Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 37 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Proporcionarlle ao alumnado os coñecementos e ferramentas básicas para que sexa capaz de entender, valorar e participar nas decisións de investimento e financiamento tanto da empresa como persoais. É dicir, posibilitar que o alumnado poida responder a cuestións como: ¿canto investir?, ¿en qué activos debería investir? e ¿como conseguilos fondos?, ¿como funciona o mercado de capitais?
2.Coñecer e comprender a idea da Contabilidade como sistema de información
3.Proporcionar os coñecementos necesarios para o uso da información contable como base para a planificación e o control
4. Familiarizar ao estudantado cos métodos adecuados (criterios de avaliación, aplicacións informáticas, material bibliográfico, etc.) para a toma de decisións financeiras.
5. Formar ao alumnado nos fundamentos das finanzas, ao nivel preciso para afrontar os contidos das materias relacionadas dos cursos superiores.
Tema 1. Actividade económica e empresa
Tema 2. A xeración de ideas de negocio
Tema 3. Fundamentos de Contabilidade
Tema 4. O ciclo contable e as contas anuais
Tema 5. Interpretación e análise da información financeira
Tema 6. O control orzamentario. Liñas básicas de elaboración e uso dos orzamentos
Tema 7. Fundamentos de cálculo financeiro
Tema 8. Avaliación de investimentos e análise do risco
Tema 9. Fontes de financiamento na empresa
Bibliografía básica
O material facilitado no campus virtual considerase suficiente para o desenvolvemento da materia. Polo tanto a bibliografía que se facilita ten toda ao caracter de complementaria.
Bibliografía complementaria
(1) BREALEY, R.; MYERS, S. y MARCUS, A. (2007): Fundamentos de Finanzas Corporativas (5ª edición), McGraw Hill-Interamaricana de España. Capítulos 1 a 16.
(2) LARRÁN JORGE, M . (2009): "Fundamentos de contabilidad financiera. Teoría y práctica". Ediciones Piramide.
(3) FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, L. (coord); FERNÁNDEZ LÓPEZ, S. y RODRÍGUEZ SANDIÁS, A. (2007): La práctica de las finanzas de empresa, Delta Publicaciones, Madrid
(4)ARCHEL DOMENCH, P. LIZARRAGA DALLO, F E SÁNCHEZ ALEGRÍA,S (2008): Estados contables. Elaboración, análisis e interpretación. Ed. Pirámide. 2º Ed.
Coñecemento
Con03: Coñecemento adecuado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
Con15: Coñecementos aplicados de organización de empresas.
Habilidades o destrezas
H/D08: Iniciativa e espíritu emprendedor.
Competencias
Comp12: Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
O noso propósito, en relación coas aulas expositivas é:
- Ofrecerlle ao alumnado, antes de iniciar cada tema, unha visión xeral dos seus contidos e dos obxectivos que hai que cubrir.
- Sinalar cales son os conceptos e coñecementos dos que se parte.
- Especificar a bibliografía básica para o seguimento da materia e outra bibliografía recomendada para o seu estudo.
- Propoñer actividades complementarias, por exemplo, a lectura de novas relacionadas co tema ou a visita a determinadas páxinas web, para que o alumno comprobe que os conceptos que se imparten teñen unha correspondencia absoluta coa realidade.
En canto ás clases de carácter interactivo:
- Tratarán de integrarse no normal transcorrer das clases expositivas, para reforzar a aprendizaxe dos aspectos teóricos tratados e darlles contido.
Por último, as aulas de laboratorio impartiránse na aula de informática, tendo como obxetivo a implementación dos coñecementos adquiridos tantos nas aulas expositivas como interactivas
Ao longo dos temas do curso farase uso do Campus Virtual, Moodle e da folla de cálculo Excel.
O sistema de avaliación en cada unha das oportunidades de exame (xaneiro/xuño e xaneiro/xullo) é igual englobando dous elementos en cada unha de elas:
1. Exame final dos temas recollidos no programa da materia (9 Temas): 50% da cualificación final. O alumnado deberá acadar nesta proba un mínimo de 2 sobre 5 puntos.
Proba escrita composta dunha parte teórica e dun ou varios exercicios prácticos. A primeira parte pode constar de preguntas de resposta breve ou cuestiones tipo test. Esta última opción trata de abarcar un amplo abanico de conceptos impartidos na materia, mentres que coa primeira procurará, ademais de observar cal é o grao de coñecemento da materia por parte do alumno, fomentar a súa capacidade de trasladar as nocións adquiridas de forma ordenada e sintetizada ao papel. A segunda parte do exame, de carácter práctico, inclúe o desenvolvemento de moitos dos contidos que compoñen o temario, tratando de reflectir o grao de comprensión do alumno da materia.
2. Avaliación continua. Traballo realizado en grupo e outras actividades prácticas: 50% da cualificación final.
Outras actividades prácticas serán exercicios propostos de contido relacionado coa temática da materia, test, resolución de exercicios en excel, etc.
En canto ao punto 1 da Normativa de asistencia a clases nos programas oficiais de grao e mestrado da USC, cómpre sinalar que non se valorará a asistencia a clase.
A cualificación final determinarase sumando a nota obtida no exame e a correspondente á avaliación continua, sempre que a primeira supere a nota mínima esixida. En caso contrario, a cualificación que se recollerá en actas será a obtida no exame.
Calquera estudante poderá presentarse ao exame final (punto 1) realizara ou non as actividades propostas na avaliación continua (punto 2). En caso de non realizar as anteriores tarefas a súa cualificación provén exclusivamente do exame final, polo que só poderá alcanzar unha nota máxima de 5.
Este sistema de avaliación que engloba as dúas partes (50% e 50%) será aplicado nas dúas oportunidades. A nota do traballo realizado en grupo e outras actividades prácticas será mantida da primeira oportunidade para a segunda.
O sistema de avaliación do alumnado será independente da súa condición de repetidor ou non.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais na aula
Clases maxistrais 12,0 h
Seminarios 12,0 h
Aula informática 25,0 h
Tutorías grupo 2,0 h
Tutorías individualizadas 2,0 h
Exame e revisión 5,0 h
Total 58,0 horas de traballo presencial na aula
Horas traballo alumno
Clases maxistrais 14,0 h
Seminarios 20,0 h
Aula informática 25,0 h
Tutorías grupo 8,0 h
Tutorías individualizadas 3,0 h
Exame e revisión 22,0 h
Total 92,0 horas de traballo persoal do alumno
- Asistencia ás clases expositivas e interactivas e a realización dos exercicios propostos nelas.
- Manexo da bibliografía recomendada na aula para a preparación dos temas. Isto facilita a obtención dunha visión global dos contidos.
- Levar ao día os contidos, debido ao carácter secuencial dos conceptos impartidos na materia.
- Familiarizarse coa folla de cálculo Excel de Windows.
- Habituarse ao manexo e á lectura da prensa financeira, dado que se tratará de acompañar os temas co debate na aula de casos reais relacionados cos distintos temas.
Os idiomas empregados na aula serán o galego e castelán. A docencia será en galego maioritariamente pero no caso de que precise algún alumno será facilitado o apoio necesario.
Recoméndase o uso del campus virtual xa que este será o eixo de todas as actividades a realizar na materia, así como de MS Teams si fose preciso.
David Rodeiro Pazos
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811585
- Correo electrónico
- david.rodeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Raquel Esther Querentes Hermida
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- raquel.querentes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A1 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula A1 |
Martes | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula A1 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Aula A1 |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula A1 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_03 | Galego | Aula A1 |
14.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
14.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A1 |
14.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Aula A1 |
14.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Aula A1 |
14.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
14.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
14.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Aula A1 |
14.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Aula A1 |
14.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
14.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
14.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula A1 |
14.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Aula A1 |
14.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
03.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
03.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula A1 |
03.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Aula A1 |
03.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
03.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
03.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A1 |
03.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Aula A1 |
03.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Aula A1 |
03.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
03.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
03.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Aula A1 |
03.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Aula A1 |
03.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |