Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 18 Total: 56
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer a estrutura química das moléculas que constitúen o organismo humano.
- Coñecer os mecanismos de ensamblaxe das estruturas supramoleculares, celulares e de tecidos do organismo humano.
- Coñecer as formas de obtención da enerxía necesaria para o mantemento das funcións vitais do organismo humano.
- Coñecer as rutas metabólicas que o organismo humano utiliza para a síntese e degradación de biomoléculas.
- Coñecer os mecanismos de control que coordinan os miles de reaccións químicas que teñen lugar no organismo humano.
- Coñecer os cambios bioquímicos que acompañan ao crecemento, diferenciación, envellecemento e morte das células do organismo humano.
- Coñecer os mecanismos moleculares implicados no funcionamento dos aparellos e sistemas do organismo humano e nas súas alteracións patolóxicas.
- Manexar material e técnicas básicas de laboratorio de bioquímica e interpretar os resultados obtidos.
ORGANIZACIÓN MOLECULAR DOS SERES VIVOS. Alcance e obxectivos da Bioquímica nos estudos de Medicina. Bioelementos e biomoléculas. A célula e os compartimentos celulares.
AUGA. Estrutura e propiedades da auga. A auga nos seres vivos. Actividade iónica da auga. Ácidos e bases. Regulación do pH e tampóns fisiolóxicos
PROTEÍNAS. Aminoácidos: propiedades e métodos de análise. Estrutura das proteínas. Pregamento das proteínas. Métodos para o estudo das proteínas. Proteínas de interese biomédico.
ENCIMAS. Encimas: características e clasificación. Mecanismos da catálise encimática. Actividade encimática e cinética das reaccións encimáticas. Inhibición e regulación da actividade encimática. Utilidade biomédica dos encimas.
INTODUCCIÓN AO METABOLISMO E BIOENERXÉTICA. Características xerais do metabolismo e mecanismos xerais de regulación metabólica. Enerxía libre de Gibbs. Compostos de alto nivel enerxético.
METABOLISMO DOS GLÚCIDOS. Glúcidos: características estruturais, clasificación función e importancia biomédica. Glicólise. Gliconeoxénese. Metabolismo do glicóxeno. Vía das pentosas fosfato.
FASES COMÚNS DO METABOLISMO OXIDATIVO. Ciclo dos ácidos tricarboxílicos. Cadea de transporte electrónico mitocondrial e fosforilación oxidativa. Regulación das fases comúns do metabolismo oxidativo.
METABOLISMO DOS LÍPIDOS. Lípidos: estrutura, función e importancia biomédica. Estrutura e función das membranas biolóxicas, transporte a través de membranas. Oxidación e síntese de ácidos graxos. Metabolismo de lípidos complexos. Metabolismo de eicosanoides. Metabolismo do colesterol. Regulación do metabolismo lipídico.
METABOLISMO DAS LIPOPROTEÍNAS. Composición e características estruturais das lipoproteínas. Funcións das lipoproteínas. Metabolismo de lipoproteínas
METABOLISMO DOS AMINOÁCIDOS. Aspectos xerais do metabolismo de aminoácidos. Metabolismo específico de aminoácidos. Derivados dos aminoácidos de interese biomédico. Degradación de proteínas e recambio proteico.
Bibliografía básica:
- Meisenberg G, Simmons WH. "Principios de Bioquímica Médica". Cuarta ed. Barcelona: Elsevier; 2018.
- Ronner P. “Netter. Bioquímica esencial”. Primera ed. Barcelona: Elsevier; 2019.
- Feduchi E, Romero C, Yáñez E, Blasco I, García-Hoz C. "Bioquímica. Conceptos Esenciales". Tercera ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2021.
- Tymoczko JL, Berg JM, Stryer LL, "Bioquímica: Curso básico". Editorial Reverté, Barcelona, 2014.
- Rodwell VW, Bender DA, Botham KM, Kennelly PJ, Weil P. “Harper. Bioquímica ilustrada” 32 edición. 2022 McGraw Hill Education Inc.
- Voet D.; Voet J.G.; Pratt, C.W. “Fundamentos de Bioquímica. La vida a nivel molecular”. 4º edición. Editorial Médica Panamericana, 2016.
- Garzón de la Mora P, González Hita M, Gurrola Díaz CM y cols. “Manual de prácticas de laboratorio de bioquímica”. Tercera ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2014.
Bibliografía complementaria:
- Baynes JW, Dominiczac MH. "Bioquímica Médica". Sexta ed. Barcelona: Elsevier España; 2024.
- McKee T, McKee JR. “Bioquímica. Las bases moleculares de la vida”. Séptima ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2020.
- Lieberman M., Marks A.D., Peet A. “Marks Bioquímica médica básica : un enfoque clínico”. 5º edición. Barcelona. Wolters Kluwer , 2018
- Herrera E., Ramos M.P., Roca P., Viana, M. “Bioquímica básica”. Elsevier España, S.L. 2014.
- JoVE (Journal of Visualized Experiments) https://www-jove-com.ezbusc.usc.gal/es/
O alumno terá acceso remoto á parte da bibliografía recomendada, mediante o servizo que pon a súa disposición a Biblioteca Universitaria da USC.
Coñecementos
Con02. Biomoléculas.
Con03. Metabolismo.
Con04. Regulación e integración metabólica.
Con05. Coñecer os principios básicos da nutrición humana.
Con18. Manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
Con19. Interpretar unha analítica normal (probas de laboratorio).
Competencias
Comp01. Capacidade de análise e síntese.
Comp02. Capacidade de organizar e planificar.
Comp03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp05. Habilidades básicas de manexo do computador.
Comp06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp07. Resolución de problemas.
Comp08. Toma de decisións.
Comp09. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp10. Traballo en equipo.
Comp11. Habilidades interpersoais.
Comp16. Compromiso ético.
Comp17. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp18. Habilidades de investigación.
Comp19. Capacidade de aprender.
Comp20. Capacidade para adaptarse a novas situacións.
Comp21. Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
Comp24. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp26. Iniciativa e espírito emprendedor.
Comp27. Preocupación pola calidade.
Habilidades ou destrezas
H/D07. Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
H/D08. Coñecer e recoñecer as bases da conduta humana normal e as súas alteracións.
H/D09. Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
H/D10. Comprender e recoñecer os axentes causantes e factores de risco que determinan os estados de saúde e o desenvolvemento da enfermidade.
H/D11. Comprender e recoñecer os efectos do crecemento, o desenvolvemento e o envellecemento sobre o individuo e a súa contorna social.
H/D12. Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica dispoñible.
H/D31. Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
H/D34. Ter, na actividade profesional, un punto de vista crítico, creativo, con escepticismo construtivo e orientado á investigación.
H/D36. Ser capaz de formular hipóteses, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
H/D37. Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
Clases expositivas, nas que o/a docente explicará os contidos da materia con apoio de medios audiovisuais e dos recursos do campus virtual, fomentando a participación do alumnado para preguntar as dúbidas que vaian xurdindo durante as explicacións
Seminarios en grupos reducidos, nos que se realizan actividades de tipo práctico: presentación de preguntas, problemas e casos prácticos relacionados cos contidos explicados nas clases maxistrais, para ser resoltos polo alumnado coa axuda do docente; exposición de traballos individuais ou en grupo por parte dos alumnos; resolución por parte do profesor de dúbidas sobre os contidos da materia.
Prácticas de laboratorio, nas que os alumnos aprenderán, baixo a supervisión do profesor, o manexo dos aparellos básicos dun laboratorio de bioquímica e realizarán algúns protocolos de análises de biomoléculas.
Titorías individuais para aclarar dúbidas e orientar ao alumnado.
A avaliación constará de tres partes: exame final, avaliación das prácticas de laboratorio e avaliación das clases interactivas de seminario.
O exame final representará o 80% da nota final (máximo de 8 puntos). Este exame final será de preguntas tipo test e/ou preguntas curtas, abarcando todos os aspectos relacionados cos contidos da materia. O alumno deberá demostrar no exame un coñecemento adecuado de cada unha das partes da materia.
As prácticas de laboratorio representarán o 10% da nota final (máximo de 1 punto). Para a súa avaliación realizarase unha proba escrita de preguntas test e/ou preguntas curtas, na devandita avaliación poderanse tamén ter en conta a asistencia, actitude e o traballo desenvolvido polo alumno nas prácticas de laboratorio. A cualificación das prácticas gardarase durante os dous cursos académicos seguintes.
É obrigatoria a asistencia ás prácticas (alcanzando un mínimo dun 80% de presencialidad) para poder presentarse ao exame final e por tanto superar a materia.
As clases interactivas de seminario representarán o 10% da nota final (máximo de 1 punto). Para a súa avaliación teranse en conta controles periódicos da aprendizaxe, asistencia e nivel de participación nas distintas actividades realizadas.
Para superar a materia será necesario obter na suma da nota do exame final máis a nota correspondente ás prácticas de laboratorio unha nota mínima de 4,5 puntos (dun máximo de 9 puntos) e conseguir un mínimo de 5 puntos na suma da nota do exame final máis as notas correspondentes ás prácticas de laboratorio e as clases interactivas de seminario. Se non se alcanzan os 4,5 puntos na suma da nota do exame final máis a nota correspondente ás prácticas de laboratorio non se sumará a nota correspondente ás clases interactivas de seminario. Ademais, como se indicou anteriormente, é obrigatoria a asistencia ás prácticas para poder superar a materia.
Nos casos nos que se detecte a realización fraudulenta de exercicios e probas de avaliación, aplicarase o que recolle a “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial do alumno: 56 horas
Traballo persoal do alumno: 94 horas
Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.
Utilización das tutorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
Para rematar, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.
Antonio Juan Pazos Castelos
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816056
- Correo electrónico
- antonioj.pazos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Dolores Vazquez Illanes
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812335
- Correo electrónico
- mdolores.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ricardo Lage Fernandez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815409
- Correo electrónico
- ricardo.lage [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Sofia Sanchez Iglesias
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- sofia.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Sabela Da Silva Alvarez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- sabela.dasilva.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Marta Maria Varela Rey
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- martavarela.rey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Martes | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Mércores | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Xoves | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Venres | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
19.01.2026 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 10 |
19.01.2026 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
19.01.2026 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
19.01.2026 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
19.01.2026 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
19.01.2026 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
19.01.2026 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
19.01.2026 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
15.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
15.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
15.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
15.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
15.06.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |