del Diseño Industrial. Cátedra, Madrid, 2005.
-Vestiduras ricas: El Monasterio de Las Huelgas y su época, 1170-1340, Patrimonio Nacional, Madrid, 2005.
- THORNTON, P., Authentic Decor: The Domestic Interior 1620-1920, Viking, 1984.
- VV. AA., Le meuble des grands ébenistes et des designeurs, Celiv, Paris, 1990.
Competencias xenéricas:
Capacidade para sintetizar información a partir de distintas fontes, tanto escritos teóricos como publicacións de investigación e artigos de prensa, así como fontes gráficas
Capacidade para traballar en grupo colaborando na achega de propostas para os casos de estudo e comentarios expostos
Acceso e manexo dos contidos e recursos sobre artes decorativas dispoñibles nas webs dos principais museos e na internet
Competencias específicas:
Manexar correctamente a terminoloxía histórico-artística referida ás artes decorativas
Capacidade para relacionar os contextos sociais, culturais e estéticos coa evolución e características específicas das artes decorativas
Capacidade para integrar o desenvolvemento das artes decorativas nas tendencias e gustos estéticos de cada período
Docencia expositiva ou teórica: desenvolvemento do programa de contidos teóricos a través da metodoloxía de clase participativa. Para unha mellor comprensión destes conceptos, xunto coa bibliografía recomendada no apartado correspondente, o estudante disporá de material docente complementario que será proporcionado polo profesor e que estará accesible na aula virtual da materia
Docencia interactiva ou práctica: clases interactivas presenciais e/ou mixtas a desenvolver con traballos individuais. Haberá varias modalidades de traballos, como os orientados a análise das artes decorativas a partir de textos -Pausanias, Plinio, Alberti, Ruskin, Loos…-, da súa representación en pintura – caso das escenas ambientadas en interiores -, ou cinema -cine histórico-, pero tamén comentarios de pezas de artes decorativas e mobiliario en museos de referencia ou coleccións pertecentes a museos, palacios e casas museo, integradas nestes últimos casos nun mesmo ambiente interior orixinal (ambiente de época ou dun propietario específico).
No horario asignado de interactivas desenvolveranse diferentes actividades para comentario e corrección en grupo dos traballos individuais. Os traballos entregaranse en PDF, a subir no Campus Virtual durante as diferentes semanas de sesións interactivas. A realización, entrega e asistencia para o comentario nas clases destes traballos individuais de curso e condición indispensable para superar a materia na primeira oportunidade salvo nos casos de dispensa académica. Se o desenvolvemento das tareas dos traballos individuais non fora satisfactorio en canto a continuidade das entregas ou calidade das mesmas ou asistencia aos comentarios, os alumnos poderán ser derivados cara a opción de exame final como único criterio de avaliación. A calificación mínima a acadar nos traballos de interactivas semanais para poder superar a materia será un 3. A non asistencia aos comentarios nas clases das interactivas cargadas no Campus Virtual conlevará unha penalización na puntuación, que non poderá ser a puntuación completa. A calificación mínima na proba de exame para superar a materia sumando ás calificacións das interactivas será un 2.
Campus virtual
Acceso aos recursos e ferramentas de comunicación da materia dispostas na USC Virtual. Acceso ás imaxes explicadas nas clases expositivas inseridas na USC Virtual.
Práctica de campo
Visita a algún museo de Galicia ou de ámbito estatal con interese pola presenza de pezas ou coleccións de artes decorativas e mobiliario
A avaliación da aprendizaxe nesta materia comprende o proceso semanal de traballos máis unha proba final. Polo tanto é un sistema de avaliación continua combinado con proba ou exame final, baseado principalmente na realización, entrega e comentario duns traballos de curso individuais e obrigatorios. Non será posible superar a asignatura na primeira oportunidade de non ter realizado, entregado e participado no comentario dos traballos de curso e as actividades desenvoltas semanalmente nas clases interactivas, agás os casos de dispensa de asistencia. A superación da materia na segunda oportunidade será exclusivamente mediante avaliación por exame, salvo situacións excepcionais e xustificadas.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), será avaliado cunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
No caso de que algún estudante non puidese cumprir na primeira oportunidade da convocatoria cos requisitos establecidos para a avaliación continua, previa xustificación das razóns da imposibilidade, fixarase un procedemento singularizado, para poder cubrir esa parte da valoración final, a través de traballos individuais ou lecturas que o profesor lle indicará, e que deberán de ser entregados coa debida antelación para proceder á súa corrección, alomenos 15 días antes da data de peche de actas da segunda oportunidade.
Como criterio xeral, para a superación da materia pola avaliación continua coa realización de traballos individuais a cualificación mínima a acadar cos traballos semanais será de 3, sen que as faltas nas asistencias presenciais a clase sexan inferiores ao 30% do total previsto. Se o desenvolvemento das tareas dos traballos individuais non fora satisfactorio en canto a continuidade, calidade e comentario das entregas semanais, os alumnos que non cumplan uns requisitos mínimos poderán ser derivados, previa notificación do profesor, cara a opción de exame final como único criterio de avaliación. A calificación mínima na proba de exame para superar a materia sumando ás calificacións das interactivas será un 2.
A avaliación continua xunto co exame terá un peso do 100 % da cualificación final, cunha desagregación de:
-Realización, entrega e comentario dos traballos de curso: 60%
-Exame obrigatorio: 40%
Como rúbrica de avaliación orientativa dos traballos de curso e outras posibles tarefas alternativas realizadas e entregadas se propón a siguiente baremación: Entregas cumplindo plazos semanas e con asistencia (0-1 puntos) - Caracterización espacial e funcional (0-2 puntos) - Manexo de terminoloxía específica (0-1 puntos) – Análise material e técnico de elementos e pezas (0-2 puntos) -Dimensións socioculturais e simbólicas (0-2 puntos) – Materiais complementarios aportados (0-2 puntos).
Nos casos de realización non satisfactoria dos traballos individuais, ou de reiteradas faltas de asistencia durante o desenvolvemento das clases interactivas será posible a derivación dos alumnos cara o sistema de avaliación por proba final exclusivamente contemplado para casos de dispensa de asistencia.
Para os casos de realización fraudulenta de traballos ou probas con impacto na calificación será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo traballo presencial estudiantes.- 47 horas
Docencia expositiva.- 32 horas
Docencia interactiva.- 16 horas
Titorías.- 3horas
Tempo de estudio e actividade persoal.- 103 horas
Estudio autónomo individual ou en grupo.- 60 horas
Lecturas propostas, actividades de biblioteca.- 28 horas
Preparación de presentacións.- 8 horas
Outras tareas.- 7 horas
Asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas. Realización das diferentes prácticas interactivas semanais. Realización do traballo de curso. Consulta da bibliografía. Acceso e consulta aos contenidos docentes na páxina web da USC Virtual. Consultas nos horarios de titorías presenciais e a través de titoría virtual dentro da USC Virtual.
A asistencia ás sesións de clases expositivas e interactivas é fundamental para a superación da materia. Os estudiantes terán que realizar todas as actividades propostas ou compensatorias para superar con éxito a materia.
Actividades formativas. Recoméndase a inscrición nos cursos de Competencias da Información que oferta a Biblioteca do centro.
O material docente comentado nas clases expositivas e a bibliografía estarán a disposición dos estudiantes na aula do Campus Virtual da USC. É posible que se programen con antelación actividades alternativas para o desenvolvemento da materia
Jesus Angel Sanchez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812597
- Correo electrónico
- jesusangel.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Rosa Maria Rodriguez Porto
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 |
22.05.2023 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
30.06.2023 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |