Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
OBXECTIVOS de aprendizaxe do alumnado:
1º. Coñecer a evolución da sociedade galega durante os séculos contemporáneos.
2º. Coñecer a tipoloxía da documentación primaria que se utiliza na historia social contemporánea, prestando unha atención especial ás fontes persoais e familiares (memoria oral, álbumes fotográficos, acervos epistolares, diarios e autobiografías) como documentación relevante para mellorar o coñecemento da historia do sec. XX.
3º. Aplicar as técnicas básicas de recuperación e análise sistemática desas fontes que constituén a memoria familiar de procesos históricos como a mercantilización das explotacións familiares de policultivo, as migracións do campo ás vilas e cidades e a diversificación das actividades económicas nestas últimas.
4º. Fomentar a capacidade do alumnado para elaborar informes presentando os logros de cada fase do proxecto de pescuda, os resultados finais acadados e unhas conclusións que inclúan propostas de mellora.
5º. Desenvolver a capacidade do alumnado para comunicar verbalmente as características e resultados do proxecto de pescuda implementado.
Bloque I: A historia social da Galicia Contemporánea: características dos grupos das xentes do común e das elites locais.
7 sesións con saídas a museos, arquivos e barrios da cidade de Santiago.
Bloque II: Aplicación práctica das técnicas de análise de documentación persoal, familiar e de arquivos locais.
5 sesións para deseñar e desenvolver un proxecto de pescuda sobre historia familiar e local.
2 sesións para elaborar un informe final e presentalo ao grupo-aula.
1 sesión final para avaliar o desenvolvemento do obradoiro. Realizarase, a ser posible, no marco dunha saída didáctica ao Museo Casa do Patrón en Doade (Lalín) ou ao Ecomuseo de Arxeriz (Escairón).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ALLEGUE OTERO, G., 1991, Galicia, o oficio de vivir: o mar, a terra e a cidade, Nigra, Vigo.
COSTA BUJÁN P., 1996, Compostela: memoria fotográfica, Ara Solis, Santiago de Compostela.
- 2015, La ciudad heredada: evolución urbana y cambios morfológicos, Santiago de Compostela, 1778-1950, Teófilo Edicións-Consorcio de Santiago de Compostela.
- 2016, Periferias y (des)borde: evolución urbana y cambios morfológicos, Santiago de Compostela, 1778-1950, Teófilo Edicións-Consorcio de Santiago de Compostela.
JUANA, J. de e PRADA, J., coords., 2005, Historia Contemporánea de Galicia, Ariel, Barcelona.
ITURRA, R., 1998, “A oralidade e a escritura na construcción do social”, Estudios Migratorios, nº 6, pp. 57-68.
PERNAS OROZA, H., 2003, Esquecidas pola historia: as mulleres compostelás entre finais do século XIX e o promeiro tercio do XX, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.
- 2010, “Vida e vivencias no compostelán barrio de San Pedro durante o século XIX e o primeiro terzo do XX”, Adra, nº. 5, Revista da Asociación de Amigos do Museo do Pobo Galego, pp. 119-133.
- 2011, Historia das mulleres en Galicia. Época contemporánea, Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Nigratrea, Baiona.
SOUTELO VÁZQUEZ, R., 2005, Labregas, emigradas, estraperlistas e represaliadas. Experiencias de vida e lembranzas de mulleres na Galicia rural, IX Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo, Concello de Valga.
- 2017, Entre Ourense e América. A emigración nos proxectos de vida de diferentes tipos de familias na Galicia rural: 1880-1960, Deputación de Ourense.
- e VÁZQUEZ LOJO, Mª X., 2015, Emprendedores rexos en tempos duros. A integración dos galegos en Venezuela e no Brasil durante o século XX, Deputación de Ourense.
VILLARES PAZ, R., 2016, Historia de Galicia, Galaxia, Vigo.
- Valorar positivamente as experiencias vividas, as lembranzas e a documentación persoal e familiar conservada polas persoas maiores como un acervo cultural importante para coñecer mellor a historia da nosa sociedade durante o século pasado.
- Capacidade de analizar sistemáticamente e interpretar datos e feitos recollidos nas fontes persoais e familiares: memoria oral, cartas, fotos, diarios e autobiografías.
- Competencia histórica para analizar críticamente o pasado extraendo reflexións útiles para mellorar a sustentabilidade, a solidaridade e o benestar da sociedade democrática actual.
Combinaremos períodos expositivos, en cada sesión, coa saída a museos, arquivos e barrios composteláns nas primeiras sesións do obradoiro.
As sesións interactivas da segunda parte do obradoiro desenvolveranse como segue:
- Sesión 9: Análise e organización das fontes documentais que achegue o alumnado.
- Sesión 10: Deseño e orientación dos proxectos individuais de pescuda.
- Sesións 11 e 12: desenvolvemento do proxecto coa análise crítica de fontes e sistematización da información relevante para presentar os resultados.
- Sesión 13: elaboración de informes finais recollendo as aprendizaxes derivadas da aplicación do proxecto de pescuda.
Exposición en público dos resultados acadados en cada proxecto para fomentar a competencia comunicativa e as aprendizaxes cooperativas.
Reflexión final sobre o desenvolvemento do obradoiro para recoller propostas de mellora.
Partirá do nivel de coñecementos do alumnado para fomentar a eficacia do método de aprendizaxe aplicado e rectificar as propostas que non acaden os obxectivos fixados.
- A asistencia e a participación activa e proactiva nas sesións e o compromiso coa implementación do proxecto de pescuda suporán ata o 55 % da cualificación final.
- A calidade do informe final elaborado individualmente suporá ata o 25% desa cualificación: corrección ortográfica e gramatical, coherencia das argumentacións e aplicación axeitada das convencións de citacións de fontes e bibliografía.
- A exposición verbal ao grupo das aprendizaxes acadadas coa aplicación do proxecto suporá outro 20% da cualificación final
As producións escritas do alumnado suporán o 70% da cualificación final individual na materia. Consistirán na realización de tarefas prácticas aplicando os contidos da materia dispoñibles no curso virtual da mesma e na elaboración dun traballo monográfico sobre un tema directamente vencellado coa Xeografía de Galicia.
Esta cualificación completarase coa valoración da asistencia regular do alumnado ás sesións presenciais e da súa participación proactiva nelas e nas saídas didácticas (30%), consonte co establecido no Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
A entrega de producións realizada polo estudantado farase, preferentemente, a través da aula virtual para cumplir os obxectivos de responsabilidade medioambiental da USC. Por iso as producións impresas seguirán estas normas:
1ª. Non levarán tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios e, sempre que sexa posible:
1.1. Empregarán grampas en lugar de encanutillados.
1.2. Irán impresas a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
2. Non empregarán folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
3. Evitarán anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos posto que non se avaliarán positivamente.
En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nas producións académicos entregadas.
O das sesións presenciais e 20 horas aproximadas de lecturas, reflexión e realización das prácticas propostas.
Asistencia e participación proactivas nas sesións presenciais de traballo na aula.
Lectura reflexiva e visionado atento dos materiais recomendados e dispoñibles no curso virtual da materia.
Implementación do proxecto de pescuda acordado co profesor dende comezos do curso.
Esta materia obradoiro fornece coñecementos sobre a evolución histórica das familias labregas, obreiras, de artesáns e comerciantes e con emigrantes e retornados partindo da recuperación da memoria familiar valorándoa como parte importante da historia social da Galicia contemporánea.
A escala microsocial é a idónea para a análise dos cambios, económicos, sociais e culturais operados nos últimos cen anos porque permite esculcar as consecuencias dos grandes procesos históricos nas vidas da xente corrente: as relacións humanas e entre grupos sociais, os proxectos vitais e familiares, a incorporación de novas tecnoloxías produtivas e da comunicación ou das ideoloxías creadas noutras sociedades, etc, aparecen nos testemuños orais, nas fontes epistolares e noutra documentación que conservaron as familias do común e, máis aínda, as elites locais de comerciantes, propietarios e profesionais liberais.
Esta estratexia didáctica favorece o empoderaramento das persoas da terceira idade cuxas experiencias vividas, coñecementos adquiridos e exemplos de compromiso cívico precisamos para [re]construir a sociedade do presente dende modelos menos mercantilistas e máis sustentables e solidarios.
Raul Soutelo Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- raul.soutelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa