Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 26 Total: 53
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Enxeñaría Química
Áreas: Física Aplicada, Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo desta materia é proporcionar ao estudantado coñecementos relevantes sobre mecánica aplicada para comprender, describir e resolver aspectos relacionados cos fundamentos das máquinas e os seus mecanismos, familiarizándoo coas ferramentas necesarias para o deseño e dimensionado das súa pezas. En definitiva, preténdese que o estudantado adquira a capacidade para realizar a análise cinemática e dinámica de mecanismos e máquinas.
Os contidos desta materia, segundo a memoria do título, son os seguintes:
BLOQUE I: FUNDAMENTOS FÍSICOS
1. Sistema de partículas
2. Cinemática do sólido ríxido
3. Dinámica do sólido ríxido
4. Vibracións e ondas
Prácticas de laboratorio
BLOQUE II: FUNDAMENTOS DE MÁQUINAS
5. Introdución á teoría de máquinas e mecanismos
6. Análise cinemática de máquinas e mecanismos
7. Análise dinámica de máquinas e mecanismos
8. Elementos de máquinas: levas e engrenaxes
Prácticas en aula de informática
Bibliografía básica
Bloque I: Fundamentos físicos
YOUNG, Hugh D., SEARS, Francis W., FREEDMAN, Roger A., FORD, A. Lewis, ZEMANSKY, Mark Waldo, 2018. Física Universitaria con Física moderna. 14ª ed. México: Pearson. vol. 1. ISBN 9786073244398
Bloque II: Fundamentos de máquinas
SIMÓN MATA, Antonio, BATALLER TORRAS, Álex., CABRERA CARRILLO, Juan A., EZQUERRO, F., GUERRA, A. J., NADAL, F., ORTIZ FERNÁNDEZ, Antonio, 2014. Fundamentos de Teoría de Máquinas. 4ª ed. Madrid: Bellisco Ediciones Técnicas y Científicas. ISBN 9788492970643
Bibliografía complementaria
Bloque I: Fundamentos físicos
ALCARAZ i SENDRA, Olga, LÓPEZ LÓPEZ, José, LÓPEZ SOLANAS, Vicente, 2006. Física: problemas y ejercicios resueltos. Madrid: Pearson-Prentice-Hall. ISBN 978-84-205-4447-2
BAUER, Wolfgang, WESTFALL, Gary D., 2014. Física para ingeniería y ciencias. 2ª ed. México: McGraw-Hill Educación. vol. 1 e 2.
Bloque II: Fundamentos de máquinas
MYSZKA, David H., 2012. Máquinas y mecanismos. 4ª ed. México: Pearson. ISBN 978-607-32-1215-1
SHIGLEY, Joseph Edward, UICKER, John Joseph, 1998. Teoría de Máquinas y Mecanismos. México: McGraw-Hill. ISBN 968-451-297-X
Os resultados da aprendizaxe inclúen os seguintes coñecementos, habilidades/destrezas e competencias:
Coñecementos
Con01: Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo, e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
Con11: Coñecemento dos principios da teoría de máquinas e mecanismos.
Habilidades/Destrezas
H/D03: Capacidade de xestión da información.
H/D04: Razoamento crítico e compromiso ético.
H/D05: Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica.
Competencias
Comp03: Capacidade para a resolución de problemas matemáticos que poidan xurdir na enxeñaría. Aptitude para aplicar coñecementos sobre álxebra lineal, xeometría, xeometría diferencial, cálculo diferencial e integral, ecuacións diferenciais e en derivadas parciais, métodos numéricos, algorítmica numérica, estatística e optimización.
Comp08: Capacidade para resolver problemas con iniciativa, tomar decisións, creatividade, razoamento crítico, e comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no ámbito da Enxeñaría Industrial.
A metodoloxía docente combinará diferentes actividades formativas orientadas á adquisición de coñecementos teóricos e prácticos:
Clases expositivas: O profesorado presentará os contidos teóricos fundamentais da materia, explicando os conceptos, principios e leis da mecánica de sólidos, así como os fundamentos de máquinas e mecanismos. Combinarase unha docencia de tipo maxistral para presentar os contidos coa resolución práctica de exercicios tipo que ilustren os contidos teóricos.
Clases interactivas: Realizaranse sesións prácticas nas que se resolverán exercicios tipo e problemas de aplicación, fomentando a participación activa do estudantado na busca de solucións. Levaranse a cabo catro probas aproximadamente nas semanas 4.ª e 7.ª (Bloque I) e 10.ª e 14.ª (Bloque II).
Prácticas en laboratorio (Bloque I): O estudantado, organizado en grupos (2/3 estudantes), realizará prácticas experimentais deseñadas para reforzar os contidos teóricos. Elaborarase unha memoria técnica que inclúa obxectivos, procedemento, resultados e análise crítica, cun prazo límite de entrega de dúas semanas despois da última sesión práctica.
Prácticas en aula de informática (Bloque II): Utilizarase software específico (por exemplo, WinMecC) para o análise cinemático e dinámico de mecanismos sinxelos similares aos vistos durante as clases expositivas e os seminarios. Ao final de cada unha das dúas sesións realizarase unha proba de avaliación (individual) dos contidos vistos durante a práctica, para comprobar a comprensión e o manexo do software.
Titorías: Desenvolverase un traballo en equipo (4-5 estudantes) sobre un tema proposto polo profesorado relacionado con ambos bloques. O traballo entregarase na semana 11 e presentarase brevemente na semana 12.
Estudo e traballo persoal: O estudantado deberá dedicar tempo ao estudo autónomo dos contidos, resolución de problemas e preparación de probas.
Campus Virtual: Proporcionarase o material didáctico e outra documentación complementaria (apuntamentos, presentacións, listas de problemas, etc.) a través da plataforma Campus Virtual da universidade. Tamén se empregará o Campus Virtual como medio de comunicación non presencial entre estudantado e docente, xunto coa ferramenta MS Teams.
A avaliación consistirá nunha suma das seguintes actividades:
a. Exame: 55 % (27,5 % Bloque I e 27,5 % Bloque II). Obrigatorio.
b. Prácticas: 20 % (10 % Bloque I e 10 % Bloque II). Obrigatorio.
c. Avaliación continua: 15 % (7,5 % Bloque I e 7,5 % Bloque II).
d. Titoría: 10 %
As prácticas son obrigatorias, e valoraranse como se indica no apartado de metodoloxía. É indispensable a asistencia ás sesións de prácticas segundo o establecido na normativa da Universidade de Santiago de Compostela, debendo xustificar as posibles ausencias conforme ao recollido nesta normativa.
A avaliación continua e a titoría grupal non son obrigatorias e realizaranse de acordo co desenvolvemento das clases presenciais (expositivas e seminarios).
Para que os apartados b., c. e d. se teñan en conta e se sumen na cualificación final, será necesario acadar como mínimo un 35 % en cada un dos bloques do exame.
Antes da realización do exame final, o estudantado coñecerá as notas obtidas nos apartados b., c. e d. Considerarase como NON PRESENTADO nas dúas oportunidades aquel estudante que non realizase algún dos dous elementos obrigatorios (prácticas e exame).
No caso de non superar a materia na Primeira Oportunidade, o/a estudante será novamente avaliado/a do apartado "a." na Segunda Oportunidade.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o establecido na "Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións".
A continuación preséntanse os diferentes resultados da aprendizaxe coas actividades asociadas:
Con01: Exame; prácticas de laboratorio; prácticas de informática; avaliación continua; titoría grupal.
Con11: Exame; prácticas de informática; avaliación continua; titoría grupal.
H/D03: Prácticas de laboratorio; prácticas de informática; avaliación continua; titoría grupal.
H/D04: Exame; prácticas de laboratorio; prácticas de informática; titoría grupal.
H/D05: Exame; prácticas de laboratorio; prácticas de informática; avaliación continua; titoría grupal.
Comp03: Exame; prácticas de informática; avaliación continua.
Comp08: Prácticas de laboratorio; titoría grupal.
A materia está asignada con 6 créditos ECTS, o que implica unha dedicación total de 150 horas ao longo do cuadrimestre, distribuídas entre actividades presenciais e traballo autónomo. A continuación preséntase unha distribución aproximada destas horas:
Actividade Horas presenciais Traballo persoal TOTAL
Clases expositivas 26 34 60
Clases seminario 14 18 32
Prácticas 12 10 22
Titoría grupal 1 8 9
Exame e revisión 4 23 27
TOTAL 57 93 150
Recoméndase que o estudantado teña cursado as materias de Matemáticas, Física e Informática.
Asistir regularmente ás clases expositivas e aos seminarios.
Estudar de forma continuada, revisando os apuntamentos e materiais.
Resolver de maneira constante os problemas propostos.
Consultar as dúbidas co profesorado nas titorías.
Utilizar a bibliografía recomendada para consolidar os coñecementos.
Ser constante no traballo e evitar deixar o estudo para o último momento.
Os contidos e competencias adquiridas nesta materia son útiles para cursar materias posteriores como fundamentos de enerxética industrial, resistencia de materiais ou enxeñaría de procesos.
A docencia desta materia impartirase en castelán e galego, co obxectivo de fomentar a competencia lingüística do estudantado en ambas as dúas linguas cooficiais. Empregaranse fontes de información en lingua inglesa.
Maria Angeles Val Del Rio
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mangeles.val [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Jesus Garcia Guimarey
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- mariajesus.guimarey [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A1 |
Martes | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A1 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | Aula A1 |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | Aula A1 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula A1 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Aula A1 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A1 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Aula A1 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Aula A1 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Aula A1 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Aula A1 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS03 | Aula A1 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS06 | Aula A1 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula A1 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS05 | Aula A1 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A1 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS04 | Aula A1 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS07 | Aula A1 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
22.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |