Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Comprender o fenómeno da interculturalidade no mundo actual, delimitando adecuadamente esquemas conceptuais e metodoloxías de estudo.
• Xustificar a necesidade dun enfoque intercultural na educación, cara á intervención pedagóxica que permita acadar actitudes e destrezas de natureza intercultural.
• Coñecer e valorar os principais temas que debe abordar un proxecto de educación intercultural dentro e fóra do sistema educativo, prestando especial atención ao desenvolvemento de competencias interculturais.
• Estudar estratexias de intervención pedagóxica e social a favor da interculturalidade, procurando o deseño de novas técnicas en función de suxeitos e contextos.
BLOQUE I. O Concepto de Cultura: Do Multiculturalismo ao Interculturalismo.
- Concepto de Cultura e Tradición.
- Multiculturalismo e Interculturalismo.
- O papel da Educación na prevención do racismo e a xenofobia.
BLOQUE II. Concepto e Modelos de Educación Intercultural.
- Pedagogía Intercultural. Unha aproximación a súa conceptualización e ás
competencias interculturais.
- Modelos e enfoques da Pedagoxía Intercultural.
- Globalización e os movementos migratorios do século XXI.
BLOQUE III. Contextos e realidades desde a Pedagoxía Intercultural.
- Análise socioeducativa dos fluxos migratorios en España: A inmigración nun país de
emigrantes.
- A inmigración en Galicia. A situación dos emigrantes retornados.
- As persoas refuxiadas e o seu proceso de inclusión. Particularidades e boas prácticas.
- O papel da administración local e as entidades sociais na xestión da diversidade
cultural.
BLOQUE IV. Estrategias y recursos para la gestión de la diversidad cultural.
- A aprendizaxe cooperativa e a aprendizaxe-servizo como metodoloxías en contextos
de diversidade cultural.
- Os fondos de coñecemento en contextos con minorías culturais.
- Técnicas para a detección de prexuízos e estereotipos.
- A intervención pedagóxica para a xestión da convivencia: Casos e propostas
Aguado, T. (2003). Pedagogía intercultural. McGraw-Hill.
Besalú, X. (2002). Diversidad cultural y educación. Síntesis.
Barañano Cid, A., García García, J. L., Cátedra Tomás, M., e Devillard, M. J. (Coords.). (2007). Diccionario de relaciones interculturales. Diversidad y globalización. Universidad Complutense.
Escarbajal, A. (2015). Comunidades interculturales y democráticas. Un trabajo colaborativo para una sociedad inclusiva. Narcea.
Essomba, M. A. (2008). La gestión de la diversidad cultural en la escuela (10 ideas clave). Graó.
García Fernández, J. A. (2009). Educación intercultural: análisis de la situación y propuestas de mejora. Wolters Kluwer.
García, J., e Lacomba, J. (Eds.). (2008). La inmigración en la sociedad española. Bellaterra.
Jordán, J. A. (2001). Educación intercultural. Un desafío de nuestro tiempo. UOC.
Malgesini, G., e Giménez, C. (2000). Guía de conceptos sobre migraciones, racismo e interculturalidad. Catarata.
Martín, M. A. (2009). Etnia gitana y sistema educativo: ¿en qué hemos avanzado? En M. A. Santos Rego (Ed.), Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidad y la calidad (pp. 193-202). Octaedro.
Ruiz, C. (2002). Educación intercultural. Una perspectiva crítica de la cultura. Octaedro.
Santos Rego, M. A., e Lorenzo Moledo, M. (2003). Inmigración e acción educativa en Galicia. Eds. Xerais.
Santos Rego, M. A., e Lorenzo Moledo, M. (2012). Estudios de Pedagogía Intercultural. Octaedro.
Santos Rego, M. A., Lorenzo, M., e Míguez, G. (2022). Fondos de conocimiento familiar e intervención educativa. Comprender las circunstancias sociohistóricas de los estudiantes. Narcea.
• Análise e resolución de problemas sociais vinculados á diversidade cultural.
• Habilidades na búsqueda e xestión da información sobre educación e diversidade cultural.
• Deseño e avaliación de programas educativos de natureza intercultural.
• Dominio de técnicas de aprendizaxe cooperativa para a xestión da diversidade cultural en contextos de formación.
A metodoloxía que presidirá o traballo nesta materia consistirá en combinar o traballo individual, o traballo en pequeno e gran grupo mediante postos en común no plenario da clase, afirmando a nosa intención de manter unha pluralidade de actividades combinadas de forma equilibrada. Esta utilización de métodos activos non exclúe as sesións expositivas cando se considere oportuno. Consideramos que isto facilita un maior dinamismo e axuda a incrementar o interese e a motivación do alumnado, ofrecendo unha maior variedade de experiencias de aprendizaxe. Ao mesmo tempo, este modelo implica a súa presenza física e o
seu compromiso de constancia e traballo. Pola súa parte, o profesorado dirixe e coordina as actividades do alumnado.
Inténtase que os alumnos e alumnas sexan os protagonistas no seu proceso de aprendizaxe, que aborden os contidos da materia desde unha dinámica na que prime a actividade e a participación, e que se impliquen na elaboración intelectual do propio coñecemento. Procúrase, en fin, espertar o interese por “aprender”, máis que a simple necesidade de
“aprobar”.
Para levar a cabo a avaliación téñense en conta diversos elementos, que abarcan a dimensión cognitiva, a procedimental e a actitudinal. Comezando pola cognitiva, evalúanse os traballos entregados por cada estudante, tanto froito do traballo individual como en pequeno grupo.
En relación á dimensión procedimental, valórase a calidade formal dos traballos presentados, o dominio no manexo das técnicas de comunicación e, en xeral, o desenvolvemento das tarefas encomendadas.
Por último, en canto á dimensión actitudinal, téñense en conta a asistencia e puntualidade dos alumnos e alumnas, así como a súa participación e grao de implicación nas actividades programadas.
Porcentaxes:
- 50% - Asistencia, participación e traballo de aula
- 50% - Traballo a elixir (Portfolio, recensión de libro ou monografía vinculada, e
traballo monográfico).
*NOTA: É necesario ter asistido ao menos ao 80% das sesións e entregar o traballo da materia
para acadar a condición de superada.
A aprendizaxe na materia apóiase en tres requisitos indispensables:
- Participación activa nas sesións e actividades de aula.
- Traballo individual ou en pequeno grupo para realizar o traballo.
- Estudo individual e continuado ao longo do semestre.
- Asistencia regular ás sesións de clase.
- Estudo e análise dos documentos recomendados para cada bloque temático.
- Seguimento e dedicación en todas as actividades xa sexan individuais e/o de grupo.
ASISTENCIA A CLASE
Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. Neste caso, a asistencia ponderarase cun 50% sobre a cualificación final.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Alejandro Sotelino Losada
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813780
- Correo electrónico
- alexandre.sotelino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Gabriela Dolores Miguez Salina
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- gabriela.miguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Jesica Nuñez Garcia
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- jesica.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa