Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Xénese histórica, función e aplicación da foto nos medios. Xéneros e propostas narrativas no fotoxornalismo.
1. A foto como foto para a prensa: ben público, mediación técnica e conquista da instantánea. O "efecto-verdade" e as regras do discurso xornalístico. Punto de vista e toma de posición: da fotografía de documentación social e da foto documental. As imaxes de Ruth Matilda Anderson e o proxecto da Farm Security Administration.
1.1. Pequena historia da foto publicada na prensa "dende onde o mundo se chama Galicia"
2. A xeración da Leica e os inicios da fotoxornalismo. O discurso realista en prensa e a obxectividade fotográfica. A foto de acontecimento, o retrato das persoas e do territorio, a foto-reportaxe. Da candid-photo e da Fotomontaxe como variacións: Paul Strand, John Heartfiel e Aleksander Rodschenko.
2.1. Dos procesos de connotación na fotografía de prensa, segundo Roland Barthes
2.2. O sentido da "posta en páxina". Os novos modelos: AIZ e Berliner Illustrierte Zeitung.De Europa a América: VU, Life.
3. Fotoxornalismo e conflitos: a guerra como acontecemento. A creba do século: a foto na guerra civil española e na II Guerra Mundial. O "efecto-Vietnam". Censura e guerras "non declaradas". I e II Guerra do Golfo: A frente fotográfica. Foto de guerra contra xornalismo.
3.1. Robert Capa e Gerda Taro na Guerra de 1936-1939
3.2 Gervasio Sánchez nos Balcáns
3.3. As fotos do 11S e a réplica de Gillles Peres e James Natchwey: "Unha democracia de fotografías"
4.De profesión "reporter": a fundación de Magnum e a liña de autor na fotoxornalismo. Eugene Smith:o ensaio fotográfico. Henri Cartier-Bresson: o instante decisivo. O proxecto "The Family of Man, epílogo da fotografía humanista. A Beat Generation e "The Americans" de Robert Frank.
4.1. William Klein como modelo
4.2. A xeración "Aixelà": Xavier Miserach e Ricard Terré
5. A crise da fotoxornalismo. Fotografos contra editores: "Droit du Regard". O novo documentalismo e a politica dxs autorxs: a foto como reflexión e como expresión. O documentalismo contemporáneo e as técnicas ficcionais. Sobre a política de representación e a fotografía feminista: Jane Evelyn Atwood.
5.1. Ética, política, estética: elementos para un debate, a partir de Paul Virilio.
5.2. Fred Ritchin: reflexións en torno á fotografía do invisible
6. A Foto como inscripción na cultura visual contemporánea: retrato de grupo, a partir de "Pueblos expuestos, pueblos figurantes" de Georges Didi-Huberman.
6.1. Ollar o mundo e facer fotografías: Sebastiao Salgado
6.2. Foto e performance: Sophie Calle
Bibliografía básica:
Baeza, P. Por una función crítica de la fotografía de prensa. Barcelona, Gustavo Gili, 2001.
Freund, G. La fotografía como documento social. Barcelona, Gustavo Gili, 1976.
Easterby, J. 150 proyectos de fotografía: técnicas esenciales, ejercicios y proyectos. Barcelona, Blume, 2010.
Kobré, K.Fotoperiodismo: el manual del reportero gráfico. Barcelona, Omega, 2006.
Ledo, M. Documentalismo fotográfico. Madrid, Cátedra, 1998.
Ledo, M. Foto-xoc e xornalismo de crise. Sada-A Coruña, Do Castro, 1988.
Varios autores. Fotoperiodismo y edición. Madrid, Editorial Universitas, 2006.
Bibliografía complementaria:
Barthes, R. A cámara clara. Reflexión sobre a fotografía. Santiago de Compostela, Laiovento, 2003.
Benjamin,W. Discursos interrumpidos. Madrid, Taurus,1973
Bourdieu, P. Un arte medio: ensayo sobre los usos sociales de la fotografía. Barcelona, Gustavo Gili, 2003.
Didi-Huberman, G. Pûeblos expuestos, pueblos figurantes. Buenos Aires, Manantial, 2014.
Fontcuberta, J. La cámara de Pandora. Barcelona, Gustavo Gili, 2010.
García de Cortázar, F. Las fotos que hicieron historia. 1900-2011. Madrid, JdeJ Editores, 2010.
Golden, R. Fotoperiodismo. Los fotógrafos de noticias más importantes del mundo. Madrid, Libsa, 2011.
Jeffrey, I. La fotografía. Barcelona, Destino, 1999.
Lebrun, B., Lefebre, M. Robert Capa. Las huellas de una leyenda. Barcelona, Lunwerg, 2011.
Pastoriza, F. Qué es la fotografía. Barcelona, Lunwerg, 2014.
Payne, S. Imágenes inéditas de la Guerra Civil (1936-1939). Las mejores fotos de la Agencia EFE. Madrid, Agencia EFE, 2005.
Pogue, D. Fotografía digital. Madrid, Anaya Multimedia, 2009.
Salked, R. Cómo leer una fotografía. Barcelona, Gustavo Gili, 2014.
Sontag S. Olhando o sofrimento dos outros. Algés, Gótica, 2003.
Sousa, J.P. Uma história crítica do fotojornalismo ocidental. Chapecó, Grifos, 2000.
Yapp, N., Hopkinson, A. 150 years of photo journalism. The Hulton Deutsch Collection. Köneman, 1995.
Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos teóricos e técnicos ao traballo de maneira profesional e creativa, posúa as competencias necesarias para adaptarse a cada soporte e modelo de publicación, poida transmitir información, puntos de vista e propostas visuais a un público tanto especializado como non especializado e adquira capacidade crítica para a análise da función da foto na comunicación.
Para alén destas competencias, trátase de fixar os alicerces de futuros traballos profesionais de carácter independente, sexan persoais ou colaborativos, que teñan que ver coa fotografía documental e co fotoxornalismo, dende a reflexión e mais o compromiso coa sociedade e a cultura do seu tempo.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A formación teórica, para alén da exposición de contidos, acompáñase da lectura de textos académicos, críticos e profisionais aplicados a mostras de fotos de diferentes tipoloxías e propostas discursivas.
As prácticas de fotoxornalismo consistirán no desenvolvemento dun proxecto ao longo do curso que consistirá nunha fotoreportaxe para unha publicación web.
Dependendo da situación da pandemia prevense tres escenarios: o desenvolvemento normal das aulas de prácticas, o desenvolvemento mixto no exterior, na aula e en liña e o desenvolvemento integral en liña.
A fotoreportaxe constará de 5 fotografías narrativas, un retrato de entrevista e unha fotografía sintética da temática. Haberá que maquetala e compoñela como publicación en liña, incluíndo os pés das fotos e o texto escrito, que será breve, pois o peso da narración recaerá nas imaxes.
A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumnado.
De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
Dado que a materia consta dunha parte teórica e outra práctica, cada unha delas equivale ao 50% da nota final e para aprobar a materia e que as partes fagan media deberán estar superadas ambas as dúas partes. Suspender unha das partes supoñerá suspender a materia.
Puntuarase sobre 10 puntos: 5 teoría e 5 práctica. O alumnado deberá obter en cada unha das partes como mínimo 2,5 puntos.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Ao pé das 150 horas, incluíndos os tempos de traballo presenciais e persoais.
Todas aquelas actividades dirixidas a afortalar o coñecemento da materia, tales como leituras, revisión de traballos fotográficos, asistencia a exposicións, en primeiro lugar fotográficas aínda que tamén de arte en xeral, ou conferencias.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Margarita Maria Ledo Andion
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816539
- Correo electrónico
- margarita.ledo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Soliña Barreiro Gonzalez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- mariasolina.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
25.05.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
25.05.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
02.07.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |