Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
GRUPOS A (PROF. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA), B-C (PROFAS. BELÉN TRIGO GARCÍA E MARTA CARBALLO FIDALGO)
- Coñecemento especializado do Dereito de familia.
- Identificación das materias especialmente conflitivas no ámbito das relacións familiares (matrimonio, parellas de feito, crises matrimoniais e de convivencia, filiación).
- Correcto manexo das normas legais vixentes e das orientacións xurisprudenciais actuais sobre os problemas básicos propios da disciplina.
- Adquisición de coñecementos prácticos básicos sobre a intervención do xurista nos conflitos familiares: desenvolvemento dos procesos matrimoniais, problemática das accións de filiación...
- Lograr que o estudante se familiarice cos textos que conteñen o Dereito positivo, en materia de familia, singularmente con textos legais (en particular o Código civil; pero tamén coa Lei de Axuizamento civil e a Lei de Dereito civil de Galicia) e as decisións xurisprudenciais.
__________________________________________________________________________________________________
PROGRAMA DEREITO DE FAMILIA
GRUPOS A (PROF. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA), B-C (PROFAS. BELÉN TRIGO GARCÍA E MARTA CARBALLO FIDALGO)
INTRODUCIÓN
Lección 1.- Familia e Dereito
1. A familia e o Dereito de Familia: a súa evolución
2. A familia na Constitución española de 1978.
3. Os cambios na concepción da familia e a súa repercusión na modificación da lexislación civil.
4. Principio de igualdade, interese superior do menor, violencia doméstica e de xénero e a súa incidencia no Dereito de Familia.
5. Desenvolvemento autonómico do Dereito de familia: a lexislación da Comunidade Autónoma de Galicia.
.
O MATRIMONIO
Lección 2.- O matrimonio
1. Matrimonio: concepto, natureza e carácteres.
2. O sistema matrimonial español vixente.
3. Promesa de matrimonio.
4. Requisitos do matrimonio: capacidade e impedimentos.
5. A celebración do matrimonio e as súas modalidades.
6. Efectos do matrimonio: dereitos e deberes dos cónxuxes.
A ORGANIZACIÓN ECONÓMICA DO MATRIMONIO
Lección 3.- Sistema de organización económica do matrimonio
1. Determinación do réxime económico no Dereito español.
2. O réxime económico no Código Civil.
3. O réxime matrimonial primario.
4. Capitulacións matrimoniais: concepto e significado, forma e contido.
5. Doazóns por razón de matrimonio.
6. O réxime económico familiar no Dereito civil de Galicia: os pactos previos sobre liquidación da sociedade de gananciáis.
Lección 4.- Sociedade de gananciais
1. Bens comúns e privativos: a presunción de ganancialidade.
2. Cargas e obrigas da sociedade de gananciais.
3. Responsabilidade fronte a terceiros.
4. Responsabilidade por débedas privativas.
Lección 5.- Xestión e administración da sociedade de gananciais
1. Xestión e administración.
2. Disolución e liquidación.
3. O réxime de separación de bens.
4. O réxime de participación nas ganancias: liquidación.
INEFICACIA, DISOLUCIÓN E CRISES MATRIMONIAIS
Lección 6.- As crises matrimoniais
1. Nulidade do matrimonio.
2. Separación do matrimonio.
3. Disolución do matrimonio.
4. Disolución por divorcio.
5. Efectos comúns á separación, nulidade e divorcio: medidas na fase preliminar e medidas durante o procedemento.
6. Efectos das sentencias: convenio regulador e medidas xudiciais supletorias.
7. Dereito de compensación económica e indemnización.
8. Os pactos previos sobre as consecuencias das crisis matrimoniais.
9. A mediación familiar.
AS UNIÓNS DE FEITO
Lección 7.- As unións extramatrimoniais ou de feito (a convivencia more uxorio)
1. As unións de feito: desenvolvemento lexislativo autonómico e situación no Dereito estatal
2. Otratamento xurisprudencial das parellas non casadas no Dereito estatal: efectos persoais e patrimoniais da convivencia e cese da vida en común.
3. As lexislacións autonómicas sobre as unións de feito: doutrina do Tribunal Constitucional.
4. A regulación das unións de feito no Dereito civil de Galicia.
RELACIÓNS PATERNO-FILIAIS
Lección 8.- A Filiación
1. Nocións fundamentais e clases.
2. Atribución da filiación e a súa proba.
3. Determinación da filiación matrimonial.
4. Determinación da filiación non matrimonial.
5. Accións de filiación
Lección 9.- Filiación adoptiva e técnicas de reprodución asistida
1. Filiación e técnicas de reprodución asistida.
2. Adopción: requisitos persoais e procedemento.
3. Efectos: impugnación e extinción da adopción.
Lección 10.- Patria potestade
1. Concepto, evolución histórica e natureza.
2. Suxeitos: os menores e o interese do menor
3. Exercicio: a complexidade dos proxenitores non convivintes e as discrepancias sobre as decisión que afectan aos menores
4. Contido persoal e patrimonial.
5. Perda, modificación, suspensión e extinción da patria potestade.
6. Protección dos menores ante o incumprimento dos deberes da patria potestade: declaración de desamparo, tutela ex lege, garda e acollemento
.
ALIMENTOS ENTRE PARENTES
Lección 11.- A obriga de alimentos entre parentes
1. Concepto, natureza e carácteres.
2. Contido: suxeitos e obxecto da prestación alimenticia.
3. Nacemento, modificación e extinción da obriga de alimentos.
_________________________________________________________________________________________________
GRUPOS A (PROF. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA), B-C (PROFAS. BELÉN TRIGO GARCÍA E MARTA CARBALLO FIDALGO)
BIBLIOGRAFIA BASICA:
É imprescindible para a preparación adecuada da materia que o estudantado estea en posesión dun Manual; ademáis, é necesario que dispoñan do Código Civil, a Lei de Dereito Civil de Galicia e a lexislación complementaria.
ÚLTIMAS EDICIÓNS:
- BERCOVITZ RODRIGUEZ-CANO, R. (coordinador): Manual de Derecho Civil. Derecho de Familia. Bercal, Madrid.
- DIEZ-PICAZO, L. e GULLÓN BALLESTEROS, A., Sistema de Derecho civil, vol. IV: Derecho de familia. Derecho de sucesiones. Ed. Tecnos. Madrid,
- LACRUZ BERDEJO, J. L. e outros, Elementos de Derecho civil, tomo IV (Familia). Ed. Dykinson. Madrid.
- LASARTE ALVAREZ, Principios de Derecho Civil. Tomo VI (Derecho de Familia). Marcial Pons, Madrid.
GRUPOS A (PROF. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA), B-C (PROFAS. BELÉN TRIGO GARCÍA E MARTA CARBALLO FIDALGO)
- Dominio da linguaxe xurídica.
- Destreza no manexo dos textos de dereito positivo e na utilización dos instrumentos
básicos de interpretación e aplicación das normas.
- Comprensión da realidade plurilexislativa española en materia civil e as súas consecuencias na ordenación das relacións familiares.
- Capacidade de análise crítico das decisións xurisprudenciáis e percepción das
orientacións actuais en torno aos problemas básicos propios da disciplina.
- Identificación das materias especialmente conflictivas no ámbito do dereito de familia e dos grandes principios que o informan (igualdade entre cónxuxes, liberdade, interese do menor...).
GRUPO A (PROF. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA)
A ensinanza da materia divídese en dous grandes apartados: as clases de expositivas, nas que o profesor adquire o principal protagonismo, e as clases interactivas, de carácter práctico, nas que o alumnado realizará e protagonizará exposicións, comentarios, discusións, exercicios e análise de casos.
As clases expositivas terán carácter presencial. O profesor explicará na aula os conceptos e procesos básicos da materia, debendo o alumnado, posteriormente, complementar tales explicacións coa utilización dos materiais de traballo e manuais recomendados en cada caso.
Nas clases interactivas, que tamén terán carácter presencial, o alumnado deberá demostrar a adquisición ou posesión de certas competencias que se pretenden avaliar na asignatura. O desenrolo das clases interactivas tentará de complementar, de xeito práctico, o visto nas de tipo expositivo. Para elo, o alumnado deberá resolver diferentes exercicios e casos, exporá temas e realizará diferentes aportacións persoais solicitadas polo profesor. Os exercicios e casos serán realizados na aula, de modo síncrono.
O alumnado contará, como apoio complementario á docencia, cun aula virtual, á que poderán acceder tódolos matriculados oficialmente na materia. Esta aula será unha ferramenta de uso obrigado polo alumnado, pois na mesma atopará materiais de diferente tipo, necesarios para a preparación da materia, así como actividades relacionadas coas aulas interactivas.
Os horarios das clases serán os programados e publicados pola facultade, así como as aulas onde se impartirá a docencia.
O profesor realizará as titorías no despacho situado la Área de Dereito Civil, de xeito presencial. Excepcionalmente, en casos xustificados e a petición do alumnado, poderían ser realizadas de xeito virtual a través da plataforma Teams.
GRUPOS B-C (PROFAS. BELÉN TRIGO GARCÍA E MARTA CARBALLO FIDALGO)
A docencia inclúe clases expositivas, clases interactivas e titorías, segundo o calendario.
Nas clases expositivas, o uso da clase maxistral complementarase con metodoloxías máis dinámicas, fomentando a participación activa do alumnado, como debate, lectura crítica de textos xurídicos, comentario bibliográfico e xurisprudencial, presentacións académicas, ou resolución de casos.
As clases interactivas serán eminentemente prácticas e participativas mediante a resolución de problemas, preparación e presentación de traballos, asistencia e participación en xornadas, cursos, seminarios, intercambios académicos, cineforums ou visitas institucionais. Na medida do posible, fomentarase a aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo, así como o uso das TICs, especialmente a través do campus virtual.
Nas clases nas que se facilite previamente ao alumnado materiais de estudo e traballo, seguirase a metodoloxía de aula invertida.
En especial, de acordo coas circunstancias, empregarase a metodoloxía Aprendizaxe servizo (ApS) para sensibilizar ao alumnado coa realidade e necesidades da sociedade actual e dos distintos modelos de familias.
En relación coas competencias a desenvolver (vid infra avaliación), prestarase especial atención ás seguintes: Capacidade de comprensión, análise e síntese; Capacidade para obter e xestionar información; Compromiso ético e deontolóxico; Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade; Sensibilidade ante cuestións de realidade social, económica e ambiental; Utilizar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e a cultura da paz na interpretación do ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais; Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade; Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito; Adquirir o dominio das técnicas para a obtención de información xurídica; Adquirir capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Dereito; Adquirir a capacidade de escribir textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
A titoría co alumnado –individual ou en pequenos grupos- poderá ser presencial ou virtual, neste último caso, a través do correo electrónico, das ferramentas do Campus Virtual, ou da aplicación Teams.
GRUPO A: PROF. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA
Para a comprobación individualizada dos resultados da aprendizaxe do alumnado a avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final. Para un total de 10 puntos da cualificación final, a mesma distribúese do seguinte xeito:
1. A avaliación continua supón o 30% (3 puntos) da cualificación final, e deriva da asistencia as aulas expositivas e intervención activa nas mesmas (10%) e asistencia e realización dos traballos e prácticas que se levarán a cabo nas aulas interactivas (20%), valorándose a estrutura dos mesmos e asemade o manexo de bibliografía e xurisprudencia e a exposición oral.
As faltas de asistencia poderán xustificarse nos termos dispostos polo “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela”. No caso de que a falta sexa xustificada, o estudantado deberá entregar un resumo da materia correspondente ao día da ausencia (clase expositiva) ou, de ser o caso, as actividades resoltas (clase interactiva), no prazo de una semana dende aquela ou dende a desaparición ou cese da causa que a motivara.
O estudantado que xa cursara a materia en cursos anteriores quedará suxeito ao réxime ordinario de valoración da súa asistencia a clase, aínda que xa a tivera acreditada neles.
2. A proba final, supón o 70% (7 puntos) da cualificación final, e terá unha parte expositiva na que debe darse resposta ás cuestións que se formulen (40% da nota: 2,8 puntos) e unha parte práctica (60% da nota; 4,2 puntos), consistente, xa na elaboración dun ditame sobre un problema xurídico real, xa na resolución dun caso práctico, xa nun comentario xurisprudencial. Para a realización da proba final o alumnado poderá utilizar todos os textos legais (en formato papel) que estimen convenientes, pero non auxiliarse doutro material bibliográfico.
Para a superación da materia en todo caso é necesario conseguir na proba final unha puntuación mínima de 2,8 sobre 7. En ningún caso poderá superar a materia o alumnado que na proba final deixe algunha pregunta, incluída a parte práctica, en branco o cualificada con 0.
A cualificación final se determinará sumando a nota correspondente á proba final e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia a suma debe ser 5 ou superior. O alumno/a que non participase nas actividades de avaliación continúa, para superar a materia deberá obter na proba final unha nota mínima de 5 (sobre 7).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Para o avaliación en 2ª oportunidade seguiranse os mesmos criterios. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ambas convocatorias.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O alumnado poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
NOTA IMPORTANTE: NORMATIVA DE PERMANENCIA:
Advírtase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
GRUPOS B-C (PROFAS. BELÉN TRIGO GARCÍA E MARTA CARBALLO FIDALGO)
Valorarase a intervención activa nas clases, a participación en actividades, a entrega de traballos (avaliación continua) e o exame final.
Os criterios de avaliación serán os mesmos na primeira e na segunda convocatoria.
A cualificación da proba escrita final terá en conta o dominio dos coñecementos teóricos e a súa aplicación práctica. Esta proba corresponde a 7 puntos posibles da nota total (70%), calculados sobre un máximo de 10 puntos.
A cualificación de participación e actividades, cun máximo de 3 puntos (30%), súmase á nota obtida no exame a partir dunha puntuación mínima de 3 puntos.
Só se terán en conta as actividades realizadas durante o período lectivo do cuadrimestre correspondente.
Para acadar o aprobado é necesario obter un mínimo de 5 puntos.
Ten en conta que o sistema de avaliación é unitario e mixto; é dicir, existe un único programa e unha única avaliación, aínda que esta combina dous instrumentos: avaliación continua e avaliación a partir dunha proba final obxectiva. Esta combinación permite ponderar o rendemento do alumnado dunha forma máis completa e precisa, considerando diferentes coñecementos e habilidades.
O carácter unitario da avaliación xustifica que a puntuación obtida nas actividades avaliables ao longo do cuadrimestre non sexa independente e, polo tanto, non se poida gardar para ser aplicada en cursos posteriores en caso de non acadar a nota mínima necesaria para aprobar (5).
A mera asistencia a clase non terá ningunha valoración: soamente terase en conta a intervención activa nas clases e a realización ou participación nas actividades programadas. O control de participación nas clases e actividades que formen parte da avaliación continua realizarase a través de soportes de carácter duradeiro, de acordo co Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela.
Entre estas actividades (vid. metodoloxía docente, obxectivos da materia e competencias – resultado da aprendizaxe), valorarase a realización do CURSO DE HABILIDADES INFORMATIVAS, ofertado en colaboración coa Biblioteca da USC.
Nin a asistencia nin a participación son requisitos para superar a materia ou para presentarse á realización do exame final: de non contar con puntuación na avaliación continúa a cualificación final será a cualificación obtida no exame.
En caso de falta xustificada a actividades ordinarias ou complementarias obxecto de avaliación, se programarán actividades ou datas alternativas.
Este réxime é aplicable tamén ao estudantado repetidor, sen que se teñan en conta, a efectos e avaliación, actividades realizadas ou entregadas en anos anteriores.
No caso de exención da docencia, a cualificación corresponderá á obtida no exame final (nota 100%).
Este sistema de avaliación axustase ao previsto na folla de materias da memoria de grao, segundo o cal o exame final non representará menos do 70% da nota final, sendo a súa superación requisito para superar a materia (MEMORIA PARA VERIFICACIÓN DO TÍTULO OFICIAL DE LICENCIADO EN DEREITO POLA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO)
Nos supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión das cualificacións.
NOTA IMPORTANTE: Segundo a «Normativa de permanencia nos títulos de grao e mestrado» aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 «a cualificación dunha convocatoria na que o estudante non presente, ou non supere os obxectivos establecidos, quedará «suspenso», salvo que o alumno non realice ningunha actividade académica avaliable de acordo co establecido na programación ou na guía docente, caso en que constará como «non presentado».
Xa que logo, avaliaranse todas as actividades realizadas ao longo do curso. Pa ra que o estudante conste como non presentado será necesario que non realice o exame, nin teña ningunha intervención nas clases nin participación en ningunha actividade ou proba avaliable.
GRUPOS A (PROF. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA), B-C (PROFAS. BELÉN TRIGO GARCÍA E MARTA CARBALLO FIDALGO)
Docencia expositiva 22,5/30 Estudio individual ou en grupo: 55
Docencia interactiva: 17,5/10
Preparación de presentaciones orais, debates e similares: 5
Titorías grupo reducido: 5
Resolución de casos prácticos e outros traballos: 7,5
Total horas de traballo presencial na aula: 45.
Total horas traballo persoal do alumno: 67,5/69
GRUPOS A (PROF. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA), B-C (PROFAS. BELÉN TRIGO GARCÍA E MARTA CARBALLO FIDALGO)
Asistencia regular ás aulas como medio para obter un enfoque práctico da materia e simplificar o seu estudo.
No mesmo sentido, recoméndase a asistencia ás clases para aclarar os conceptos, incluír as novidades da disciplina, consultar as dúbidas e tomar notas sobre as ideas que se captaran e interiorizaran.
Lectura das fontes bibliográficas e xurisprudenciais recomendadas.
Dedicación especial á análise do Dereito positivo, en particular da normativa contida no Código civil, a Lei de Axuizamento Civil e a Lei de Dereito Civil de Galicia. Aconséllase asistir á clase co material lexislativo correspondente a cada lección.
GRUPOS B-C (PROFAS. BELÉN TRIGO GARCÍA E MARTA CARBALLO FIDALGO)
Utilizarase a USC Virtual para proporcionar o programa detallado da materia, criterios de avaliación, cronograma de clases e calendario de actividades, materiais de estudo, así como para xestionar as actividades propostas, en especial, a entrega de traballos e facilitar ferramentas de comunicación.
Angel Luis Rebolledo Varela
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814649
- Correo electrónico
- angelluis.rebolledo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Marta Carballo Fidalgo
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814654
- Correo electrónico
- marta.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Belén Trigo García
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814744
- Correo electrónico
- belen.trigo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo A-horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 5 |
18:00-19:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Galego | Aula 5 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo A-horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 5 |
18:00-19:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Galego | Aula 5 |
Xoves | |||
18:00-19:30 | Grupo B-horario de tarde (G-O) | Galego | Aula 3 |
Venres | |||
16:30-18:00 | Grupo B-horario de tarde (G-O) | Galego | Aula 3 |
09.01.2026 10:00-12:00 | Grupo B-horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
09.01.2026 13:00-15:00 | Grupo A-horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
09.01.2026 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |