Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Practicar a fala e a escrita en lingua galega (valorase o contido e non se rebaixará a puntuación por descoñecer a normativa vixente).
• Reforzar e ampliar os coñecementos do alumnado sobre a Literatura galega contemporánea (a publicada entre 1975 e 2000 aprox.).
• Seleccionar os autores e obras máis representativos entre 1975 e 2000 aprox.
• Identificar as características definitorias de cada autor estudado e de cada obra salientada.
• Dialogar criticamente con autores e obras que o alumnado aínda non lera.
Na materia “Literatura galega contemporánea” estudaranse os autores que publicaron en lingua galega a súa produción nos tres xéneros canónicos (narrativa, poesía e teatro) entre 1975 e 2000 aprox. Contextualízanse os autores máis recoñecidos pola crítica e o público e precísanse os trazos definitorios da súa escrita e das súas obras máis destacadas, que se constatan nos fragmentos textuais seleccionados para a lectura e comentario na aula.
Contidos
A Literatura galega entre 1975 a 2000 aprox.
1) Contexto sociohistórico.
2) Narrativa: Víctor Freixanes, Carlos Casares, Paco Martín, Marina Mayoral, Alfredo Conde, Xavier Alcalá, Carlos G. Reigosa, Darío Xohán Cabana, Suso de Toro, Ramón Caride, Manuel Rivas, Agustín Fernández Paz, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey e Marcos
Calveiro.
3) Poesía: Pilar Pallarés e Manuel Forcadela.
4) Teatro: Manuel Lourenzo, Euloxio Rodríguez, Roberto Vidal Bolaño, Cándido Pazó, Xavier Lama, Raúl Dans e Quico Cadaval.
o Bibliografía primaria das edicións que posúen un estudo crítico das obras que se analizarán con maior atención na aula.
o E así mesmo, as seguintes historias e dicionarios da literatura:
Fernández del Riego, F. (1995). Historia da Literatura. Edtorial Galaxia.
GLIFO (1998-actualidade). Diccionario de termos literarios. Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=DITERLI
Roig Rechou, B-A. (1996). A Literatura Galega Infantil. Perspectiva diacrónica, descrición e análise da actualidade. Universidade, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico.
Roig Rechou, B-A. (2002). A Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia. En D. Villanueva Prieto e A. Tarrío Varela (coords.), A literatura dende 1936 ata principios do século XXI: Narrativa e traducción (pp. 382-501). Hércules Ediciones.
Roig Rechou, B-A. (Coord.) (2015). Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Edicións Xerais de Galicia.
Tarrío Varela, A. (1994). Literatura galega: Aportacións a unha Historia crítica. Edicións Xerais de Galicia.
Tarrío Varela, A. (Coord.) (2000). Proxecto Galicia. Literatura. Hércules de Ediciones.
Vilavedra, D. (Coord.) (1995). Dicionario da Literatura Galega I. Autores. Editorial Galaxia.
Vilavedra, D. (1997). Diccionario da literatura galega II. Publicacións periódicas. Editorial Galaxia.
Vilavedra, D. (2003). Diccionario da literatura galega III. Obras. Editorial Galaxia.
Vilavedra, D. (2004). Diccionario da literatura galega IV. Termos e institucións literarias. Editorial Galaxia.
o Bibliografía secundaria
Agra [Pardiñas], M. J., Franco Vázquez, C. e Roig, B-A. (2010). Texto-imagen: A lingua das bolboretas de Manuel Rivas. En S. Pérez Pico e M.A. Candelas Colodrón. Diálogos intertextuales 4: Discursos (audio)visuales para un receptor infantil y juvenil. Estudios de literatura infantil y juvenil: medios audiovisuales (pp. [15]-23). Peter Lang GmbH. Internationaler Verlag der Wissenschaften.
Fernández Vázquez, M. (2017a). O mundo eclesiástico na obra casariana. En A. Requeixo (Ed.), Sobre letras e signos. Estudos en homenaxe a Anxo Tarrío (pp. 337-346). Xunta de Galicia. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Fernández Vázquez, M. (2017b). De letras: Carlos Casares. En M. Fernández-Vázquez (coord.), De letras e de imaxes nas aulas de Primaria (pp. 33-50). Hércules de Ediciones/ Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.
Figueroa, A. (2001). Nación, literatura, identidade. Comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Edicións Xerais de Galicia.
• Mellorar as habilidades comunicativas en lingua galega, tanto na fala coma na escrita.
• Rememorar os coñecementos previos sobre a Literatura galega contemporánea.
• Reforzar a capacidade de síntese do alumnado á hora de expoñer, na breve proba oral final da materia, o aspecto que máis lle sorprendeu e o que considerou menos relevante na historia da obra que elixirá, con total liberdade, entre as publicadas orixinalmente (non se admiten traducións) en galego entre 1975 e 2000 aprox.
• Condensar de forma clara e reflexiva nun traballo escrito (no comentario de dous aspectos que o alumnado considerou relevantes), tras a lectura dunha obra que elixiu, con total liberdade, entre as publicadas orixinariamente (non se admiten traducións) en galego desde a 1975 e 2000 aprox.
Abordarase a Literatura galega contemporánea desde un enfoque comparativo, no que se incidirá no contexto sociopolítico e cultural que condiciona a cada autor e que inflúe na súa obra literaria, e na análise filolóxica e crítica do autor e da súa produción literaria.
Ademais, se é factible, realizaranse clases prácticas en fundacións de autores, por exemplo, a Fundación Carlos Casares, para coñecer de primeira man a súa biobliografía, as súas obras de consulta e os seus referentes, entre outros aspectos.
E tamén se procurará programar prácticas (se o alumnado ten dispoñibilidade para asistir) a fundacións de autores destacados, abordados no programa da materia ou outros autores pertencentes ás mesmas unidades xeracionais ou que sigan as liñas estilísticas abertas polos autores máis recoñecidos pola crítica e polo lectorado.
Así mesmo, tentarase programar saídas a exposicións sobre autores e/ou as súas obras, a representacións teatrais, pictóricas, fotográficas ou outra manifestación artística que versen sobre autores en lingua galega; a presentacións de libros; a conferencias e/ou a cursos sobre autores, temas ou obras tratadas por autores recoñecidos en lingua galega, entre outras posibles actividades que se celebren durante o primeiro cuadrimestre.
Se non fose posible realizar estas prácticas nin saídas en horario lectivo, ofrecerase información ao alumnado para que poda realizalas no seu tempo de lecer.
Para aprobar a materia “Literatura galega contemporánea” é obrigada a asistencia ao 80% das clases impartidas. O alumnado debe avisar na aula ou por correo electrónico das ausencias non xustificadas.
As xustificadas son só por causa médica ou semellantes (non é preciso a entrega ou envío de ningún certificado médico).
O alumnado compensará as ausencias non xustificadas coa participación activa na aula, a exposición oral e o traballo escrito.
A nota final (100%) será a suma de:
• a participación activa na aula (o alumnado pode sumar un 40% na nota final),
• a breve proba oral final (o alumnado pode sumar un 30% na nota final). Tras a lectura dunha obra elixida polo alumnado entre as publicadas orixinariamente (non se admiten traducións) en galego entre 1975 e 2000 aprox., este exporá na aula que aspecto lle resultou máis sorprendente e cal entendeu como menos relevante na obra lida.
A penúltima clase destinarase ás probas orais do alumnado.
• e o traballo escrito (o alumnado pode sumar un 30% na nota final). Tras a lectura dunha obra elixida polo alumnado entre as publicadas orixinariamente (non se admiten traducións) en galego desde 1975 ao 2000 aprox., o alumnado redactará un comentario sobre dous aspectos que considerou relevantes na obra lida.
O alumno deberá entregarme (antes do 16 de xaneiro) unha copia en papel do traballo realizado. Extensión: 5 páxinas simples, Interliñado 1,5 cm, Letra Calibri, Tamaño 12 puntos, Xustificado.
Esta materia impártese de forma presencial durante 30 horas lectivas, de carácter expositivo, aínda que se valora no sistema de avaliación a participación activa do alumnado asistente á aula.
O alumnado debe empregar as horas de estudo e de traballo persoal que considere necesarias para responder ao sistema de avaliación indicado.
Aconséllase:
- A asistencia ás clases, xa sexan estas virtuais ou presenciais, e cumprimento do ritmo de traballo programado acorde coa avaliación continua.
- Ter en conta as orientacións da profesora sobre o manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental etc. así como dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral coma escrito.
- Respectar as datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que puidese impedir a entrega puntual dos traballos.
ASISTENCIA A CLASE. Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maria Del Mar Fernandez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 881812010
- Correo electrónico
- mariadelmar.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h