Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
a) Comprender as consecuencias de que un dereito sexa cualificado coma dereito real
b) Constatar os diferentes efectos xurídicos que ten a simple posesión así coma todas as facultades que integran o dereito de propiedade constitucionalmente protexido
c) Analizar as diferentes formas, diversas do dereito de propiedade, ofrecidas polo ordenamento xurídico para desfrutar dos bens e servizos.
d) Verificar a existencia de mecanismos fiables de garantía das obrigas.
e) Ter constancia da importancia do préstamo hipotecario como recurso fundamental da sociedade para ter acceso á propiedade da vivenda
f) Advertir a importancia do Rexistro da Propiedade para un correcto funcionamento do tráfico xurídico inmobiliario e comprender os seus mecanismos de funcionamento
g) Identificar as cuestións especialmente conflitivas na materia e as distintas solucións aportadas
- Sistema de dereitos reais
- A posesión
- Os modos de adquirir
- A tradición e as súas clases
- A usucapión
- Os modos de perder os dereitos reais
- A publicidade dos dereitos reais
- A propiedade e as súas limitacións
- Os modos de adquirir a propiedade
- A protección do dereito de propiedade
- A pluralidade de propietarios: tipos de comunidade
- Os montes veciñais en man común
- Propiedade horizontal, aproveitamento por quendas de bens inmobles
- Usufruto
- Servidumes. Especial consideración á servidume de paso
- Superficie e dereito de sobreelevación
- Hipoteca e dereitos reais de adquisición
- Fundamentos de Dereito rexistral. Os principios hipotecarios.
Grupos A (Profs. Carballo Fidalgo e Rebolledo Varela), B (Profs. Díaz Martínez e Rebolledo Varela) e C (Prof. Iglesias Redondo)
INTRODUCIÓN
LECCION 1.- O dereito real: concepto e caracteres.- Dereito real e dereito de crédito.- Ius ad rem, dereitos reais in faciendo e obrigas propter rem.- Clases e tipos dubidosos.
A POSESIÓN
LECCION 2.- A posesión: concepto e funcións.- Clases.- A adquisición da posesión.- Efectos da posesión no tráfico mobiliario: o art. 464 CC.- Perda e recuperación da posesión.- Liquidación do estado posesorio.- A protección procesual da posesión.
LECCION 3.- A usucapión: concepto, suxeitos e clases.- Os presupostos da usucapión: posesión e tempo.- Xusto título e boa fe na usucapión ordinaria.- Efectos.
ADQUISICIÓN E PERDA DOS DEREITOS REAIS
LECCION 4.- Constitución e adquisición dos dereitos reais.- O sistema traslativo do Dereito español: a función do título e do modo.- A tradición: concepto.- Clases: a traditio instrumental. Extinción e perda dos dereitos reais.
A PUBLICIDADE DOS DEREITOS REAIS E O REXISTRO DA PROPIEDADE
LECCION 5.- A publicidade dos dereitos reais: o Rexistro da Propiedade.- Os asentos rexistrais.- Os principios hipotecarios. - O principio de fe pública rexistral.
O DEREITO DE PROPIEDADE
LECCION 6.- O dereito de propiedade no ordenamento xurídico español: concepción constitucional.- Límites e limitacións: relacións de veciñanza e prohibicións de dispor.
LECCION 7.- Suxeito e obxecto do dominio.- A propiedade inmobiliaria: concepto de finca. A individualización das fincas.- Contido do dominio.
LECCION 8.- Modos específicos da adquisición do dereito de propiedade: ocupación, achado e tesouro.- A accesión: a accesión invertida.- As adquisicións a non domino.
LECCION 9.- A protección xurídica da propiedade. As accións declarativa e reivindicatoria.- A acción negatoria.
LECCION 10.- As comunidades de bens.- A comunidade ordinaria ou por cotas.- Dereitos e obrigas dos comuneiros.- Extinción da comunidade: a acción de división. Os montes veciñais en man común no Dereito civil de Galicia.
LECCION 11.- A propiedade horizontal.- Constitución: o título constitutivo.- A cota de participación.- Dereitos e obrigas dos propietarios en relación cos elementos comúns e privativos.- Administración e representación.- A Xunta de Propietarios.
DEREITOS REAIS LIMITADOS
DEREITOS REAIS DE GOCE
LECCION 12.- O dereito de usufruto: o principio salva rerum substantia.- Constitución.- Suxeitos e obxecto.- Contido.- Extinción.- Os dereitos de uso e habitación.
LECCION 13.- O dereito de servidume.- Clases.- Constitución: sentencia, título, signo aparente e usucapión.- Contido e extinción.- Servidume de paso, luces e vistas e medianería no Código Civil.- Servidume de paso e serventía no Dereito Civil de Galicia.
LECCION 14.- O dereito de superficie.- O dereito de sobreelevación e subedificación.- Referencia ao aproveitamento por quenda de bens inmobles.
DEREITOS REAIS DE GARANTIA E DE ADQUISICIÓN PREFERENTE
LECCION 15.- Concepto de garantía real e caracteres.- A hipoteca inmobiliaria.- Constitución: elementos persoais, reais e formais.- Contido: extensión e efectos.- Modificación e extinción.
LECCION 16.- Dereitos reais de adquisición: concepto e natureza.- Clases.- Dereitos de adquisición preferente no Código Civil.- Dereitos de adquisición preferente nas leis especiais.
Bibliografía básica
BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO: Manual de Derecho civil. Derechos reales, Madrid, BERCAL, 6ª ed., 2017.
DIEZ PICAZO, L. y GULLÓN BALLESTEROS, A., Sistema de Derecho Civil. Vol. 3º, tomo I, Derecho reales en general, 9ª ed., Madrid, Tecnos, 2016. Sistema de Derecho Civil. Vol. 3º, tomo II, Derechos reales en particular, 10ª ed., Madrid, Tecnos, 2019.
LACRUZ BERDEJO, J.L., Elementos de Derecho Civil III. Vol. 1º (3ª ed., 2008) y 2º (3ª ed, 2009). Madrid, Dykinson.
SÁNCHEZ CALERO, F. J. (coord.), Curso de Derecho Civil III. Derechos reales y Derecho Inmobiliario Registral. Tirant lo Blanch, 9ª ed., 2020 (edición papel y digital)
REYES LÓPEZ, M. J., Derecho Civil III Derechos Reales, Tirant lo Blanch, 5ª Edición, 2019 (edición digital)
- Destreza no uso da linguaxe xurídica.
- Habilidade no manexo de textos de Dereito positivo e na utilización dos instrumentos básicos de interpretación e aplicación das normas.
- Comprensión da realidade plurilexislativa española en materia civil, e da existencia en Galicia de institucións xurídico- reais propias.
- Capacidade de análise crítico das decisións xurisprudenciais e percepción das orientacións actuais en torno aos problemas básicos propios da disciplina.
- Identificación das materias especialmente conflitivas en materia posesoria e dos dereitos reais.
A metodoloxía empregada na impartición da materia vén determinada pola distribución da docencia en aulas expositivas – integradas pola totalidade do grupo- e aulas interactivas – para as que se crean dous subgrupos. Ambos tipos de aulas terán carácter presencial.
As aulas expositivas teñen por obxecto a transmisión clara e sintética das ideas fundamentais e dos conceptos básicos que presiden cada un dos temas, a fin de que o alumno/a posúa as ferramentas esenciais que lle permitan afondar de maneira independente no seu estudo. Co manexo dos textos legais e da xurisprudencia máis relevante, na clase analizaranse os contados mínimos de cada materia, nun intento de propiciar o coñecemento das institucións cunha visión práctica das mesmas. Resaltarase a ausencia de respostas unívocas nas situacións xurídicas máis controvertidas e se exporán as argumentacións que sosteñen as diversas teses defendibles ante os tribunais.
As aulas interactivas, acumuladas en catro semanas, teñen por obxecto o desenvolvemento polo alumno/a, co asesoramento e orientación da docente, de diferentes tipos de actividades, individuais e colectivas, que permitan a consolidación dos seus coñecementos teóricos mediante a súa aplicación a supostos da realidade práctica. Asemade, permiten acadar o obxectivo de potenciar a capacidade lóxica, discursiva e comunicativa do alumno/a. As actividades prácticas propostas facilitaranse a través da Aula Virtual e serán realizadas polos alumnos en horario de clase.
O Campus Virtual -xestionado polo Centro de Tecnoloxías para o Aprendizaxe (CETA)- servirá como ferramenta de apoio á docencia, tanto para facilitar ó estudante a consulta das principais sentenzas e resolucións analizadas no curso das explicacións teóricas como para poñer á súa disposición, con antelación suficiente, as actividades a desenvolver nas aulas interactivas. Poderá ser utilizado como plataforma de entrega polo alumno/a das actividades propostas.
Para coñecer a adaptación da metodoloxía docente en caso de pasar aos escenarios 2 e 3, por mor da COVID-19, consúltese o apartado “Observacións”, baixo o epígrafe "Plan de continxencia".
Grupos A (Profs. Carballo Fidalgo e Rebolledo Varela) e B (Profs. Díaz Martínez e Rebolledo Varela)
A avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final.
A avaliación continua terá un peso do 30% na cualificación e consistirá na realización de actividades diversas, individuais ou en grupo.
A proba teórico-práctica final, na que se avaliarán o dominio dos conceptos teóricos adquiridos e a súa aplicación a casos prácticos, terá un peso de ata 7 puntos na nota final (70%). O alumno deberá obter nesta proba un mínimo de 2,8 puntos.
A cualificación final determinarase sumando a nota correspondente ao exame e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia, a suma debe ser 5 ou superior. O alumno que non participase nas clases en todo o cuadrimestre debe obter no exame unha nota mínima de 5 (sobre 7).
Ao exame debe levarse e terá que utilizarse a lexislación indicada na clase polos profesores, especialmente o Código Civil e a Lei de Dereito Civil de Galicia.
Esta forma de avaliación é única para as convocatorias ordinaria e extraordinaria. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase a mesma en ambas as dúas convocatorias.
En posteriores matrículas non se gardarán as notas da avaliación continua.
Cómpre advertirlles expresamente aos alumnos que, consonte a normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades referidas será obxecto de avaliación e, xa que logo, a nota final do estudante que as cumprimente en ningún caso será de NON PRESENTADO.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
Para aqueles alumnos aos que se lles concedera a exención de docencia, a cualificación da materia será a obtida no examen final, que se puntuará neste caso sobre 10.
Para coñecer a adaptación do sistema de avaliación en caso de pasar aos escenarios 2 e 3, por mor da COVID-19, consúltese o apartado “Observacións”, baixo o epígrafe "Plan de continxencia".
GRUPO C (Prof. Iglesias Redondo)
Sistema de avaliación: valorarase a participación activa nas aulas, a entrega de actividades e o exame final.
A cualificación do exame, de carácter escrito, terá en conta o dominio dos coñecementos teóricos e a súa aplicación práctica. A esta proba corresponden 7 puntos posibles sobre o total da nota (70%), calculada sobre un máximo de 10 puntos.
A cualificación da asistencia e das actividades, con un máximo de 3 puntos (30%), súmase á nota obtida no exame a partir dunha puntuación mínima neste de 3 puntos. É necesario reunir un mínimo de 5 puntos para acadar o aprobado.
Réxime para o alumnado con exención de docencia: a asistencia substituirase pola entrega dun traballo académico.
NOTA IMPORTANTE:
Segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”
Igualmente e aos efectos da Normativa de permanencia nas titulacións de Grao e Máster, todas as actividades realizadas ao longo do curso serán valoradas. Para que o alumno figure como non presentado será necesario que non asista alomenos a un 80% das clases nin realice ningunha actividade.
Traballo presencial nas aulas:
- Docencia expositiva: 37,5/45 horas
- Docencia interactiva: 17,5/10 horas
- Titorías grupo reducido: 5 horas
Traballo persoal do alumno:
- Estudo individual ou en grupo: 73 horas
- Preparación de presentacións orais, debates e similares: 7 horas
- Resolución de casos prácticos ou outros traballos 10 horas
1. Asistencia regular a clase.
2. Participación activa dos alumnos nas aulas
3. Dispoñer dos materiais necesarios (manuais, lexislación e xurisprudencia)
4. Estudo diario da asignatura.
5. Uso das titorías.
Recoméndase ter superado Introdución ao Dereito civil
Plan de continxencia (COVID-19)
Grupos A (Profs. Carballo Fidalgo e Rebolledo Varela) e B (Profs. Díaz Martínez e Rebolledo Varela)
Metodoloxía do ensino
No caso de pasar ao escenario 2, estarase ao disposto pola Facultade de Dereito sobre impartición das clases, combinando os sistemas presencial e on-line.
No caso de que sexa preciso pasar ao escenario 3, os profesores impartirán as clases expositivas de maneira síncrona a través da plataforma Microsoft Teams, no horario oficial que corresponda. No atinente á docencia interactiva, os profesores porán a disposición do alumnado, a través da aula virtual (Moodle), as actividades propostas no horario oficial de clase e o alumnado terá que realizalas, con materiais de apoio, e envialas pola mesma plataforma, para a súa avaliación. Haberá despois unha posta en común, resolvendo as dúbidas, na mesma clase.
Sistema de avaliación
No escenario 2 e no escenario 3 mantense o sistema mixto de avaliación continua (realización de actividades prácticas) e proba final. En ambos escenarios, a avaliación continua representará o 30% da nota final e a cualificación obtida na proba final representará o 70% da nota final. Para superar a materia é preciso obter unha cualificación mínima de 2.8 sobre 7 na proba final. En calquera de ambos escenarios, será preferente a realización presencial da proba final, na medida en que o permitan as autoridades académicas e sanitarias. De non ser posible a presencialidade, a proba consistirá na realización dun exame oral vía Teams, salvo que o número de alumnos/a matriculados non permita a súa realización sen solapamento con outras materias do mesmo curso, suposto en que se realizará unha proba online.
No grupo C poderase utilizar a USC Virtual para proporcionar materiais e xestionar actividades.
Plan de continxencia (COVID-19)
Grupo C (Prof. Iglesias Redondo)
Metodoloxía do ensino
No caso de pasar ao escenario 2, estarase ao disposto pola Facultade de Dereito sobre impartición das clases, combinando os sistemas presencial e on-line. Será esencial para unha aprendizaxe axeitada que o alumnado dispoña dun manual da materia.
No caso de que sexa preciso pasar ao escenario 3, o profesor impartirá clases expositivas a través da plataforma Microsoft Teams, no horario oficial que corresponda. No tocante á docencia interactiva, o profesor porá a disposición do alumnado, a través da aula virtual (Moodle), cuns días de antelación, as actividades propostas e os alumnos deberán dedicar á súa realización un mínimo de 2 horas e media na semana que corresponda. As prácticas poranse en común e resolveranse, a través de Teams, no horario oficial que corresponda. Será esencial para unha aprendizaxe axeitada que o alumnado dispoña dun manual da materia.
Sistema de avaliación
No escenario 2, a participación e actividades dos alumnos terán un valor de 3 puntos na nota final e os restantes 7 puntos corresponderán á proba final ben escrita e presencial na aula ou tipo test e on-line a través de Moodle, según permitan as circunstancias.
Se fose preciso pasar a un escenario 3, sen clases presenciais, a participación e actividades dos alumnos (a través do instrumento "Tarefas" de Moodle) terán un valor de 3 puntos na nota final, 3 puntos corresponderán á nota obtida nunha actividade de evaluación de xeito presencial realizada polo alumnado á metade do cuadrimestre (de ser posible facela) e 4 puntos corresponderán á proba final obxectiva tipo test, que se realizará on-line, a través de Moodle. Se non fose posible realizar de xeito presencial a actividade de avaliación da metade do cuadrimestre, por terse situado xa a docencia no escenario 3, programarase unha actividade similar para a súa realización on-line, a través da aula virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- julioignacio.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Diaz Martinez
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814743
- Correo electrónico
- ana.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Angel Luis Rebolledo Varela
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814649
- Correo electrónico
- angelluis.rebolledo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Marta Carballo Fidalgo
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814654
- Correo electrónico
- marta.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego, Castelán | Salón de Actos |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego, Castelán | Salón de Actos |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 1 |
11:00-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán, Galego | Salón de Actos |
16:00-17:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 1 |
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 1 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 1 |
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 1 |
27.05.2022 10:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
27.05.2022 13:00-16:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Salón de Actos |
27.05.2022 16:00-19:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |
27.06.2022 10:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
27.06.2022 13:00-16:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Salón de Actos |
27.06.2022 16:00-19:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |