Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | (Si)
• Dominar o código normativo galego, tanto a nivel oral coma a nivel escrito. Neste sentido:
-Consolidar o coñecemento do estándar escrito e analizar os usos errados máis relevantes que persisten nos escritos de distintos ámbitos, particularmente do ámbito docente.
-Conseguir unha expresión oral espontánea, fluída e correcta en lingua galega
• Elaborar traballos académicos, de tipo diverso, adecuados desde un punto de vista formal e con total corrección lingüística.
• Consolidar un dominio avanzado na produción de textos (orais e escritos).
• Coñecer ferramentas e recursos ós que poder acudir para a resolución de dúbidas ou para a ampliación de coñecementos sobre das cuestións que se estudan.
• Fomentar unha actitude crítica cara ás cuestións lingüísticas.
-A lingua estándar. O estándar oral e o estándar escrito. Utilización e aplicación na docencia.
- Planificación, elaboración e exposición do discurso oral.
- A estandarización do léxico. A selección do léxico do código normativo. A innovación terminolóxica (a neoloxía de creación propia, o préstamo aceptable, etc.). A necesaria superación do castelanismo léxico. Léxico e terminoloxía específica da docencia.
- Tipoloxía textual específica do ámbito docente (memorias, proxectos fin de grao, etc.). Características. Estruturación, corrección lingüística e outros aspectos formais. Recursos para a súa elaboración.
Bibliografía básica:
INSTITUTO DA LINGUA GALEGA / REAL ACADEMIA GALEGA (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. ILG-RAG [2012, 23ª edición], dispoñible en http://www.realacademiagalega.org/recursos
GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M. e SANTAMARINA FERNÁNDEZ, A. (coords.) Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa). Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega, 2004, dispoñible en https://academia.gal/recursos-volg
Bibliografía complementaria:
ÁLVAREZ, R. e XOVE, X. (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
ÁLVAREZ DE LA GRANJA, M. / E. GONZÁLEZ SEANE (2003): A estandarización do léxico. Santiago: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega.
BERMÚDEZ, Manuel: (Breve) Manual de estilo. Santiago de Compostela: USC http://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/fundamentos/estilo.html [pdf].
FERNÁNDEZ REI, F. (1990): Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais.
FERNÁNDEZ REI, F. (coord.) (2012): Arquivo do Galego Oral (AGO), en http://ilg.usc.es/ago.
FREIXEIRO MATO, X. R. (1998-2000): Gramática da Lingua Galega I, II e III. Vigo: A Nosa Terra.
GONZÁLEX SEOANE, E. (2003): "A lexicografía galega moderna", en H. Monteagudo / X. Bouzada (coords.): O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000), vol. III. Santiago: Consello da Cultura Galega, 165-227. [accesible en http://consellodacultura.org/mediateca/extras/normalizacion_iii.pdf].
HERMIDA GULÍAS, C. (2001): Ortografía práctica. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
HERMIDA GULÍAS, C. (2004): Gramática práctica (morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
Dicionarios:
CARBALLEIRA ANLLO, X.Mª (coord.) (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. 2 Volumes. Vigo: Xerais.
CARBALLEIRA ANLLO, X.Mª (coord.) (2011): Dicionario Xerais da lingua. Vigo: Xerais.
FERNÁNDEZ SALGADO, B, (dir) (2004): Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Vigo: Galaxia.
REAL ACADEMIA GALEGA (2004). Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: RAG, dispoñible en https://academia.gal/dicionario
REGUEIRA FERNÁNDEZ, X.L. (coord.) (2012): Dicionario de pronuncia da lingua galega, Instituto da Lingua Galega–Real Academia Galega en http://ilg.usc.es/pronuncia.
No caso de que nos atopemos nun escenario de distanciamento ou confinamento por mor da COVID-19, o material bibliográfico necesario para preparar a materia estará dispoñible na aula virtual Moodle da materia.
G3. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos de diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
E47. Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente en lingua galega.
E49. Fomentar a lectura e animar a escribir.
B.2. Saber aplicar os coñecementos adquiridos ó traballo dunha forma profesional e demostrar competencia na elaboración e defensa de argumentos e na resolución de problemas dentro da área de estudo.
B.3. Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (dentro da área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole diversa.
B.4.- Ter capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como no especializado (dentro da área de estudo).
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
Sesións expositivas (18 horas). Nelas introduciranse os conceptos teóricos e metodolóxicos que fundamentan os contidos da materia, con especial atención a aqueles que supoñan maior dificultade de comprensión. A explicación da profesora apoiarase con frecuencia na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos. Supoñerán para o alumnado 25 horas de estudo autónomo.
Sesións interactivas (18 horas). Traballaranse de forma aplicada algúns dos contidos vistos nas sesións expositivas. Faranse comentarios de lecturas, exposicións de traballos e exercicios de diverso tipo. Todas estas tarefas estarán guiadas e supervisadas pola profesora. Suporán 36 horas de traballo persoal do alumnado.
Titorías (2,5 horas). O alumnado será atendido en sesións de titoría, en grupos reducidos, coa fin de orientar o seu traballo e aprendizaxe. Dedicaranse especialmente á resolución de dúbidas sobre a materia ou tamén sobre as lecturas obrigatorias ou complementarias. Supoñerán 13 horas de traballo autónomo do alumnado.
Lecturas. Ó longo do curso a profesora encargará unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberá preparar en horas non presenciais. É un elemento fundamental e sobre elas traballarase posteriormente nas sesións presenciais.
- Platarforma Moodle: Usarase a plataforma Moodle da USC para o traballo coa materia. Os alumnos deberán estar atentos ó seu correo rai.usc.es.
Estas sesións e actividades adaptaranse aos diferentes escenarios que poidan xurdir por mor da COVID-19 e que quedan especificados no apartado de Observacións.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
O sistema de avaliación estará baseado nos seguintes catro elementos (A, B, C, D):
a) PARTICIPACIÓN NA AULA*: 10%.
b) PROBAS ESPECÍFICAS: 50%.
c) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS**: 30%.
d) PRESENTACIÓNS E OUTRAS PRODUCIÓNS ORAIS: 10%.
*A asistencia ás aulas é obrigatoria, ó tratarse dun sistema de avaliación continua. Unha ausencia superior ó 20% imposibilita que o alumnado obteña puntuación no apartado A.
** Os diversos exercicios e traballos encargados terán que ser entregados / presentados nas datas que se acorden no seu momento na aula. A entrega puntual destes traballos será un requisito imprescindible.
O alumnado que obteña DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE por parte da Xunta de Facultade e o acredite debidamente rexerase, tanto para a convocatoria de xuño coma na de xullo, polo sistema de avaliación que se describe na convocatoria de xullo. Aquelas persoas que opten por este sistema deberán poñerse en contacto coa profesora no momento en que teñan solicitada a dispensa de asistencia.
[O alumnado que asista a entre o 50 e o 80% das sesións presenciais non poderá ser avaliado do apartado A, mais si poderá obter puntuación nos apartados B, C e D.
O alumnado que asista a menos do 50% das sesións presenciais non poderá ser avaliado do apartado A. Dada a natureza da materia, unha asistencia tan limitada inflúe na puntuación final dos apartados C e D que, como se sinalou, son avaliados en función dos traballos escritos e as exposicións orais que o alumnado realiza nas sesións presenciais].
SEGUNDA OPORTUNIDADE (mes de xullo):
1. O alumnado que teña que acudir á convocatoria de xullo só terá dereito á realización da proba específica, e manteránselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados (A, C, D).
2. Se no período ordinario non obtivo cualificación nalgún dos 4 apartados, participará na mesma proba final que especificamos no parágrafo anterior pero a súa cualificación será, como máximo, de 6 puntos. [Neste caso non se admitirán outro tipo de traballos].
ALUMNADO REPETIDOR:
Para o alumnado repetidor a avaliación da materia, se o desexa, reducirase á proba final (común ós casos anteriores), e poderáselle respectar, durante o seguinte curso académico as cualificacións obtidas nos restantes apartados obxecto de avaliación, así como a súa proporcionalidade.
No caso do alumnado que repite a materia por segunda vez e sucesivas deberá falar coas docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, coa fin de concretar o plan de traballo que cómpre seguir para superar a materia.
PLAXIO OU FRAUDE: Debe terse en conta que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estes criterios de avaliación adaptaranse aos diferentes escenarios que poidan xurdir por mor da COVID-19 e que quedan especificados no apartado de Observacións.
Como consta na Memoria da Titulación, nesta materia obrigatoria de 4,5 créditos ECTS, está previsto que o alumnado dedique un total de 112,5 horas, das que 38,5 corresponden a traballo presencial (clases expositivas, clases interactivas, titorías, exames) e 74 horas a traballo autónomo e preparatorio (lecturas, recensións, redacción de traballos escritos, preparación de exposicións e exercicios de diverso tipo).
Recoméndase:
-Asistir ás clases presenciais, nas que se darán as pautas e orientacións precisas para a realización do traballo autónomo e permitirán levar un seguimento continuado do traballo realizado polo alumnado mediante a participación na aula e a realización de diversos traballos.
-Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua.
O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar as datas que se establezan para a entrega de traballos. Recoméndase que se poña en contacto coas profesoras en canto teña solicitado esa dispensa de asistencia e que manteña un seguimento activo da materia mediante as titorías e o contacto cos compañeiros.
PLAN DE CONTINXENCIA no caso de que nos atopemos nun escenario de distanciamento ou confinamento por mor da COVID-19:
APARTADO DE METODOLOXÍA:
O ESCENARIO 1. NORMALIDADE ADAPTADA queda especificado nos ítems anteriores, en cada apartado correspondente.
Se non se pode manter o ESCENARIO 1, as correspondentes sesións e actividades adaptaranse aos diferentes escenarios que poidan xurdir por mor da COVID-19 do seguinte xeito:
ESCENARIO 2. DISTANCIAMENTO
- A docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a Facultade de Formación do Profesorado. As titorías realizaranse preferentemente de xeito virtual.
- A avaliación formativa será avaliación continua sen proba final presencial.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade aos materiais da bibliografía básica e aos que sexan necesarios para a preparación e superación da materia de acordo coas condicións deste escenario.
- O contacto telemático co alumnado establecerase a través da aula virtual Moodle, da área de traballo Microsoft TEAMS e do correo-e da USC.
-A través do “Foro de Novas” comunicarase calquera aviso ou incidencia que afecte ó proceso formativo.
ESCENARIO 3. PECHE DAS INSTALACIÓNS
- A docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos ou asíncronos.
- A avaliación formativa será avaliación continua sen proba final presencial.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade aos materiais da bibliografía básica e aos que sexan necesarios para a preparación e superación da materia de acordo coas condicións deste escenario.
- O contacto telemático co alumnado establecerase a través da aula virtual Moodle, da área de traballo Microsoft TEAMS e do correo-e da USC.
-A través do “Foro de Novas” comunicarase calquera aviso ou incidencia que afecte ó proceso formativo.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE.
O ESCENARIO 1. NORMALIDADE ADAPTADA queda especificado no ítem correspondente
ESCENARIOS 2 e 3
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Mediante avaliación continua (avaliación non presencial sen proba final).
Os criterios de avaliación das actividades programadas, coa súa correspondente ponderación serán:
- Tarefas e actividades prácticas programadas e entregadas a través da plataforma virtual no prazo establecido no calendario de tarefas: 60%.
- Traballo escrito, que se entregará no prazo establecido: 40%.
SEGUNDA OPORTUNIDADE (mes de xullo):
Os criterios de avaliación, coas súas correspondentes ponderacións, serán os mesmos da primeira oportunidade.
Ofrecerase a posibilidade de volver entregar algunhas das tarefas e actividades prácticas programadas (se non están superadas), co obxectivo de poder mellorar a puntuación obtida respecto deste criterio na primeira oportunidade ou, se no foron presentadas, facelas por primeira vez.
Asemade, incrementarase algunha actividade nova para realizar, por primeira vez e especificamente, para esta segunda oportunidade.
Nestes posibles escenarios 2 e 3, o alumnado que obteña DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE por parte da Xunta de Facultade e que o acredite debidamente rexerase por estes mesmos criterios tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.
PLAXIO OU FRAUDE: Debe terse en conta que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Del Carmen Ares Vazquez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 982821043
- Correo electrónico
- carme.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria