Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Proporcionar ao alumno a capacidade de interpretar e aplicar a lexislación urbanística e de comprender os contidos dos instrumentos de planeamento urbanístico. Introducir ao alumno na formulación de plans xerais e plans de desenvolvemento.
A memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo ao seguinte temario:
Programa práctico:
Bibliografía básica:
Bibliografía complementaria:
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñería en xeral ou da enxeñería topográfica en particular. Dentro do cadro de competencias deseñado para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
Competencias específicas:
O desenvolvemento da materia fará uso das seguintes metodoloxías docentes:
De acordo cos escenarios contemplados nas Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura da Universidade de Santiago de Compostela, o modo de impartición variará do seguinte modo:
En calquera dos casos anteriores respectarase o horario oficial da materia (modo síncrono). Tamén en todos os casos, as metodoloxías citadas serán complementadas polas seguintes:
O sistema de avaliación consta de dúas compoñentes:
Será necesario acadar unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 en ambas compoñentes da avaliación e 5 puntos sobre 10 no conxunto da materia para que esta se considere superada. Os estudantes que teñan superado (4/10) unha das dúas compoñentes da avaliación na primeira oportunidade non terán que repetila na segunda oportunidade. No caso de alumnos repetidores que teñan superada unha das partes conservarase a puntuación acadada nesa parte durante un novo curso académico, pero ofrecerase a posibilidade de repetir a avaliación se así o prefire.
A proba escrita avaliará as competencias CG2, CG12, CO11.
A avaliación continua ou, no seu caso, a proba práctica, avaliarán as competencias CG4, CG6.
As probas prácticas e probas escritas terán lugar en modo presencial no escenario 1 (Normalidade adaptada) e a través do campus virtual nos escenarios 2 (Distanciamento) e 3 (Peche das instalacións). A avaliación continua avaliarase a través do campus virtual en calquera dos tres escenarios.
En caso de dispensa oficial, examinarase ao alumno cos mesmos criterios aplicados á docencia presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Esta materia ten asignadas un total de 18 horas presenciais de contido teórico, 18 horas presenciais de contido práctico, 2 horas de titorías e 74 horas de traballo persoal.
Recoméndase ter cursado previamente a materia de Urbanismo e Ordenación do Territorio.
Plan de continxencia: tal e como se detalla nos apartados correspondentes desta guía docente, contémplase que en caso de aplicar o escenario 2 (Distanciamento), a docencia expositiva e as titorías terán lugar mediante videoconferencia e a totalidade da avaliación terá lugar a través do campus virtual. No caso de aplicar o escenario 3 (Peche das instalacións), a totalidade da docencia realizarase mediante videoconferencia.
Eduardo Jose Corbelle Rico
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Teléfono
- 982823324
- Correo electrónico
- eduardo.corbelle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor