Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 30 Total: 58
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Biofísica é unha materia de formación básica cunha carga de 6 ECTS que se imparte no primeiro ano do Grao en Bioloxía. O obxectivo fundamental desta materia é que os/as estudantes comprendan o papel que a Física xoga na descrición da natureza, de xeito que sexan capaces de aplicar os principios da Física a procesos sinxelos de interese biolóxico e que entendan que é fundamental un enfoque interdisciplinar para o estudo de sistemas tan complexos como os seres vivos.
O curso de Biofísica consta de cinco bloques temáticos ben diferenciados, como se pode ver a continuación, que se desenvolverán nas clases expositivas (24h) e interactivas (15h). O tempo indicado é aproximado e poderá modificarse lixeiramente segundo o desenvolvemento específico do curso.
CLASES EXPOSITIVAS
TEMA 1. BIOMECÁNICA E FLUIDOS (7h Expositivas)
Análise dimensional- Incerteza experimental dunha medida. Nocións de cinemática e dinámica. Enerxía cinética. Enerxía potencial. Traballo. Leis a escala en bioloxía. Taxas metabólicas. Elasticidade. Estatística de fluídos. Ecuación de continuidade. Dinámica de fluídos. Movemento de sólidos en fluídos. Forza de resistencia, arrastre e elevación. Fenómenos superficiais.
TEMA 2. PRINCIPIOS DE TERMODINÁMICA (4h Expositivas + 3h Seminarios)
Sistemas termodinámicos. Escalas de temperatura. Traballo e calor. Principios da termodinámica. Aplicación dos principios da termodinámica aos seres vivos.
TEMA 3. FENÓMENOS DE TRANSPORTE EN BIOLOXÍA (5h Expositivas + 3h Seminarios)
Barreiras biolóxicas. Fluxo. Transporte de materia. Difusión e osmose. Transporte de calor. Transporte eléctrico. Membranas como condensadores. Transporte iónico en membranas.
TEMA 4. BIOFÍSICA DOS SENSOS (5h Expositivas + 3h Seminarios)
Tipos de ondas e características xerais. Propagación do son. Sistema auditivo. Propagación da luz. Interacción luz-materia. Óptica xeométrica, sistema visual e instrumentos ópticos.
TEMA 5. BIOFÍSICA DA RADIACIÓN (3h Expositivas + 2h Seminarios)
Núcleo atómico. Tipos de radiación. Interacción radiación-materia. Detección e medida da radiación. Efectos biolóxicos e aplicacións de radiacións ionizantes. Medicina nuclear.
SEMINARIOS
4 horas de seminarios sobre o TEMA 1. BIOMECÁNICA E FLUIDOS
3 horas de seminarios sobre o TEMA 2. PRINCIPIOS DE TERMODINÁMICA
3 horas de seminarios sobre o TEMA 3. FENÓMENOS DE TRANSPORTE EN BIOLOXÍA
3 horas de seminarios sobre o TEMA 4. BIOFÍSICA DOS SENSOS
2 horas de seminarios sobre o TEMA 5. BIOFÍSICA DA RADIACIÓN
PRÁCTICAS DE LABORATORIO.
Os/as estudantes realizarán prácticas de laboratorio, que se adapten ao programa da materia, entre as dispoñibles no laboratorio da Facultade de Bioloxía:
- Estudo estático e dinámico dun resorte (3 h)
- Determinación das densidades de líquidos por picnometría (3 h)
- Determinación da viscosidade de fluídos mediante o viscosímetro Ostwald (3 h)
- Determinación do módulo de Young en materiais biolóxicos: vigas de madeira (3 h)
- Práctica con ordenador (3 h Presencial)
TITORÍA
O alumnado terá 1 sesión de titoría de 1 hora en grupo pequeno ao final do semestre dirixida a aclarar dúbidas para o exame final.
Básica
Cussó Pérez, F., et al. (2004) Física de los procesos biológicos. Barcelona: Ariel.
Giancoli, Douglas C. (2009) Física 1, Principios con aplicaciones. 6ª ed. México D. F: Pearson Educación. Dispoñible en : https://www-ingebook-com.ezbusc.usc.gal/ib/NPcd/IB_BooksVis?cod_primari…
Jou i Mirabent, D., et al. (2009) Física para ciencias de la vida. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill. Dispoñible en: https://elibro-net.ezbusc.usc.gal/es/lc/busc/titulos/50165
Ortuño Ortín, M. (1996) Física para biología, medicina, veterinaria y farmacia. Barcelona: Crítica Editorial
Complementaria
Bogdanov, K. (1989) El Físico visita al biólogo. Moscú: Mir
Cutnell, J.D. e Kenneth W.J. (1998) Física. México: Limusa-Noriega
Frumento, A. S. (1995) Biofísica. 3ª ed. Madrid: Mosby/Doyma Libros
Kane, J. W. e Sternheim, M. M. (2016) Física. 2ª ed. Barcelona: Reverté
Macho Stadler, M. (2025) Mujeres con Ciencia. Dispoñible en: https://mujeresconciencia.com/
Rex, A. F. e Wolfson, R. (2011) Fundamentos de física. Madrid: Pearson Educación
Os resultados da aprendizaxe estarán directamente relacionados co que se espera que unha persoa matriculada na materia coñeza, comprenda e sexa capaz de facer ao final do período de aprendizaxe. Na memoria do Grao en Bioloxía estes resultados recóllense en coñecementos ou contidos, habilidades ou destrezas e competencias. En concreto na materia Biofísica a relación de resultados da aprendizaxe será:
Coñecementos /contidos:
Con02: Coñecer e comprender os principios físico-químicos da Bioloxía.
Con08: Coñecer e comprender o desenvolvemento, a morfoloxía e a anatomía dos seres vivos.
Con09: Comprender e integrar o funcionamento e a regulación dos principais procesos fisiolóxicos dos seres vivos así como a súa interacción co medio biótico e abiótico.
Habilidades/destrezas
H/D01: Aplicar de forma integrada os coñecementos teórico-prácticos adquiridos na transmisión de información/ideas e na formulación e resolución de problemas, tanto en contextos académicos como profesionais.
H/D02: Saber obter e interpretar información relevante e resultados experimentais e obter conclusións sobre temas relacionados coa Bioloxía.
H/D03: Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Bioloxía.
H/D06: Saber describir, analizar e interpretar o medio físico e a súa relación cos seres vivos.
H/D07: Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información de diversas fontes, incluíndo o uso das TIC no campo da Bioloxía.
H/D08: Capacidade de razoamento, argumentación e pensamento crítico.
H/D10: Capacidade para traballar en grupo e abordar situacións problemáticas de forma colectiva.
Competencias
Comp01: Que o alumnado demostre que posúe, comprende e utiliza coñecementos das diferentes áreas da Bioloxía, incluíndo algúns aspectos de vangarda da súa área de estudo.
Comp03: Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse mediante o desenvolvemento e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Comp06: Ser capaz de transmitir información tanto por escrito como oralmente e de debater ideas, problemas e solucións relacionados coa Bioloxía, ante un público xeral ou especializado.
A materia de Biofísica contará cunha aula virtual asociada no Campus Virtual da USC. Antes do comezo das clases, o programa detallado da materia e a bibliografía básica e complementaria estarán a disposición dos/das estudantes na Aula Virtual.
a) Clases expositivas:
Explicaranse os contidos teóricos de cada tema que servirán de guía para a aprendizaxe autónoma dos/das estudantes. Na Aula Virtual publicarase o material dixital empregado polos profesores para a explicación de todos os contidos e formularios que resumen as expresións máis importantes de cada tema. Lección maxistral. Asistencia voluntaria.
b) Clases de seminarios:
Clases de problemas nos que se resolverán os exercicios propostos nos boletíns, que serán postos a disposición do alumnado con antelación a través da Aula Virtual. O obxectivo é que o alumnado se familiarice coa resolución de casos prácticos. Asistencia voluntaria.
c) Prácticas de laboratorio:
Cada estudante asistirá a varias sesións de laboratorio e deberá elaborar un informe técnico. Estas sesións teñen como obxectivo consolidar os conceptos teóricos explicados en clase, aprendizaxe autónoma, iniciativa e capacidade de resolución de problemas. Traballo en grupo/individual. Asistencia obrigatoria a todas as sesións de prácticas.
d) Titorías en pequenos grupos:
O alumnado terá 1 sesión de titoría en pequeno grupo ao final do semestre dirixida a aclarar dúbidas e / ou reforzar conceptos importantes para o exame final. Asistencia voluntaria.
e) Titorías individuais:
Terán lugar ao longo do semestre baixo petición dos/das estudantes. Están orientados á resolución de dúbidas e dificultades específicas de carácter teórico, conceptual e / ou práctico. Prestarase atención individualizada ao alumnado que o precise. As titorías individuais serán preferentemente presenciais, aínda que, se foce necesario tamén, se contempla a posibilidade de realizalas de xeito telemático a través da plataforma Teams. Asistencia voluntaria.
A nota global dos/das estudantes na materia é a suma das cualificacións obtidas, polo seu rendemento ao longo do curso, nas seguintes actividades:
AVAL 1. Avaliación continua: Prácticas de laboratorio (peso na nota final: 20%; actividade obrigatoria).
AVAL 2. Avaliación continua: Participación activa na aula (peso na nota final: 10%; actividade voluntaria).
AVAL 3. Complementario á avaliación continua. Exame (peso na nota final: 70%; actividade obrigatoria).
Para aprobar o curso, os/as estudantes terán que cumprir 4 requisitos:
R1. Asistir a todas as sesións de prácticas de laboratorio e entregar o informe técnico.
R2. Ter realizado o exame na data fixada polo centro (Facultade de Bioloxía).
R3. Acadar unha nota mínima de 4.5 puntos no exame final.
R4. Acadar unha nota mínima final de 5 puntos combinando as cualificacións da avaliación continua (laboratorio + clase) coa do exame final.
A cualificación de prácticas consérvase para a segunda oportunidade.
No caso de non superar a materia, a cualificación obtida na laboratorio gardarase durante dous cursos académicos.
A cualificación será "non presentado/a" só no caso de que o/a estudante non asista ás sesións de laboratorio nin ao exame final da materia.
Os/as alumnos/as repetidores/as seguirán tamén as pautas indicadas anteriormente salvo no que respecta as prácticas de laboratorio, de telas aprobadas nos dous cursos inmediatamente anteriores, non precisarán volver a repetilas.
Avaliación dos resultados de aprendizaxe:
Exame: Con02, Con08, Con09, H/D01, H/D02, Comp01, Comp03, Comp06.
Prácticas de laboratorio: Con02, H/D06, H/D03, H/D07, H/D08, H/D10, Comp01, Comp06.
Participación activa na clase: Con02, H/D08.
En xeral, estímase unha media de 150 horas de traballo para esta materia, das cales 55 horas corresponden á asistencia a clases teóricas e prácticas, seminarios e titorías (24 horas expositivas, 15h clases de seminario interactivo, 15h clases de laboratorio interactivo e 1h titorías en grupo), 92 horas ao traballo autónomo de cada estudante (tempo de estudo e preparación do informe de prácticas) e as 3 horas restantes resérvanse para a realización e revisión dos exames.
- Asistencia a todas as actividades docentes.
- Participar activamente nas clases.
- Consultar a bibliografía recomendada.
- Usar a aula virtual.
- Facer uso de titorías para calquera tipo de asunto relacionado coa materia.
- Os coñecementos básicos que require a materia son unha base elemental en álxebra, cálculo e física ademais de coñecementos básicos a nivel usuario de informática.
- A materia terá unha Aula Virtual na plataforma Moodle da Universidade de Santiago de Compostela a disposición do alumnado. A canle de comunicación profesorado/alumnado serán o correo electrónico o foro da Aula Virtual e, de ser preciso, a aplicación MS-Teams.
Lingua na que se imparte a docencia: Galego
Maria Del Pilar Brocos Fernandez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881813961
- Correo electrónico
- pilar.brocos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Encina Calvo Iglesias
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881813961
- Correo electrónico
- encina.calvo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Jose Perez Comuñas
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814036
- Correo electrónico
- mariajp.comunas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 03. Carl Linneo |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 03. Carl Linneo |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
20.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
20.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
20.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
14.07.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
14.07.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |