Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Achegar os conceptos e categorías teóricas coas que se articula a definición do xénero como unha construción social.
2. Subliñar o papel do xénero como principio de organización social que opera, xunto con outras variables, na estruturación das relacións de poder.
3. Coñecer as liñas xerais do desenvolvemento das teorías e movementos feminista e as súas propostas.
4. Afondar nas achegas realizadas desde a perspectiva de xénero á filosofía e á teoría social.
5. Identificar e abordar críticamente enfoques androcéntricos e patriarcais no pensamento filosófico e na teoría social.
6. Sensibilizar ao alumnado fronte ás xerarquizacións e exclusións sociais baseadas no xénero
1. Xénero, feminismo e análise da sociedade
1.1. Androcentrismo e produción do coñecemento filosófico
1.2. Un impulso dende as marxes: estudos da muller, do xénero e feministas
1.3. Conceptos chave e deconstrucións contemporáneas
1.4. Sexo e sexualidade
1.5. Feminismos
2. Historia do feminismo
2.1. Primeira onda: do pre-feminismo á ilustración
2.2. Segunda onda: do sufraxismo a Beauvoir
2.3. Terceira onda: do feminismo radical aos feminismos plurais
3. Antropoloxía do xénero
3.1. O papel da antropoloxía nos estudos de xénero e feministas
3.2. As primeiras evidencias: variabilidade cultural dos xéneros
3.3. Antropoloxía feminista dos 70’s
a) Evolucionismo e o mito do matriarcado
b) Estruturalismo e a díade natureza/cultura
c) Materialismo e xénero
3.4. Antropoloxía feminista contemporánea
4. Unha ollada feminista cara ao horizonte: a cuarta onda
4.1. Espazos xenerizados, símbolos e rituais
4.2. Feminismos interseccionais e descoloniais
4.3. Epistemoloxías feministas
4.4. Ecofeminismos, economía feminista e ética do coidado
4.5. Teorías e movementos queer
4.6. Violencias patriarcais
Bibliografía básica
Lamas, Marta (ed.) (2013). El género. La construcción cultural de la diferencia sexual. PUEG.
Maquieira, Virginia e Beltrán, Elena (eds.) (2001) Feminismos. Debates teóricos contemporáneos. Alianza.
Moreno, Hortensia e Alcántara, Eva (2016). Conceptos clave de los estudios de género. UNAM.
Martín Casares, Aurelia (2021). Antropología del género: culturas, mitos y estereotipos sexuales. Cátedra.
Meloni, Carolina (2025). La instancia subversiva. Decir lo femenino, ¿es posible? AKAL
Bibliografía complementaria
Agra Romero, María Xosé (ed.) (1998). Ecología y feminismo. Comares
Bernini, Lorenzo (2018). Las teorías queer: una introducción. Egales
Blazquez Graf, Norma (2012). Epistemología feminista: temas centrales. En N. Blazquez Graf, et. al. (Eds.), Investigación feminista: epistemología, metodología y representaciones sociales (pp. 21-38). UNAM
Bourdieu, Pierre (2000). La dominación masculina. Anagrama
Butler, Judith (2001). El género en disputa. El feminismo y la subversión de la identidad. Paidós
Espinosa Miñoso, Yuderkys et. al. (eds.). (2014). Tejiendo de otro modo: Feminismo, epistemología y apuestas descoloniales en Abya Yala. Universidad del Cauca
Esteban, Mari Luz (2019). El feminismo y las transformaciones en la política. Bellaterra
Fausto Sterling, Anne (2020). Cuerpos sexuados. Melusina
Federici, Silvia (2010). Calibán y la bruja: mujeres, cuerpo y acumulación originaria. Tinta Limón
Haraway, Donna (1995). Ciencia, ciborgs y mujeres. La reinvención de la naturaleza. Cátedra
Harris, Olivia e Young, Kate (eds.) (1979). Antropología y Feminismo. Anagrama
Herrero, Yayo (2013). Miradas ecofeministas para transitar a un mundo justo y sostenible. Revista de Economía Crítica, 16, 278-307.
Jabardo, Mercedes (ed.) (2012). Feminismos negros: una antología. TdS.
Kelley, Heidi (1994). The Myth of Matriarchy: Symbols of Womanhood in Galician Regional Identity. Anthropological Quarterly, 67(2), 71-80.
Laqueur, Thomas (1990). La construcción del sexo. Cátedra
Lamas, Marta (2000) "Diferencias de sexo, género y diferencia sexual". Cuicuilco, 7 (18).
Lugones, María (2011). Hacia un feminismo descolonial. La manzana de la discordia, 6(2), 105-119.
Méndez, Lourdes (2007). Antropología feminista. Síntesis.
Mohanty, Chandra T (2008). Bajo los ojos de Occidente. En L. Suárez Navaz e R.A. Hernández Castillo (eds.), Descolonizando el Feminismo (pp. 112-161). Cátedra.
Moncó, Beatriz (2011). Antropología del género. Síntesis.
Moore, Henrieta (1991). Antropología y feminismo. Cátedra.
Puleo, Alicia (2019). Claves ecofeministas: para rebeldes que aman la Tierra y a los animales. Plaza y Valdés.
Roseman, Sharon e Alonso Población, Enrique (eds.) (2012). Antropoloxía das mulleres galegas. Sotelo Blanco.
Rubin, Gayle (1986). El tráfico de mujeres. Nueva Antropología, 8(30), 95-145.
Serret, Estela (2007). Identidad femenina y proyecto ético. UAM.
Scott, Joan W. (1994). El género, una categoría para el análisis histórico. En J.S. Amelang e M. Nash (eds.), Historia y género (pp. 23-58). Alfons el Magnanim.
Solá, Miriam e Urko, Elena (eds.) (2013). Transfeminismos: episteme, fricciones y flujos. Txalaparta.
Stolcke, Verena (2000). ¿Es el sexo para el género lo que la raza para la etnicidad... y la naturaleza para la sociedad? Política y Cultura, 14, 25-60.
Thurén, Britt-Marie (2008). La crítica feminista y la antropología: una relación incómoda y fructífera. Ankulegi, 12, 97-114.
- Competencias xerais e básicas
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado
CX4 - Que estean capacitados/as para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os/as estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
- Competencias transversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade medioambientais.
- Competencias específicas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas
CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos
- Aulas expositivas
O obxectivo das sesións expositivas é o desenvolvemento dos contidos teóricos, conceptuais e metodolóxicos incluídos no programa do curso. Estes contidos complementaranse, exemplificaranse e serán discutidos nas sesións interactivas.
- Aulas interactivas
O obxectivo das sesións interactivas é complementar, exemplificar, profundar e discutir algúns aspectos concretos da materia. Traballarase no desenvolvemento das competencias relacionadas con habilidades e actitudes.
O alumnado realizará un traballo grupal de iniciación á investigación, unha actividade complementaria e un traballo individual.
O traballo grupal consistirá no desenvolvemento dun proxecto de iniciación á investigación cualitativa, coa proposta por parte das docentes dunha temática transversal e aplicada a problemas sociais contemporáneos. Planificaranse sesións de introdución á metodoloxía da investigación, recomendación bibliográfica, planificación e seguimento do traballo. Planificaranse sesións de presentación, debate e transferencia dos resultados producidos.
Esta proposta poderá enmarcarse nun proxecto de Aprendizaxe-Servizo.
O traballo individual é unha entrega obrigatoria para todas as modalidades de avaliación. Consistirá na elaboración dun ensaio, comentario de texto ou cuestionario. Darase preferencia á corrección por pares e co-avaliación formativa dos entregables individuais empregando a ferramenta “obradoiro” do campus virtual.
O obxectivo das aulas interactivas será sempre favorecer a aprendizaxe autónoma e colaborativa, a avaliación continua formativa, a transferencia e o compromiso ético, empregando as ferramentas didácticas máis axeitadas.
- Actividade Titorial
As titorías individuais utilizaranse para o seguimento dos contidos teóricos, apoio ao desenvolvemento as tarefas e entregables, así como para recomendar bibliografía de apoio e material adicional, resolver dúbidas ou revisar comentarios e correccións. Estas funcións tamén se desenvolverán a través do seguimento feito nas aulas interactivas, da avaliación formativa dos traballos grupais e entregables individuais a través do campus virtual.
As titorías grupais programaranse en relación coa elaboración do traballo grupal, para a súa planificación, organización, recomendacións metodolóxicas, bibliográficas, resolución de dúbidas e supervisión de borradores. Igualmente estas funcións desenvolveranse a través da avaliación formativa do traballo grupal a través do campus virtual e dos comentarios formativos na exposición grupal.
1. Avaliación continua formativa (modalidade preferente)
A asistencia e participación nas aulas presenciais expositivas e interactivas é preceptiva nesta materia, segundo o "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela" (Art. 1.c).
A) Tarefas e entregables: 60%
Proxecto grupal: 35%
Entregable individual e co-avaliación: 15%
Actividade complementaria: 10%
B) Proba final: 40%
Será preciso aprobar a parte A) das tarefas e entregables que dan conta do aproveitamento e seguimento da materia para poder facer a proba final B) complementaria nesta avaliación continua. É obrigatorio facer e aprobar ambas partes A) e B) para facer a media.
Segundo os Estatutos da Universidade, no seu artigo 130.2, o estudantado ten o deber da “asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente”. O Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela establece que a asistencia é un dereito e un deber do alumnado. https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/verAnuncioPublicable/135279/…
Seguindo o artigo 1.c. deste regulamento, nesta materia establécese que a asistencia é preceptiva nun 80% das sesións. Por tanto, a ausencia sen xustificar de máis de 6 sesións, interactivas ou expositivas, supón a perdida do dereito á avaliación continua.
2. Alumnado con dispensa de asistencia
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia segundo o indicado na normativa, poderá acollerse á seguinte modalidade de avaliación:
A) Entregable individual e co-avaliación: 15%
B) Proba final: 85%
Será obrigatorio facer o entregable individual e participar na co-avaliación, atendendo ás datas xerais establecidas na programación da materia. É obrigatorio facer e aprobar ambas partes A) e B) para facer a media.
3. Avaliación non continua
De xeito excepcional e para aqueles casos que perdan o dereito á avaliación continua, articulase unha alternativa para a súa avaliación.
A) Entregable individual e co-avaliación: 15%
B) Proba final: 85%
Será obrigatorio facer o entregable individual e participar na co-avaliación, atendendo ás datas xerais establecidas na programación da materia. É obrigatorio facer e aprobar ambas partes A) e B) para facer a media.
4. Avaliación do alumnado repetidor
Seguirá o mesmo réxime de avaliación que o alumado do réxime ordinario.
Os contidos e estratexia de ensinanza-aprendizaxe destamateria contribúen a acadar as seguintes competenciaspropias do título:
- A participación dun proxecto de investigación grupal e as distintas tarefas e entregas vinculadas permitirá acadar as seguintes competencias básicas CB1, CB2, CB3, CB4 e CB5, xerais CX1, CX2, CX4, CX5,CX6 e específicas CE6, CE7, CE8, CE9, CE10.
- Os entregables individuais realizados en base ádistintos materiais así como a participación na avaliación por pares e comentario construtivo permitirá acadar as seguintescompetencias básicas CB1, CB2, CB3, CB4 e CB5, xerais CX1, CX2, CX4 e CX5 e específicas CE1 e CE.
- A exposición dos contidos conceptuais e teóricos e a súa avaliación cunha proba final permitirá acadar especialmente as competencias xerais CX1, CX4, CX5, básicas CB1, CB4 e CB5, e as específicas CE1 e CE5.
Horas expositivas: 24
Horas interactivas: 24
Horas de titoría: 3
Total horas presenciais: 51
Estimase que cada alumna/o deberá dedicar unhas 99 horas ao seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas 35 corresponden ás tarefas de estudo; 18 á preparación de materiais, procura de información e análise de documentos, 45 a lecturas e elaboración dos traballos escritos e orais; 19 á lectura de obras recomendadas e á resolución de dúbidas e problemas de aprendizaxe dos contidos.
Iso supón un total de 150 horas de dedicación á materia.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Será preciso ter sentido social e compromiso ético coa igualdade e a diversidade. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Nieves Herrero Pérez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812531
- Correo electrónico
- mnieves.herrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Guadalupe Jiménez Esquinas
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812532
- Correo electrónico
- guadalupe.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 4 |
22.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
22.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 3 |
22.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
22.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
22.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
22.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
22.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
22.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
29.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
29.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 3 |
29.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
29.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
29.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
29.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
29.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
29.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |