Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1º.- Acercarlle aos estudantes unha panorámica xeral da experimentación que na actualidade se realiza na área da Farmacoloxía, así como da aplicación que esta actividade ten tanto no ámbito das ciencias biomédicas como no campo da industria farmacéutica.
2º.- Lograr que os estudantes valoren adecuadamente o papel que a Farmacoloxía Experimental ocupa na investigación e desenvolvemento de novos fármacos e a súa estreita relación con outras facetas como o deseño de novas sustancias con actividade biolóxica, a síntese química e a tecnoloxía farmacéutica.
3º.- Conseguir que os estudantes sexan capaces de estruturar e acometer correctamente o estudo experimental dos fármacos, adaptando ou desenvolvendo a metodoloxía máis adecuada.
4º.- Contribuír a que os estudantes desenvolvan a súa posterior actividade no campo da Farmacoloxía Experimental observando de forma estrita as normas legais e as formulacións éticos que deben estar presentes en calquera faceta da experimentación biolóxica.
1.-O reactivo biolóxico
2.-Experimentos con animal enteiro
3.-Experimentos con tecidos illados
4.-Experimentos con células
5.-Experimentos con fraccións subcelulares e moléculas biolóxicas
6.-Intelixencia artificial e ensaios in silico en investigación farmacolóxica
Programa de clases expositivas / seminarios
1.- O reactivo biolóxico: Requisitos de utilización e manipulación
1.1- Lexislación europea, estatal e autonómica relativa á produción/cría e manipulación de animais destinados a experimentación e fins docentes.
1.2.- Animalarios / Estabularios: requisitos, inspección e plan de emerxencias
1.3.- Persoal: requisitos para poder traballar con animais de experimentación (homologación / acreditación)
1.4.- Normativa USC. Comité de Bioética da USC. CEBEGA
1.5.- Estudos farmacolóxicos con reactivos biolóxicos: características, variabilidade, complexidade, grao de organización biolóxica, …. tipos de estudo (in vivo, in vitro, ex vivo).
2.- Experimentos con animal enteiro:
2.1.- Experimentos en animal enteiro non anestesiado (características, selección de animais, …) e anestesiado (tipos de anestesia e anestésicos, procedementos cirúrxicos, …)
3.- Estudos con tecidos illados
3.1.- Estudos farmacolóxicos con baño de órganos: características e condicións importantes.
3.2.- Tecidos líquidos:
- Sangue e fraccionamento de compoñentes. Estudos coas distintas fraccións: plasma, soro e distintos tipos celulares.
- Protocolos de fraccionamento e purificación do sangue.
4.- Experimentos con células
4.1.- Cultivos celulares:
- A sala de cultivo celular, condicións de esterilidade e de cultivo de células animais e humanas
- Cultivo primario: illamento e purificación de células, condicións experimentais
- Modelos celulares avanzados: cultivos 3D, etc.
4.2.- Sistemas complexos de cultivo: cultivo en 3D, "organ-on-a-chip"...
4.3.- Características e cultivo de células inmortalizadas. Transfección celular.
4.4.- Medida do potencial de membrana e do fluxo de iones a través de canles. Técnicas de medida. Análise en célula illada ("single cell").
4.5.- Ensaios de microscopía: Visión e interpretación práctica de imaxes. "Machine learning" en microscopía.
5.- Experimentos con fraccións subcelulares e moléculas biolóxicas
5.1.- Illamento da membrana celular de células inmortalizadas. Estudos de binding. Elaboración de protocolos de ensaio.
5.2.- Extracción de proteínas e de ARN a partir de células inmortalizadas. Métodos físicos e fisicoquímicos (cromatográficos).
6.-Intelixencia artificial e ensaios "in silico" en investigación farmacolóxica
6.1.- Intelixencia artificial: definición e limitacións en investigación farmacolóxica.
6.2.- Bases de datos e recursos en descubrimento de fármacos.
6.3.- Modelos predictivos "in silico" en farmacoloxía.
Programa de clases prácticas
Práctica 1: Comunicación de Procedementos
Práctica 2: Experimento in vivo con animais non anestesiados (virtuais/reaais). Descripción dos métodos e avaliación da modificación da actividade motora, memoria, etc.
Práctica 3: Experimento in vivo con animal anestesiado: simulación farmacoloxía cardiovascular (descrición da técnica cirúrxica e simulación de distintos fármacos).
Práctica 4: Cultivo de células endoteliales humanas
Práctica 5: Experimentación con células: experimentos funcionais (medidas de viabilidade e crecemento; angiogénesis; migración celular; adhesión celular…).
Práctica 6: Células inmortalizadas. Medida do potencial de membrana e de fluxos de iones a través de canles. Interpretación dos resultados.
Práctica 7: RT- qPCR (PCR cuantitativa en tempo real empregando transcriptasa inversa).
A utilización de bibliografía especializada constitúe un aspecto fundamental no desenvolvemento da materia, polo que os estudantes deberán manexar asiduamente as publicacións periódicas máis relevantes da área de Farmacoloxía e de Química Médica e consultar manuais de metodoloxía científica. A continuación inclúense algunhas das revistas e das monografías máis habitualmente utilizadas:
Revistas:
Archiv der Pharmazie; Arzneimittel-Forschung; Biochemical Pharmacology; Bioorganic and Medicinal Chemistry; Bioorganic and Medicinal Chemistry Letters; British Journal of Pharmacology; European Journal of Medicinal Chemistry; European Journal of Pharmacology; Journal of Biological Chemistry, Journal of Medicinal Chemistry; Journal of Pharmacology and Experimental Therapeutics; Molecular Pharmacology; Naunyn-Schmiedeberg´s Archives of Pharmacology, PlosOne, Nature Protocols, Nature Genomics, Cell
Monografías:
- High throughput screening: methods and protocols. Ed. W.P. Janzen. Humana Press. 2002.
- Modern methods of drug discovery. Ed. A. Hillisch, R. Hilgenfeld. Birkhäuser. 2003.
- Receptor signal transduction protocols. Ed. G.B. Willars, R.A.J. Challis. Humana Press. 2004.
- Principles and techniques of biochemistry and molecular biology. Ed. K. Wilson, J. Walker. Cambridge University Press. 2005.
- High-throughput screening in drug discovery. Ed. J. Hüser. Wiley-VCH. 2006.
- Handbook of assay development in drug discovery. Ed. L.K. Minor. CRC Taylor & Francis. 2006
- Drug discovery and evaluation. Pharmacological assays. Ed. H.G. Vogel. Springer. 2008.
- Guidance on Good Cell Culture Practice (GCCP). Cell Culture Techniques p. 1-25 vol. 56. A. Bal-Price & S. Coecke. Springer. 2011
- Assay Guidance Manual [Internet]. Ed. G.S. Sittampalam, N. P. Coussens, K. Brimacombe, et al. Eli Lilly & Company and the National Center for Advancing Translational Sciences. 2012. Disponible desde: https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK53196
- Good Cell Culture Practice for stem cells and stem-cell-derived models.
ALTEX. 2017;34(1):95-132. Pamies D et al.
Resultados de aprendizaxe e competencias:
• Manexar material bibliográfico sobre metodoloxía científica: CB6, CB10, CG1, CG3, CE1.
• Seleccionar a metodoloxía axeitada para actividade farmacolóxica:: CB7, CG2, CG7, CE2.
• Establecer deseño experimental para farmacoloxía: CB7, CG2, CE4, CE5.
• Elaborar protocolo experimental detallado: CB7, CG2, CE4, CE5.
• Analizar resultados experimentais: CB8, CG1, CG5, CE10.
• Confeccionar informe sobre estudo experimental: CB9, CG5, CG8, CG9, CE13, CE14.
A actividade docente realizarase de forma presencial e utilizando as plataformas oficiais da USC: USC-Virtual (Moodle) e os programas da suite Microsoft 365 ( MS Teams, Forms, etc.). Os estudantes terán unha versión electrónica dos contidos da materia.
Docencia teórico-práctica con clases expositivas, seminarios, prácticas e titorías. Ao longo do desenvolvemento do curso os estudantes deberán elaborar traballos en equipo e tamén de forma individual.
Sistema de avaliación:
• Asistencia e participación/implicación: 20%. Competencias avaliadas: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CG7, CG8, CG9, CE1, CE2, CE4, CE5, CE10, CE13, CE14.
• Traballo individual (USC virtual): 20%. Competencias avaliadas: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CG7, CG8, CG9, CE1, CE2, CE4, CE5, CE10, CE13, CE14.
• Traballo en equipo (USC virtual): 20%. Competencias avaliadas: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CG7, CG8, CG9, CE1, CE2, CE4, CE5, CE10, CE13, CE14.
• Exame práctico: 20%. Competencias avaliadas: CB6, CB10, CB7, CB9, CG2, CG4, CG7, CG9, CE2, CE4, CE5.
• Exame teórico: 20%. Competencias avaliadas: CB8, CB9, CG1, CG5, CG8, CG9, CE10, CE13, CE14.
O desenvolvemento e seguimento das clases expositivas, seminarios, prácticas e a realización de traballos permitirá seguir de forma continuada tanto o esforzo realizado polos estudantes como o rendemento alcanzado. O exame final é complementario á avaliación continua e obrigatorio para todos os estudantes. A cualificación final será a suma do exame final de tipo teórico/práctico e da avaliación continua.
a) Traballo presencial na aula/laboratorio (horas)
- Clases expositivas 9 h
- Clases prácticas 6 h
- Seminarios 6 h
- Exames e revisión 4 h
Total horas de traballo presencial na aula/laboratorio: 25 h
b) Traballo persoal do estudante (horas)
- Estudo autónomo 25 h
- Realización de exercicios ou outros traballos 25 h
Total horas de traballo persoal do estudante: 50 h
Total horas de traballo (presencial + non presencial)
25 h + 50 h = 75 h = 3 ECTS
O curso estruturouse seguindo unha secuencia que facilitará a adquisición progresiva de coñecementos teóricos e habilidades polo que é necesaria a participación activa ao longo do seu desenvolvemento.
O estudante terá contacto co profesorado en todo momento, xa sexa de forma presencial ou mediante as ferramentas de comunicación da USC-Virtual (Moodle) ou da suite Microsoft 365 (MS Teams, etc.)
Materia optativa de 3 ECTS. A materia impartirase en español/galego e tamén se utilizarán recursos bibliográficos e programas informáticos en inglés e francés.
PREVENCIÓN DA FRAUDE ACADÉMICA.
A realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba requirida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na correspondente convocatoria, con independencia do proceso disciplinario que se poida iniciar contra o/a alumno/a infractor/a. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados obtidos de fontes de acceso público sen reelaboración ou reinterpretación e sen a debida cita de autorías e fontes.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
ASISTENCIA Á CLASE.
De acordo co Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024, a asistencia a clase é obrigatoria.
USO DA CONTA RAI.
É obrigatorio que o estudantado faga uso da conta de correo RAI.
USO DA AULA VIRTUAL E ENTREGA DE TRABALLOS.
Os avisos, actividades e tarefas da materia xestionaranse a través da aula virtual. Os traballos realizados polo estudantado deberán entregarse, preferentemente tamén a través desta plataforma.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación cos traballos persoais ou en grupo que se realicen para a materia, deben terse en conta as seguintes indicacións:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, utilizar grapas no canto de encadernacións.
-Imprimir a dobre cara e en calidade “aforro de tinta”.
-Non empregar follas en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO.
En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase o uso de linguaxe non sexista tanto no traballo cotián na aula como nos traballos académicos encomendados.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS.
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL.
Non se poderá utilizar o teléfono móbil na aula, agás cando se empregue como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, sendo o estudantado responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inadecuado.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE.
Debe terse en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é de carácter privado. Neste sentido, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS.
Pódese acceder á normativa de referencia “Política de Privacidade e Protección de Datos da USC” en: https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
Jose Angel Fontenla Gil
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881814898
- Correo electrónico
- joseangel.fontenla [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ezequiel Alvarez Castro
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881814981
- Correo electrónico
- ezequiel.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Anton Leandro Martinez Rodriguez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815484
- Correo electrónico
- antonleandro.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Informática Farmacoloxía |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Informática Farmacoloxía |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Informática Farmacoloxía |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Informática Farmacoloxía |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Informática Farmacoloxía |
17:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | 5035 Laboratorio Farmacoloxía / Fisioloxía Vexetal |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | 5035 Laboratorio Farmacoloxía / Fisioloxía Vexetal |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Informática Farmacoloxía |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Informática Farmacoloxía |