Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 17 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Adquisición de coñecementos sobre a base xenética dos mecanismos de cambio evolutivo.
En xeral, transmitir ó alumno conceptos básicos de xenética de poboacións, de evolución molecular, especiación e outros aspectos da teoría evolutiva, conceptos que se pretende integren un corpo de coñecementos fundamental que permita ó alumno abordar con rigor la perspectiva histórica e evolutiva na resolución de calquera problemática biolóxicas. Que o alumno coñeza conceptos, métodos e resultados empíricos provenientes do estudio do proceso evolutivo, ademais do propio devenir histórico da disciplina, é un obxectivo específico de primeira orde. Finalmente, o desenrolo da actividade docente en interacción construtiva co alumno proporcionará novas oportunidades ó titor para descubrir dificultades asociadas coa aprendizaxe da xenética evolutiva.
Ademais, son destacables los seguintes obxectivos adicionais:
1) Presentar controversias asociadas a diferentes teorías dende unha perspectiva histórica y dende el respecto polos logros dos seus principais artífices. No obstante, o recoñecemento da controversia no supoñerá deterioro algún da comprensión de los conceptos básicos e menos aínda a renuncia á idea de que interesarse pola obxectividade da verdade resulta algo digno de mérito.
2) Favorecer el espírito crítico a través de la busca de espazos de debate onde los alumnos podan compartir ideas orixinais sobre temas relacionados coa materia.
3) Favorecer o traballo cooperativo. Estimular la discusión de ideas con obxectivo de que os alumnos comprendan o diálogo como unha actividade construtiva na que o prexuízo recomendable sexa a ausencia de prexuízos, pois todo diálogo tolerante e honesto entre posturas diferentes ofrece una oportunidade para a aparición de novos elementos de interese.
Os contidos teóricos recollidos no seguinte temario complementaranse con clases interactivas (seminarios de problemas e unha actividade de titorías consistente na análise e discusión de bibliografía especializada). As horas sinaladas representan unha aproximación.
CONTIDOS TEÓRICOS (36 horas)
Tema 1. Introducción: de Darwin á Síntese Moderna (3h)
1.1. Concepcións pre-darwinianas da herdanza
1.2. A teoría da evolución de Darwin
1.3. Teorías da herdanza
1.4. Biométricos frente a mendelianos
1.5. La síntese entre o neodarwinismo e o mendelismo
1.6. A Síntese Moderna
Tema 2. Variación xenética poboacional: natureza e orixe (3h)
2.1. A descrición xenética dunha poboación
2.2. Variación xenética e variación ambiental
2.3. Variación discreta e variación continua
2.4. Polimorfismos visibles
2.5. Variación molecular: as hipóteses clásica e equilibrada
2.6. A revolución electroforética e a variación alozímica
2.7. Microsatélites e SNPs na análise xenética poboacional
2.8. A mutación: tipos, modelos e o seu papel como factor evolutivo
Tema 3. Variación xenética poboacional: equilibrio e cuantificación (3h)
3.1. O principio de Hardy-Weinberg e a poboación ideal
3.2. Demostracións do principio Hardy-Weinberg
3.3. Relación entre las frecuencias alélicas e xenotípicas no equilibrio Hardy-Weinberg
3.4. O equilibrio Hardy-Weinberg nos casos de dominancia e multialelismo
3.5. A desviación das proporcións Hardy-Weinberg nunha poboación
3.6. A cuantificación da variabilidade xenética poboacional
Tema 4. Selección natural: conceptos básicos (5h)
4.1. O concepto de selección natural
4.2. O concepto de aptitude darwiniana
4.3. O modelo básico de viabilidade e o equilibrio mutación-selección
4.4. Selección natural en acción
4.5. Modos complexos de selección
4.6. Selección dependente da frecuencia e selección sexual
4.7. Cuantificación do efecto de selección natural
Tema 5. Selección natural: complexidade e adaptación (3h)
5.1. Selección sobre carácteres cuantitativos
5.2. Selección de parentesco
5.3. Selección de grupo
5.5. O conceptos de adaptación, exaptación e carácter adaptativo
5.6. A crítica do programa adaptacionista
5.7. A imperfección do deseño natural
Tema 6. Consanguinidade e apareamento non aleatorio (3h)
6.1. O concepto de consanguinidade
6.2. Alelos idénticos por estado e alelos idénticos por ascendencia
6.3. Los coeficientes de parentesco, consanguinidade y coascendencia
6.4. Cálculo do coeficiente de consanguinidade a partires de cadeas de ascendencia
6.5. Efecto da consanguinidade sistemática sobre el acervo xénico poboacional
6.6. Depresión consanguínea
6.7. Apareamento asociativo e disociativo
Tema 7. Xenética de poboacións finitas (6h)
7.1. O concepto de deriva xenética e o modelo Wright-Fisher
7.2. Efectos da deriva sobre a variabilidade xenética intra e inter-poboacional
7.3. Consanguinidade panmíctica
7.4. Tamaño eficaz de poboación
7.5. Os efectos fundador e colo de botella
7.6. O equilibrio mutación-deriva
7.7. Deriva xenética e selección natural
7.8. O destino de mutantes solitarios
7.9. A teoría neutral de Kimura
7.10. A teoría aproximadamente neutral de Ohta
7.11. Os test de neutralidade e a pegada molecular de selección
Tema 8. Estrutura xenética poboacional e fluxo xénico (3h)
8.1. Apareamento non aleatorio baseado na xeografía e o efecto Wahlund
8.2. Os estatísticos F de Wright e a distancia xenética de Nei
8.3. Árbores de poboacións baseados na variación das frecuencias alélicas
8.4. Os conceptos de fluxo xénico e migración
8.5. Modelos de fluxo xénico
8.6. O equilibrio migración-deriva
8.7. Fluxo xénico e selección natural
8.8. A teoría dos equilibrios en movemento de Wright
Tema 9. Xenética da especiación e filoxenética (5h)
9.1. Conceptos de especie e criterios para a delimitación específica
9.2. Barreiras de illamento reprodutivo
9.3. La regra de Haldane e a xenética da especiación
9.4. Zonas híbridas primarias e secundarias
9.5. Mecanismos de especiación gradual
9.6. Homoloxía molecular y el alineamento de secuencias de ADN
9.7. Estimación de taxas evolutivas e modelos de sustitución nucleotídica
9.8. Árbores filoxenéticas, árbores xénicas y árbores de especies
9.9. Métodos de construción de árbores filoxenéticas
9.10. O procedemento de Bootstrap na análise filoxenética
Tema 10. A macroevolución e a extensión da Síntese Moderna (2h)
10.1. Os conceptos de microevolución e macroevolución
10.2. A teoría do equilibrio puntuado
10.3. A selección de especies e a selección multinivel
CONTIDOS DE SEMINARIOS (12 horas)
Os seminarios consistirán na resolución de casos reais ou hipotéticos aplicando conceptos e modelos matemáticos descritos na teoría.
CONTIDOS DE PRÁCTICAS (5 horas)
As prácticas consistirán na análise cuantitativa de datos experimentais con marcadores xenéticos mediante programas informáticos especificamente deseñados para a resolución de problemas prácticos en xenética evolutiva, actividade que se realizará en combinación con artigos científicos publicados en revistas de impacto internacional.
CONTIDOS DE TITORÍAS (1 hora)
As titorías consistirán nunha actividade de discusión colectiva de problemáticas relacionadas cos contidos teóricos e prácticos
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Vilas R, Álvarez G. 2023. Genética Evolutiva. Síntesis.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Charlesworth B, Charlesworth D. 2010. Elements of Evolutionary Genetics. Roberts & Co.
Cutter, A. D. 2019. A primer of molecular population genetics. Oxford University Press.
Halliburton R. 2004. Introduction to Population Genetics. Pearson.
Hartl DL. 2020. A primer of Population Genetics and Genomics. Oxford University Press.
Hartl DL, Clark AG. 2006. Principles of Population Genetics 4th ed. Sinauer.
Hedrick PW. 2011. Genetics of Populations 5th ed. Jones & Bartlett.
Nei M, Kumar S. 2000. Molecular Evolution and Phylogenetics. Oxford University Press.
Saetre, G., Ravinet, M. 2019. Evolutionary genetics. Oxford University Press.
Básicas:
As competencias básicas e xerais son as que figuran na memoria de grado.
Transversais:
CT1 - Capacidad para buscar, procesar, analizar y sintetizar información procedente de diversas fuentes.
CT2 - Capacidad para el razonamiento, la argumentación y el pensamiento crítico.
CT3 - Capacidad para trabajar en grupo y abarcar situaciones problemáticas de manera colectiva.
CT4 - Capacidad para elaborar y presentar un texto organizado y comprensible.
CT5 - Capacidad para realizar una exposición en público de forma clara, concisa y coherente
CT6 - Capacidad para reflejar adecuadamente las fuentes de información empleadas.
CT7 - Capacidad para aplicar las TICs en el ámbito de la Biología.
CT8 - Capacidad para resolver problemas mediante la aplicación integrada de sus conocimientos, promoviendo la iniciativa y la creatividad
CT9 - Capacidad para organizar y planificar el trabajo.
CT10 - Capacidad para interpretar resultados experimentales
Específicas:
CE2 - Proponer, aplicar e interpretar modelos matemáticos y métodos estadísticos en el ámbito de la Biología.
CE4 - Conocer el origen de la vida, los mecanismos de la herencia y su evolución
CE5 - Conocer la diversidad de los seres vivos y los ciclos biológicos, así como desarrollar la capacidad de analizar e interpretar sus adaptaciones al medio.
CE6 - Desarrollar la capacidad de obtener, manejar, conservar, identificar y clasificar especímenes biológicos, así como sus restos y rastros
CE10 - Conocer y comprender el desarrollo, morfología y anatomía de los seres vivos.
CE11 - Comprender e integrar el funcionamiento y regulación de los principales procesos fisiológicos de los seres vivos, así como su interacción con el ambiente biótico y abiótico.
CE12 - Conocer y comprender la estructura y dinámica de las poblaciones y comunidades.
Clases maxistrais expositivas con carácter presencial e obrigatorio (100% das horas). Dado que a asistencia a todas as clases expositivas é obligatoria e, polo tanto, condición necesaria para superar a materia, no hay razón para a súa avaliación, pero sí para o seu control. A asistencia a seminarios non é obrigatoria, de ahí a súa avaliación como un mérito. Na súa maioría consistirán na aplicación de modelos matemáticos en relación conceptos teóricos co fin de resolver problemáticas reais ou hipotéticas. Trátase de seminarios presenciais nos que poderán resolverse dúbidas de xeito colectivo. Non se descarta a inclusión dalgún seminario estritamente teórico. Seminarios e titorías realizaranse de xeito presencial. Tampouco a asistencia a titorías é obrigatoria, o mesmo que as prácticas, que consistirán en actividades de análise de datos con programas informáticos.
Avaliaranse tanto os contidos teóricos da materia como a capacidade de resolución de problemas e cuestións de índole aplicada relacionados coa mesma. Os criterios básicos de avaliación consistirán na demostración dunha comprensión crítica dos conceptos fundamentais, así como da súa aplicación.
A avaliación de conceptos e a súa aplicación na resolución de problemas expostos nos seminarios levarase a cabo mediante exame escrito (proba final). A asistencia aos seminarios non é obrigatoria, pero cualificarase cunha nota que representa o 5% da nota final. Así mesmo, aínda que non é obrigatoria, a asistencia das prácticas, cualificarase cunha nota que representa o 10% da nota final, avaliación que poderá levar a cabo mediante un cuestionario. Outro 10% corresponderá cunha proba tipo test, de realización non obrigatoria, con vistas á avaliación continua de coñecementos teóricos. Este exame non é eliminatorio, de modo que se refire a contidos que poderán ser avaliados no exame final. As actividades desenvolvidas en titorías non se cualificarán, a súa asistencia tampouco é obrigatoria. Isto significa que o 25% da cualificación final corresponde a actividades de avaliación continua. Con todo, é necesario alcanzar unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na proba final para que a ela sexa sumada devandito 25%, o que comporta a imposibilidade de superar a materia cunha cualificación no exame final inferior a 4 puntos sobre 10.
A metodoloxía de avaliación é a mesma na primeira e na segunda oportunidade.
En canto aos alumnos repetidores, avaliaranse os seus coñecementos teóricos e prácticos (resolución de problemas) mediante o exame final, cualificación que representa un 75% da nota final. Poderán conservar do curso anterior a parte proporcional correspondente á nota de asistencia a seminarios e prácticas (15%). O 10% restante da nota de avaliación continua (25%) deberá obterse, como o resto dos alumnos, coa realización non obrigatoria do parcial tipo test de coñecementos teóricos, sendo necesaria a obtención de polo menos 4 puntos sobre 10 para que ese 25% da nota sómese á cualificación obtida no exame. Isto significa que non se pode superar a materia cunha cualificación no exame final inferior a 4 puntos sobre 10.
Respecto a la proba final, será presencial e terá como obxectivo a avaliación de contidos teóricos e prácticos demostrados na resolución de problemas.
En relación co plaxio: "para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
Posto que a asistencia ás clases no Grado é obrigatoria e de acordo coa presunción de cumprimento razoable da normativa, a asistencia a clase non é un criterio de avaliación da materia.
As competencias que se evaluarán serán CT1, CT2, CT4, CT6, CT8, CT9, CE2, CE4, CE5, CE6, CE10, CE11 y C12 en el examen y CT1, CT7, CT8, CT10 y CE2, en seminarios y prácticas.
Clases maxistrais: 36 horas
Seminarios: 12 horas
Prácticas de ordenador: 5 horas
Titorías: 1 hora de traballo
Exames: 2 horas
Traballo persoal do alumnado: 94 horas
Asistencia a clase y traballo continuado fora de clase
Uso da bibliografía especializada
Uso de titorías personalizadas
En xeral, o alumnado terá a súa disposición unha aula virtual na que poderá acceder a materiais tales como o programa da materia, o boletín de problemas, imaxes e outros contidos complementarios da teoría. Outros canais de comunicación serán o correo electrónico e MS Teams, pero en ningún caso resolveranse dúbidas por correo. A resolución de dúbidas deberá facerse persoalmente no despacho do profesor ou de xeito colectivo no aula.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
Roman Vilas Peteiro
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- roman.vilas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Daniel Garcia Souto
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
24.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
24.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
24.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
24.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
24.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
24.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
26.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
26.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |