Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Poñer ó alcance do alumnado os contidos básicos para comprender a Historia de Galicia dende os primeiros restos humanos ata o ano mil
• Introducir os avances metodolóxicos e historiográficos máis significativos e recentes que afectan ó coñecemento da Historia de Galicia ata o ano mil
• Elaborar un traballo académico orixinal con busca de bibliografía especializada ou de introdución ao traballo de arquivo.
A materia estrutúrase en catorce grandes temas, a través dos cales se fará en percorrido cronolóxico pola Historia de Galicia dende os primeiros restos humanos ata o ano mil:
1. Presentación da materia. Cronoloxía, conceptos e contextos.
2. A Primeira Idade da Pedra: o Paleolítico.
3. O tempo dos mouros: Neolítico e Megalitismo.
4. A Idade dos Metais. A arte rupestre ao aire libre: os petróglifos.
5. Gallaecia antes de Roma: a cultura castrexa.
6. O celtismo: mito e realidade
7. A Galicia romana. Política e economía.
8. A Galicia romana. Sociedade e cultura.
9. O primeiro reino medieval de Europa: a Galicia Sueva.
10. Da conquista islámica ós reinos cristiáns. Administración e poder
11. A sociedade feudal. Privilexiados e campesiñado
12. A inventio xacobea. O devir dun centro de culto que configurou unha cidade e un Reino.
13. A Galicia altomedieval. Cultura e relixión
14. *** Saída de campo: Unha cidade medieval intramuros. A cerca vella de Santiago.
15. Proba de avaliación
*** A saída efectuarase trala correspondente autorización da Dirección do IV Ciclo, nunha data a determinar co alumnado interesado.
Para o Bloque I:
AA. VV. (1982). Historia del arte gallego, Madrid, Editorial Alhambra.
AA. VV. (1995-1996). Historia de Galicia, A Coruña, Vía Láctea Editorial, 5 vols.
BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R., e VILLARES PAZ, R., coords. (2007). A Gran Historia de Galicia, A Coruña, Arrecife, 32 vols.
BERAMENDI, X. (2007). De provincia a nación: Historia do galeguismo político, Vigo, Xerais.
BERAMENDI, X. e NÚÑEZ SEIXAS, Xosé M. (1996). O Nacionalismo galego, Vigo, A Nosa Terra.
DE JUANA, J. e PRADA, J., coords. (2005). Historia contemporánea de Galicia, Barcelona, Ariel.
DUBERT, I., coord. (2012). Historia de la Galicia Moderna, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela.
REY CASTELAO, O., (1998). A Galicia clásica e barroca, Vigo, Galaxia.
RODRÍGUEZ IGLESIAS, F., dir. (1993). Galicia. Arte, A Coruña, Hércules, 7 vols.
VILLARES, R., (2004). Historia de Galicia, Vigo, Galaxia.
Para o Bloque II:
BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R., dir. (2000-2003). Historia de la Universidad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, USC - Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, 2 vols.
CASTRO DÍAZ, B., e LÓPEZ-MAYÁN, M., coords. (2012). Historia de Santiago de Compostela, A Coruña, Vía Láctea Editorial.
CASTRO, X., (2007). Historia da vida cotiá en Galicia: séculos XIX e XX, Vigo, Nigratrea.
ID. (2010). A Rosa do viño: cultura do viño en Galicia, Vigo, Galaxia.
ID. (2010). Yantares gallegos: historia da dieta atlántica, Santiago de Compostela, USC-Servicio de Publicacións e Intercambio Científico.
COSTA RICO, A., (2004). Historia da educación e da cultura en Galicia (séculos IV-XX): Permanencias e cambios no contexto cultural e educativo europeo, Vigo, Xerais.
DÍAZ Y DÍAZ, M. C. (1997). De Santiago y de los caminos de Santiago, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Comunicación Social, Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago.
GUTIÉRREZ IZQUIERDO, R., (2000). Lecturas de Nós. Introducción á literatura galega, Vigo, Xerais.
HERNÁNDEZ BORGE, J. e GONZÁLEZ LOPO, D. L., coords. (2007). Pasado e presente do fenómeno migratorio galego en Europa, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco.
LÓPEZ-MAYÁN, M., (2011). A Igrexa na Galicia Medieval, Santiago de Compostela, Lóstrego.
NÚÑEZ SEIXAS, X. M., (1998). Emigrantes, caciques e indianos: o influxo sociopolítico da emigración transoceánica en Galicia (1900-1930), Vigo, Xerais.
REY CASTELAO, O., (2006). Los mitos del Apóstol Santiago, Santiago de Compostela, Consorcio de Santiago-Nigratrea.
ID. (2003). Libros y lectura en Galicia: siglos XVI-XIX, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
REY CASTELAO, O., coord. (2010-2011). Historia das mulleres en Galicia, Santiago de Compostela-Vigo, Xunta de Galicia-Nigratrea, 4 vols.
RODRÍGUEZ CORRAL, J., (2009). A Galicia castrexa, Santiago de Compostela, Lóstrego.
SAAVEDRA FERNÁNDEZ, P., (1994). La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen, Barcelona, Crítica.
SUÁREZ PIÑEIRO, A., (2008). Así era la vida en la Galicia romana, Santiago de Compostela, Lóstrego.
• Capacitar ó alumno para identificar os distintos períodos cronolóxicos da Historia de Galicia, os seus fundamentos e as súas representacións máis importantes
• Capacitar ó alumno para analizar a historia en perspectiva, superando os marcos cronolóxicos pechados e posibilitar análises globais e transversais
• Potenciar a autonomía do alumno mediante unha metodoloxía de aprendizaxe onde semanalmente se facilitarán os contidos da clase inmediata con antelación, para o estudio previo do alumnado
Cada clase terá unha duración de dúas horas, dividida en dúas metades con descanso no intermedio. Ambas mesturarán o corpo expositivo da materia, dirixida polo profesor, co práctico a base de proxeccións, comentarios, lecturas, debates...
O material de estudo será subministrado polo profesor cunha semana de antelación á clase correspondente no Campus Virtual co que, o alumnado, poderá traballar por adiantado nos contidos da clase seguinte.
Nas saídas programadas haberá a posibilidade de realizar algún traballo relacionado coa visita, sempre con carácter formativo; isto é, ou bibliográfico ou de profundización nalgún contido específico.
Durante o desenvolvemento da materia o alumnado deberá ir elaborando un traballo persoal obrigatorio (dirixido polo profesor), a entregar o último día de clase do curso.
Na avaliación final terase en conta a asistencia e a participación na aula e actividades programadas (50%), a realización dun traballo dirixido polo profesor a elixir polo alumno/a entre varias modalidades (25%) e un exame final ou proba tipo test (25%).
ASISTENCIA A CLASE. Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Anxo Rodriguez Lemos
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 881812707
- Correo electrónico
- a.rodriguez.lemos [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h