Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Historia do Dereito e das Institucións
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Trátase de que estes alumnos coñezan os principais elementos xurídicos que forman o Dereito en Europa ao longo dos últimos dous milenios. O dereito romano, o sistemas anglosaxón, xermánico, canónico e feudal, aínda que a maior incidencia uns que outros, así como o peso da doutrina e as varias escolas de pensamento xurídico, en moitas ocasións, condicionadas pola realidade filosófica, política e relixiosa, espalladas por todo o territorio do que se entende por Europa, sen esquecer o papel das universidades, preferentemente, serán o obxecto de análise.
Isto permitirá que o alumno accede á pluralidade de experiencia xurídica europea, a posibilidade de comprensión, por medio do dereito comparado, da regulación das distintas entidades de dereito privado e público en varios países europeos. Ó tempo, se analizará as posibilidades futuras de acceso a un dereito europeo común neste proceso histórico de unidade que se desenvolve en Europa a partir do século XX.
PROGRAMA
I.- ASPECTOS XERAIS
TEMA 1: CONCEPTO DE EUROPA: sentidos míticos, xeográficos, culturais. Influencia pensamento grego, oriental…
TEMA 2: APARICION DA CONCIENCIA EUROPEA: Batalla de Poitiers e Carlomagno.
TEMA 3: SISTEMAS XURÍDICOS EUROPEOS: Dereito romano e Corpus de Justiniano. Lexislación germánica. Dereito canónico. Dereito feudal. Caso inglés: COMMON LAW.
II.- O PODER EN EUROPA
TEMA 4: RELIXIÓNS E PODER EN EUROPA: Cristianismo universal e particularismos cristiáns. A Inquisición. Guerras de Relixión. Paz de Westfalia e en nova orde europea.
TEMA 5: POTESTAS EN EUROPA: Imperios e monarquías. Estado e soberanía. Absolutismo. As repúblicas. Texto xurídico-políticos modernos: Recompilacións, Constitucións, Códigos, Declaracións de Dereitos. Relacións entre Estado e Iglesia-papado ata o século XIX.
TEMA 6. NOVOS SUXEITOS DE PODER EN EUROPA: partidos políticos e sindicalismo proletario; a prensa; as mulleres e o feminismo. Grandes corporacións. Anciáns e novos
TEMA 7: INSTITUCIÓNS LEXISLATIVAS EN EUROPA: Cortes medievais, Parlamentos e Cortes constitucionais.
TEMA 8: SISTEMAS XUDICIAIS EN EUROPA: xuíces romanos, procedementos romanos, xuíces medievais e procedementos medievais, xuíces modernos, sistema do Ius Commune, novos principios xudiciais. Xustiza en período constitucional.
III.- A AUCTORITAS. O SABER EN EUROPA
TEMA 9: AUTORITAS EN EUROPA: Escolas monacales ata o século XII. Universidades. Escolas de pensamento xurídico.
IV.- CUESTIÓNS FINAIS
TEMA 10: MAIS ALLA DAS FRONTEIRAS EUROPEAS: América, África, Colonialismo. Novos imperios. Conferencia de Berlín.
TEMA 11: UNIFICACION EUROPEA?. REPENSANDO EUROPA: Posicións políticas tras a I Guerra Mundial (Sociedade de Nacións), situación tras a II Guerra Mundial, situación actual (Brexit, migracións e pandemias).
La bibliografía específica será sinalada en clase, pero coma libros de carácter xeral para consulta:
-COING, H., El derecho privado europeo, trad. Antonio Pérez Martín, Madrid, 1996.
-DELL’AQUILA, E., Introducción al estudio del Derecho inglés, prólogo J.L. de los Mozos, Valladolid, 1982.
-KOSHACKER, P., Europa y el Derecho romano, trad. Santa Cruz Teijeiro, Madrid, 1955.
-MERRYMAN, J.H., La tradición jurídica romano-canónica, trad. Carlos Sierra, México, 1979.
- SANCHEZ ARCILLA, J., Jacobus, ie quod ego. Los caminos de la ciencia jurídica, Dykinson, Madrid, 2003.
-STEIN, P., El derecho romano en la historia de Europa. Historia de una cultura jurídica, prólogo de Juan Pablo Fusi, César Hornero Méndez-Armando Romanos Rodríguez (trads), Madrid, 2001.
-WIEACKER, F., Historia del derecho privado de la Edad Moderna, trad. Francisco Fernández Jardón, Madrid, 1957.
-ZIMMERMANN, R., Estudios de Derecho privado europeo, trad. Antoni Vaquer Aloy, Madrid, 2000.
Son similares ás competencias da materia troncal de Fundamentos Históricos do Dereito Español:
- Coñecer as distintas formas de creación da dereito, na súa evolución histórica.
- Comprender e interpretar a pluralidade de fontes legais no seu contexto histórico.
- Coñecer os aspectos comúns e diferenciados de institucións xurídicas fundamentais na súa evolución histórica nos distintos sistemas xurídicos europeos
- Comprender a interrelación entre os sistemas xurídicos europeos.
- Comprender os fundamentos históricos e xurídicos que sustentan o sistema xurídico europeo.
Aparentemente parece que, con respecto a cursos anteriores, houbo un cambio de Programa. Realmente, non é así. O que se produce, nunha materia tan extensa e tan densa, que afecta á Historia de todo un continente, é un cambio na forma de expoñer a súa historia-xurídica.
Por unha banda, acudiranse ás clases expositivas, non excesivamente densas (o tempo de que se dispón en escaso), pero imprescindibles para situar ao alumno na explicación histórico-xurídica europea.
Preténdese o uso polo alumno material de diferente formato coa idea de traballar en grupo ou individualmente, e con exposicións xerais e debates (aínda que, e á vista da experiencia doutros anos, todo dependerá do tempo co que se conte e da participación do estudantado). Para iso, levarán tales materiais a clase, onde poderán ser entregados aos alumnos, á páxina do Campus Virtual ou ben na páxina principal da área de Historia do Dereito.
Preténdese que o alumno, coas exposicións e/ou posibles debates sobre determinados temas, desenvolva a súa capacidade de expresión oral e de argumentación xurídica.
Esixirase a presenza dos alumnos en clase, de forma que se pasará lista, o que será tomado en consideración para a nota final. Tamén se fomentará a participación en clase dos alumnos.
Debido ao COVID-19 e ás esixencias das autoridades académicas, o sistema de cualificación debe contemplar os 3 escenarios docentes posibles (presencial, mixto –presencial e telemático-, e unicamente telemático) atendendo á situación sanitaria de cada momento. Así pois:
I. CRITERIOS DE CALIFICACION COMÚNS Aos TRES ESCENARIOS:
- Todos os estudantes desta materia serán avaliados de acordo coa súa participación nas actividades, presenciais ou non presenciais, que se desenvolvan ao longo do cuadrimestre.
- Ningunha actividade é obrigatoria pero para superar a disciplina ha de alcanzarse en conxunto unha puntuación mínima de 5 sobre 10, en calquera das dúas oportunidades establecidas durante o presente curso académico.
- Con cada unha das actividades expostas búscase que os estudantes adquiran os coñecementos esenciais para superar a materia.
- Para os efectos da nova Normativa sobre permanencia nas Titulacións de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobada polo Consello de Goberno e o Consello Social da Universidade (http://www.usc.es/es/normativa/estudantes), e en particular polo que afecta á aplicación do seu artigo 5 (Esgotamento de convocatorias) no que respecta a a materia Historia da Configuración Xurídica de Europa, establécense os seguintes requisitos:
a) Enténdense avaliables para a nota final a realización de prácticas, test ou calquera outra actividade académica que se realice a partir do 13 de outubro de 2020. Calquera outra actividade que se realice antes desta data será computable só para aqueles alumnos que a partir do 13 de outubro de 2020 sigan acudindo ás clases, participando activamente nas clases presenciais e realizando as actividades propostas.
b) Os alumnos que realicen todas ou algunha das prácticas e todos ou algúns dos test, pero non concorran ao exame final, serán avaliados como “Non presentado”. As notas das prácticas e dos test serán gardadas, con todo, para a oportunidade correspondente á oportunidade de xullo.
II. VALORACION DAS ACTIVIDADES EN ESCENARIO 1 (DOCENCIA PRESENCIAL)
Esta é a situación académica que tradicionalmente viñemos desenvolvendo. Así pois a valoración das actividades docentes é practicamente a mesma que a establecida en cursos anteriores:
- Asistencia ás clases e participación activa: 10%. Para o seu cómputo esixirase un mínimo do 60% de asistencias por parte do/a alumno/a, valorándose no cómputo final as intervencións individuais durante o desenvolvemento das devanditas clases. A puntuación obtida durante o primeiro cuadrimestre conservarase sen modificacións para a cualificación da segunda oportunidade de avaliación.
- Realización de prácticas, escritas ou orais, e test: 20%. Para o seu cómputo esixirase a realización do 60 % destas actividades. A puntuación obtida durante o primeiro cuadrimestre conservarase sen modificacións para a cualificación da segunda oportunidade de avaliación.
- Realización dunha proba final escrita: 70%. Nela os/ as alumnos/ as deberán superar a metade das cuestións expostas demostrando o seu coñecemento sobre as materias contidas no programa.
A proba final escrita do primeiro cuadrimestre terá lugar o día 18 de xaneiro de 2021 na aula e hora que se detalla no taboleiro de anuncios da Facultade.
A data para a realización da proba final escrita na segunda oportunidade de avaliación será o día 8 de xullo de 2021.
Teñan presente que estas datas poden verse alteradas por decisión do Consello de Goberno da Universidade por circunstancias sobrevindas de carácter sanitario.
Nota mínima de conxunto para superar a disciplina en calquera de ambas as oportunidades: 5 sobre 10.
SINGULARIDADE PARA ESTUDANTES REPETIDORES
Os estudantes que por ter concedida a exención de docencia, así como os alumnos repetidores/ as ou que, por razóns plenamente xustificadas e aceptadas o profesor, non teñan a obrigación ou non poidan asistir e participar nas clases ordinarias, expositivas e interactivas, presenciais ou non presenciais, deberán realizar a proba final escrita para superar a disciplina e poderán, desde logo, acceder á máxima cualificación na materia cumprimentando as seguintes esixencias:
1ª) presentar as prácticas por escrito (ou remitidas por mail), pero na mesma data que a fixada para presentalas polos restantes compañeiros;
2º) realizar un traballo, dun mínimo de 15 e un máximo de 20 folios, non tutelado, dunha das preguntas de calquera dos temas do Programa, a elección do alumno, e seguindo as pautas formais e requisitos do Regulamento da Facultade de Dereito para os traballos de Fin de Grao.
As notas obtidas nas prácticas ou no traballo serán mantidas na oportunidade do mes de xullo. Se o estudante non se presentase no exame final, será cualificado como “Non presentado”.
Nota mínima de conxunto para superar a disciplina en calquera de ambas as oportunidades: 5 sobre 10.
Para o caso de que se decrete polas autoridades académicas o escenario 2 (docencia mixta) ou o escenario 3 (docencia exclusivamente telemática), acórdase un PLAN DE CONTINXENCIA que se detalla na sección OBSERVACIÓNS deste Programa Docente
A preparación das clases expositivas esixe dedicación de aproximadamente unha hora. Durante este tempo, o alumno debe realizar as lecturas recomendadas, fixar os coñecementos adquiridos e revisar as dúbidas que xurdan ou que convenga plantear aos profesores. Esta tarefa debe ser previa a clase, por unha banda, e, ademais de repaso da mesma, por outra banda.
A preparación da clase interactiva esixe máis esforzó persoal. Non é só a adquisición de coñecementos, senón de aplicalalos á actividade a desenvolver. O tempo dedicado a estas actividades é maior que o dedicado as clases expositivas, xa que o alumno ten que traballar individualmente ou no seu caso coordinado con outros, pra realización das tarefas propostas.
O traballo persoal desenvolvido por cada alumno, de forma continua e con persistente dedicación, ao longo do semestre, halle de permitir superar a materia sen que se plantexen obstáculos insalvables.
Con independencia da atención en clase, os alumnos podrán atopar o profesor no Seminario Xurídico de Historia do Dereito (3 º andar) para solventar calquera duda.
O alumno é capaz de dedicar o tempo estimado, en xeral, o EEES en cada día de clase do semestre, de forma continua e persistente, tamén gastar uns minutos de lectura recomendada, non debe atopar moitos problemas para pasar con éxito o curso.
Para os alumnos que por variadas razóns e circunstancias non sexan capaces de frecuentar as aulas con regularidade, ou teñan calquer problema de comprensión do tema e, en xeral, calquera dificulatad, é aconsellable acudir ó profesor.
Asistir as clases con regularidade, segundo a experiencia de anos anteriores, é unha condición previa para superar esta materia.
Establécese un PLAN DE CONTINXENCIA para determinar o Sistema de Avaliación e cualificación en caso de acharnos nos ESCENARIOS 2 E 3, se así fosen acordados pola Autoridade académica da USC:
ESCENARIO 2: DOCENCIA MIXTA
Neste escenario, a asistencia a clase queda presencialmente diminuída. Aínda así, e na medida que se mantén certa presencialidad e caben medios informáticos para comprobar a asistencia telemática a clases, dita asistencia será avaliada en favor do alumno, cun 10% da nota.
- Realización de prácticas, escritas ou orais, e test: 40%. Para o seu cómputo esixirase a realización do 60 % de ambos. A puntuación obtida durante o primeiro cuadrimestre conservarase sen modificacións para a cualificación da segunda oportunidade de avaliación.
- Realización dunha proba final escrita: 50%. Os alumnos deberán superar as cuestións expostas demostrando o seu coñecemento sobre as materias contidas no programa. A proba escrita deberá ser superada cunha puntuación de 4 (sobre 10) para computar as prácticas e test realizadas.
Nota mínima de conxunto para superar a disciplina en calquera de ambas as oportunidades: 5 sobre 10
ESCENARIO 3: UNICAMENTE DOCENCIA TELEMATICA
Neste escenario, a asistencia a clase desaparece. Aínda así, e na medida que se caben medios informáticos para comprobar a asistencia telemática a clases, dita asistencia será avaliada en favor do alumno, cun 10% da nota final. Se o escenario 3 fose sobrevindo ao longo do cuadrimestre, sumaranse as asistencias referidas dos escenarios anteriores a este novo escenario.
O profesor será sensible ao feito dificultoso para moitos estudantes de seguir as clases telemáticas nestas circunstancias. Dita sensibilidade manifestarase nunha menor esixencia, se fose demostrada a dificultade, nas asistencias.
-Realización de prácticas, escritas ou orais ou orais, e test: 40%. Para o seu cómputo esixirase a realización do 60 % de ambos. A puntuación obtida durante o primeiro cuadrimestre conservarase sen modificacións para a cualificación da segunda oportunidade de avaliación.
- Realización dunha proba final escrita: 50%. Os alumnos deberán superar as cuestións expostas demostrando o seu coñecemento sobre as materias contidas no programa. A proba escrita deberá ser superada cunha puntuación de 4 (sobre 10) para computar as prácticas e test realizadas.
Nota mínima de conxunto para superar a disciplina en calquera de ambas as oportunidades: 5 sobre 10.
PARA AMBOS OS ESCENARIOS, 2 E 3
A proba final escrita do primeiro cuadrimestre terá lugar o día 18 de xaneiro de 2021 nas aulas e horas que se detallan no taboleiro de anuncios da Facultade.
A data para a realización da proba final escrita na segunda oportunidade de avaliación será o día 8 de xullo de 2021.
Teñan presente que estas datas poden verse alteradas por decisión do Consello de Goberno da Universidade por circunstancias sobrevindas de carácter sanitario.
Nestes escenarios non se expón ningunha singularidade para alumnos repetidores, que manteñen o réxime xeral do Escenario 1
As notas obtidas nas prácticas ou no traballo serán mantidas na oportunidade do mes de xullo. Se o estudante non se presentase no exame final, será cualificado como “Non presentado”.
As TITORÍAS, en canto a horarios concretos, aínda que se informa a comezo de curso aos alumnos, o certo é que en ESCENARIO 2 E 3 poden verse alterados polas circunstancias, e quizais, o máis útil sexa ir fixando ditas titorías, de acordo co/o alumno/para interesado, en atención a como se vaian desenvolvendo os acontecementos.
Nestes Escenarios 2 e 3 onde a presencialidad está limitada ou anulada, a COMUNICACIÓN COA PROFESORA, ademais das titorías no despacho da área de Historia do Dereito (3 er piso), se fose posible, o máis indicado sería a comunicación por medio do correo electrónico (mteresa.bouzada [at] usc.es (mteresa[dot]bouzada[at]usc[dot]es)) de forma que se poida concertar algunha entrevista a través da Plataforma TEAMS.
Maria Teresa Bouzada Gil
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Historia do Dereito e das Institucións
- Teléfono
- 881814728
- Correo electrónico
- mteresa.bouzada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Sala de Conf. Lete del Rio |
Venres | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Sala de Conf. Lete del Rio |
18.01.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Salón de Actos |
08.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |