Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 14 Clase Interactiva: 5.5 Total: 19.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O Traballo fin de grao consiste na elaboración dun traballo persoal onde se apliquen e integren os coñecementos e destrezas desenvolvidos durante os estudos realizados na Titulación, así como a súa capacidade de creatividade e orixinalidade.
O traballo realizado debe ser orixinal e independente, con identidade propia, aínda que pode formar parte dun desenvolvemento máis amplo ou xeneral.
Os contidos dos TFG deberán axustarse a algunha das seguintes categorías:
a) Análise, deseño, implementación, validación e proba dun modelo que constitúa unha contribución a calquera paradigma da IA.
b) Análise, deseño, implementación, validación e proba dun módulo ou aplicación, servizo ou sistema intelixente completo.
A bibliografía específica de cada traballo estará recollida nas diferentes propostas de proxectos aprobadas pola Comisión de Traballo Fin de Grao.
As competencias específicas que se desenvolvan durante a realización do traballo fin de grao dependen da temática concreta de cada proxecto. As competencias xerais que se desenvolverán durante a realización do traballo fin de grao son: capacidade para concebir e planificar o desenvolvemento de modelos CG1, resolución de problemas e toma de decisións con creatividade e autonomía CG2, deseño e creación de solucións de Intelixencia Artificial de calidade CG3, capacidade para a selección de solucións adecuadas a problemas concretos CG4 e a comunicación tanto de forma oral como escrita CB4.
O TFG supón a realización por parte de cada estudante e de forma individual dun proxecto, memoria ou estudo orixinal baixo a supervisión dun ou máis titores académicos, no que se integren e desenvolvan os contidos formativos recibidos, capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante os estudos de Grao. Todo TFG require un titor ou titora que asista ao estudante. O ou a estudante deberá contactar coa persoa que propón o traballo, co fin de elaborar conxuntamente o documento de acordo. Este acordo deberá ser presentado no curso académico no que se asigna a proposta, e entregado á Secretaría da ETSE empregando os mecanismos que esta estableza. O documento será entregado en formato pdf, con sinatura dixital ou sinatura escaneada, con data límite do último día laborable de febreiro para a súa defensa en xullo ou setembro, ou do último día laborable de outubro para a súa defensa en febreiro. O documento de acordo do TFG incluirá:
a) Datos de identidade (incluíndo sinatura de aceptación).
b) Datos de identidade da Titora ou do Titor do TFG (incluíndo a sinatura de aceptación).
c) Datos de identidade da Cotitora ou do Cotitor do TFG, se procede (incluíndo a sinatura de aceptación).
d) Título do TFG.
e) Obxectivo global e subobxectivos do TFG.
A lista de acordos recibidos publicarase por parte da Secretaría tralas datas límite de entrega dos acordos. A Xunta de Centro aprobará e publicará os períodos de presentación das memorias de TFG xunto coa convocatoria oficial de exámes de cada curso académico.
A memoria presentada mostrará o traballo desenvolvido pola/o estudante. A memoria terá unha extensión máxima de 50 páxinas (sen contar o índice, a bibliografía e os manuais), e incorporará a documentación que se indica no regulamento de TFG.
A avaliación dos TFG admite dúas modalidades: avaliación ante titor ou titora e avaliación por un tribunal. Na solicitude de defensa do TFG poderase elexir entre a defensa pública diante da titora ou titor e a defensa pública diante dun tribunal. A exposición do TFG terá unha duración recomendada de 20 minutos por estudante, e terá carácter de acto público.
1) Modalidade titor.
- A defensa pública será realizada na correspondente convocatoria publicada polo Centro indicando data, hora e lugar.
- A cualificación máxima que poderá obterse nesta modalidade é de 8,0 puntos sobre 10.
2) Modalidade tribunal:
- Os Tribunais encargados de avaliar los TFG estarán formados por tres membros titulares (presidente ou presidenta, secretaria ou secretario e vocal) e un membro suplente que serán PDI con docencia na Titulación.
- As persoas que deenvolvan a función de titoría dun TFG non poderán ser membros do Tribunal que o xulgue.
A avaliación será de 0 a 10 puntos e conterá os seguintes aspectos:
a) Calidade do Traballo (CT): 65%.
b) Documentación (D): 20%.
c) Presentación (P): 15%.
A cualificación final outorgada será a dada pola seguinte ponderación: 0,65*CT+0,20D+0,15*P (indicada cunha cifra decimal). No caso de avaliación polo titor ou a titora, a cualificación final non poderá superar o 8,0.
Unha vez feita a entrega do traballo e verificadas as condicións para a súa defensa, non presentarse á defensa do TFG na data asignada, terá a cualificación de suspenso nesa oportunidade.
O tempo a dedicar a esta materia serán 300 horas, incluíndo as horas de traballo persoal, titorías presenciais e avaliación.
a Comisión de Traballo Fin de Grao dla titulación é aresponsable de velar polo correcto desenvolvemento de todos os aspectos relacionados con esta materia. Recoméndase ao estudante consultar o regulamento do TFG e o seguimento da información que a Comisión de Traballo Fin de Grao faga pública