Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Establécense os seguintes resultados de aprendizaxe:
1. Estudo e análise dos órganos reguladores e dos sistemas de control de contidos nos medios de comunicación. Funcións e competencias. Códigos deontolóxicos.
2. Estudo e análise dos órganos reguladores e dos sistemas de responsabilidade sobre a xestión e os contidos dos medios de comunicación, funcións, competencias e códigos deontolóxicos.
3. Coñecemento das normas xurídicas que regulan o traballo do xornalista. Códigos deontolóxicos e/ou éticos da profesión. Estudo do ordenamento lexislativo sobre as liberdades de información e comunicación, en especial as que afectan ao exercicio profesional. Dereitos e deberes fundamentais relacionados coa información e a comunicación. Análise da gobernanza e dos mecanismos de formación da opinión pública, os seus límites e a súa relación coa comunicación.
4. Estudo das técnicas e procesos de materialización da información en soportes e medios de comunicación. Constantes gráficas e redaccionais para a edición de produtos informativos. Variables tecnolóxicas e expresivas en prensa, radio e televisión.
5. O estilo como recurso e técnica para a eficacia da comunicación. Información e práctica para a aplicación nas empresas informativas das directrices de estilo que caracterizan a oferta xornalística. Coñecemento e comprensión dos libros de estilo, avaliación da súa utilidade, repaso da práctica redaccional e comprensión crítica das diferentes factores que participan no proceso de comunicación.
6. O control da información e dos contidos nos medios públicos e privados. Os consellos de administración. Os consellos audiovisuais. As liñas editoriais e os libros de estilo. A influencia dos grandes grupos de comunicación nos contidos dos medios. Os intereses políticos, económicos e sociais e a súa repercusión no tratamento informativo e na programación dos medios. Modalidades e graos de censura.
TEMA 1. Deontoloxía e regulación
1.1 A deontoloxía
1.2 Os sistemas e os órganos de regulación. A autorregulación e a corregulación da comunicación
TEMA 2. Principios da profesión xornalística
2.1 Declaracións e cartas mundiais
2.2 Convivencia das normas xurídicas, da deontoloxía e das políticas internas dos medios de comunicación
2.3 Liberdade de expresión, liberdade de prensa e dereito á información
2.4 A honra, a intimidade e a propia imaxe no tratamento informativo. Xuízos paralelos e tratamento das informacións sub judice
2.5 Cláusula de conciencia e segredo profesional
TEMA 3. Ética e deontoloxía xornalísticas
3.1 Orixe, evolución e contido dos códigos deontolóxicos do xornalismo. Os códigos da UNESCO e do Consello de Europa
3.2 Códigos deontolóxicos para as áreas de especialización xornalística. Protocolo de comunicación da Xustiza
3.3 Situacións de conflito e casos de protección especial como a violencia de xénero ou a inmigración. Tratamento informativo do suicidio
3.4 Procedemento para as rectificacións
TEMA 4. Organización e defensa da profesión
4.1 Estruturas profesionais de protección da profesión xornalística: colexios, asociacións profesionais e consorcios internacionais
4.2 Códigos éticos e normas de conduta. Estruturas internas: consellos de redacción e comités de redacción
TEMA 5. Autorregulación profesional
5.1 Estatutos de redacción
5.2 O estatus profesional. Censura e autocensura
5.3 Medidas de atención á diversidade
TEMA 6. Libros de estilo
6.1 Orixe, evolución e funcións
6.2 RAG, RAE e Fundéu
6.3 Códigos e normas de estilo na comunicación científica: conflitos de interese, comités de ética e compromisos de autoría e revisión
TEMA 7. Deontoloxía da verificación
7.1 Verificación de feitos e metodoloxía do fact-checking
7.2 Noticias falsas e fake news
7.3 Redes e códigos internacionais ao servizo da profesión e da estabilización dos valores democráticos
TEMA 8. Gobernanza e políticas europeas da comunicación
8.1 Evolución da gobernanza corporativa. Sistemas e modelos mediáticos europeos
8.2 Tipos de axudas e regulación dos sistemas de financiamento públicos dos medios de comunicación. Regulación, control e avaliación dos modelos de axudas directas e indirectas da prensa e do financiamento da comunicación audiovisual
TEMA 9. Órganos de regulación e control das políticas de comunicación e dos impactos sobre a competencia, o pluralismo e a diversidade
9.1 Directiva Europea de Medios Audiovisuais de 2018/1808 do Parlamento Europeo e do Consello de 14 de novembro de 2018. Servizos de comunicación audiovisual e comunicacións comerciais audiovisuais. Cotas
9.2 ERGA e fomento da corregulación e da autorregulación
9.3 Protección dos menores, plans de accesibilidade e alfabetización mediática
9.4 Sistemas europeos de control. Sistemas de control gobernamentais e parlamentarios dos servizos públicos e proba de valor público
TEMA 10. Órganos de autorregulación e mediación profesional e das audiencias
10.1 MAS, sistemas M*A*R*S* e tipoloxías
10.2 Dereitos dos públicos. O papel da CNMC. Acontecementos de interese xeral. Franxas de protección infantil. Audiencias con discapacidade
10.3 Historia e tradición dos Ombudsman. Defensores das audiencias
10.4 Fundacións e asociacións de usuarios
10.5 Os consellos de prensa en Europa. Consellos asesores e órganos internos
TEMA 11. Órganos de control e autorregulación da responsabilidade social
11.1 Identificación dos intereses das partes relacionadas. Stakeholders das empresas de comunicación e comunicación efectiva
11.2 ODS e Axenda 2030
11.3 Norma internacional ISO 26000
11.4 GRI para reporting e indicadores internacionais de referencia
TEMA 12. A rendición de contas
12.1 Sistemas e órganos de rendición de contas: horizontalidade e verticalidade. EBU e indicadores
12.2 Transparencia, publicidade activa e información pública
TEMA 13. A gobernanza de Internet
13.1 Orixe e desenvolvemento da gobernanza da rede. Principios reitores. Foro de Gobernanza de Internet
13.2 Sistemas de control da autoría e dereitos conexos
13.3 Regulación e autorregulación nos medios sociais
TEMA 14. Sistemas e órganos de autorregulación da comunicación publicitaria e corporativa
14.1 Dereitos dos usuarios con respecto ás mensaxes publicitarias
14.2 EASA e Autocontrol. Códigos de conduta publicitaria. Códigos sectoriais
14.3 Confianza Online: certificación e código ético
Bibliografía básica
Allcott, H. & Gentzkow, M. (2017). Social media and fake news in the 2016 election. Journal of Economic Perspectives 31(2), 211-36.
Aznar, H. (2005). Ética de la comunicación y nuevos retos sociales. Códigos y recomendaciones para los medios. Barcelona: Paidós.
Buckingham, D. (2019): Teaching media in a ‘post-truth’ age: fake news, media bias and the challenge for media/digital literacy education. Culture and Education 31(2), 213-231.
Bertrand, C.-J. (1999). L´Arsenal de la Démocratie. Médidas, déontologie et MARS. París: Económica.
Campos, F. (coord.) (2011). Gobernanza y comunicación en Europa. Madrid: Universitas.
Carrillo, M. (2001). O segredo profesional dos xornalistas. Santiago de Compostela: Laverde/Lea
Comisión Europea (2018). A multi-dimensional approach to disinformation: Report of the independent high level group on fake news and online disinformation. Luxemburgo: Publications Office of the European Union.
Comisión Europea (2020). Fighting disinformation. Luxemburgo: Publications Office of the European Union.
Dice, M. (2017). The True Story of Fake News. San Diego, CA: Resistance Manifesto.
Fact Checking Network (2016). Code of Principles. https://ifcncodeofprinciples.poynter.org/
Fake News Challenge (2020). Exploring how artificial intelligence technologies could be leveraged to combat fake news.
Fanta, A. & Dachwitz, I. (2020). Google, the media patron. How the digital giant ensnares journalism. Frankfurt & Main: Otto Brenner Foundation.
García Castillejo, A. (2014). La televisión en España. Marco legal. Barcelona: UOC.
McBride, K. & Rosenstiel, T. (2014). The New Ethics of Journalism. Principles for the 21st Century. Los Ángeles: SAGE.
McDougall, J., Brites M. J., Couto, M.-J. & Lucas, C. (2019). Digital literacy, fake news and education. Culture and Education 31(2), 203-212.
Pérez, J. C. (2004). Ética Periodística. Códigos deontológicos y normas complementarias. Universidad del País Vasco.
Restrepo, J. D. (2011). Periodismo y pasión. Bos Aires: La Crujía.
Sampedro, V. (2014). El cuarto poder en la red. Por un periodismo de código libre. Barcelona: Icaria ediciones
Savater, F. (2014). Ética para la empresa. Madrid: Conecta.
Bibliografía complementaria
Allcott, H., Gentzkow, M. & Yu, C. (2019). Trends in the diffusion of misinformation on social media. Research and Politics 1(8): https://doi.org/10.1177%2F2053168019848554
Alsius, S. (1998). Ètica i periodisme. Barcelona: Pòrtic.
Aznar, H. (1999). Comunicación responsable. Barcelona: Ariel.
Aznar, H. (1999). Ética y periodismo. Barcelona: Paidós.
Barroso, P. (1984). Códigos deontológicos de los medios de comunicación. Prensa, radio, televisión, cine, publiciad y relaciones públicas. Madrid: Paulinas.
Bel, I. (2004). Comunicar para crear valor. Pamplona: Eunsa.
Bonete, E., (ed). (1999). Ética de la comunicación audiovisual. Madrid: Tecnos.
Carrillo, M. (1987). Los límites a la libertad de prensa en la Constitución Española de 1978. Barcelona: PPU
Carrillo, M. (1993). La cláusula de conciencia y el secreto profesional de los periodistas. Barcelona: Generalitat de Catalunya.
Codina, M. (ed.) (2001). De la ética desprotegida. Ensayos sobre deontología de comunicación y de la información. Barcelona: Ariel.
Diezhandino, P., Marinas, J.-M. & Watt, N. (2002). Ética de la comunicación: problemas y recursos. Madrid: Edipo.
Desantes, J. M. (2003). Derecho de la información. Barcelona: Ariel.
Derakhshan, H. (2017). Information disorder toward an interdisciplinary framework for research and policymaking. Estrasburgo: Consello de Europa.
Shao, C., Ciampaglia, G. L., Varol, O., Flammini, A. & Menczer, F. (2018). The spread of fake news by social bots. Nature Communications 9, 4787-4828. https://doi.org/10.1038/s41467-018-06930-7
Tandoc, E., Lim, Z. & Ling, R. (2018). Defining “Fake News”. Digital Journalism 6(2), 137-153. https://doi.org/10.1080/21670811.2017.1360143
Wardle, C. & Derakhshan, H. (2017). Information disorder toward an interdisciplinary framework for research and policymaking. Estrasburgo: Consello de Europa.
Coñecementos sobre os sistemas de regulación da información e os contidos nos medios públicos e privados. Consellos de administración. Consellos de redacción. Os consellos audiovisuais. As liñas editoriais e os libros de estilo. As políticas e influencias dos grandes grupos de comunicación no tratamento editorial dos medios. Os intereses políticos, económicos e sociais e a súa repercusión no tratamento informativo e na programación dos medios. Os dereitos e deberes dos profesionais da información, da comunicación e das audiencias. Sistemas de regulación, corregulación e autorregulación. Os problemas, impactos, modalidades e graos de censura.
O alumnado deberá completar as súas capacidades para desenvolver na práctica a actividade informativa coa elaboración de material segundo as normas básicas do libro de estilo e coa reflexión sobre as súas características. Esíxense coñecemento e uso correcto do galego e do castelán, ademais da adaptación do discurso informativo e da estilística aos distintos xéneros informativos segundo os medios (prensa, audiovisual e xornalismo electrónico).
BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e dispoñan de competencias a demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación.
CT2 - Capacidade de xestión da información.
CT3 - Traballo en equipo.
CT4 - Aprendizaxe autónomo.
CT5 – Creatividade.
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT7 - Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
CE17 - Coñecer o marco xurídico no que se desenvolve o xornalismo na actualidade.
CE18 - Comprender e coñecer os organismos de regulación da comunicación e a información.
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas: (1) desenvolvemento de clases expositivas con presentación e explicación dos temas en que se esixirá a implicación do alumnado; (2) clases de seminario de contido teórico-práctico en que se esixirá a participación activa do alumnado; (3) análise e debate de casos prácticos; (4) traballos documentais realizados tanto de xeito individual coma en grupo; (5) lectura e comentario de informes dos modelos dos órganos e sistemas de regulación e (6) titorías tanto individuais coma en grupo.
A metodoloxía da ensinanza contempla o uso do campus virtual e o establecemento de canles de comunicación directa co alumnado.
Establécense dous mecanismos de avaliación:
1. Exame final: 50% da cualificación final.
2. Avaliación continua: 50% da cualificación final. Na avaliación continua terase en conta a realización e a exposición de traballos individuais (50%) e grupais (50%), así como a participación activa tanto nas clases expositivas coma nos seminarios. Os traballos de seminario están directamente relacionados cos contidos teóricos e presentarase un cronograma de actividades na primeira semana lectiva. Haberá un seguimento constante dos coñecementos, procedementos e actitudes que vaia adquirindo cada estudante durante o curso.
Para superar a materia cómpre ter avaliación positiva tanto no exame final coma na avaliación continua. Na segunda oportunidade conservarase a cualificación obtida no exame final ou na avaliación continua. No caso de non superar a avaliación continua na primeira oportunidade, na segunda substituirase por unha proba final ou por un plan de traballo establecido polo profesorado. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de ‘Non Presentado’.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
- A parte expositiva da materia será avaliada mediante o exame final (50% da cualificación).
- Para os seminarios (50% da cualificación final) establécese o seguinte plan de traballo:
1. Relacionar o dereito á información en confrontación co dereito á honra, á intimidade familiar e persoal e á propia imaxe. Valorar as posibles consecuencias sobre a presunción de inocencia e sobre o establecemento de xuízos paralelos nas informacións sub judice. Indicar como se recollen estas cuestións nas declaracións de principios (Declaración de Burdeos, Carta FIP de 2019, UNESCO…) e analizar a incidencia na profesión xornalística (segredo profesional e cláusula de conciencia).
2. Escoller un medio de comunicación galego e comprobar a aplicación do Código Deontolóxico do CPXG, así como a aplicación do libro de estilo propio e/ou do estatuto de redacción.
3. Escoller un medio de comunicación español e comprobar a aplicación do Código Deontolóxico da FAPE, así como a aplicación do libro de estilo propio e/ou do estatuto de redacción.
4. Seleccionar unha revista científica do eido da comunicación e analizar o código ético (compromisos dos autores, conflitos de interese e divulgación, comités de ética, indexación, proceso de revisión por pares, compromisos dos revisores e dos editores, normas de estilo e publicación etc.).
5. Análise dun código de conduta publicitaria. Relación coas fundacións e asociación de usuarios e cos posibles procesos de mediación, así como incidencias sobre a RSC.
6. Reflexión acerca da incidencia da desinformación e as fake news no prestixio da profesión periodística e consecuencias na calidade democrática. Principais ferramentas de verificación e fact checking. Diferenciar entre noticias falsas e fake news e consecuencias no exercicio profesional.
7. Comentario crítico sobre autorregulación e infancia tendo en conta as franxas de protección especial da infancia.
Cada un destes traballos debe ter unha extensión aproximada dunhas 1.000 palabras. Todas estas actividades han de entregarse impresas o día do exame final.
A materia consta de seis créditos ECTS (150 horas). O alumnado deberá dedicar 48 horas de asistencia e 102 horas de traballo persoal e autónomo para a preparación e a realización das actividades programadas.
A recomendación xeral para o aproveitamento da materia é realizar un traballo continuo ao longo de todo o curso, posto que non se trata só da adquisición de coñecementos, senón tamén de habilidades e actitudes que unicamente se poden alcanzar cun seguimento constante e permanente.
De igual modo, tamén é recomendable que o alumnado interiorice os conceptos teóricos para poder aplicalos nas sesións de seminario.
Finalmente, recoméndase o seguimento da actualidade nos medios de comunicación, dominar as redes sociais e facer uso das horas de titorías.
Jose Sixto Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816540
- Correo electrónico
- jose.sixto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alba Silva Rodríguez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alba.silva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
22.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
22.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
27.06.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |