Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 42 Total: 58
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
Centro Facultade de Matemáticas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ser capaz de analizar, deseñar, codificar, executar e depurar algoritmos de resolución de problemas matemáticos sinxelos, usando unha linguaxe de programación compilada e outra interpretada.
A asignatura ten unha páxina web con todo o material e exames resoltos de anos anteriores:
http://persoal.citius.usc.es/manuel.fernandez.delgado/programacion
Clases expositivas (14 horas clase, 30 horas traballo do alumnado)
Tema 1. Programación en Fortran (7 horas clase, 15 horas traballo do alumnado)
a. Estrutura básica dun programa. Entrada e saída estándar.
b. Metodoloxía da programación.
c. Tipos de datos elementais.
d. Expresións aritméticas. Sentenzas de asignación.
e. Operadores relacionais e lóxicos.
f. Sentenzas de selección.
g. Sentenzas de iteración.
h. Subprogramas.
i. Formatos. Entrada e saída a arquivos.
j. Temas avanzados en Fortran.
Tema 2. Programación en Matlab (7 horas clase, 15 horas traballo alumnado)
a. Entorno.
b. Programas.
c. Selección e iteración.
d. Funcións.
e. Arquivos.
f. Vectorización.
g. Celdas e cadeas de caracteres.
Clases interactivas de laboratorio (42 horas clase, 62 horas traballo alumnado)
Tema 1. Programación en Fortran (21 horas clase, 31 horas traballo alumnado)
a. Programas básicos en Fortran.
b. Estruturas de selección e iteración definidas e indefinidas. Operacións con vectores e matrices.
c. Subprogramas e librarías.
d. Lectura e escritura en arquivos de texto.
Tema 2. Programación en Matlab (21 horas, 31 horas traballo alumnado)
a. Manipulación de vectores e matrices.
b. Programas básicos. Selección e iteración.
c. Definición de funcións.
d. Acceso a arquivos.
e. Comandos de cálculo numérico e simbólico.
f. Representación gráfica.
Contidos das titorías en grupo moi reducido (2 horas):
1. Resolución de exames en Fortran (1 hora).
2. Resolución de exames en Matlab (1 hora).
Bibliografía básica:
Fortran:
* MARTÍNEZ BAENA, J. y otros. Programación estructurada con Fortran 90/95. Editorial Universidad de Granada, 2006. ISBN 84-338-3923-3
Matlab:
* QUARTERONI, A. y SALERI, F. Cálculo científico con Matlab y Octave. Springer, 2006. ISBN 88-470-0503-5
Bibliografía complementaria:
Fortran:
* METCALF, M. FORTRAN 95/2003 explained. Oxford University Press, 2004. ISBN 0-19-852693-8
* VENTURA SOTO, S. y otros. Curso básico de FORTRAN 90. Ed. Universidad de Córdoba, 2000. [3C60-84] (Biblioteca Física). ISBN 84-7959-338-5
* Online: Apuntes da asignatura "Análisis Numérico 1", Prof. Dr. Julio R. Baeza Pereyra, Facultad de Astronomía, Matemáticas, Física y Computación, Universidad Nacional de Córdoba, Argentina: https://www.famaf.unc.edu.ar/~vmarconi/numerico1/FortranTutorial.pdf
Matlab:
* GILAT, A. Matlab®: Una introducción con ejemplos prácticos. Editorial Reverté, 2006. ISBN 84-291-5035-8
* MOORE, H. MATLAB para ingenieros. Pearson Prentice Hall, 2007. ISBN 9789702610823
* PÉREZ LOPEZ, C. Matlab y sus aplicaciones en las ciencias y la ingeniería. Prentice-Hall, 2007. ISBN 84-205-3537-0
* Online: Manual Básico de Matlab, Mª Cristina Casado Fernández, Servicios Informáticos de la Universidad Complutense de Madrid: https://webs.ucm.es/centros/cont/descargas/documento11541.pdf
Mulleres na Informática:
* Conferencia: Ada Lovelace e as pioneiras informáticas
* Blog Mujeres con ciencia.
Coñecementos:
2. Coñecer, comprender e usar a linguaxe matemática para elaborar e entender demostracións e formular modelos matemáticos.
5. Saber abstraer as propiedades e feitos substanciais dun problema e determinar as ferramentas matemáticas apropiadas para abordalo.
Habilidades:
1. Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
3. Organizar e planificar o traballo de forma adecuada.
4. Comprobar ou contrastar argumentos e razoamentos, identificando erros e propoñendo revisións ou contraexemplos.
5. Traballar en equipa.
8. Propor, analizar, validar e interpretar modelos de situacións reais, usando as ferramentas matemáticas máis axeitadas aos fins que se persigan.
9. Usar aplicacións informáticas en contextos como análise estatística, cálculo numérico e simbólico, visualización gráfica, optimización e software científico, en xeral, para experimentar en Matemáticas e resolver problemas.
Competencias:
2. Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Matemáticas tanto a un público especializado como non especializado.
4. Planificar e desenvolver algoritmos e métodos matemáticos para resolver problemas en calquera ámbito.
Nas clases expositivas preséntanse de forma breve os contidos de Fortran e Matlab que serán empregados nas clases interactivas de laboratorio. As presentacións inclúen exemplos e programas completos que podan ser usados como referencia nas clases interactivas. As clases interactivas de laboratorio dedícanse á realización supervisada de exercicios de programación. As titorías de grupo moi reducido dedícanse á resolución de exames de anos anteriores. Nas últimas clases expositivas do curso realizarase unha actividade de aprendizaxe cooperativa utilizando a perspectiva de xénero no seu deseño e organización.
O sistema de avaliación constará de:
1) Avaliación continua. Consistirá en dous exames intermedios presenciais, con exercicios prácticos de programación realizados no ordenador durante as clases interactivas e con data coñecida polo alumnado. Realizarase un exame de Fortran e outro de Matlab. Cada exame intermedio realizarase ao rematar as clases expositivas e interactivas do tema correspondente, e contará 1 puntos na nota final (en total, a avaliación continua contará 2 puntos). Estes exames non serán eliminatorios e serán distintos para cada grupo interactivo, garantindo sempre a coordinación e equivalencia formativa de tódolos grupos da materia. No tema de Matlab, se a nota do traballo de aprendizaxe cooperativa (realizado durante as clases expositivas) é maior ca nota do exame, esta substituirase pola media aritmética de ambas.
2) Exame final. Será similar aos exames de avaliación continua, con exercicios de programación en Fortran e Matlab. Ambas partes contan un 50% da nota do exame. Na oportunidade ordinaria (xaneiro) a nota (entre 1 e 10) sumarase á nota acadada na avaliación continua, de ser o caso. Deste modo, a nota máxima (10) poderá ser acadada con ou sen avaliación continua, aínda que no primeiro caso requirirá unha menor nota no exame final.
O exame final será distinto para cada grupo expositivo na convocatoria de xaneiro (debido ó aforo das aulas de informática), garantindo sempre a coordinación e equivalencia formativa de tódolos grupos da materia. Na convocatoria de xullo, ambos grupos expositivos terán o mesmo exame.
A nota da oportunidade de recuperación (xullo) terá en conta, na mesma medida que a convocatoria ordinaria, a nota acadada na avaliación continua. Polo tanto, a nota da avaliación continua consérvase para a oportunidade de xullo, sumándose á nota acadada no exame de xullo.
A realización dos exames, tanto de avaliación continua como finais, implica implementar algoritmos para a resolución de problemas matemáticos nas linguaxes Fortran e Matlab, así como executar comandos de Matlab para optimización, visualización gráfica e resolución de problemas científicos de cálculo numérico e simbólico. Polo tanto, estes exames permiten avaliar a competencia 4.
A cualificación de "non presentado" obterase cando a alumna ou o alumno non se presente a ningún exame de avaliación continua nin ao exame final da convocatoria correspondente.
Estes mesmos criterios de avaliación empregaranse para o alumnado repetidor.
Este sistema de avaliación comprende os seguintes items da páxina 88 da Memoria do Grao en Matemáticas:
1) Resolución por escrito de cuestións prácticas. Ponderación mínima do 0%. Ponderación máxima do 50%.
2) Resolución de problemas e exercicios: Ponderación mínima do 0%. Ponderación máxima do 50%.
En caso de realización fraudulenta de exames aplicarase a "Normativa de evaluación del rendimiento académico de l@s estudiant@s y de revisión de cualificaciones".
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Clases expositivas 14h
Clases interactivas de laboratorio 42h
Titorías en grupos moi reducidos 2h
Total horas traballo presencial na aula 58h
Estudio autónomo individual ou en grupo 32h
Escritura de exercicios, conclusións e outros traballos 10h
Programación/experimentación e outros traballos en ordenador / laboratorio 50h
Total horas traballo persoal do alumnado 90h
A partir desta táboa, podemos estimar en 6 o número de horas de traballo semanal, distribuidas en: 2 horas de estudo do material da asignatura, 1 hora para a realización de exercicios e 3 horas a realización de traballo de programación (Fortran, Matlab) e execución de comandos (Matlab) no ordenador. O número total de horas de traballo do estudantado é de 92 no cuadrimestre. A seguinte táboa mostra a distribución de horas de clase, traballo do alumnado e créditos ECTS para cada tema da materia:
Fortran
Horas clases expositivas 7
Horas clases interactivas de laboratorio 21
Horas titorías en grupo moi reducido 1
Horas estudo do alumnado 15 (expositivas) + 31 (interactivas)
Créditos ECTS 3
Matlab
Horas clases expositivas 7
Horas clases interactivas de laboratorio 21
Horas titorías en grupo moi reducido 1
Horas estudo do alumnado 15 (expositivas) + 31 (interactivas)
Créditos ECTS 3
Escritura exercicios
Horas estudo do alumnado 10
Créditos ECTS 0.4
Total
Horas clases expositivas 14
Horas clases interactivas de laboratorio 42
Horas titorías en grupo moi reducido 2
Horas estudo do alumnado 92
Créditos ECTS 6.0
* Asistencia ás clases teóricas e prácticas
* Realización de traballo práctico adicional no ordenador, ben na aula de Informática da Facultade de Matemáticas, ben no ordenador persoal, se é o caso.
* Seguimento semanal da materia para adquirir a destreza práctica necesaria.
* Realización dos exercicios propostos e resoltos na páxina web da materia
A materia impartirase en lingua galega.
Empregarase o Campus Virtual da USC:
https://www.usc.gal/gl/campusvirtual
Manuel Fernandez Delgado
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816458
- Correo electrónico
- manuel.fernandez.delgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eva Cernadas García
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816459
- Correo electrónico
- eva.cernadas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 03 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | Aula de informática 4 |
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Galego | Aula de informática 2 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula de informática 3 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Aula de informática 4 |
Mércores | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Aula de informática 3 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 03 |
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_06 | Galego | Aula de informática 2 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula de informática 3 |
10:00-12:00 | Grupo /CLIL_05 | Galego | Aula de informática 2 |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | Aula de informática 2 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_06 | Galego | Aula de informática 3 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_04 | Galego | Aula de informática 2 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Galego | Aula de informática 3 |
13.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de informática 2 |
13.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de informática 2 |
25.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de informática 2 |