Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 19 Clase Interactiva: 25 Total: 45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta asignatura céntrase nas principais cuestións, tanto científicas como tecnolóxicas, implicadas no deseño, a
elaboración e o control de fórmulas magistrales e produtos dermofarmacéuticos.
O programa da materia estruturase en seis bloques temáticos que se indican a continuación:
Bloque 1.- Introdución.
Bloque 2.- Lexislación, aspectos xurídicos e normativos.
Bloque 3.- Estabilidade e Conservación.
Bloque 4.- Niveis de elaboración en Formulación magistral
Bloque 5.- A pel.
Bloque 6. Preparados dermofarmacéuticos.
Programa de clases expositivas:
Bloque 1. Introdución.
Tema 1. Introdución. Formulación Maxistral e Dermofarmacia. Conceptos básicos.
Bloque 2. Lexislación, aspectos xurídicos e normativos
Tema 2. Evolución histórica e perspectivas actuais da formulación maxistral. Definicións: Fórmula maxistral. Fórmula maxistral tipificada. Preparado oficinal. Vantaxes da Formulación Maxistral. Fontes de información.
Tema 3. Normas de Correcta Elaboración e Control de Calidade de Fórmulas Maxistrais e Preparados Oficinais. Real Decreto 175/2001. Disposicións. Obxectivo das normas de correcta elaboración e control de calidade de fórmulas maxistrais e preparados oficinais: Persoal. Locais e material. Documentación. Materias primas e material de acondicionamento. Elaboración. Dispensación. Guía de niveis de elaboración (Decreto 11 decembro 2003, Xunta de Galicia): Categorización de niveis de elaboración. Elaboración a terceiros
Tema 4. Protocolos normalizados de traballo (PNTs). Concepto e obxectivo dos PNTs. Tipos de Procedementos: Xerais. Operacións farmacéuticas. Elaboración de formas farmacéuticas. Controis de produto.
Tema 5. Dermofarmacia: Concepto e definicións. Produtos cosméticos e produtos de coidado persoal. Lexislación cosmética: Regulamento marco (CE) 1223/2009.
Bloque 3. Estabilidade e Conservación
Tema 6. Conservación de fórmulas maxistrais e preparados dermocosméticos. Recomendacións sobre conservación e caducidade das fórmulas maxistrais e preparados dermocosméticos. Conservantes e Antioxidantes. Envasado e acondicionamento
Bloque 4. Formas farmacéuticas en Formulación Maxistral. Niveis de elaboración
Tema 7. Nivel 1: Formas tópicas. Condicións e requisitos. Tipos. Procedementos de elaboración e control. Fórmulas maxistrais máis frecuentes
Tema 8. Nivel 2: Formas orais e rectais líquidas. Condicións e requisitos. Tipos. Procedementos de elaboración e control Fórmulas maxistrais máis frecuentes.
Tema 9. Nivel 3: Formas orais, rectais e vaxinais sólidas. Condicións e requisitos. Tipos. Procedementos de elaboración e control. Fórmulas maxistrais máis frecuentes
Tema 10. Nivel 4: Formas estériles. Condicións e requisitos. Tipos. Procedementos de elaboración e control. Fórmulas maxistrais máis frecuentes.
Bloque 5. A Pel
Tema 11. Estrutura e fisioloxía da pel. Implicacións dermofarmacéuticas.
Tema 12. Clasificación cosmetolóxica da pel: tipos de pel. Tratamentos cosméticos básicos.
Tema 13. Disfuncións cutáneas e tratamentos dermocosméticos
Bloque 6. Preparados dermofarmacéuticos.
TEMA 14. Inocuidade e eficacia dos produtos dermocosméticos. Cosmetovixilancia. Métodos de avaliación da eficacia
Tema 15. Clasificación de preparados dermofarmacéuticos/dermocosméticos. Ingredientes e vehículos.
Tema 16. O perfume e o perfumado nos produtos dermocosméticos.
Tema 17. Preparados para hixiene bucal, facial e corporal.
Tema 18. Preparados de fotoprotección
Tema 19. Produtos de cosmética decorativa
Tema 20. Preparados dermocosméticos innovadores
Bibliografía básica e complementaria;
Básica
• Formulario Nacional. Ministerio de Sanidad y Consumo. https://www.aemps.gob.es/formulario-nacional/ .
• Farmacopea Europea. https://www.edqm.eu/en/european-pharmacopoeia
• Cosmética para Farmacéuticos. E. Charlet. Editorial Acribia. Zaragoza. 1995.Complementaria.
• Elaboración e control de calidade de Fórmulas maxistrais e preparados ocinais. Guías de aplicación. Xunta de Galicia, SERGAS, división de Farmacia e productos sanitarios. 2003
• Formulación Magistral. Módulos I y II. Colegio General de Colegios Ociales de Farmacéuticos. Madrid 2004
• Formulación magistral de medicamentos. 4 ed. Colegio Ocial de Farmacéuticos de Vizcaya, 2004.
• Formulación magistral en atención primaria. De la Torre Laiseca M.A y col.Colegio Ocial de Farmacéuticos de Vizcaya, 1997.
• Formulación regional. Hernández Hernández E., Oruezábal Moreno M.L. Colegio Oficial de Farmacéuticos de la Región de Murcia. 2003.
• Formulario básico de medicamentos magistrales. Llopis M.J., Baixauli V. Distribuciones Cid. Valencia, 2001.
• Formulación En Farmacia Pediátrica. Atienza Fernández M, Martinez Atienza J. y
Alvarez del Vayo C. 4ª edición. AMV Ediciones. Madrid 2011
• La Formulación Magistral en la Dermatología del 2010. Umbert P., Llambí F.Barcelona 2008.
• Ciencia cosmética. Bases siológicas y criterios prácticos. J.L. Parra Juez y L. Pons Giner. Consejo General de Colegios de Farmacéuticos. Madrid. 1995.
• Novel Cosmetic Delivery Systems. Sholomom Magdassi y Elka Touitou Eds. Marcel Dekker Inc. New York 1999
• Dermatología Cosmética. S. Serrano Ortega, J. Soto de Delás, J.C. MorenoGiménez. Grupo Aula médica. Madrid. 2002.
• Dermofarmacia. Módulo II. Plan Nacional de formación continuada. Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos. Acción Médica S.A. Madrid. 2004
• Formulación magistral oftálmica antiinfecciosa. Fernández Ferreiro Ed. Sociedad Española de Farmacia Hospitalaria 2019. https://www.sefh.es/bibliotecavirtual/FormOFta/FormMagisOftalmicaAntiin…
Conocimientos:
Con 04. Adquirir conocimientos para diseñar, preparar, suministrar y dispensar medicamentos y otros productos de interés sanitario.
Con 10. Conocer las propias limitaciones y la necesidad de mantener y actualizar la competencia profesional, prestando especial importancia al autoaprendizaje de nuevos conocimientos basándose en la evidencia científica disponible
Con 27. Conocer las propiedades físico‐químicas y biofarmacéuticas de los principios activos y excipientes así como las posibles interacciones entre ambos.
Con 28. Conocer la estabilidad de los principios activos y formas farmacéuticas, así como los métodos de estudio.
Con 29. Conocer las operaciones básicas y procesos tecnológicos relacionados con la elaboración y control de medicamentos.
Habilidades o destrezas:
H/D 16. Diseñar, optimizar y elaborar las formas farmacéuticas garantizando su calidad, incluyendo la formulación y control de calidad de medicamentos, el desarrollo de fórmulas magistrales y preparados oficinales.
H/D 17. Aplicar el control de calidad de productos sanitarios, dermofarmacéuticos y cosméticos y materiales de acondicionamiento.
H/D 23. Conservar, custodiar, dispensar y distribuir racionalmente los medicamentos y otros productos farmacéuticos
H/D 24. Elaborar fórmulas magistrales y preparados oficinales.
Competencias:
Competencias Instrumentales:
Comp 02. Capacidad de organizar y planificar
Comp 06. Habilidades de gestión de la información (habilidad para buscar y analizar información proveniente de fuentes diversas).
Comp 07. Resolución de problemas.
Comp 08. Toma de decisiones.
Competencias interpersonales:
Comp 11. Trabajo en equipo.
Comp 12. Habilidades interpersonales.
Competencias sistémicas:
Comp 18. Capacidad de aplicar los conocimientos en la práctica.
Todas as actividades relacionadas coa docencia serán presenciais, e consistiran en clases maxistrais, e en prácticas de laboratorio donde se prepararán distintas formulacions do ambito de formulación magistral e da dermofarmacia e tutorias para resolver as dudas que poidan ter os estudantes.
1.Para aprobar a materia, é requisito imprescindible que o estudante realice as prácticas de laboratorio.
2.A avaliación consistirá en:
a) Exame escrito (T).
O exame final da materia, que se celebrará na fecha recollida na guía do estudante, será tipo test e preguntas curtas. O exame constará dun test de resposta única cun número de preguntas comprendidos entre 25 e 30 e de 2-3 preguntas curtas. No caso do test, 3 respostas incorrectas anulan 1 correcta.
Os estudantes que non alcancen no exame unha puntuación media de 5 (sobre 10), non poderán aprobar a materia. A cualificación do exame escrito supoñerá un 60% da cualificación final da materia.
b) Avaliación das prácticas.
Avaliación continua (EC) da actividade no laboratorio (10% da calificación final da materia)
Exame práctico (EP). Os estudantes realizarán unha proba práctica consistente na elaboración de unha fórmula maxistral e a elaboración da documentación relacionada (30% da cualificación final da materia)..
A cualificación final da materia obterase de acordo coa seguinte fórmula: CF = 0.60xT + 0,1* EC+0.30xEP
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións.
A avaliación dos coñecementos, habilidades e competencias adquiridas na materia realizarase a través das siguintes vías:
Proba Teórica: Con 04, Con 10, Con 27, Con 28. Con 29.
Prácticas de laboratorio: Comp 02, Comp 07, Comp 08, Comp 11, Comp 12 Comp 18, H/D 16, H/D 17, H/D 23, H/D 24.
No caso dos alunos con dispensa de asistencia a clase concedida pola Facultade a avaliación estará composta igualmente polo exame final escrito da materia e a avaliación das prácticas de laboratorio. As prácticas son obrigatorias sempre, polo que non se poderá superar a materia sin realizalas, independentemente da nota obtida do examen final escrito.
As horas de traballo presencial na aula ou no laboratorio e de 45.
As horas de traballo persoal do estudante e de 67.5
É recomendable que os estudantes posúan coñecementos de Tecnoloxía Farmacéutica I e Tecnoloxía Farmacéutica II.
Os estudantes poderán acceder ao material empregado nas clases expositivas e interactivas de laboratorio, así como ao material complementario a través da USC Virtual.
-ASISTENCIA A CLASE. Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
-CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
-FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
-USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
-NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Francisco Javier Otero Espinar
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881814878
- Correo electrónico
- francisco.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Isabel Rial Hermida
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- mariaisabel.rial [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Noemi Stefania Csaba
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- noemi.csaba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Vivero Lopez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- mariavivero.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Mércores | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |