Créditos ECTS Créditos ECTS: 18
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 448 Horas de Titorías: 1.5 Clase Interactiva: 0.5 Total: 450
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Práctica preprofesional supervisada no campo da xestión de pequenas e medianas empresas afondando nos coñecementos, capacidades e actitudes adquiridas, vinculando aos estudantes á realidade empresarial, completando e complementando a súa formación teórica coa experiencia práctica.
Competencias específicas das prácticas externas:
1.- Desenvolver os comportamentos do rol profesional
2.- Desenvolver e pór en práctica competencias de carácter transversal propias do exercicio profesional
3.- Desenvolver e pór en práctica competencias específicas de xestión de pequenas e medianas empresas,
aplicando para isto os coñecementos adquiridos
A avaliación das prácticas corresponde ao titor académico. No proceso de avaliación o titor académico terá en conta a memoria das prácticas elaborada polo alumno e o informe do titor externo.
A duración total das prácticas é de 450 horas.
Plan de continxencia:
A USC establece 3 escenarios posibles para o curso 2020-2021: Escenario 1 (normalidade adaptada), Escenario 2 (distanciamento) e Escenario 3 (peche das instalacións).
O desenvolvemento das prácticas realizarase de xeito presencial no escenario 1, coas adaptacións que sexa preciso facer no escenario 2, e no escenario 3 en función das indicacións da administración competente e da USC.
Sandra Castro Gonzalez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 982824481
- Correo electrónico
- sandra.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU