Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Desenvolver a conciencia e competencia intercultural do estudantado e capacitalo para incorporar os coñecementos e a conciencia cultural adquiridos á súa futura práctica docente
Consolidar a capacidade do estudantado para utilizar a lingua inglesa no estudo, procura de información, presentación oral e escrita de traballos e participación en debates sobre temas relacionados cos contidos do curso.
Achegar ao estudantado aos feitos históricos e socioculturais dos países de fala inglesa.
Adquirir coñecementos sobre a sociedade dos países anglófonos a través de aspectos destacables da súa cultura e reflexionar sobre os seus trazos distintivos
Procurar un achegamento interdisciplinario aos conceptos básicos de cultura, competencia intercultural, historia, nación e globalización.
1. Concepto de diversidade cultural. Identidade cultural. A diversidade como riqueza.
2. A diversidade lingüística das comunidades de fala inglesa. O inglés como lingua franca. A lingua inglesa e a súa expansión xeográfica.
3. Principais manifestacións culturais e históricas do Reino Unido e Estados Unidos de América. Vínculos con outros países de fala inglesa.
4. Aspectos socioculturais dos países anglófonos e as súas manifestacións a través dos medios de comunicación, cinema, música, literatura.
Tendo en conta as características particulares da materia, a actualización de temas de interés e actualidade que poidan xurdir ao longo do curso irá configurando os contidos da materia.
Bibliografía básica:
Kachru, B. B., Kachru, Y., & Nelson, C. L. (Eds.).(2006). The handbook of world Englishes. Blackwell.
Mauk, D. & Okland, J. (2009). American civilization. An introduction. Routledge.
O´Driscoll, J. (2009). Britain for Learners of English. OUP.
Bibliografía complementaria:
Alptekin, C. (2002). Towards intercultural communicative competence. ELT Journal, 56(1), 57-64. https://search-ebscohost-com.ezbusc.usc.gal/login.aspx?direct=true&Auth…
Bland, J. (Ed.). (2015). Teaching English to young learners: critical issues in language teaching with 3-12 year olds. Bloomsbury Academic, an imprint of Bloomsbury Publishing, Plc. https://doi.org/10.5040/9781474257145
Erling, E., & Philip, S. (Eds). (2013). English and development. Policy, pedagogy and globalization. London: Multilingual Matters. https://doi-org.ezbusc.usc.gal/10.1111/weng.12199
Garton, S., & Copland, F. (Eds.). (2018). The Routledge handbook of teaching English to young learners (1st ed.). Routledge. https://doi.org/10.4324/9781315623672
Ghosn, I. (2013). Storybridge to second language literacy : The theory, research, and practice of teaching english with children's literature. Information Age Publishing.
Higgings, M. , Smith, C., & Storey, J. (Eds). (2010). The Cambridge companion to modern British culture. Cambridge University Press.
Iswandari, Y. A., & Ardi, P. (2022). Intercultural communicative competence in EFL setting: A systematic review. rEFLections, 29(2), 361-380. https://search-ebscohost-com.ezbusc.usc.gal/login.aspx?direct=true&Auth…
Jenkins, J. (2015). Global Englishes: a resource book for students. Routledge.
Kirkpatrick, A. (2007). World Englishes: implication for international communication and English language teaching. Cambridge University Press.
Kramer, J. (2007). Britain and Ireland. A concise history. Routledge.
Mesthrie, & Bhatt, R. M. (2008). World Englishes: the study of new linguistic varieties. Cambridge University Press.
Oakland, J. (2011). British civilization: An introduction. Routledge.
Oakland, J. (2011). Contemporary Britain: A survey with texts. London:Routledge. O´Driscoll, J. (2009). Britain for learners of English. OUP.
Risager, K. (2018). Representations of the world in language textbooks. Multilingual matters.
Smith, J. (2012). Exploring British culture. C.U.P.
Storry, M., & Childs, P. (eds). (2002). British cultural identities. Routledge.
G1 - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o conxunto de coñecementos didácticos arredor dos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos
G3 - Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos ámbitos científicos e culturais contidos no currículo escolar
G4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto dos dereitos humanos que conforman os valores da formación cidadá
G11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir de forma selectiva a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
CB1 - Que o alumnado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e se sitúa nun nivel que, aínda que sustentado en libros de texto avanzados, inclúe tamén aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de maneira profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a públicos tanto especializados como non especializados
T1 - Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras
E52 - Expresarse oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira
E53 - Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos axeitados e promover as competencias correspondentes no alumnado
E1 - Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6 a 12 anos no contexto familiar, social e escolar
E2 - Coñecer as características deste alumnado, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais
A materia impártese nun semestre, en sesións semanais (expositivas, interactivas) preferentemente en inglés, a fin de favorecer a competencia específica de ‘Expresarse oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira’. Farase uso de metodoloxías activas co propósito de fomentar o traballo individual e colaborativo en aula.
Nas sesións expositivas combinarase a exposición teórica por parte da profesora con actividades prácticas. Recorreremos ao visionado de material audiovisual e análise de textos de carácter académico, xornalístico e literario para potenciar a competencia comunicativa do estudantado. Despois de visionar o material audiovisual e de ler e analizar os textos escritos, se levarán a cabo debates e actividades que favorezan a participación activa na aula. Para optimizar o rendemento no estudo da materia, o estudantado deberá traer preparado e revisado o tema de debate para as sesións de clase.
Os materiais necesarios para o curso estarán disponibles no campus virtual.
1ª oportunidade
Proba final: 50%
Informes escritos e outras producións: 15%
Presentacións orales: 30%
Participación presencial ou virtual: 5%
Estudantado con EXENCIÓN DE DOCENCIA/Dispensa de asistencia:
Para asistir ao exame final escrito é requisito obrigatorio para o estudantado que teña exención de docencia / dispensa de asistencia presentar en clase un proxecto acordado previamente ca/co profesor/a.
Exame: 70%. Presentación proxecto: 30%
2ª oportunidade: mantense a cualificación da parte interactiva; esta nota NON SE PODE RECUPERAR NA 2ª OPORTUNIDADE. A proba final (50%) constará dos mesmos temas que na 1ª oportunidade.
A expresión adecuada en lingua inglesa tanto a nivel oral como escrito, condicionará a avaliación final.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito no art. 16 da 'Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións':
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a CUALIFICACIÓN DE SUSPENSO na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra ou alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e dás fontes”
1. HORAS PRESENCIAIS: 38.5 horas.
1.1. Actividades en grupo expositivo (18 horas):
1.1.1. Actividade expositiva.
1.1.2. Práctica en grupo clase.
1.1.3. Presentación dun plan de traballo.
1.1.4. Realización de proba escrita.
1.2. Actividades en grupo interactivo (18 horas):
1.2.1. Resolución de problemas.
1.2.2. Estudo de casos.
1.2.3. Debates.
1.2.4. Proxectos e traballos.
1.3. Actividades en pequeno grupo ou individuais (2.5 horas):
1.3.1. Reflexión traballo grupo.
1.3.2. Discusión de proxectos.
2. HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 74 horas.
2.1. Actividades en grupo expositivo (26 horas):
2.1.1. Lectura de documentos.
2.1.2. Estudo.
2.1.3. Preparación de proba escrita.
2.2. Actividades en grupo interactivo (34 horas):
2.2.1. Lectura de documentos.
2.2.2. Preparación de presentacións.
2.2.3. Búsqueda de información com plementaria.
2.2.4. Reflexión en pequenos grupos.
2.3. Actividades en pequeno grupo ou individuais (14 horas):
2.3.1. Resolución de dúbidas.
2.3.2. Discusión de proxectos e traballo en pequeno grupo.
2.3.3. Actividades de autoavaliación.
HORAS TOTAIS: 112,5.
Non existen prerrequisitos oficiais para esta materia, con todo RECOMÉNDASE posuír un nivel inicial de competencia comunicativa en lingua inglesa INTERMEDIO-ALTO.
A fin de aproveitar ao máximo a materia, recoméndase a asistencia regular a clase e ás titorías, de forma que a profesora poida monitorar o seu traballo e solucionar posibles problemas. Tamén se aconsella levar a cabo puntualmente todas as tarefas propostas dentro e fose da aula, planificar o traballo autónomo e distribuír o estudo e as tarefas de forma continuada ao longo do curso, consultar a bibliografía proporcionada para revisar,consolidar ou ampliar coñecementos, empregar os recursos de aprendizaxe do Centro, e participar activa e razonadamente nas actividades da aula.
Así mesmo, é ALTAMENTE RECOMENDABLE TER APROBADAS As SEGUINTES MATERIAS:
'Ensino e Aprendizaxe de Competencias Comunicativas (Inglés)'
'Inglés: Comprensión e Expresión Oral'
'Inglés: Comprensión e Expresión Escrita'
1) Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
2) RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dobre cara en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
3) PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
4) Non se contestará ningún correo electrónico que proceda dunha conta de correo non institucional. Polo tanto, o estudantado que desexe contactar co profesorado deberá facelo utilizando a súa conta de correo da USC (@rai.usc.es).
5) Comprobar de forma regular o Campus Virtual e o seu correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e a comunicación de cambios de última hora.
6) Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
7)Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose o estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
8)Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, entendendo privado como un proceso de comunicación e intercambio entre o profesorado e o estudantado matriculado na materia.
9)Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Elsa María González Álvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811860
- Correo electrónico
- elsa.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
23.01.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
16.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |