Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1. Coñecemento e dominio da técnica do comentario de texto, das distintas formas de achegamento crítico ao texto literario, cun plantexamento fundamentalmente filolóxico e práctico. Non é obxectivo desta materia o repaso de distintas épocas ou movementos literarios, senón o achegamento aos textos como elementos de análise filolóxica.
2. Desenvolvemento da capacidade crítico-filolóxica do alumno para a análise literaria.
3. Adquisición da terminoloxía básica para a realización de comentarios de textos literarios.
4. Adquisición dos conceptos fundamentais de Retórica e Estilística.
1. Concepto e modelos do comentario literario de textos hispánicos.
2. Selección de textos de poesía, teatro e prosa de distintas épocas da literatura española e hispanoamericana sen obrigada secuenciación ou ordenación histórica.
3. Textos iniciais. Primeiro achegamento
Selección de textos de diversos autores, épocas e xéneros. Esta fase introductoria está pensada para avaliar o nivel de coñecemento literario e de dominio do español e especialmente pensado para aqueles alumnos nos que o español non sexa a primeira lingua o non teñan os coñecementos literarios esperables.
4. Textos medievais
5. Textos do Século de Ouro
6. Textos dos séculos XIX, XX, XXI.
Bibliografía básica
LECTURAS OBRIGATORIAS
Os alumnos deberán ler atentamente os textos de distintas épocas e xéneros da Literatura Española e Hispanoamericana, que serán facilitados directamente ou estarán dispoñibles na Aula Virtual para a súa análise e comentario, sexa na aula ou nos espazos virtuais acaídos nos diferentes escenarios.
No caso dos Escenarios 2 e Escenario 3 que dificulten a consulta bibliográfica, serán colgados da Aula Virtual aqueles textos accesibles e máis acaídos para seguir as diferentes sesións non presenciais.
Bibliografía complementaria
BIBLIOGRAFÍA SOBRE O COMENTARIO LITERARIO
Carrasco, I y G. Fernández Ariza, eds., El comentario de textos, Universidad de Málaga, 1998.
Díez Borque, José María, Comentario de textos literarios. Métodos y práctica, Madrid, Playor, 1977.
Domínguez Caparrós, José, Introducción al comentario de textos, Madrid, MEC, 1977.
Lázaro Carreter, F. y G. Correa Calderón, Cómo se comenta un texto literario, Madrid, Cátedra, 1974.
Navarro Durán, R., La mirada al texto. Comentario de textos literarios, Barcelona, 1995.
Paraíso, Isabel, el comentario de textos poéticos, Madrid, Júcar, 1988.
Villanueva, Darío, El comentario de textos narrativos: novela y cuento, Madrid, Mare Nostrum, 2006.
VV. AA., El comentario de textos, Madrid, Castalia, 4 vols., 1973-1983.
MANUAIS DE TERMINOLOXÍA E RETÓRICA
Azaustre Galiana, A. y Casas Rigall, J., Manual de retórica española, Barcelona, Ariel, 1997.
Estébanez Calderón, D., Diccionario de términos literarios, Madrid, Alianza, 1996.
Frenzel E., Diccionario de argumentos de la literatura universal, Madrid, Gredos, 1976 (1970 en alemán).
Frenzel E., Diccionario de motivos de la literatura universal, Madrid, Gredos, 1980 (1976 en alemán).
Lázaro Carreter, F., Diccionario de términos filológicos, Madrid, Gredos, 1968. Lausberg, H., Elementos de retórica literaria, Madrid, Gredos, 1975.
Marchese, A. y J. Forradellas, Diccionario de retórica, crítica y terminología literaria, Barcelona, Ariel, 1986.
Platas Tasende, A. Mª, Diccionario de términos literarios, Madrid, Espasa-Calpe, 2000.
MANUAIS DE MÉTRICA
López Estrada, F., Métrica española del siglo XX, Gredos, Madrid, 1970.
Navarro Tomás, T., Métrica española, Nueva York, Las Américas, 1966; Madrid, Guadarrama, 1974.
Quilis, Antonio, Métrica española, Madrid, Alcalá, 1973; Barcelona, Ariel, 1984.
Spang, Kurt, Ritmo y versificación: teoría y práctica del análisis métrico y rítmico, Universidad de Murcia, 1983.
Esta asignatura pretende que o alumno desenvolva a súa capacidade para:
1. Identificar e interpretar os elementos do texto que determinan o seu carácter literario nas distintas épocas e xéneros.
2. Adquirir e aplicar ao texto conceptos e terminoloxía relacionados coa estrutura, o estilo, a retórica, a métrica.
3. Redactar de xeito correcto, coherente e ben argumentado comentarios literarios, que conterán a análise obxectiva dos seus aspectos máis salientables, pero tamén o punto de vista persoal do alumno respecto á interpretación e valoración do texto obxecto de análise.
4. Expoñer oralmente de maneira correcta a súa análise e interpetación dos textos literarios.
5. Participar nos posibles debates que se susciten na aula sobre temas relacionados coa materia e o comentario literario.
6. Eventualmente, traballar en grupo e de xeito coordenado con outros alumnos, na análise dun texto.
A impartición da totalidade da materia está suxeita ás limitacións de tempo e á importancia relativa de cada tema dentro do programa. Os profesores poderán valorar estas circunstancias e aplicar un criterio selectivo ao temario, adicando a atención aos autores e obras que consideren máis axeitados. Valorarase, neste senso, a situación dos Escenarios 2 e Escenario 3 para previsibles variacións ou modificacións do programa proposto.
Escenario 1 Presencial
Aínda que a meirande parte das sesións presenciais son expositivas, a naturaleza da asignatura aconsella dotala dun acusado carácter práctico: mesmo a explicación de contidos teóricos conlevará a devandita compoñente, isto é, irá acompañada da reflexión e o comentario a propósito dos textos literarios concretos.
Cómpre decir por iso que as explicacións do profesor tomarán como punto de partida os textos, para, a partir do comentario práctico dos mesmos, extraer as nocións teóricas que o alumno poderá aplicar despois a outros textos, no ámbito da aula ou fóra dela. En lóxica consecuencia, necesítase que o alumno adopte unha actitude participativa durante as sesións presenciais.
Algunhas tarefas serán de tipo non presencial aproveitando os recursos dixitais proporcionados pola Aula Virtual e as diferentes ferramentas dixitais que se usen, nomeadamente MsTeams e Moodle.
Escenario 2 Semipresencial
Tendo en conta que algunha porcentaxe de sesións poderían ser presenciais, manteríanse a lo menos unha sesión presencial semanal para a resolución de dúbidas sobre os textos analizados, así como outros asuntos difíciles de solventar en sesións non presenciais.
As sesións non presenciais serán realizadas, cando sexan síncronas, por grupo en Ms Teams e a documentación fornecida mediante a Aula Virtual e as ferramentas de Moodle. A comunicación cos alumnos en comunicacións non presenciais se fará preferentemente por medio da Aula Virtual, aínda que non se desbota a posibilidade dunha comunicación directa por medio do correo electrónico persoal.
Escenario 3 Docencia non presencial
Toda a docencia e a relación alumno-profesor será por medios remotos, preferentemente a Aula Virtual, o correo electrónico persoal e mediante sesións en grupo con Ms Teams que deberán axustarse ao horario e ao calendario oficialmente aprobado, sen perxuizo doutras sesións complementarias de acordo cos alumnos participantes nas sesións oficiais.
Nestes casos, a participación activa do alumno será tida especialmente en conta dada a situación precaria de comunicación coa que nos enfrentariamos.
A asistencia ás clases será obligatoria.
1ª oportunidade
A avaliación do alumno se realizará exclusivamente mediante avaliación continua ao longo do curso. Esta avaliación basearase en pequenos traballos de comentarios literarios ou pescudas particulares sobre asuntos concretos, individuais ou en grupo. De ser posible, o alumno fará unha exposición (presencial ou virtual) dun comentario de texto proposto polo profesor. Ademáis, contará para a calificación final a participación activa nas sesións de actividades copresenciais, sexan virtuais ou presenciais.
En todos estes exercicios, o alumno deberá demostrar a súa capacidade de análise dacordo coas pautas explicadas nas sesións, a adquisición da terminoloxía, os conceptos básicos para o comentario literario e, de maneira especial, a súa madurez á hora de redactar e expoñer un texto en español e explicar o significado do texto analizado.
2º oportunidade
Dado que o sistema de avaliación continua valorará os exercicios e tarefas presentadas polos alumnos ao longo do curso, a segunda oportunidade será avaliada por medio da nova presentación de aqueles traballos que segundo o profesor da materia non tiveran superado o nivel de calidade eixixido para superar a materia. Polo tanto, o profesor proporá a estes alumnos un número concreto de tarefas para que sexan presentadas nun periodo razoable de tempo para a superación da segunda oportunidade.
No seu caso, os estudantes con dispensa oficial de asistencia a clase serán avaliados mediante un sistema equivalente aos alumnos que se presenten á segunda oportunidade.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Sesións expositivas, presenciais ou en remoto, 30 horas
Sesións de seminario 14
Sesións de titoría programada 3 (presenciais ou non presenciais)
Sesións de avaliación 3
O traballo autónomo do alumno estimase nunhas 90 horas.
Escenario 1 Presencial
1. O alumno deberá realizar unha lectura moi detida, previa ás sesións expositivas e interactivas, de tódolos textos propostos para o traballo na aula para unha máis sinxela comprensión das explicacións e un máis eficaz traballo práctico sobre os mesmos.
2. É fundamental a consulta da bibliografía recomendada, especialmente para a adquisición de terminoloxía e conceptos básicos no comentario literario.
3. Dado o carácter eminentemente práctico da asignatura, recoméndase ao alumno que manteña unha actitude participativa nas clases, con posibles intervencións e exposicións orais durante as sesións.
Escenario 2 Semipresencial e Escenario 3 Non presencial
1. De non ser posible o acceso a bibliografía esencial, o profesor facilitará os medios para que as ferramentas esenciais estean ao dispor dos alumnos.
2. Nas sesións non presenciais, sexan síncronas ou asíncronas, por medio de Ms Teams ou doutros de diferente tipo, o alumno deberá manter unha actitude participativa nas clases, con posibles intervencións e exposicións orais durante as sesións.
3. Todos os materiais de traballo directo serán facilitados polo profesor por medio da Aula Virtual, por correo electrónico ou por calquera outro procedemento que resulte acaído nas circunstancias concretas da docencia e da situación persoal dos alumnos e do profesor.
Os contidos e a orientación da asignatura aconsellan que el alumno posúa unha boa competencia lingüística en español, pois so así poderá abordar a análise e a interpretación dos textos literarios.
Se houber unha presenza destacable de alumnos matriculados nesta materia que procederan de culturas nas que a lingua española non fose primeira lingua, se intentará efectuar as modificacións pertinentes para axustar o programa ás necesidades da docencia e a súa avaliación.
Se se tratara de alumnos de intercambio que non acadan un nivel de comprensión suficientemente adecuado á dificultade dos textos presentados, tratarse de axeitar o nivel de esixencia e de dificultade dos materiais de traballo.
De existiren grupos moi diferenciados no nivel de coñecemento da literatura española e no dominio da lingua, arbitrarase unha medida consensuada cos alumnos para o sistema de avaliación e para as actividades docentes descritas neste programa.
HORARIOS DE TITORÍAS
Presenciais
Claudio Rodríguez Fer: Martes 16-17 h. e 18-21 h. e Xoves 18-20 h., despacho 217, Facultade de Humanidades de Lugo.
Escenario 2 e Escenario 3
Por correo electrónico claudio.rodriguez [at] usc.es (claudio[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
PLAN DE CONTINXENCIA
As previsións de actuacións propostas para os Escenarios 2 e Escenario 3 que xa foron expostas nos apartados correspondentes,serán as seguintes:
Bibliografía básica e complementaria
No caso dos Escenarios 2 e Escenario 3 que dificulten a consulta bibliográfica, serán colgados da Aula Virtual aqueles textosaccesibles e máis acaídos para seguir as diferentes sesións non presenciais.
Metodoloxía da ensinanza
Escenario 1 Presencial
Aínda que a meirande parte das sesións presenciais son expositivas, a naturaleza da asignatura aconsella dotala dun acusadocarácter práctico: mesmo a explicación de contidos teóricos conlevará a devandita compoñente, isto é, irá acompañada dareflexión e o comentario a propósito dos textos literarios concretos.Cómpre decir por iso que as explicacións do profesor tomarán como punto de partida os textos, para, a partir do comentariopráctico dos mesmos, extraer as nocións teóricas que o alumno poderá aplicar despois a outros textos, no ámbito da aula ou fóradela. En lóxica consecuencia, necesítase que el alumno adopte unha actitude participativa durante as sesións presenciais.Algunhas tarefas serán de tipo non presencial aproveitando os recursos dixitais proporcionados pola Aula Virtual e as diferentesferramentas dixitais que se usen, nomeadamente MsTeams e Moodle.
Escenario 2 Semipresencial
Tendo en conta que algunha porcentaxe de sesións poderían ser presenciais, manteríanse a lo menos unha sesión presencialsemanal para a resolución de dúbidas sobre os textos analizados, así como outros asuntos difíciles de solventar en sesións nonpresencias.
As sesións non presenciais serán realizadas, cando sexan síncronas, por grupo en Ms Teams e a documentación fornecida mediatea Aula Virtual e as ferramentas de Moodle. A comunicación cos alumnos en comunicacións non presenciais se farápreferentemente por medio da Aula Virtual, aínda que non se desbota a posibilidade dunha comunicación directa por medio docorreo electrónico persoal.
Claudio Rodriguez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- claudio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 11 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 11 |
19.01.2021 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
30.06.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |