Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 2 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer a terminoloxía básica en farmacoloxía (conceptos de fármaco, mecanismo de acción, acción farmacolóxica e efectos de fármacos).
Comprender as características máis importantes das principais vías de administración de fármacos e formas farmacéuticas de uso común e as súas vantaxes e inconvenientes.
Coñecer os factores que inflúen na absorción, distribución, biotransformación e eliminación dos fármacos.
Comprender as consecuencias da variación na resposta aos fármacos e a importancia das interaccións farmacolóxicas.
Coñecer as reaccións adversas a fármacos, os seus tipos e as consecuencias que xeran.
Adquirir unha visión xeral dos fármacos prototipo de grupos terapéuticos asociados ao sistema nervioso autónomo e periférico, mediadores celulares de inflamación.
INTRODUCCIÓN.
Tema 1. A farmacoloxía como ciencia.
FARMACOLOXÍA XERAL.
Tema 2. Farmacocinética.
Tema 3. Absorción dos fármacos.
Tema 4. Distribución dos fármacos.
Tema 5. Biotransformación dos fármacos.
Tema 6. Excreción dos fármacos.
Tema 7. Formas farmacéuticas.
Tema 8. Mecanismos de acción dos fármacos.
Tema 9. Reaccións adversas aos fármacos.
Tema 10. Variabilidade na resposta aos fármacos.
BASES FARMACOLÓXICAS DA TERAPÉUTICA OCULAR
FARMACOLOXÍA DO SISTEMA NERVIOSO AUTÓNOMO E PERIFÉRICO
Tema 11. Neurotransmisión no sistema nervioso autónomo e periférico.
Tema 12. Sistema Nervioso simpático e parasimpático.
Tema 13. Transmisión catecolaminérxica.
Tema 14. Modulación farmacolóxica da transmisión noradrenérxica e dos receptores adrenérxicos.
Tema 15. Transmisión colinérxica.
Tema 16. Modulación farmacolóxica da transmisión colinérxica e dos receptores colinérxicos.
Tema 17. Anestésicos locais.
FARMACOLOXÍA DOS MEDIADORES CELULARES E INFLAMACIÓN
Tema 18. Antiinflamatorios.
Tema 19. Anti-histamínicos.
BIBLIOGRAFÍA FUNDAMENTAL
Ritter J, Flower R, Henderson G, Loke YK, MacEwan D, Rang H. Rang y Dale Farmacología. 9ª ed. Barcelona: Elsevier; 2020.
Flórez J, Armijo JA, Mediavilla A. Farmacología Humana. 6ª ed. Barcelona: Elsevier-Masson; 2013.
Brenner, George M ; Stevens, Craig W. Farmacología básica. 5ª ed. 2019
Brunton L, Lazo J, Parker, K. editores Goodman L, Gilman A, editores. Goodman y Gilman: Las bases farmacológicas de la terapéutica. 13ª ed. Mexico: McGraw-Hill Interamericana; 2019.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Brenner, George M. Flashcards De Farmacología Básica. 2019
Baños EJ, March M. Farmacología ocular. 2ª ed. Barcelona: Ed UPC; 2002.
Bartlett JD, Jaanus SD. Clinical ocular pharmacology. 5ª ed. Boston: Butteworth-Heinemann; 2008.
Coñecementos:
• Con_33. Coñecer as formas de presentación e vías de administración xerais dos fármacos.
• Con_34. Coñecer os principios xerais de farmacocinética e farmacodinamia.
• Con_35. Coñecer as accións farmacolóxicas, os efeitos colaterais e interaccións dos medicamentos.
Habilidades e Destrezas:
• HeD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas dende diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
• HeD_2. Organizar e planificar o trabajo.
• HeD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HeD_4. Traballar en equipo.
• HeD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
• HeD_8. Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos da Óptica e Optometría.
• HeD_12. Manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
Competencias:
• Comp_1. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuizos que incluan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• Comp_3. Que o estudantado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Comp_4. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos no grao dunha forma profesional e sexan competentes no plantexamento/resolución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa Óptica e Optometría.
• Comp_5. Capacidad de aprender de forma autónoma, de traballar en equipo, de organizar o tempo e os recursos, e de adquirir novos coñecementos e técnicas en Óptica e Optometría.
Para o desenvolvemento do ensino e da aprendizaxe, realizaranse varias actividades de formación que permitirán aos estudantes adquirir as competencias programadas:
- Clases teóricas a través das que se pretende que o estudante desenvolva fundamentalmente as competencias conceptuais. Ademais motivarase aos estudantes á reflexión, facilitándolles o descubrimento das relacións entre os distintos conceptos e formándolles unha mentalidade crítica.
Dentro deste espazo, poderán utilizarse distintas metodoloxías: resolución de problemas, presentación en aula (dun proxecto, exercicio, etc.), estudos de casos, foro de discusión/debate, seminario, aprendizaxe colaborativo, metodoloxía basada na investigación, resolución autónoma de problemas, traballo en grupo.
- Titorías a través das que se dirixirá o traballo autónomo dos estudantes, a vez que se afonda nos diferentes aspectos da materia mediante a resolución autónomo de problemas e casos prácticos.
EXAME TEÓRICO: Representará un 70% da cualificación final da materia agás para os estudantes con dispensa de asistencia. Para estes estudantes o exame teórico representará o 100% da nota final da materia.
Haberá:
-Unha parte de preguntas tipo test. Representará un 50% da nota do exame teórico.
- Unha parte de preguntas curtas. Representará un 50% da nota do exame teórico.
A través deste exame avaliaranse os coñecementos, habilidades e destrezas y competencias: Con_33. Con_34. Con_35. HeD_1. HeD_8. Comp_1. Comp_3. Comp_4.
ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN (Avaliación continua) nas clases teóricas e titorías programadas polo profesor. Se requirirá ao longo da materia a realización de traballos bibliográficos, probas ou resolución de casos clínicos relacionados cos contidos teóricos da materia. Representará un 30% da cualificación final da materia agás para os estudantes con dispensa de asistencia. Exixirase exigirá un mínimo de asistencia (25% en cada parte da materia: xeral e específica) para poder contar con esta avaliación continua. A asistencia e participación individual valorarase na calificación final cun máximo de 0,2 puntos (2% da nota final).
Os traballos realizados polo estudante serán entregados nas quendas correspondentes, e se programarán reunións para a súa exposición.
A través da avaliación continua avaliaranse os coñecementos, habilidades e destrezas e competencias: Con_33. Con_34. Con_35. HeD_1. HeD_2. HeD_3. HeD_4. HeD_5. HeD_8. HeD_12. Comp_1. Comp_3. Comp_4. Comp_5.
Para poder superar a materia será necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 no conxunto da avaliación (exame teórico e avaliación continua, ou só no exame teórico para o estudante con dispensa de asistencia).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
56 horas de estudo individual.
18,5 horas para a realización de traballos, lecturas e búsqueda bibliográfica
Total de traballo autónomo: 74,5 horas
Asistir de forma activa e con actitude crítica as clases e tutorías programadas.
Facer un uso real das tutorías para resolver as dúbidas que surxan o longo do curso.
Estudar diariamente os contidos do programa teórico e resolver os problemas e casos prácticos que se plantexen.
Empregar a bibliografía recomendada e outra sobre o tema que poida resultar de interese para o estudante, co obxetivo de aclarar conceptos, afianzar coñecementos e adquirir destreza na resolución de dúbidas e problemas.
Ezequiel Alvarez Castro
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881814981
- Correo electrónico
- ezequiel.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Matilde Yañez Jato
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
18.12.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
18.12.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
22.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
22.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |