Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo central da materia é identificar liñas relevantes de investigación e innovación nas didácticas das Ciencias Sociais e as Humanidades, que permitan desenvolver competencias para a docencia.
Contidos xerais (Memoria Verificación Título)
1. O profesor como axente reflexivo e crítico, capaz de proxectar a innovación docente e a investigación educativa na mellora da súa propia práctica.
2. Aportacións da investigación educativa en Ciencias Sociais e Humanidades á mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe.
3. Análise e valoración de proxectos e experiencias innovadoras no ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais e Humanidades.
4. Deseño e desenvolvemento de propostas de innovación e investigación no ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais e Humanidades.
Contidos específicos (a partir da Memoria Verificación Título)
1. Investigación e innovación en didáctica das ciencias sociais
a. A dimensión epistemolóxica das propostas educativas: conceptos substantivos no ensino de disciplinas das Ciencias Sociais.
b. A dimensión metodolóxica para a educación histórica e doutras ciencias sociais: da metodoloxía transmisiva tradicional ás metodoloxías activas.
2. Avaliación por competencias e conceptos metodolóxicos no ensino das ciencias sociais.
3. Investigación en educación na formación do profesorado de secundaria:
a. A competencia docente avalíase na práctica: elaboración dun programa de actividades ou unidade didáctica para investigar a súa eficacia durante o Practicum. Deseño curricular.
b. Os resultados da investigación no master comunícanse nos TFM. A comunicación da investigación. Escrita académica e normas de publicación en educación e outras ciencias sociais: A estrutura do TFM
BÁSICA:
-DOMINGUEZ CASTILLO, J, (2015): Pensamiento histórico y evaluación de competencias. Graó.
-GÓMEZ, C. J., ORTUÑO, J., MIRALLES, P. (2018). Métodos y estrategias de enseñanza de las ciencias sociales. En P. Miralles y C. Gómez (coords.) Enseñar ciencias sociales con métodos activos de aprendizaje. Reflexiones y propuestas a través de la indagación (pp. 79-127). Octaedro.
-HERNÁNDEZ SAMPIERI, R.; FERNÁNDEZ COLLADO, C., BAPTISTA LUCIO, P. (2006). Metodología de investigación. México: McGraw Hill.
-STRAUSS, A., CORBIN, J. (2002). Bases de la investigación cualitativa. Técnicas y procedimientos para desarrollar la teoría fundamentada. Medellín: Universidad de Antioquia.
-Cada tema/bloque de contido terá asociada unha documentación específica (revistas, páxinas Web de interese, artigos) que será indicada, durante o proceso de ensino-aprendizaxe, ao alumnado.
COMPLEMENTARIA:
-BISQUERRA, R. (2009). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.
-COHEN, L., MANION, L. (2002). Métodos de investigación educativa. La Muralla.
-CUESTA, R. (1998). Clío en las aulas. La enseñanza de la Historia en España entre reformas, ilusiones y rutinas. Akal.
-ELLIOTT, J. (2000). El cambio educativo desde la investigación-acción. Morata.
-GIROUX, H. A. (1997). Los profesores como intelectuales: hacia una pedagogía crítica del aprendizaje. Paidós.
-GOETZ, J. P., LECOMPTE, M. D. (1988). Etnografía y diseño cualitativo en investigación educativa. Morata.
-GÓMEZ, C. J., SOBRINO, D. (2018). Métodos activos de aprendizaje y adquisición de competencias en la clase de historia. En P. Miralles y C. Gómez (coords.) La educación histórica ante el reto de las competencias: métodos, recursos y enfoques de enseñanza (pp. 111-126). Octaedro.
-HERNÁNDEZ, P., MAQUILÓN, J., CUESTA, D., IZQUIERDO, T. (2015). Investigación y análisis de datos para la realización de TFG, TFM y tesis doctorales. Compobell.
-MERCHAN, J. (2005). Enseñanza, examen y control: profesores y alumnos en la clase de historia. Octaedro.
-MIRALLES-SÁNCHEZ, P., SÁNCHEZ-IBÁÑEZ, R., MORENO-VERA, J.R. (eds.) (2024). Aprender historia en el siglo XXI. Octaedro.
-MURPHY, J (2011). Más de 100 ideas para enseñar historia en educación primaria y secundaria. Graó.
-NIETO MARTÍN, S. (ed.) (2012). Principios, métodos y técnicas esenciales para la investigación educativa. Dykinson.
-NOVAK, J. D. e GOWIN, D. B. (1988) Aprendiendo a aprender. Martínez Roca (capítulo 8).
-RODRÍGUEZ PÉREZ, R.A., TRIGUEROS CANO, F.J., ANTOLINOS SÁNCHEZ, A. (eds.) (2024). Mirando al futuro: educación histórica y valores cívicos. Octaedro.
-SÁNCHEZ-FUSTER, M.C., LÓPEZ-GARCÍA, A., MONTEAGUDO-FERNÁNDEZ, J. (2024). Tecnologías emergentes y alfabetización digital para enseñar historia. Octaedro.
-SÁNCHEZ-RODRÍGUEZ J., RUIZ-PALMERO J., SÁNCHEZ-VEGA E. (2017) Flipped classroom. Claves para su puesta en práctica. EDMETIC, 6(2), 336-358.
-STENHOUSE, L. (2004). La investigación como base de la enseñanza. Morata.
Revistas de Didáctica de las Ciencias Sociales con contidos íntegros on line:
-Clase de Historia: http://www.claseshistoria.com/revista/historial.html
-Clío & Asociados (Argentina): http://bibliotecavirtual.unl.edu.ar:8180/publicaciones/handle/1/2413
-Con-Ciencia Social: http://www.fedicaria.org/quees_conc_social.htm
-Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales: http://centros.uv.es/web/departamentos/D90/valenciano/
Didácticas Especificas: http://www.didacticasespecificas.com/ES/index.php
-Enseñanza de las Ciencias Sociales (revista de investigación): http://161.116.7.34/publicacions01/revistes.htm
-Iber (acceso só a abstracts: suscripción de pago para contidos completos): http://iber.grao.com/revistas/presentacion.asp?ID=10
-Proyecto Clío: http://clio.rediris.es/
-Teoría y didáctica de las CC sociales (Universidad de los Andes, Venezuela): http://www.saber.ula.ve/gitdcs/
-Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado (RIFOP): https://recyt.fecyt.es/index.php/RIFOP
-Revista Electrónica Internuniversitaria de Formación del Profesorado (REIFOP): https://revistas.um.es/reifop
-Revista de investigación en Didáctica de las Ciencias Sociales (REIDICS): https://revista-reidics.unex.es/index.php/reidics/about
XERAIS:
-CX3 (reformulada). Planificar, desenvolver e avaliar propostas de ensino e aprendizaxe, utilizando metodoloxías de traballo que faciliten a adquisición das competencias propias das materias de ensino secundario.
-CX6. Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
-CX12. Participar na avaliación, investigación e innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa.
-CX16. Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
-CX17. Desenvolver hábitos e actitudes para ser capaces de asumir autonomamente a formación propia e a aprendizaxe ao longo do desenvolvemento profesional.
-Participar na avaliación, investigación e innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e a outros profesionais da educación.
-Asumir a interdisciplinariedade e contidos transversais no ensino-aprendizaxe das ciencias sociais e das humanidades.
-Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia) transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe
ESPECÍFICAS (asociadas ao módulo específico)
-CEE11. Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito das ciencias sociais.
-CEE12. Analizar criticamente a profesión docente e as boas prácticas, utilizando indicadores de calidade.
-CEE13. Identificar os problemas relativos á ensinanza e á aprendizaxe das ciencias sociais e formular alternativas e solucións.
-CEE14. Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
-Adquirir criterios de selección, elaboración e avaliación de materiais educativos para as ciencias sociais.
TRANSVERSAIS:
-CT1. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
-CT3. Potenciar a capacidade de traballo en contornos cooperativos e interdisciplinarias.
-Deseñar e poñer en práctica actividades de innovación educativa con contidos transversais para facilitar o desenvolvemento e a avaliación de competencias básicas (por exemplo, por medio dunha saída didáctica).
Sesións expositivas
Presentación dos contidos apoiados en recursos e fontes dixitais. Pequenas lecturas, actividades de reflexión en pequeno grupo e reflexións grupais apoiadas en estratexias concretas. Fomento da participación activa e do diálogo na aula. Sempre que sexa posible, contarase coa colaboración de profesorado de secundaria que de a coñecer vivencias e experiencias reais de aula sobre as que reflexionar.
Sesións interactivas
En pequenos grupos, materializarase o visto nas expositivas, elaborando e expoñendo deseños didácticos de aula e outras tarefas a concretar. A docente actuará de guía na creación desas propostas.
Titorías e comunicación co alumnado
Apóstase por unha titorización e comunicación presencial ou en liña, individualizada ou en pequeno grupo.
Fomentarase a mensaxería interna e os foros temáticos do Campus Virtual (CV). As tarefas crearanse e corrixiranse a través do CV.
Actividades (non presenciais)
O alumnado deberá organizarse dentro e fóra da aula, en grupo e individualmente. Debe tomar notas de reflexións propias derivadas do exposto na aula; ler bibliografía; indagar en espazos próximos; revisar fontes e recursos; distribuír tarefas; estruturar contidos; redactar traballos ou elaborar presentacións.
Avaliación continua
- Asistencia e participación nas actividades da aula: asistencia a un mínimo do 80% das sesións. En caso de asistir a menos dese 80% das sesións decaerase da avaliación continua, tendo a oportunidade de facer unha proba escrita para superar a materia, que abarcaría a totalidade da puntuación. O control da asistencia realizarase a través de diferentes instrumentos de rexistro. A asistencia e participación terá un peso do 10% na nota final. Valoraranse a implicación, compromiso e actitude espontánea do alumnado na aula, así como aportacións escritas, tanto individuais como colectivas, feitas nas sesións ou para a materia. Atendendo ao artigo 3 do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en 2024, o alumnado poderá xustificar a falta de asistencia ás actividades académicas por razóns de índole persoal ou familiar, pola realización de deberes inescusables de carácter social debidamente acreditados ou por causas de forza maior. Cando isto suceda e a xustificación sexa considerada apta e suficiente, a falta de asistencia non implicará consecuencias negativas para a avaliación e cualificación dos e das estudantes.
– Traballo individual (40%): entrega dunha ou máis tarefas individuais a determinar, ao longo da materia.
– Traballo grupal (50%): entrega e exposición dun traballo grupal, elaborado en grupos, de xeito colaborativo. A non participación activa dalgún dos membros do grupo implicará decaer da avaliación no traballo grupal e verse sometido a unha proba escrita específica sobre a resolución de problemas didácticos.
Salvo as excepcións mencionadas, non se contempla a elaboración dun exame na avaliación ordinaria.
A detección de plaxio ou unha mala praxe significará a perda da avaliación continua.
As faltas de ortografía reiteradas e problemas graves de puntuación ou redacción penalizarán na cualificación dos traballos.
As e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado “participación activa e actitude crítica” as súas intervencións en galego.
Alumnado con dispensa
Elaborarase un plan adaptado ás circunstancias, seguindo na medida do posible a avaliación continua presentada. A maiores, abordarase un traballo de reflexión crítica individual sobre algún libro incluído na bibliografía da materia ou outro escollido polo estudante, acordado coa docente. Ademais, será precisa a asistencia a un mínimo de 3 titorías para reflexionar sobre o feito ou resolver dúbidas.
Segunda oportunidade
Aquel alumnado que na avaliación continua obteña unha cualificación inferior a 5, poderá repetir algún dos apartados para mellorar o resultado final.
Alumnado repetidor
O alumnado repetidor seguirá o proceso ordinario de avaliación continua indicado anteriormente.
Avaliación final
O incumprimento dos ámbitos da avaliación continua, ou non ter presentado resultados en ningún dos apartados, fará que acceda a unha avaliación final. Constará dunha proba específica individual, a determinar (100%).
Auto-avaliación docente e da materia
Teranse en conta as ideas do alumnado nas súas reflexións individuais. Que aspectos da materia destacan como positivos e cales mellorarían.
O alumnado valorará nunha enquisa pechada aspectos da materia como a actuación docente; comunicación e titorización; contidos; metodoloxía; avaliación; etc.
Traballo presencial do alumnado: total 48 h.
• Clases expositivas: 15 h.
• Clases interactivas (seminarios, debates, exposicións, prácticas): 24 h.
• Titorías en grupo pequeno e mediano: 9 h.
Traballo persoal do alumnado (non presencial): total 102 h.
• Estudo autónomo, individual ou en grupo: 40 h.
• Elaboración de informes, resolución de problemas, deseño de propostas de ensino, etc.: 40 h.
• Preparación e participación en debates, presentacións orais, etc.: 15h.
• Lecturas recomendadas, buscas bibliográficas, outras tarefas: 7h.
Aconséllase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonízamo do alumnado na súa propia aprendizaxe
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Na saída ou saídas de campo que se realicen terase escrupuloso respecto pola contorna. Non se pode recoller ningunha mostra vexetal (follas de árbores, musgos, e outros seres vivos) agás as que estean caídas no chan. Evitaranse ruídos innecesarios que poidan molestar a outras persoas ou perturbar a calquera ser vivo. Non se deixará resto de ningún tipo. O medio sempre debe quedar mellor, ou como mínimo igual, do que o encontramos, nunca peor. Levarase unha bolsa para poder recoller algún lixo que se puidese encontrar e eliminar. Non se poderá utilizar teléfonos móbiles, nin outros artefactos, agás para realizar algún tipo de actividade de instrución relacionada coa actividade.
Tania Riveiro Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 982821078
- Correo electrónico
- tania.riveiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
Mércores | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
26.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
01.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |