Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Contextualizar socialmente as condutas aditivas e as dependencias como unha responsabilidade social.
- Coñecer os referentes teórico-conceptuais, lexislativos e os recursos que se poden empregar en distintos procesos e situacións de adicción e dependencia.
- Coñecer políticas, proxectos e experiencias, europeas, estatais e autonómicas nas adiccións e dependencias.
- Analizar as demandas e necesidades persoais, sociais e laborais de persoas en situación de dependencia.
- Deseñar e avaliar programas, proxectos e recursos socioeducativos de carácter preventivo e para a intervención en persoas con dependencias.
Bloques temáticos:
1. Introdución ás dependencias e ás adiccións: conceptualización, tipoloxías, diagnóstico e modelos de intervención.
2. Adiccións a substancias: definición, tipos, consecuencias, diagnóstico e intervención socioeducativa.
3. Adiccións a condutas: definición, tipos, consecuencias, diagnóstico e intervención socioeducativa.
4. Adiccións a persoas: definición, tipos, consecuencias, diagnóstico e intervención socioeducativa.
5. Plans, programas, recursos e iniciativas educativas de carácter institucional e comunitario para a prevención e intervención nas persoas con condutas adictivas e dependencias.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Castillo, A. J. (2011). La intervención educativa en las adicciones. Madrid: Wanceulen educación.
Echeburúa, E., e Requesens, A. (2012). Adicción a las redes sociales y nuevas tecnologías en niños y adolescentes. Guía para
educadores. Madrid: Pirámide.
Pérez del Río, F. e Martín, I. (2007). Nuevas adicciones: ¿adicciones nuevas?. Guadalajara: Intermedio Ediciones.
BIBILIOGRFÍA COMPLEMENTARIA:
Becoña, E. e Martín, E. (2004). Manual de intervención en drogodependencias. Madrid: Síntesis.
Bobes, J., Casas, M. e Gutiérrez, M. (eds.) (2011). Manual de trastornos adictivos. 2º ed. Madrid: Enfoque Editorial.
Castillo, A., Cabrerizo, J. e Rubio, Mª J. (2011). La práctica de la evaluación en la intervención socioeducativa: Materiales e
instrumentos: Vademecum del educador social. Madrid: Pearson educación.
Costa Cabanillas, M. e López, Méndez, E. (2008). Educación para la salud: guía práctica para promover estilos de vida saludables.
Madrid: Pirámide.
Echeburúa, E. (1999). ¿Adicciones sin drogas? Las nuevas adicciones: juego, sexo, comida, compras, trabajo, internet. Bilbao:
Desclée De Brouwer.
Echeburúa, E., e De Corral, P. (2010). Adicción a las nuevas tecnologías y a las redes sociales en jóvenes: un nuevo reto. Revista
Adicciones, 2(22), 91-96.
Echeburúa, E. Labrador, F. J. e Becoña, L. (Coords.) (2009). Adicción a las nuevas tecnologías en adolescentes y jóvenes. Madrid:
Pirámide.
Eseverri, C., Diego, J. A. e Teran, A. (2004). Educar para la salud: drogodependencias. Madrid:CCS.
Froufe, S. e Sánchez Castaño, Mª A. (1994). Planificación e intervención socioeducativa. Salamanca: Amarú.
García del Castillo, J. A. (2013). Adicciones tecnológicas: el auge de las redes sociales. Health and Addictions, 13(1), 5-14.
Geissler, A. e Hege, M (1997). Acción socioeducativa : Módelos, métodos, técnicas. Madrid: Narcea.
González Calleja, F. et al. (1995). La prevención de las drogodependencias en la educación secundaria obligatoria. Revista galega
de psicopedagoxía, 7(10-11), 19-34.
Líbano M. e Llorens, S. (2012). Adicción al trabajo. Madrid: Síntesis.
Pons, J. (2006). Materiales para la intervención social y educativa ante el consumo de drogas. Alicante: Editorial Club
Universitario.
Prieto, Mª (1999). Para comprender la adicción al juego. Bilbao: Desclée De Brouwer.
Rodríguez Villarino, R.; Otero-López, J. M. e Rodríguez Castro, R. (2001). Adicción a la compra : análisis, evaluación y
tratamiento. Madrid: Pirámide.
Senent, J. (2009). Intervención socieducativa en grupos. Valencia: Universidad de Valencia.
Torres, L. Mª e Hermosilla, J. M. (2012). El papel de la Educación en el tratamiento de la adicción a la tecnología. Hekademos:
Revista educativa digital, 12, 73-82.
Vega, A. (1993). La Acción social ante las drogas: propuestas de intervención socioeducativa. Madrid: Narcea.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
CG4. Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
CT4. Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
CE1.2. Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os/as educadores/as sociais desenvolven o seu labor profesional.
CE1.4. Seleccionar e facer uso de métodos e medios orientados ao coñecemento das realidades educativas e sociais, emitindo xuízos razoados sobre as informacións obtidas e a súa utilidade para o desenvolvemento da súa práctica profesional.
CE1.5. Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta ás necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, por si mesmo e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.
CE2.2. Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco á dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á sustentabilidade.
CE2.3. Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
As sesións expositivas axudarán ao alumnado a comprender os referentes teórico-conceptuais, metodolóxicos e pedagóxicos que se deben de ter en conta na acción socioeducativa nas condutas aditivas e dependencias. Nas mesmas combinarase a exposición oral na aula coa proxección de vídeos e documentais temáticos, a realización de dinámicas de aula e o posterior debate grupal.
Este coñecemento completarase con actividades en grupo a realizar nas sesións interactivas, que contribuirán a que o alumnado faga uso dos métodos e medios orientados ao coñecemento da realidade das persoas con condutas aditivas ou dependencias, e ao deseño de propostas de intervención para dar resposta socioeducativa ás súas necesidades, ou para facer propostas de intervención socioeducativa de carácter preventivo naqueles grupos ou colectivos da poboación que poidan ser especialmente vulnerables.
No desenvolvemento da materia utilizarase a plataforma virtual da USC como contorno de apoio asíncrono ao proceso de ensino-aprendizaxe, podendo encontrar na aula virtual os seguintes elementos:
- Repositorio de materiais de consulta e de estudo: documentos bibliográficos de apoio, temario presentado nas clases expositivas, instrucións e recursos de apoio para a elaboración das actividades prácticas a desenvolver nas sesións interactivas e outros recursos necesarios para o seguimento da materia por parte de todo o alumnado (en réxime ordinario ou con dispensa de asistencia).
- Ferramentas de comunicación co alumnado, tanto individual como grupal: utilizarase a mensaxería e os foros, principalmente. - Espazo de entrega/realización de tarefas programadas, grupais e/ou individuais: de ser o caso, a entrega/realización de actividades prácticas programadas e outras actividades que se poidan establecer (exercicios prácticos, actividades de avaliación, etc.), poderían apoiarse na aula virtual.
O alumnado con exención de docencia e/ou dispensa debe poñerse en contacto co profesorado da materia á menor brevidade posible e dentro dos 10 días posteriores á súa concesión, achegando unha copia do documento, para acordar o plan de traballo que será necesario realizar para superar a materia.
Na materia prevese tamén, na medida do posible, o desenvolvemento de, polo menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dunha práctica interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A avaliación será continua durante o curso, perdendo este carácter para o alumnado que non cumpra co mínimo exixido do 80% de asistencia ás sesións de clase. Teranse en consideración os seguintes elementos:
- 10%: Asistencia e participación nas actividades propostas nas sesións presenciais de clase.
- 30%: Realización en grupo dun traballo tutelado polo profesorado (elaboración de temas teóricos) e exposición e dinamización dos mesmos na aula.
- 30%: Realización en grupo das actividades propostas nas clases interactivas.
- 30%: Exame teórico da materia.
Será preciso superar todas as partes (prácticas e proba individual) para aprobar a materia.
Os traballos deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente edición. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto que se programase de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/das estudantes e de revisión de cualificacións.
Así mesmo, na realización dos traballos/prácticas seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar no seguinte enderezo:
https://universoabierto.org/2020/03/12/normas-apa-7-a-edicion-guia-de-c…
Actividades presenciais (50 horas):
- Clases expositivas: presentación, explicación de temas, comentarios de textos e material audiovisual: 20 h.
- Prácticas de seminario: comentarios de textos e casos: 8 h.
- Prácticas de laboratorio: deseño e presentación de propostas de intervención: 12h.
- Titorías de traballo de curso: 6 h.
- Avaliación: 4h.
Horas de traballo persoal do/da estudante (100 horas):
- Estudo: 40 h.
- Lecturas: 14 h.
- Elaboración de propostas/traballos: 32 h.
- Titorías: 4 h.
- Avaliación: 4 h.
Para conseguir con aproveitamento os propósitos formativos desta materia é necesario que o alumnado teña alcanzado previamente as competencias básicas adscritas aos tres primeiros cursos do Grao: capacidade de análise da contorna social e cultural das persoas e grupos en situación de risco, coñecemento das ferramentas conceptuais básicas da profesión de Educador/a Social.
LENGUAXE NON SEXISTA: Atendendo a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá da aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no seguinte enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, utilizar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non utilizar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
USO DO MÓBIL NA AULA: Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula á súa utilización como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non adecuado do mesmo.
GUÍA PRÁCTICA DO ESTUDANTADO: Recoméndase consultala, posto que contén referencias ás programacións, avaliacións, etc. (https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/vrestudan…)
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade (Lifesize, etc.).
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, entendendo privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
OBLIGATORIEDADE DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar:
DISPENSA DE ASISTENCIA (todas as sesións) (https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…)
EXENCIÓN DE DOCENCIA ÁS CLASES EXPOSITIVAS (https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…)
EXENCIÓN DE DOCENCIA A TODAS AS SESIÓNS SE ASÍ SE DETERMINA (https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…)
PLAN DE CONTINXENCIA PARA O DESENVOLVEMENTO DA DOCENCIA NO CURSO 2021-22
No Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22, contémplanse 3 escenarios para levar a cabo unha docencia segura, así como as medidas de carácter xeral e específicas a aplicar para a adaptación aos mesmos.
Se por razóns de seguridade (directrices da USC e protocolo establecido pola Facultade de Ciencias da Educación) durante o curso non é posible o desenvolvemento do presente programa concibido para unha docencia 100% presencial (escenario 1. De normalidade adaptada) contémplanse os seguintes axustes na Metodoloxía de ensino e Sistema de Avaliación da Aprendizaxe da materia:
ESCENARIO 2. CON MEDIDAS DE DISTANCIAMIENTO
- Metodoloxía de ensinanza: A docencia expositiva poderá realizarse total ou parcialmente de forma virtual, preferentemente de forma síncrona, a través da aula virtual da materia, con materiais explicativos e de apio. As titorías realizaranse preferentemente por vía telemática.
Nas sesións interactivas alternarase a docencia presencial e a telemática. A docencia virtual apoiarase nas ferramentas da aula virtual (indicacións, materiais audiovisuais de apoio, foros, espazo de entrega de tarefas…), a través dos medios tecnolóxicos a disposición do profesorado e o alumnado (Teams, aulas Lifesize, etc.) e seguimento aos grupos de traballo a través do correo electrónico.
- Sistema de avaliación da aprendizaxe: a avaliación será preferentemente continua a partir das tarefas previstas para realizar en grupo polo alumnado, complementándose cunha proba individual (70% avaliación continua, 30% proba final).
ESCENARIO 3. PECHE DAS INSTALACIÓNS
- Metodoloxía de ensino: A docencia, tanto expositiva como interactiva, realizarase de forma virtual, preferentemente de forma síncrona, apoiándose nas ferramentas da aula virtual da materia (materiais explicativos, indicacións, materiais audiovisuais de apoio, foros, espazo de entrega de tarefas…) e a través dos medios tecnolóxicos a disposición do profesorado e o alumnado (Teams, aulas Lifesize, etc.). As titorías realizaranse exclusivamente por vía telemática.
- Sistema de avaliación da aprendizaxe: a avaliación será preferentemente continua a partir das tarefas previstas para realizar en grupo polo alumnado, complementándose cunha proba individual (70% avaliación continua, 30% proba final).
Ana Vazquez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813818
- Correo electrónico
- ana.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Laura Garcia Docampo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- laura.garciadocampo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (Mi - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Me) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
25.05.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
05.07.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |