Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Segundo consta na Memoria de Verificación do Grao en Filosofía os obxectivos fundamentáis da materia son:
- Coñecer o concepto do símbolo e as distintas teorías e formulacións teóricas sobre o simbolismo
- Coñecer o papel do simbolismo na cultura e na acción social
- Aplicar este coñecemento á interpretación da filosofía, da arte, a literatura, a relixión e outras manifestacións culturais
- Saber utilizar ese coñecemento para interpretar a linguaxe simbólica nalgúns ámbitos da sociedade contemporánea: relixión, poder, política, corporalidade
1. Introdución á teoría do simbolismo dende a antropoloxía e outras disciplinas
1.1. O ser humano como animal simbólico
1.2. Aproximación conceptual
1.3. Antropoloxía, corpo e afectos
2. As teorías xerais do símbolo
2.1. A psicoloxía do inconsciente
2.2. Socioloxía francesa: a función social do símbolo
2.3. Estruturalismo e antropoloxía cognitivo-simbólica
2.4. Eficacia simbólica
2.5. O corpo como ferramenta simbólica
3. Aproximacións contemporáneas
3.1. Simbolismo ritual e performance
3.2. Simbolismo e cultura
3.3. Antropoloxía simbólica de Galicia
3.4. Economía dos bens simbólicos
3.5. Simbolismo e poder: corpo colonizado, corpo xenerizado
- Bibliografía básica:
Segalén, Martine (2005) Ritos y rituales contemporáneos. Alianza.
Vallverdú, Jaume (2008) Antropología simbólica. UOC.
Reynoso, Carlos (1987) Paradigmas y estrategas en antropología simbólica. Búsqueda.
Augé, Marc (1998) Dios como objeto. Símbolos-cuerpos-materias-palabras. Gedisa.
- Bibliografía complementaria:
Álvarez Degregori, Mª Cristina (2001) Sobre la mutilación genital femenina y otros demonios. Bellaterra.
Augé, Marc (1983) Símbolo, función e historia. Gedisa.
Berger, Peter y Luckman, Thomas (2001) La construcción social de la realidad. Amorrortu.
Boon, James A. (1993) Otras tribus, otros escribas. Antropología simbólica en el estudio comparativo de culturas, historias, religiones y textos. FCE
Bourdieu, Pierre (2009) La eficacia simbólica: religión y política. Biblos.
Breton, André le (2014) Antropología del cuerpo y la modernidad. Nueva visión.
Cassirer, Ernst (1975) Antropología filosófica. FCE
Caro Baroja, Julio (1974) Ritos y mitos equívocos. Istmo.
Caro Baroja, Julio (1987) Las formas complejas de la vida religiosa. Akal.
Delgado, Manuel (2001) Luces iconoclastas. Anticlericalismo, blasfemia y martirio de las imágenes. Ariel.
Delgado, Manuel (1993) “La “religiosidad popular”. En torno a un falso problema”. Gazeta de Antropología, 10 art. 8.
Douglas, Mary (1973) Pureza y peligro. Siglo XXI.
Douglas, Mary (1978) Símbolos naturales. Siglo XXI
Durand, Gilbert (2007) La imaginación simbólica. Amorrortu
Durkheim, Émile (1982). Las formas elementales de la vida religiosa. Akal.
Dussel, Enrique (1994) El encubrimiento del otro: hacia el origen del mito de la modernidad. Ed. Abya Yala.
Durkheim, Émile (1996) Clasificaciones primitivas y otros ensayos de sociología positiva. Ariel.
Elíade, Mircea (1991) Mito y realidad. Ed. Labor
Eliade, Mircea (2014) Lo sagrado y lo profano. Paidós
Elías, Norbert (2000) Teoría del símbolo. Un ensayo de antropología cultural. Península
Lisón Tolosana, Carmelo (2004) Brujería, estructura social y simbolismo en Galicia. Akal
Freud, Sigmund (1981). Tótem y tabú. Alianza.
Evans-Pritchard, Edward E (1976) Brujería, magia y oráculos entre los azande. Anagrama.
Geertz, Clifford (1992). Interpretación de las culturas. Gedisa.
Goffman, Erving (1970) Ritual de interacción. Tiempo Contemporáneo.
Lakoff, George y Johnson, Mark (2001) Metáforas de la vida cotidiana. Cátedra.
Leach, Edmund (1989) Cultura y comunicación. La lógica de los símbolos. Una introducción al uso del análisis estructuralista en la antropología social. S XXI.
Lévi-Strauss, Claude (1995) Antropología estructural. Paidós
Lévi-Strauss, Claude (1965) El totemismo en la actualidad. FCE
Muraro, Luisa (1995) El orden simbólico de la madre. Horas y horas.
Ortner, Sherry (1973) On Key Symbols. Aman Anthropologist, 75 (5): 1338-1345.
Sahlins, Marshall (1996) Cultura y razón práctica. Gedisa.
Schechner, Richard (1993) The future of ritual. Writings on culture and performance. Routledge.
Sperber, Dan (1978) El simbolismo en general. Anthropos.
Turner, Victor (1990). La selva de los símbolos. Aspectos del ritual ndembu. S XXI.
Turner, Victor (1998) El proceso ritual. Taurus.
Valdés del Toro, Ramón (1981) Nuevas tendencias en el estudio del simbolismo. Enrahonar Quaderns de filosofía, 2: 47-86.
Vallverdú, Jaume (2001) Mercado religioso y movimientos carismáticos en la modernidad. Gazeta de Antropología, 17: art. 22
Velasco, Honorio (2010) Cuerpo y espacio. Símbolos y metáforas, representación y expresividad...
COMPETENCIAS XERAIS
CX1: Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrina, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
CX2: Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía a un nível xeral e non especializado.
CX4: Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros eidos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5: Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saber e na prática social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos dende a Filosofía.
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01: Instrumentais: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02: Persoais: Curiosidade e actividade intelectual non restrinxidas á Filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03: Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1: Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas.
CE2: Saber explicar eses coñecementos dentro e fora do ámbito filosófico.
CE6: Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7: Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expoñer e resolver problemas.
- Aulas expositivas
O obxectivo das sesións expositivas é o desenvolvemento dos contidos incluídos no programa do curso. Estes contidos complementaranse, exemplificaranse e serán discutidos nas sesións interactivas.
- Aulas interactivas
O obxectivo das sesións interactivas é complementar, exemplificar, profundar e discutir algúns aspectos concretos da materia. Traballarase no desenvolvemento das competencias relacionadas con habilidades e actitudes.
A proposta docente irá fundamentalmente orientada ao traballo en grupos e á aprendizaxe activa.
O traballo grupal consistirá na exposición e presentación dun texto previamente seleccionado polas docentes, que vai complementar os contidos traballados nas aulas expositivas. A presentación consistirá na explicación dos contidos teóricos e conceptuais, así como a proposta de recursos audiovisuais, performance, role playing, dinámicas de grupo, etc. que exemplifiquen de xeito práctico a temática traballada e sirvan para introducir ao debate e á reflexión. Cada grupo tamén fará un/dous entregables relacionados con esta exposición.
Propoñerase un/dous traballo/s individuais que consistirán na elaboración de reflexións, comentarios ou cuestionarios que serán voluntarios para o alumnado con avaliación continua e obrigatorio para as outras modalidades de avaliación.
Esta proposta docente poderá enmarcarse nun proxecto de Aprendizaxe-Servizo.
O obxectivo das aulas interactivas será sempre favorecer a aprendizaxe autónoma e colaborativa, a avaliación continua formativa, empregando as ferramentas didácticas máis axeitadas.
- Actividade Titorial
As titorías individuais utilizaranse para o seguimento dos contidos teóricos, apoio ao desenvolvemento as tarefas e entregables, así como para recomendar bibliografía de apoio e material adicional, resolver dúbidas ou revisar comentarios e correccións. Estas funcións tamén desenvolveranse a través da avaliación formativa dos traballos e entregables individuais a través do campus virtual.
As titorías grupais programaranse en relación coa elaboración do traballo grupal, para a súa planificación, organización, recomendacións metodolóxicas, bibliográficas, resolución de dúbidas e supervisión de borradores. Igualmente estas funcións desenvolveranse a través da avaliación formativa do traballo grupal a través do campus virtual e dos comentarios formativos na exposición grupal.
1. Avaliación continua formativa (modalidade preferente)
A asistencia e participación nas aulas presenciais expositivas e interactivas é preceptiva nesta materia, segundo o "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela" (Art. 1.c).
a) Tarefas e entregables: 40%
Presentación oral do traballo grupal: 20%
Entregables grupais: 20%
b) Proba final: 60%
No caso de facer a entrega voluntaria C) o exame suporá o 40% da cualificación
c) Entregable voluntario individual: 20%
Será preciso aprobar a parte A) das tarefas e entregables que dan conta do aproveitamento e seguimento da materia para poder facer a proba final B) complementaria nesta avaliación continua. É obrigatorio facer e aprobar ambas partes A) e B) para facer a media.
Segundo os Estatutos da Universidade, no seu artigo 130.2, o estudantado ten o deber da “asistencia e participación naquelas actividades formativas quese establezan como obrigatorias na programación docente”. O Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela establece que a asistencia é un dereito e un deber do alumnado. https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/verAnuncioPublicable/135279/…
Seguindo o Art. 1.c. deste regulamento, nesta materia establécese que a asistencia é preceptiva nun 80% das sesións. Por tanto, a ausencia sen xustificar de máis de 6 sesións, interactivas ou expositivas, supón a perdida do dereito á avaliación continua.
2. Alumnado con dispensa de asistencia
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia segundo o indicado na normativa, poderá acollerse á seguinte modalidade de avaliación:
A) Entregable individual 20%
B) Proba final: 80%
Será obrigatorio facer o entregable individual e participar nas actividades obrigatorias propostas, atendendo ás datas xerais establecidas na programación da materia. É obrigatorio facer e aprobar ambas partes A) e B) para facer a media.
3. Avaliación non continua
De xeito excepcional e para aqueles casos que perdan o dereito á avaliación continua, articulase unha alternativa para a súa avaliación.
A) Entregable individual: 20%
B) Proba final: 80%
Será obrigatorio facer o entregable individual e participar nas actividades obrigatorias propostas, atendendo ás datas xerais establecidas na programación da materia. Éobrigatorio facer e aprobar ambas partes A) e B) para facer a media.
4. Avaliación do alumnado repetidor
Seguirá o mesmo réxime de avaliación que o alumado do réxime ordinario.
Os contidos e estratexia de ensinanza-aprendizaxe desta materia contribúen a acadar as seguintes competencias propias do título:
- A exposición grupal na clase permitirá acadar as seguintes competencias básicas CB1, CB2, CB3, CB4 e CB5, xerais CX1, CX2, CX4 e CX5 e específicas CE6 e CE7.
- Os entregables grupais e individuais realizados en base á distintos materiais así como a participación na avaliación por pares e comentario construtivo permitirá acadar as seguintes competencias básicas CB1, CB2, CB3, CB4 e CB5, xerais CX1, CX2, CX4 e CX5 e específicas CE1 e CE2.
- A exposición dos contidos conceptuais e teóricos e a súa avaliación cunha proba final permitirá acadar especialmente as competencias xerais CX1, CX4, CX5, básicas CB1, CB4 e CB5, e as específicas CE1 e CE2.
Horas expositivas: 24
Horas interactivas: 24
Horas de titoría: 3
Total horas presenciais: 51
Estimase que cada alumna/o deberá dedicar unhas 99 horas ao seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas 35 corresponden ás tarefas de estudo; 18 á preparación de materiais, procura de información e análise de documentos, 45 a lecturas e elaboración dos traballos escritos e orais; 19 á lectura de obras recomendadas e á resolución de dúbidas e problemas de aprendizaxe dos contidos.
Iso supón un total de 150 horas de dedicación á materia.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Será preciso ter sentido social e compromiso ético coa igualdade e a diversidade. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha contade correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Guadalupe Jiménez Esquinas
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812532
- Correo electrónico
- guadalupe.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
29.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
29.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
29.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
06.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
06.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
06.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |