Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1.- Motivar aos estudantes á realización de actividades de investigación científica con produtos naturais.
2.- Proporcionar un amplo coñecemento sobre os procedementos utilizados en investigación para a procura de principios activos de orixe natural.
3.- Ensinar os fundamentos teóricos dos deseños experimentais e a aplicación práctica dos métodos de identificación de produtos naturais con propiedades terapéuticas.
4.- Que o estudante coñeza as bases e estratexias metodolóxicas da investigación con produtos naturais para identificar as súas dianas farmacolóxicas.
5.- Establecer as estratexias de proxección terapéutica dos achados experimentais con produtos naturais.
1.- Introducción xeral ao estudo de produtos naturais de orixe animal o vexetal, terrestre o mariño como potenciais materiais para a súa utilización en terapéutica.
2.- Recolleita e manipulación do material a estudar.
3.- Criterios para a extracción, purificación e identificación dos principios activos.
4.- Conceptos sobre os metabolitos primarios e secundarios das materias primas e a súa clasificación.
5.- Produtos naturais de orixe vexetal: calidade, estandarización e a súa autorización no mercado Europeo.
Diego Cortés. Metabolitos secundarios activos. 2017.
Herbal Medicines. Pharmaceutical Press. 2013.
Drugs from Natural Products: Pharmaceuticals and Agrochemicals. Alan L. Harvey. Taylor & Francis, 1993.
Seafood and Freshwater. Pharmacology, Phisiology and Detection. Luis M. Botana. CRC Press. 2014.
Drugs from the Sea. Nobuhiro Fusetani. Karger Publishers. 2000.
Pharmaceutical análise. David C. Le and Michael Webb. Blackwell Publishing, CRC press. 2003.
Pharmaceutical Statistics. Practical and Clinical Applications. Sanford Bolton and Charles Bon. Marcel and Dekker. 2004.
Fundamentos de sínteses de fármacos. Pelayo Camps García, Carmen Escolano Mirón, Santiago Vázquez Cruz, Pelayo Camps García, Santiago Vázquez Cruz, Carmen Escolano Mirón. Edicions Universitat Barcelona, 2005.
Drugs: From Discovery to Approval. Rick Ng. Wiley-IEEE. 2004.
Fundamentos de Farmacoloxía Básica e Clínica. María Soidade Fernández Alfonso, Mariano Ruiz Gayo. Editorial Ramón Areces, 2005.
Natural Products from Plants. Leland J. Cseke, Ara Kirakosyan, Peter B. Kaufman, Sara Warber, James A. Duke. CRC Press. 2006.
Phycotoxins. Chemistry and Biochemistry. Ed Luis M. Botana. Blackwell. 2015.
Manexar, buscar e entender a información sobre Produtos Naturais: CB6, CB10, CG3, CE5, CE11.
Coñecer os métodos máis importantes de obtención, identificación e caracterización farmacolóxica dos produtos naturais: CB8, CG2, CG10, CE1, CE2, CE3, CE5, CE6.
O curso consta de sesións teóricas e sesións prácticas.
Ao longo do curso, e sempre a través da materia do CAMPUS VIRTUAL da USC, o estudante seguirá en todo momento as directrices indicadas polo profesor, para a boa coordinación e desenvolvemento da materia.
1.- Sesións teóricas: impártense con medios audiovisuais.
A fin de que o estudantado participe nestas sesións de forma activa, realizará un traballo relacionado cos produtos de orixe natural, o cal será exposto e discutido.
2.- Sesións prácticas: levan a cabo nos laboratorios de investigación do departamento de Farmacoloxía cos equipos instrumentais dispoñibles:
• A.- Obtención de produtos naturais. Técnicas de extracción de aceites esenciais con aplicación farmacolóxica.
• B.- Ensaios físico-químicos para a identificación de aceites esenciais. Análise Cromatográficos: Cromatografía en fase sólida. Cromatografía líquida de alta resolución (HPLC). Cromatógrafo de líquidos-Espectrómetro de Masas (LC-MS). Identificación por 1H RMN e 13C RMN.
A cualificación máxima que se poderá obter será de 10 puntos.
A avaliación realizarase de forma continua, tendo en conta:
1.- Realización e presentación de traballos baseados en artigos científicos relacionados coa materia e afíns á área de traballo do alumno (40% da cualificación final): CB8, CB9, CG1, CG5, CG8, CE10, CE11, CE1
2.- Seguimento do estudante durante a realización das prácticas (10% da cualificación final):CG9, CE5, CE6.
3.- Exame (50% da cualificación final)
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Expositivas: 9 h presenciais con profesor (3h presentación dun traballo) + 42 h traballo persoal
Seminarios e Prácticas: 12 h presenciais con profesor + 12 h traballo persoal
TOTAL: 75 h
Asistencia e participación activa en prácticas, seminarios e clases teóricas.
Manexo da bibliografia recomendada
PREVENCIÓN DA FRAUDE ACADÉMICA
A realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba requirida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na correspondente convocatoria, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a alumno/a infractor/a. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de obras plaxiadas obtidas de fontes de acceso público sen reelaboración ou reinterpretación e sen cita de autorías e fontes.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
ASISTENCIA ÁS CLASES
De acordo co Regulamento de asistencia ás clases nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024, a asistencia ás clases é obrigatoria pero non puntúa na nota final da materia.
USO DA CONTA RAI
É obrigatorio que o estudantado faga uso da conta de correo RAI.
USO DA AULA VIRTUAL E ENTREGA DE TRABALLOS
Os avisos, actividades e tarefas da materia xestionaranse a través da aula virtual. Os traballos realizados polo alumnado deberán entregarse, preferentemente, tamén a través desta plataforma.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
Atendendo a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase o uso de linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil na aula, agás cando se utilice como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, sendo o alumnado responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso inadecuado.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
Debe terse en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é de carácter privado. Neste sentido, enténdese como un acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
Pódese acceder á normativa de referencia “Política de Privacidade e Protección de Datos da USC” en: https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
María Dolores Viña Castelao
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815424
- Correo electrónico
- mdolores.vina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jesus Maria Gonzalez Jartin
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- jesus.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía |
Martes | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía |
Mércores | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía |
Xoves | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía |
Venres | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía |
17:30-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía |