Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Achegar os coñecementos da bioloxía, en particular da bioquímica e a bioloxía molecular, mediante procedementos de estudo, experiencia e práctica, e fomentando o razoamento crítico, para que os futuros Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos podan desenvolver as súas competencias profesionais relacionadas co ámbito biotecnolóxico.
Contidos teóricos
TEMA 1. Introdución xeral á Bioquímica e Bioloxía Molecular. Estrutura e función das biomoléculas. Transdución e almacenamento de enerxía. Panorámica xeral do metabolismo.
TEMA 2. Introdución ao metabolismo. Concepto de metabolismo. Tipos de rutas e reacións metabólicas. Bioenerxética.
TEMA 3. Enzimas. Características da reacción enzimática. Cinética M-M. Inhibición das enzimas. Concepto de alosterismo. Regulación da actividade enzimática.
TEMA 4. Rutas metabólicas centrais e metabolismo enerxético. Exemplo: produción de bioetanol en Saccharomyces cerevesiae e Zymomonas mobilis. Breve resumo doutras rutas metabólicas e a súa integración nas rutas centrais.
TEMA 5. Integración do metabolismo. Interconexión das vías metabólicas. Produción de metabolitos secundarios. Regulación do metabolismo.
TEMA 6. Dogma Central da Bioloxía Molecular. Estrutura do DNA. Xenes e xenomas. Expresión do DNA: transcrición e tradución. Código Xenético e Mutacións.
TEMA 7. Regulación da Expresión Xénica. Regulación da expresión xénica en procariotas: o operón lac. Regulación da expresión xénica en eucariotas.
TEMA 8. Enxeñaría xenética. Manipulación e análise das moléculas de DNA. Secuenciación do DNA. PCR. Clonación. Tipos de vectores. Transformación de células procariotas e eucariotas.
TEMA 9. Aplicacións da Bioenxeñaría. Organismos modificados xenéticamente. Produción de proteínas recombinantes. Exemplos de Enxeñaría metabólica.
Contidos prácticos
Os alumnos terán dispoñible (tanto no laboratorio como no guión de prácticas) toda a información sobre os potenciais riscos das prácticas (manexo e eliminación de material biolóxico, produtos inflamables e/ou tóxicos, materiais a altas temperaturas) e sobre os EPI necesarios (bata, lentes de seguridade, luvas de protección química e térmica).
PRÁCTICA 1: Clonación dun cDNA. Transformación bacteriana mediante choque térmico cun plásmido recombinante. Aillamento do plásmido dende cultivos bacterianos polo método da lise alcalina. Dixestión do plásmido con enzimas de restrición. Amplificación do cDNA mediante PCR.
PRÁCTICA 2: Análise do cDNA amplificado. Análise por electroforese en xeles de agarosa do plásmido purificado e dixerido con enzimas de restrición e dos produtos de reación da PCR. Purificación do cDNA dende o xel de agarosa. Crecemento en medio líquido de colonias transformadas.
PRÁCTICA 3: Expresión e purificación da proteína recombinante. Indución con IPTG da expresión da proteína recombinante nos cultivos transformados. Extración e purificación da proteína recombinante mediante cromatografía de afinidade.
PRÁCTICA 4: Análise da proteína recombinante mediante electroforese. Preparación de xeles de poliacrilamida. Electroforese SDS-PAGE para determinación do peso molecular da proteína recombinante.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
CLARK, D.P. and PAZDERNIK, N.J., 2016. Biotechnology. [en liña] 2nd ed. Amsterdam: Elsevier Academic Press. Dispoñible en: https://www-sciencedirect-com.ezbusc.usc.gal/book/9780123850157/biotech…
McKEE, T. and McKEE, J. R., 2014. Bioquímica. Las bases moleculares de la vida. [en liña] 5 ed. McGRAW-HILL Interamericana Editores. https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=19…
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
FEDUCHI CANOSA, E. e outros. Bioquímica. Conceptos esenciales. 2ª edición. Madrid: Editorial Panamericana, 2015. ISBN: 978-84-9835-875-9
GLICK, B. R., J.J PASTERNAK and C.L. PATTEN, C. L. Molecular biotechnology: principles and applications of recombinant DNA. 4ª edición. Washington D.C; ASM Press, 2010. ISBN: 978-1-55581-498-4
HERRÁEZ SÁNCHEZ, Á. Texto ilustrado e interactivo de biología molecular e ingeniería genética: conceptos, técnicas y aplicaciones en ciencias de la salud. 2ª edición. Barcelona: Elsevier, 2012. ISBN: 978-84-8086-647-7
NELSON, D. L. and M.M. COX. Lehninger Principios de Bioquímica. 6ª edición. Barcelona: Editorial Omega, 2014. ISBN: 978-84-282-1603-6
TYMOCZKO, J. L., J.M. BERG and L. STRYER. Bioquímica: Curso básico. 2ª edición. Barcelona: Editorial Reverté, 2014. ISBN:788429176032
OKAFOR, N. Modern industrial microbiology and biotechnology. Enfield (NH): Science Publishers, 2007. ISBN: 1578084342, 9781578084340
Contribuir a acadar as competencias recollidas na memoria do título Máster en Bioenxeñaría e Bioprocesos: CB6, CB7, CB10, CG7, CE1, CE3, CT4 y CT5. Con maior intensidade as competencias CG7 y CE3.
Traballaranse as competencias CE1, CB6, CB10 y CT4.
- Clases Maxistrais: o obxectivo destas clases é ensinar ao estudante os aspectos xerais do metabolismo e a súa regulación así como os fundamentos da Bioloxía Molecular como soporte teórico esencial para comprender a Enxeñaría Xenética e as súas aplicación. Traballaranse as competencias CE1, CB6 e CB10.
- Seminarios: o obxectivo dos seminarios é servir de apoio ás clases de teoría e ás prácticas.Os estudantes realizarán un traballo coordinado entre as tres materias do módulo 1, no que abordarán desde as tres perspectivas un tema relacionado con Bioprocesos, e que deberán presentar de forma escrita e oral. Traballaranse as seguintes competencias: CE1, CE3, CG7, CB7 e CT4.
- Prácticas de Laboratorio: o obxectivo destas prácticas é ensinar ao estudante algunhas das técnicas básicas nun laboratorio de Bioloxía Molecular (Enxeñaría Xenética). Traballaranse as competencias CG7, CT4 e CT5.
- Titorías: aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas.
Escenario 1. Normalidade adaptada
Tanto as clases expositivas como interactivas levaranse a cabo de xeito presencial.
Dentro das actividades correspondentes a este Módulo, realizarase unha visita a unha planta de produción de bioetanol, o que lles permitirá comprender a aplicación industrial dos coñecementos teóricos explicados sobre devandito proceso, e dos que serán evaluados mediante o exame final.
Escenario 2. Distanciamento
As clases expositivas e as tutorías serán non presenciais e preferentemente síncronas a través de Microsoft Teams.
Os seminarios e as prácticas serán presenciais en grupos reducidos. Se é necesario reducir o número de alumnos/as por grupo, reduciranse as horas presenciais ao 50%, complementandoas con actividades non presenciais asíncronas utilizando o Campus virtual.
Non haberá visita a empresa, polo que esta actividade substituirase por un vídeo ou charla explicativa.
Escenario 3.Peche das instalacions
Tanto a docencia expositiva como a interactiva (seminarios, prácticas, titorías) desenvolveranse na súa totalidade de xeito virtual, preferentemente síncrono, utilizando o Campus Virtual e a plataforma Microsoft Teams.
Non haberá visita a empresa, polo que esta actividade substituirase por un vídeo ou charla explicativa.
A avaliación consistirá en dúas partes:
1.1) Avaliación continua (50% da calificación final), que consta a súa vez de:
i. Seminarios: presentación oral e escrita do traballo (20%). CG7, CB7, CE1, CE3 e CT4.
ii. Prácticas laboratorio: memoria final e/ou cuestions (25%). CG7, CT4, CT5.
iii. Participación/Informe do profesor (5%).
Nos escenarios 1 e 2 a avaliación será presencial, no escenario 3 será de xeito telemático (tarefas e cuestions no Campus Virtual).
1.2) Proba final (50% da calificación final): é imprescindible aprobar este exame para superar a materia (50%). CE1, CB6, CB10. No escenario 1 será presencial, nos escenarios 2 e 3 será telemático con carácter síncrono a través de Campus Virtual.
A asistencia as prácticas de laboratorio é obrigatoria. As ausencias deberán ser xustificadas debidamente.
O control de asistencia as actividades presenciais (escenarios 1 e 2) realizarase mediante firma, mentras que a participación nas actividades telemáticas (escenarios 2 e 3) quedará rexistrada de forma automática no CampusVirtual e Teams.
Os/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade poderán presentarse á segunda oportunidade conservando a nota da avaliación continua acadada.
Os/as alumnos/as repetidores deberán cursar a materia íntegramente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Actividade: Horas presenciais/ Horas traballo alumno /ECTS
Clases maxistrais: 15 / 15/ 1,2
Seminarios: 8/ 16,5/ 0,98
Prácticas laboratorio: 18/ 20/ 1,52
Tutorías grupo: 1/ 4/ 0,2
Tutorías indiv.: 1/ 4/ 0,2
Exame e revisión: 2/ 8/ 0,4
Total: 45/ 67,5/ 4,5
O estudante debe repasar e ampliar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando a bibliografía recomendada. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes á hora de traballar nas actividades propostas deben acudir nas horas de titoría a falar co profesor, co obxectivo de que éste poda analizar o problema e axudar a resolver as ditas dificultades.
As clases se impartirán en castelán.
No Campus Virtual os alumnos terán material relacionado coas clases.
Nas materias correspondentes a este módulo (Bioengeniería, Biocatálisis e Bioprocesos) vaise a estudar de xeito coordinada o proceso de produción de bioetanol, abordando cada materia a parte que lle corresponde desde unha perspectiva diferente.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñezan a información e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñaría dispoñible no apartado de seguridade da súa web.
Plan de Continxencia
As adaptacións para os escenarios 2 e 3 son as seguintes:
Metodoloxía da ensinanza:
Escenario 2
- CLASES EXPOSITIVAS: serán por medios telemáticos e preferentemente síncronas utilizando a plataforma Microsoft Teams.
- SEMINARIOS: serán presenciais en grupos moi reducidos.
-CLASES PRÁCTICAS DE LABORATORIO, serán presenciais en grupos moi reducidos. As prácticas completaranse con vídeos explicativos sobre técnicas de laboratorio, e os alumnos deberán interpretar o resultado dos experimentos con datos reais.
- TUTORIAS: serán todas telemáticas síncronas (a través da plataforma Microsoft Teams).
- Non haberá visita a empresa, polo que esta actividade substituirase por un vídeo ou charla explicativa.
Escenario 3
Todas as actividades realizaranse de xeito virtual, preferentemente de manera síncrona (Campus Virtual e Microsoft Teams).
Sistema de avaliación
Manterase o mismo sistema de avaliación nos tres escenarios, agás que as todas probas no escenario 3 (e a proba final no escenario 2) se realizarán electrónicamente.
Jaime Jose Gomez Marquez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816927
- Correo electrónico
- jaime.gomez.marquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Cristina Diaz Jullien
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816932
- Correo electrónico
- cristina.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A5 |
30.10.2020 09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
30.10.2020 09:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
30.10.2020 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
22.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A8 |
22.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A8 |
22.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A8 |