Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Estudos da Literatura e da Cultura
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Comprender as diferenzas e similitudes entre a investigación básica e aplicada nos eidos da literatura e da cultura.
2. Definir obxectos e obxectivos de estudo axeitados para investigacións no campo.
3. Formular preguntas de investigación pertinentes e desenvolvementos acordes do plan de traballo.
4. Explorar ferramentas cuantitativas e cualitativas para a investigación en humanidades, sen demonizar as primeiras nin santificar ou inocentizar as segundas.
As catro palabras principais do seminario, non custa dicilo, son “metodoloxía”, “investigación”, “literatura” e “cultura”. Porén, como resulta evidente, este seminario non se dedicará a cada unha delas por separado (iso sería simplemente imposible, requiriría un seminario ou mesmo un mestrado en si mesmos), senón, en todo caso, a como estas se conectan e se intersecan, como poden ser pensadas e aplicadas de forma conxunta. Algo así como: metodoloxía-da-investigación-en-literatura-e-cultura.
Deste xeito, para responder ás preguntas ou problematizar como podemos pensar 1) as relacións entre investigación básica e aplicada neses ámbitos, 2) como definir obxectivos e obxectos de estudo en literatura e cultura, 3) como elaborar preguntas de investigación e planificar o traballo investigador e, finalmente, 4) como pensar e empregar ferramentas cualitativas e cuantitativas en literatura e cultura, valerémonos dun arsenal teórico e práctico heteroxéneo —como o son os “literary studies” e os “cultural studies” en si mesmos—. Por unha banda, a socioloxía, xa sexa da cultura pero non só, permitiranos non disociar ciencia e “literatura e cultura”, ou, en todo caso, entrever formas de estudar estas últimas con tanto rigor e método como nas ciencias exactas ou duras. Por outra, traballos clásicos da epistemoloxía das ciencias permitirannos volver sobre a relatividade de certas clasificacións, non para igualalo todo, senón, ao contrario, para estar sempre moi atent_s aos réximes de verdade, decidibilidade, audibilidade e sensibilidade que marcan as nosas investigacións e as respostas ás que chegamos. Finalmente, os estudos culturais ou da cultura, coa súa heteroxeneidade e derivas posteriores, permitirannos, desde os clásicos traballos de Raymond Williams, repensar esa difícil pero fecunda articulación entre “literatura e cultura”: que se saiba, non existe literatura a- ou post-cultural, pero a cultura non se reduce á literatura, mesmo se tomamos “literatura” no seu sentido máis amplo e xeneroso.
Para rematar, resulta hoxe difícil pensar as relacións e tensións entre literatura e cultura, nos seus aspectos metodolóxicos, epistemolóxicos e éticos, sen ter en conta o que se deu en chamar a dimensión da (neo, post)colonialidade, é dicir, as históricas relacións de forza entre imperios, colonias e bloques de poder nos que se insiren os préstamos literarios e as relacións e dominacións culturais.
Cómpre engadir un parágrafo á parte para abordar a pregunta, metodolóxica e epistémica, de que significa hoxe ler literatura e cultura en condicións (post)informáticas, de hiper-revolución tecnolóxica, de dominio ou desprazamento da información por riba do saber clásico, humanista e enciclopédico. Desde a década de 1960, cando se crean os primeiros ministerios europeos dedicados exclusivamente á comunicación e á cultura, até a actualidade, cando os ministerios de educación se subordinan e os magnates da información se converten en asesores de goberno, a pregunta sobre que consideramos literatura e cultura deu infinitas voltas, e non só —à la Jauss— para subliñar o carácter receptivo da literatura, que son os lectores quen fan a obra, etc. Cómpre tamén preguntarse, e problematizar, como investigamos (como definimos un tema, formulamos unha pregunta de investigación, construímos un estado da cuestión, etc.) nestas condicións hiperaceleradas, como se o medioambiente veloz que nos rodea non afectase as nosas propias posibilidades de lectura, escritura e investigación. Sempre cabe a pregunta de se, no futuro —un futuro que quizais regrese a un pasado anterior ao noso presente—, considerarán saber as nosas producións, artigos, traballos e libros.
Programa
1.- Introdución á investigación en literatura e cultura
2.- Obxectivos e obxectos de estudo
3.- Elaboración de preguntas e planificación da investigación
4.- Ferramentas cuantitativas e cualitativas
5.- Aplicación e avaliación
1. Bibliografía básica
Bourdieu, Pierre (1997) Razones prácticas: sobre la teoría de la acción [Raisons pratiques. Sur la théorie de l’action, Paris :Seuil, 1994], traducción de Thomas Kauf, Anagrama, cap 3 « Para una ciencia de las obras » (57-90).
Chartier, Roger (1991) El mundo como representación. Estudios sobre historia cultural [« Le monde comme représentation », Annales. Économies, Sociétés, Civilisations,44ᵉ année, N. 6, 1989. pp. 1505-1520.], trad. Claudia Ferrari, España : Gedisa, cap.2 “Historia del libro e Historia de la lectura” (105-162).
Eagleton, Terry (1983) Una introducción a la teoría literaria [Literary Theory. An Introduction, Minnesota: University of Minnesota Press, 1983], México: FCE, caps. “Introducción. Qué es la literatura" (2-14)
Eco, Umberto (1994 [1977]) Cómo se hace una tesis. Técnicas y procedimientos de estudio, investigación y escritura, Gedisa, versión castellana de Lucia Baranda y Alberto Ckaveria Bañez, cap. 2 "La elección del tema" (27-68).
Flick, Uwe (2014) Introducción a la investigación cualitativa [, 2002] Madrid: Ed Morata, capitulo 1° “Investigación cualitativa: Relevancia, historia y rasgos” (15-28).
Kuckartz, Udo (2014) Qualitative Text Analysis: A Guide to Methods, Practice & Using Software, chapter 5 “Qualitative Analysis Using Computer Assistance”, Thousand Oaks: Sage publication.
Kuhn, Thomas (2004) La estructura de las revoluciones científicas [The Structure of Scientific Revolutions, 1962], trad. Agustín Contin, México: FCE, caps: 2 y 5 "El camino a la ciencia normal" y "Prioridad para los paradigmas" 33-50, 80-91.
Moretti, Franco (2015) Lectura distante [Distant Reading, Londres: Verso Books, 2013]., México, Buenos Aires: Siglo XXI, caps 1 y 2 “Literatura europea moderna: un esbozo geográfico” y “Conjeturas sobre la literatura mundial” (11-78)
Ryan, Marie-Laure (2015), Narrative as Virtual Reality 2, Johns Hopkins University Press, caps 1 y 6 "The Text as World: Theories of Immersion" (61-84) y "The Text as World versus the Text as Game" (117-136).
Said, Edward (1988) El mundo, el texto y el crítico [The World, the Text and the Critic, Cambridge Massachusetts: Harvard University Press, 1983] Debate, cap “Introduction. Secular Criticism" (31-53).
Sampieri, Roberto H., et al. (2018) Metodología de la investigación, México: McGraw-Hill, cap. 1 “Definiciones de los enfoques cuantitativo y cualitativo, sus similitudes y diferencias” (2-22)
Williams, Raymond (1977) Marxismo y literatura [Marxism and Litterature (Marxist Introductions), 1977], trad. Pablo di Masso, Barcelona: Peninsula, cap 3 “Teoría literaria” (165-244).
2. Bibliografía complementaria
Proporcionarase canda cada tema do programa.
Competencias xerais
- Posuír, comprender e saber aplicar os coñecementos que acheguen oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos, dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- Que os/as estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos coñecementos e xuízos.
- Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- Habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que vai ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
Competencias transversais
- Que os estudantes teñan unha visión actualizada dos sistemas teóricos e estudos metodolóxicos no campo da literatura e da cultura.
- Que os estudantes poidan profundizar nos coñecementos xa adquiridos, enriqueciéndose desde unha perspectiva interdisciplinar.
- Coñecemento e uso das ferramentas e técnicas metodolóxicas no ámbito de referencia para a súa profesionalización e xestión da información.
- Ferramentas metodolóxicas que sirvan para desenvolver un espírito crítico e reflexivo, flexíbel e práctico cara aos diferentes fenómenos culturais.
- Que os estudantes interpreten os textos culturais como índices de sistemas culturais histórica e xeográficamente determinados.
- Que os estudantes recoñezan o xeito no que as ideoloxías (en sentido amplo) producen sentido nas instancias de produción, recepción e circulación dos textos culturais analizados.
Competencias específicas
- Que os estudantes teñan capacidade de observación e análise dos modos en que a cultura funciona e se fai funcionar.
- Que os estudantes adquiran unha ampla comprensión dos procesos culturais desde unha perspectiva comparativa en relación cos particulares contextos xeoculturais e historiográficos.
- Que os estudantes sexan capaces de ampliar a noción de literatura a través da súa relación cos novos medios tecnolóxicos, os medios de comunicación, o cinema, as artes, así como en relación coa diversidade xenérica, social e cultural.
- Que os estudantes elaboren propostas de análise acerca dos cambios que os medios tecnolóxicos xeran na produción e recepción da literatura, baseándose nas nocións teóricas adquiridas.
- Desenvolver as capacidades de argumentación oral e escrita.
- Favorecer a investigación individual.
1. Traballarase a partir dos intereses do alumnado combinados cun guión para cada un dos temas, con exposicións a cargo do profesorado e do estudantado.
2. Lectura e estudo dun corpus teórico-crítico.
3. As clases presenciais combinarán, na medida do posible e segundo o contido de cada tema, a exposición teórica co traballo práctico. Nas sesións de clase daranse as orientacións correspondentes a cada un dos puntos que se vaian tratando.
4. Prevese a intervención do estudantado mediante breves exposicións (sobre aspectos concretos que poidan ser obxecto de debate).
Alén da avaliación 1) da participación na aula, 2) da elaboración dunha proposta de investigación e 3) da presentación final dunha monografía no marco do seminario, procederase a unha avaliación sincrónica do estudantado mediante a presentación breve, a partir do martes 16 de setembro de 2025, dos textos asignados para cada sesión. Estes textos, por suposto, serán posteriormente retomados, profundizados e contextualizados polo docente responsable, mais a primeira presentación a cargo do alumnado servirá como avaliación en curso.
Na segunda ocasión aplicarase exactamente o mesmo sistema de avaliación.
O estudantado con dispensa de asistencia deberá acordar co docente o sistema de avaliación correspondente.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no "Regulamento para a avaliación do rendemento académico do estudantado e revisión de cualificacións.
O curso ofrece un total de 24 horas lectivas (4 delas non presenciais) distribuídas en 10 horas de clases teóricas, 10 horas de clases interactivas e 4 horas de titoría.
Traballo persoal e outras actividades: 20 horas.
Dado que a programación de contidos e prácticas está moi axustada na súa temporalización, recoméndase ao alumnado a asistencia regular e puntual ás clases, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura pausada e profunda dos textos de traballo e o uso de todos os canais comunicativos co profesor e coas fontes de aprendizaxe. O profesor poderá manter entrevistas individuais con cada estudante ao longo do curso, sendo convocado/a ao seu despacho en distintas ocasións para facer un seguimento do seu progreso.
No aproveitamento do programa desta materia é moi estimábel unha competencia lectora rica tanto nun sentido cuantitativo como cualitativo (multixenérica, multicultural, etc.). Só deste xeito, os contidos teóricos poderán ser contrastados e valorados na súa dimensión hermenéutica e analítica nunha proxección mesmo retrospectiva.
Fomentarase e valorarase dunha maneira moi especial a creatividade, a empatía, a tolerancia e o respecto cos demais compañeiros, co profesor e coa contorna social.
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS:
Aconséllase encarecidamente ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que contacte co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) co obxecto de que dito servizo determine como se poden atender ás necesidades en cuestión no marco desta materia.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA:
O alumnado con dispensa de asistencia a clase deberá contactar cos docentes dos grupos aos que está adscrito pola distribución decanal de apelidos coa maior antelación posíbel co obxecto de proceder a unha traslación a un sistema individualizado de titorías (presenciais/virtuais).
Mauro Greco
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Estudos da Literatura e da Cultura
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D11 |
18:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D11 |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D11 |
18:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D11 |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D11 |
18:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D11 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D11 |
18:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D11 |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D11 |
18:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D11 |