Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A materia de organización e xestión da aula está dirixida á adquisición por parte do alumnado de estratexias de intervención educativa tanto no primeiro como no segundo ciclo de Educación Infantil.
O obxectivo principal é dotar ao alumnado dos coñecementos, habilidades e destrezas necesarias para poder observar, intervir e reflexionar sobre os contextos e os procesos de ensinanza e aprendizaxe cunha actitude ética e de respecto á infancia, e tendo en conta as súas necesidades.
Esta materia supón unha continuación da materia de Didáctica e Profesión docente, impartida no curso pasado, e está fortemente vinculada ás materias de Deseño e desenvolvemento curricular, Proxectos e innovación na aula e Prácticum I que se imparten no mesmo semestre. Por este motivo, parte dos obxectivos son comúns a ditas materias posto que contribúen á adquisición de competencias comúns.
Para acadar este obxectivo xeral e desenvolver as competencias que se establecen no Plan de Estudos para esta materia propoñemos os seguintes obxectivos específicos:
OBXECTIVOS REFERIDOS AO SABER
1.Coñecer os eixos e principios básicos que orientan a intervención educativa na etapa infantil.
2.Identificar os elementos que constitúen o ambiente de aprendizaxe e os indicadores e parámetros de calidade para analizar e deseñar a organización do ambiente de aprendizaxe nos centros de Educación Infantil.
3.Coñecer e comprender a importancia do ambiente como espazo de vida e desenvolvemento e como espazo de aprendizaxe.
4.Coñecer diferentes modelos actuais de Educación Infantil e analizar as súas implicacións na organización e xestión de aula.
5.Coñecer as peculiaridades do período de adaptación e as estratexias de intervención para favorecer a continuidade educativa entre ciclos e etapas.
6.Recoñecer o valor educativo dos momentos da vida cotiá e as súas implicacións para o desenvolvemento da saúde física e emocional dos nenos e das nenas.
OBXECTIVOS REFERIDOS AO SABER FACER
1. Analizar o ambiente de aprendizaxe de distintas aulas identificando o modelo educativo que subxace a dita organización.
2. Elaborar distintos planos dunha aula recollendo todos os elementos relevantes para identificar a súa organización estrutural e funcional.
3. Deseñar ambientes de aprendizaxe ou propostas de mellora para aulas de 0-3 e 3-6 atendendo a criterios de calidade e tendo en conta os diferentes modelos didácticos.
4. Aprender a observar e documentar distintos ambientes de aprendizaxe tendo en conta a súa dimensión física, funcional, temporal e relacional e empregando os instrumentos apropiados en cada caso.
5. Deseñar estratexias de intervención educativa e propostas didácticas para os distintos niveis de Educación Infantil tendo en consideración os principios básicos que orientan a intervención educativa nesta etapa.
OBXECTIVOS REFERIDOS AO SABER SER
1. Estimular o respecto á pluralidade de perspectivas, favorecer a actitude interrogadora e a apertura a distintos puntos de vista e interpretacións.
2. Analizar e valorar cales son as actitudes éticas necesarias para o traballo con nenos e nenas pequenos.
3. Valorar a importancia da observación e a escoita do alumnado como punto de partida para a planificación de estratexias de intervención.
Outros obxectivos:
Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do Proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
BT_1. A intervención educativa na etapa 0- 6
Tema 1: Eixos e principios básicos da intervención educativa na etapa 0- 6.
Tema 2: O proceso de adaptación á Escola.
BT_2. O concepto de AMBIENTE.
Tema 1: O ambiente como espazo de vida e desenvolvemento
Tema 2: O ambiente como espazo de aprendizaxe na Escola Infantil.
BT_3. As dimensións do ambiente de aprendizaxe.
Tema 1: Dimensión física
Tema 2: Dimensión funcional
Tema 3: Dimensión temporal
Tema 4: Dimensión relacional.
BT_4. Os modelos de Educación Infantil e as súas implicacións na organización do espazo.
Tema 1: Un modelo de orientación cognitiva: O modelo High Scope,
Tema 2: O Enfoque das Escolas Infantís de Reggio Emilia,
Tema 3: O modelo de ambientes de aprendizaxe.
A) Bibliografía básica
Antón, M. (Coord.) (2007). Planificar la etapa 0-6. Graó. Barcelona
Iglesias, M.L. (2008). La organización de los espacios en Educación Infantil. En M. A. Zabalza, Calidad en la Educación Infantil. Madrid: Narcea.
Iglesias, M.L. (2008). Observación y evaluación del ambiente de aprendizaje en Educación Infantil: dimensiones y variables a considerar. Revista Iberoamericana de Educación, 47, 49-70. Disponible en: https://rieoei.org/historico/documentos/rie47a03.pdf
López, S. (2018). Esencia. Diseño de espacios educativos. Aprendizaje y creatividad. Madrid: Ediciones Khaf.
Prakash, N. (2016). Diseño de espacios educativos. Rediseñar las escuelas para centrar el aprendizaje en el alumno. Madrid:SM.
Sainz de Vicuña, P. (2010). Educar en el aula de 2 años: Una propuesta metodológica. Barcelona: Graó.
Sainz de Vicuña, P. y Requena, M. D. (2012). Didáctica de la Educación Infantil. Madrid: Editex.
Silvente González, J. (2016). Diseñar espacios educativos. Calidad, estética y amabilidad en el diseño. Barcelona: Ver, pensar, Sentir.
Trueba Marcano, B. (2015). Espacios en armonía. Barcelona. Octaedro
Vallejo Salinas, A. (2008). Innovar en Educación Infantil 0-6. Acercamiento práctico a la metodología de proyectos. Documento sin publicar. Dispoñible na plataforma virtual da asignatura.
Zabalza, M.A. (2008). Calidad en la Educación Infantil. Madrid: Narcea.
B) Bibliografía complementaria
Bassedas, E.; Huguet, T. e Solé, I. (2010). Aprender y enseñar en Educación infantil. Barcelona: Graó.
Bonás, M. et al. (2007). Entramados. La experiencia de una comunidad de aprendizaje. Barcelona: Graó
Bondioli, A. e Nigito, G. (2011). Tiempos, espacios y grupos: El análisis y la evaluación de la organización en la escuela infantil. Barcelona: Graó.
Borghi, Q. (2008). Los talleres en educación infantil. Barcelona: Graó.
Borghi, Q. (2010). Educar en el 0-3: La práctica reflexiva en los nidi d´infanzia. Barcelona: Graó.
Cabanellas, I. y Eslava, C. (2005). Territorios de la infancia. Diálogos entre arquitectura y pedagogía. Barcelona. Graó.
Fores, A. y Subias, E. (Eds.) (2017). Pedagogías emergentes. 14 preguntas para el debate.
Falk, J. (2008). Lóczy, educación infantil. Barcelona: Octaedro.
Goldschmied, E. y Jackson, S. (2000). La educación infantil de 0 a 3 años. Madrid: Morata.
Hohmann, M. y Weikart, D. (1997). Educar a criança. Lisboa: Fundaçao Calouste Gulbenkian.
Hoyuelos, A. y Riera, M.A. (2015). Complejidad y relaciones en Educación Infantil. Barcelona: Octaedro.
Ibáñez, C. (2008). El proyecto de Educación Infantil y su práctica en el aula. Madrid: La Muralla.
Laguía, Mª J. y Vidal, C. (2008). Rincones de actividad en el aula Infantil (0-6 años). Barcelona: Graó.
Lucas, B. y Claxton, G. (2014). Nuevas inteligencias, nuevos aprendizajes. Madrid: Narcea.
L’Ecuyer, C. (2017). Educar en el asombro. Barcelona: Plataforma editorial. 21ª Edición.
L’Ecuyer, C. (2018). Educar en la realidad. Barcelona: Plataforma editorial. 6ª Edición
Majem, T. y Ódena, P. (2007). Descubrir jugando. Barcelona: Octaedro-Rosa Sensat.
Torre Domenech, J. (2009). Elogio de la educación lenta. Barcelona: Graó.
Revistas
AULA DE INFANTIL: https://www.grao.com/es/aula-infantil
CUADERNOS DE PEDAGOGÍA: http://www.cuadernosdepedagogia.com/content/Inicio.aspx
INFANCIA: https://www.rosasensat.org/revistes/in-fan-cia/
RELADEI: https://revistas.usc.gal/index.php/reladei
Páxinas web
Aulas Galegas: https://aulasgalegas.org/o-proxecto/
A) Competencias xerais
G2. Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G3. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ó respecto aos dereitos humanos.
G4. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e tratar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G7. Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e as derivacións éticas e legais do seu uso nos procesos de observación.
G11. Reflexionar sobre as prácticas de aula a partir da observación sistemática e da análise dos datos. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa.
B) Competencias específicas
E19.Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
E20.Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade no entorno escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ó progreso harmónico e integral dos estudantes.
E21.Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
E22.Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
C) Competencias básicas
Estas competencias son as establecidas polo Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, (MECES).
CB1. Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que acostuma a atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e posúan as competencias que acostuman a demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
D) Competencias transversais
Das catro competencias transversais establecidas pola USC (Universidade de Santiago de Compostela) nas Liñas Xerais para a implantación dos estudos de grao e posgrao (aprobadas polo Consello Galego de Universidades o 05/11/2007), esta materia, aínda que terá en conta todas as competencias transversais establecidas, contribuirá de maneira especial á aprendizaxe e desenvolvemento das competencias T3 e T4.
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
T4. Competencia informacional
A metodoloxía proposta integra dous elementos fundamentais para o correcto desenvolvemento da materia: teoría e práctica. Polo tanto, combinaranse sesións de carácter teórico-expositivo e sesións de carácter interactivo que contribúan á posta en práctica dos coñecementos adquiridos por parte do alumnado en tarefas concretas que permitan a reflexión persoal, a análise, a creación propia, o descubrimento ou a busca de información entre outros aspectos. Para elo, o traballo desenvolvido nas sesións presenciais debe complementarse, necesariamente, co traballo autónomo por parte do alumnado fora da aula.
As sesións expositivas desenvolvense na aula (ou de forma On Line a través de TEAMS) e poden incluir diversas actividades:
- Exposicións por parte da docente sobre os contidos.
- Exposicion por parte do alumnado de actividades formativas realizadas de xeito autónomo (mapa conceptual, comentario de artigos, análise dun texto, análise dun vídeo, etc.).
- Aplicación de enquisas de AUTOAVALIACIÓN sobre os contidos do tema.
- Discusión sobre unha parte dos contidos do tema preparado previamente por parte do alumnado.
As sesións interactivas serán de dous tipos:
- Sesions de aula que implican a posta en común, análise e valoración de actividades formativas desenvolvidas polo alumnado de forma autónoma fora da aula (análise e deseño de aulas, deseño propostas de intervención, deseño dun proxecto de documentación, etc.). Para estas sesións é imprescindible que o alumnado traíga desenvolvidas as tarefas que lle foran asignadas.
- Sesións de laboratorio. Estas sesións desenvolvense conxuntamente coa materia de Proxectos e innovación no Laboratorio de Educación Infantil polo que terán unha duración de 3 horas distribuidas do seguinte xeito: PRESENTACIÓN da actividade por parte da docente (ou do alumnado), INTERVENCIÓN sobre as propostas didácticas presentadas, RECOLLIDA e limpeza dos materiais e dos espazos e, por último, Posta en común e AVALIACIÓN do traballo realizado durante a sesión.
Acerca do traballo autónomo e a realización do PORTAFOLIO GRUPAL
Polo que respecta ao traballo autónomo fora da aula, éste concretarase en diversas actividades de aprendizaxe que se irán especificando para cada tema e para cada sesión práctica. Ditas actividades serán recollidas nun PORTAFOLIO DIXITAL GRUPAL que será entregado ao final do cuatrimestre, se ben poderá pedirse unha revisión de seguimento do mesmo durante o cuatrimestre. Na primeira semana do curso, concretaranse os traballos específicos a realizar e os contidos que deben formar parte do PORTAFOLIO.
A estructura xeral do PORTAFOLIO será a seguinte:
1. Unha introdución na que se inclúa a presentación individual dos membros do equipo de traballo
2. Os contidos de natureza teórico-conceptual esenciais da materia, acompañados dunha reflexión sobre dos mesmos.
3. Todas as actividades de carácter práctico, tanto as que se desenvolvan nas sesións interactivas como fora da aula.
4. Informe do Proxecto de integración.
5. Un ensaio “breve” como conclusión-reflexión final das aprendizaxes adquiridas na asignatura.
6. Valoración do traballo en grupo e informe de reunións e dedicación á asignatura.
Acerca dos agrupamentos
As actividades de aprendizaxe asi como o traballo nas clases interactivas (tanto no laboratorio como nas sesións de aula) realizaranse en pequenos grupos compostos por un máximo de 4 persoas que serán conformados polo alumnado ao comezo do curso e notificaranse á docente na primeira semana de clase. Os estudantes que informen despois desta data serán asignados pola profesora a grupos que poidan estar incompletos.
A nivel organizativo, para a realización dalgunhas tarefas (organización no Laboratorio de Infantil, debates, posta en común, proxecto de procura de información, etc) poderán configurarse agrupamentos de 2 ou 3 grupos de traballo (máximo 15 personas). Dentro destes agrupamentos poderá realizarse unha distribución de tarefas individuais ou en parellas.
Participacion no Proxecto CompetenteS
Esta materia e o seu corpo docente participan no Proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
A modalidade de avaliación da materia é a avaliación continua formativa que será de aplicación para todo o alumnado (incluído o alumnado con exención ou dispensa de asistencia á clase). Dita modalidade avaliativa contempla o emprego de diversos instrumentos, normas e circunstancias que inciden na avaliación e que se detallan a continuación nas seguintes epígrafes.
A. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
Nos tres escenarios (1, 2 e 3) teranse en consideración os seguintes instrumentos de avaliación:
a) Participación na aula: 10% (1 pto)
b) Informes escritos e outras produccións (Portafolio grupal): 40% (4 puntos)
c) Exame final: 40% (4 puntos)
d) Presentacións orais: 10% (1 pto)
A continuación detallase máis polo miudo as características e condicións de cada un destes instrumentos.
A. Participación na aula
Carácter: Obrigatorio (para todo o alumnado nos tres escenarios)
Peso na cualificación: 10% (1 punto) (máximo 1 pto e mínimo 0,50)
Instrumentos principais de rexistro:
- As listaxes de asistencia e o seguimento das actividades en TEAMs e/ou no Campus Virtual.
- A observación directa da profesora nas sesións presenciais, especialmente nas sesións interactivas no Laboratorio.
- O seguimento semanal das actividades prácticas propostas para cada tema na plataforma virtual
Criterios de avaliación:
- Asistencia regular ás clases (expositivas e interactivas)
- Participación activa nas actividades que se realicen na aula, na plataforma e/ou no Laboratorio
- Publicación semanal na plataforma virtual da materia das actividades realizadas na clase (ou de forma autónoma na casa) individualmente ou en grupo. O contido das actividades avalíase no PORTAFOLIO.
B. Informes escritos e outras producións: PORTAFOLIO GRUPAL de actividades
Carácter: Obrigatorio (para todo o alumnado nos tres escenarios)
Peso na cualificación: 40% (4 puntos) (Máximo 4 puntos e mínimo 2 puntos)
Realización: en grupos de 4 persoas e con algunha actividade individual.
O PORTAFOLIO terá a seguinte estructura:
1. Unha INTRODUCCIÓN na que se inclúa a presentación individual dos membros do equipo de traballo
2. Os CONTIDOS DE NATUREZA TEÓRICO-CONCEPTUAL esenciais da materia, acompañados dunha reflexión sobre dos mesmos. Estes contidos poderán extraerse das sesións expositivas semanais e máis dos textos de lectura dispoñibles no campus virtual. Daranse orientacións máis precisas a comenzo de curso e ao inicio de cada tema.
3. Todas as actividades de carácter práctico, tanto as que se desenvolvan nas sesións interactivas (de aula ou de Laboratorio) como no tempo de traballo persoal fora da aula. As prácticas de Laboratorio son comúns ás asignaturas de Proxectos e Organización.
4. Informe do Proxecto de integración. Trátase dun proxecto de traballo que integra as asignaturas de Proxectos e Organización e Xestión de aula e que consistirá no Deseño dun Centro de Educación Infantil organizado por ambientes de aprendizaxe e no deseño dun proxecto de traballo sobre a Luz coa correspondente creación do ambiente de aprendizaxe no Laboratorio de Educación Infantil.
5. Un ensaio “breve” como conclusión-reflexión final das aprendizaxes adquiridas na asignatura.
6. Valoración do traballo en grupo e informe de reunións e dedicación á asignatura.
Como pode verse, unha parte das actividades realízanse en coordinación coa asignatura de Proxectos e Innovación. Isto significa que as actividades deseñadas inclúen a xestión de contidos e a adquisición de habilidades correspondentes a ambas as dúas materias. Só se consideran algunhas prácticas de aula específicas de cada asignatura. Polo tanto, o PORTAFOLIO de actividades valorarase xunto coa asignatura de Proxectos e só se valorarán as actividades específicas por separado.
Criterios xerais de avaliación:
- Axustarse ás directrices aportadas pola docente en canto a forma e contido. Entregaranse as orientacións específicas na primeira semana de clase.
- Cumprir cos prazos de entrega establecidos para as distintas tarefas e para o seguimento do Portafolio grupal.
- Claridade expositiva e coherencia na redacción dos contidos tratados.
- Empregar unha linguaxe de calidade e unha expresión lingüística sen erros ortográficos e de sintaxe.
- Rigor científico na presentación dos contidos (citas bibliográficas e referencias bibliográficas empregadas debidamente citadas).
- Respectar os aspectos formais que se indiquen en relación á presentación de cada actividade.
O primeiro día de clase, tendo en conta o escenario (1, 2 ou 3) no que nos atopamos, especificarase con maior detalle cada unha das actividades asi como os criterios específicos de avaliación establecidos.
C. Exame final
Na data oficial establecida no calendario de exames haberá un exame final sobre o contido teórico da materia baseado nos materiais de lectura obrigatoria establecidos para cada tema e que se facilitarán aos estudantes a través da plataforma virtual.
Carácter da proba: Obrigatorio (para todo o alumnado nos tres escenarios)
Peso na cualificación: 40% (4 puntos) (Máximo 4 puntos e mínimo 2 puntos)
Realización: individual
Tipo de proba: Este exame será de tipo test e constará de 40 preguntas de diferentes tipos (elección múltiple, completar, relacionar, etc.). Tamén poderá incluir algunha pregunta breve ou de desenvolvemento.
Probas parciais: Para o alumnado asistente a clase, que sigue a avaliación continua, ao longo do cuatrimestre realizaranse probas de autoavaliación de cada tema. Si estas probas obteñen unha cualificación positiva no primeiro intento poderán ser valoradas con ata 1 pto na cualificación final. Para elo calcularase a nota media de todas as probas parciais realizadas. No caso deste alumnado o exame final seria valorado sobre 3 puntos como máximo.
D. Presentacións orais
Carácter: Obrigatorio (para todo o alumnado nos tres escenarios)
Peso na cualificación: 10% ( 1 punto máximo e 0,50 mínimo).
Realizacion: En grupo. Participarán todos os membros do grupo na orde que determinen as profesoras. A exposición realizarase frente ás docentes das dúas materias implicadas no Proxecto de Integración e no Portafolio ( Proxectos e Innovación e Organización e Xestión de aula).
Temporalización: As exposicións realizaranse na última semana de clase durante as horas de clase de Proxectos e Organización.
Contido da exposición: O contido da exposición oral será o Proxecto de Integración e a conclusión-reflexión final do Portafolio sobre as aprendizaxes adquiridas na asignatura.
Instrumento de avaliación: rúbrica elaborada polas profesoras de ambas asignaturas (Proxectos e Organización). Avalíase tanto o contido e a súa presentación como a calidadade da exposición oral.
Criterios xerais de avaliación:
- Exposición fluída e explicación clara e comprensible dos contidos
- Orixinalidade e creatividade na presentación
- Uso correcto da linguaxe empregada
- Uso axeitado e calidade dos recursos empregados na exposición (gráficos, taboas, imaxes, mapas visuais ou mapas, etc)
- Citación adecuada das fontes empregadas
B. NORMATIVA E CONDICIÓNS DA AVALIACIÓN
Con carácter xeral, para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
1. Cualificación mínima: establécese unha puntuación mínima de 5 puntos para obter a cualificación de aprobado na materia. Esta puntuación debe obterse a partir da puntuación mínima concretada nas epígrafes A (Participación), B (Informes escritos e outras producións) e C (Exame final).
2. Para superar e acadar unha valoración positiva na materia, tendo en conta que se establece unha avaliación continua, será preciso realizar e entregar no prazo que se determine todos os traballos e actividades de avaliación requiridas e superar cada unha delas. Se non se entregan todas as actividades e traballos solicitados a cualificación da materia será a de “suspenso”.
3. En virtude da participación desta materia no Proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado de participación activa as súas intervencións en galego. En relación coa isto, valorarase a competencia T2 (coñecemento instrumental da lingua galega) na participación activa, nas exposicións orais e nos traballos escritos que realice o alumnado.
4. Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado total ou parcialmente suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
5. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
6. Asistencia: Controlarase a asistencia en todas as sesións presenciais (clases expositivas e clases interactivas). A asistencia á clase ten unha incidencia directa na avaliación continua, polo que debemos ter en conta as diferentes situacións:
a) Asistencia a un 80% ou máis das sesións presenciais: Para obter unha valoración positiva pola asistencia á clase é preciso asistir como mínimo ao 80% das sesións presenciais, ademais de implicarse activamente nas actividades que se soliciten. Estas actividades non son recuperables. No caso das Prácticas interactivas no Laboratorio de Educacion Infantil, a clase non é recuperable de ningún xeito. Polo tanto, cando un/unha alumno/a falta a unha práctica de Laboratorio seralle descontada a parte proporcional de dita práctica (máximo 0,25 ptos no apartado de participación).
b) Alumnado que asiste a menos do 80% das sesións presenciais: o alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais), non será cualificado na epígrafe A (participación na aula). Tendo en conta as causas da ausencia á clase, e cando a profesora o estime oportuno, estes alumnos e alumnas poderán presentar traballos e realizar exposicións orais, pero sempre con carácter individual, en ningún caso poderán formar parte dun grupo de traballo. Así mesmo, aqueles alumnos e alumnas que polas razóns que sexa (xustificadas ou non) teñan 4 ou máis faltas de asistencia ás reunións de traballo en grupo (tanto presenciais como fóra da aula) quedarán excluídos e excluídas do traballo de grupo e deberán continuar o traballo de xeito individual.
c) Alumnado con dispensa de asistencia a clase (exención de docencia). Aqueles alumnos e alumnas que soliciten a dispensa e esta lle sexa concedida (atendendo ás causas de concesión indicadas na Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), deberán informar á profesora desta situación no prazo máximo dunha semana dende a concesión. Os mesmos criterios aplicaranse para estes estudantes cunha exención de asistencia a clase que para o alumnado asistente. As actividades e traballos a realizar así como as datas de entrega serán as mesmas que para os estudantes asistentes. No apartado de participación nas clases terase en conta o seguimento na entrega dos traballos e a súa actividade na plataforma virtual.
d) Para o alumnado con dispensa de asistencia á clase a avaliación tamén será continua.
e) Alumnado do curso ponte e alumnos/as que solo cursen esta materia (e non cursen a materia de Organización). Estes estudantes deberán poñerse en contacto coa profesora nos primeiros 15 días do curso para deseñar o seu plan de traballo. Neste caso a avaliación tamén será continua e aplicaranse os mesmo criterios que para o resto dos e das estudantes, pero realizarase unha adaptación dos contidos dos traballos de xeito que se recollan solo os contidos referidos á materia que cursan.
f) Alumnado con diversidade funcional. O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento normalizado da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) da USC (www.usc.es/gl/servizos/sepiu), e informar do seu caso á docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de poder acordar o plan de traballo e as adaptacións e apoios oportunos para un adecuado seguimento da materia.
C. REALIZACIÓN DE TRABALLOS
Os traballos que se entreguen á profesora para a súa valoración deben cumprir co rigor científico esixido para un traballo académico:
- Estrutura: a non ser que se indique o contrario, todo traballo debe constar de portada, índice, introdución, corpo do traballo debidamente numerado e organizado, conclusións ou reflexións finais, referencias bibliográficas e, de ser o caso, anexos.
- Calidade lingüística: ortografía e sintaxe. Os traballos que presenten faltas de ortografía serán penalizados con 1 punto.
- Citación adecuada das fontes bibliográficas. Realización adecuada das citas bibliográficas directas e indirectas que se empreguen no corpo do texto. As citas mal recollidas serán penalizadas. Aqueles traballos que recollan frases textuais ou ideas orixinais sen citar a fonte bibliográfica serán descualificados, podendo ser causa de suspenso da materia.
- Referencias bibliográficas segundo a normativa APA. As referencias bibliográficas mal citadas poderán ser penalizadas.
- Orixinalidade: o plaxio, total ou parcial, dun traballo será motivo de suspenso. Cando se trate dun traballo en grupo, a cualificación será extensible a todos os membros do grupo.
D. RECUPERACIÓN DA MATERIA
a) O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade (período ordinario) terá unha segunda oportunidade de avaliación. Os alumnos e as alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir á titoría unha vez feitas públicas as cualificacións para concretar o plan de traballo a realizar para a recuperación da materia na segunda oportunidade. Neste senso, hai que sinalar que a modalidade de avaliación na segunda oportunidade será a mesma: avaliación continua. Así mesmo, o sistema e os criterios de avaliación tamén serán os mesmos na segunda oportunidade. Polo tanto, o alumnado terá nesta segunda oportunidade a posibilidade de realizar, modificar, reelaborar, etc. as actividades e traballos previos cos que non acadaron a cualificación mínima de 5 puntos na primeira oportunidade de avaliación.
b) Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores (é dicir, alumnado repetidor). Os e as estudantes que se atopen nesta situación, deberán pasar pola titoría dentro das dúas primeiras semanas do semestre para concretar coa profesora un plan de traballo específico tendo en conta as circunstancias e condicións da súa situación no curso anterior.
c) Este programa será válido para as dúas oportunidades da convocatoria do curso 2021/2022.
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndenlle 150 horas de traballo do alumno ou alumna. Estas horas distribúense do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial: 51h
- Actividades expositivas en gran grupo: 24 h
- Actividades interactivas: 24 h
- Actividades de titoría e supervisión programadas: 3 h
- Horas de traballo autónomo do alumnado fóra da aula: 99 horas
Total de horas de traballo estimadas para superar a asignatura: 150 horas
1.Ter cursado previamente as materias de 1º curso, especialmente: Didáctica e Profesión docente, Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación Infantil e Observación e análise: suxeitos e procesos educativos.
2. A asistencia continuada ás sesións presenciais e a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
3. É necesario posuír ordenador e conexión a Internet e coñecementos de informática a nivel básico de usuario.
4. Desenvolver un estudo comprensivo e non memorístico da materia.
5. É moi importante realizar un traballo continuado todas as semanas. Tendo en conta o número de horas de traballo autónomo da materia (99 h), a dedicación semanal deberia ser dun mínimo de 6 horas semanais para a realización de actividades. Nesta materia é difícil poñerse ao día se non se van realizando as actividades de xeito continuado. Ademais, a materia está formulada de forma que a realización dunhas actividades precisa ter realizadas as anteriores.
6. Amosar, tanto nas intervencións en clase como nos escritos, unha actitude ética e de compromiso coa Infancia. Non esquezades que vivir a educación é moito máis que saber empregar unhas ferramentas técnicas e didácticas.
7. Titorías: recoméndase ao alumnado que faga uso das titorías presenciais sempre e cando teña algunha dúbida ou cuestión pertinente. Neste senso, hai que clarificar que as titorías levaranse a cabo principalmente de forma presencial aínda que se poderán programar titorías por vía telemática nos horarios establecidos mediante o correo institucional (@rai.usc.es).
AVISO IMPORTANTE: Na primeira semana de setembro (antes do comenzo oficial do curso) a docente porase en contacto co alumnado a través do correo electrónico da Plataforma Virtual para realizar a asignación de grupos interactivos e de grupos para prácticas de laboratorio. É MOI IMPORTANTE que prestedes atención ao correo neses días. Esto permitirános empezar a primeira semana do curso con actividades prácticas en grupos de traballo.
Observacións de carácter xeral
a) A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir á clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta da Facultade, tendo en conta os motivos e criterios establecidos na normativa (Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias).
O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen no apartado de avaliación en relación coa asistencia ás clases.
b) O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia deberanse ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Sempre que sexa posible, os traballos entregaranse na plataforma do campus virtual.
- No suposto caso de ter que imprimir algún traballo:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pódese obter información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Maria Lina Iglesias Forneiro
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821044
- Correo electrónico
- lina.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Olaya Santamaria Queiruga
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821020
- Correo electrónico
- olaya.queiruga.santamaria [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Laboratorio de Educación Infantil |
Martes | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Laboratorio de Educación Infantil |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Laboratorio de Educación Infantil |
12.01.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
22.06.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |