Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12.5 Clase Interactiva: 5 Total: 17.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Fisioloxía, Ciencias Morfolóxicas, Física Aplicada, Matemática Aplicada, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Bioloxía Funcional, Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas, Estatística, Análise Matemática e Optimización, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Fisioloxía, Anatomía e Embrioloxía Humana, Física Aplicada, Óptica, Optometría, Astronomía e Astrofísica, Farmacoloxía, Bioloxía Celular, Oftalmoloxía, Estatística e Investigación Operativa, Medicina, Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Consiste na elaboración, por parte do alumnado, dun traballo persoal onde se integren traballo de síntese, e apliquen os coñecementos e destrezas obtidos durante os estudos realizados na Titulación de Grao en Óptica e Optometría.
O alumno aprenderá:
· Coñecemento e aplicación práctica dos principios e metodoloxías da Óptica e Optometría, así como da adquisición das destrezas e competencias descritas nos obxectivos xerais do título
Coñecemento e aplicación práctica dos principios e metodoloxías da Óptica e Optometría, así como da adquisición das destrezas e competencias descritas nos obxectivos xerais do título. Dado o elevado carácter transversal desta materia, o alumno podrá profundizar no coñecemento de varias materias da titulación.
O/a estudante deberá realizar e presentar un traballo no que demostre as competencias adquiridas ao longo dos seus estudos. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción e presentación. Dependendo da temática que se aborde poderá incluír, ademais, unha parte empírica sinxela ou unha análise de casos
A bibliografía de cada traballo, elaborarase en función das diferentes propostas de cada departamento implicado na docencia do Grado e, en particular, do tema.
Coñecementos:
• Con_86. Coñecer os principios e as metodoloxías da Óptica e da Optometría.
Habilidades e Destrezas:
• HyD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
• HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
• HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
• HyD_8. Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos eidos da Óptica e da Optometría.
• HyD_52. Habilidade para a aplicación práctica dos principios e das metodoloxías da Óptica e da Optometría.
Competencias:
• Comp_1. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• Comp_3. Que o estudantado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Comp_4. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos no grao dun xeito profesional e sexa competente no plantexamento/resolución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa Óptica e a Optometría.
• Comp_5. Capacidade de aprender de forma autónoma, de traballar en equipo, de organizar o tempo e os recursos, e de adquirir novos coñecementos e técnicas en Óptica e Optometría.
Cada alumno terá asignado un titor segundo o Regulamento de TFG da Facultade de Óptica e Optometría, que definirá a metodoloxía a seguir, de acordo co alumno e en base a temática do traballo.
O sistema de avaliación dos TFG da Facultade de Óptica e Optometría admite dúas modalidades: avaliación por tribunal e avaliación por titor/a. Todo está detallado no regulamento do TFG (https://assets.usc.gal/sites/default/files/documents/2025-05/regulament…)
MODALIDADE DE AVALIACIÓN POR TRIBUNAL
A cualificación final outorgada ao TFG por cada membro do Tribunal obterase de acordo coa seguinte puntuación:
a. Contido do TFG: 3 puntos
b. Presentación escrita do TFG: 2 puntos
c. Presentación oral: 4 puntos
d. Cualificación do/a titor/a: 1 punto
A cualificación outorgada será de 0 a 10:
• Non presentado (NP)
• 0 - 4,9: Suspenso (SS)
• 5,0 - 6,9: Aprobado (AP)
• 7,0 - 8,9: Notable (NT)
• 9,0 - 10: Sobresaínte (SB)
MODALIDADE DE AVALIACIÓN POR TITOR/A
A cualificación final outorgada ao TFG polo/a titor/a obterase de acordo coa seguinte puntuación:
a. Contido do TFG: 3 puntos
b. Presentación escrita do TFG: 2 puntos
c. Presentación oral: 3,5 puntos
A cualificación outorgada será de 0 a 8,5:
• Non presentado (NP)
• 0 - 4,9: Suspenso (SS)
• 5,0 - 6,9: Aprobado (AP)
• 7,0 - 8,5: Notable (NT)
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Traballo persoal do alumno/a
Estudo autónomo individual ou en grupo: 25 horas.
Búsqueda bibliográfica e lecturas recomendadas:55 horas.
Tarefas propostas polo profesor titor: 30 horas.
Programación en ordenador e/ou laboratorio e redacción da memoria: 75 horas.
Horas en preparación presentación: 17 horas.
Total horas traballo alumno/a: 202 horas.
Seguir as recomendacións de cada un dos titores asignados os TFG