Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal é entender o funcionamento normal básico de células,
órganos e sistemas do corpo humano
• Proporcionar os coñecementos para comprender as funcións dos sistemas e
aparellos do organismo san nos seus diferentes niveis de organización.
• Proporcionar os coñecementos para comprender as funcións dos sistemas e
aparellos do organismo e os procesos de integración que dan lugar á
homeostase.
• Facilitar o coñecemento da linguaxe especifica da terminoloxía sanitaria
1.Definir os conceptos de medio interno e homeostase.
2. Importancia da homeostase para a normalidade das funcións dos seres vivos
3. Funcións e compartimentos de líquidos corporais. Describir os métodos de
medida do volume dos distintos compartimentos de líquidos corporais.
4. Fisioloxía básica do sistema nervioso
5. Introdución a fisioloxía somatosensorial
6. Fisioloxía do sangue: eritrocitos e grupos sanguíneos, leucocitos e
inmunidade, plaquetas e hemostase
7. Características fisiolóxicas xerais da circulación sanguínea e da circulación
linfática. Presión arterial e pulso.
8. Fisioloxía cardíaca, nocións básicas do ·ECG.
9. Fisioloxía do aparello respiratorio. Funcións do pulmón e das vías
respiratorias, intercambio e transporte de gases
10. Fisioloxía do aparello urinario: funcións xerais do ril, dos uréteres e da vexiga
urinaria. A diálise.
11. Fisioloxía dixestiva: funcións motoras, secretoras e de absorción do aparello
dixestivo. Funcións secretoras de glándulas anexas: glándulas salivares,
páncreas e fígado.
12. Fisioloxía endócrina
Bibliografía básica:
Constanzo, LS. Fisiología. 7ª edición. Elsevier, 2020
Fox, SI. Fisiología Humana. 15ª edición. McGraw-Hill, 2021
Guyton, AC. Tratado de Fisiología Médica. 14ª edición. Elsevier, 2021
Silverthorn, DU. Fisiología humana. 8ª edición. Médica panamericana, 2019
Bibliografía complementaria:
Koeppen BM, Stanton BA. Berne y Levy. Fisiología. 7ª edición. Elsevier, 2018
Boron, WF. Fisiología Médica. 3ª edición. Elsevier, 2017
Tresguerres, JAF. Fisiología Humana (5ªed). Ed. Interamericana 2021
COMPETENCIA
Que o estudantado amose posesión e comprensión de coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo;
Capacidade para o traballo en equipo
Motivación
Capacidade para a resolución de problemas.
Capacidade de análise e síntese
Habilidades interpersonais
Planificación e xestión do tempo
Habilidad para traballar de maneira autónoma
Habilidades de xestión de la información (habilidade para buscar e analizar información provinte de diversas fontes)
Habilidades básicas de manexo de ordenadores
METODOLOXÍA
Clase expositiva con manexo de material didáctico das TIC e ferramentas
tradicionais como o encerado. Buscarase a participación dos alumnos durante as clases
a través de preguntas co fin de xerar problemas que os estudantes deben resolver
Estratexias individuais, casos prácticos, traballo en grupo, dirixidas; con
propostas de traballo e revisión de resultados.
O alumno poderá adquirir competencias de tipo transversal en canto a labores de
procura de información biomédica.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
• Realización de traballos e actividades 70%
• Asistencia e participación nas aulas 30% .
Asistencia continuada a clase e o aspecto fundamental a ter en conta.
Seguimento diario das actividades, lecturas e resumos dos contidos desenvolvidos co obxectivo de concretar os contidos obxecto de estudo no programa.
Establecer vínculos entre os contidos teóricos das aulas expositivas e as observacións
Seguimento da información e materiais facilitados ao alumnado, coa vontade de facilitar e coñecer os distintos escenarios docentes e os mecanismos necesarios para o seu correcto desenvolvemento.
Facer uso do Campus Virtual da materia para o desenvolvemento das actividades programadas polo profesorado.
ASISTENCIA A CLASE.
Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS.
Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Xurxo Couto Catoira
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Ainara Diaz Geada
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- ainara.geada [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a área externa