Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia consisten na adquisición e/ou prática das seguintes competencias:
(1) Dominio dos coñecementos propios da materia, coa capacidade para os explicar, aplicar e incrementar.
(2) Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar lóxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
(3) Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
(4) Capacidade para organizar a información, tomar decisións, e presentar e resolver problemas.
(5) Dominio do razoamento crítico.
Tema 1. Moral, ética e metaética
1. Intención e fins
2. Moral e ética
3. Estados de cousas e accións
5. Ética e metaética
Tema 2. O bo e o correcto
1. A ética e a teoría do valor
2. Valor e desvalor
3. Distinción entre concepcións do valor intrínseco e concepcións da distribuición do valor
4. Concepcións impersonais do valor
Tema 3. As concepcións do benestar e o malestar
1. Experiencialismo
2. Preferencialismo
3. Obxectivismo
Tema 4. Paradigmas consecuencialistas
1. Maximización e satisfación
2. Consecuencialismo negativo
3. Consecuencialismo directo e indirecto
Tema 5. Paradigmas non consecuencialistas
1. Deontoloxismos
2. Éticas do carácter
Tema 6. Consideración moral, imparcialidade e éticas feministas
1. Consideración moral
2. Ética e feminismo
3. Distintas éticas feministas
4. Discriminación e imparcialidade
Tema 7. A consideración moral dos animais
1. O especismo
2. Defensas do antropocentrismo
3. Os argumentos da superposición de especie e a relevancia
4. A sintiencia
Tema 8. Os límites da consideración moral
1. Distintas focaxes das éticas ambientais
2. Oposición entre a consideración moral dos animais e as éticas ambientais
3. Ética dos modelos de linguaxe e outros sistemas de IA
Tema 9. Altruísmo, maximización e eficiencia
1. A procura do maior ben
2. Impacto marxinal
3. Longopracismo
Tema 10. O reparto do valor e a xustiza
1. Concepcións da xustiza
2. Teorías maximizadoras ou minimizadoras
3. Teorías centradas en quen está peor
4. Teorías centradas no que merece ou posúe lexítimamente cadaquén
Tema 11. Método en ética
1. Transitividade, niveis críticos e conclusións contraintuitivas
2. Método en ética
Os textos básicos a traballar na materia, de lectura obrigada, serán os materiais subidos á aula virtual. Alén destes, a bibliografía complementaria da materia é a seguinte:
EN GALEGO/PORTUGUÉS
Aristóteles, Ética a Nicômacos, Brasília: Universidade de Brasília, 1984.
Cunha, Luciano C. Uma breve introdução à ética animal: Desde as questões clássicas até o que vem sendo discutido atualmente, Curitiba: Appris, 2021.
Ética Animal, Introdução ao sofrimento dos animais selvagens, Oakland: Ética Animal, 2023.
Galvão, Pedro (ed.), Os animais têm direitos?: perspectivas e argumentos, Lisboa: Dinalivro, 2011.
Horta, Oscar, Na defensa dos animais, Rianxo: Axóuxere, 2019.
Hottois, Gilbert & Missa, Jean-Noël (dirs.), Nova enciclopedia de bioética, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 2005.
McMahan, Jeff, A Ética no ato de matar: problemas às margens da vida, Porto Alegre: AltMed, 2011.
Sidgwick, Henry, Os métodos da ética, Lisboa: Gulbenkian, 2013.
Singer, Peter, Escritos sobre uma vida ética, Lisboa: Dom Quixote, 2000.
EN CASTELÁN (INCLÚESE NESTA LISTA A BIBLIOGRAFÍA NON DISPONÍBEL EN GALEGO/PORTUGUÉS)
Amorós, Celia & de Miguel, Ana (eds.) Teoría feminista: de la Ilustración a la globalización,
Madrid: Minerva, 2005.
Canto-Sperber, Monique (dir.), Diccionario de ética y de filosofía moral, Ciudad de México: FCE, 2001.
Horta, Oscar, Trenes y brújulas: introducción a la ética, Madrid: Plaza y Valdés, 2025.
Nagel, Thomas, La muerte en cuestión: ensayos sobre la vida humana, Ciudad de México: FCE, 1981.
Parfit, Derek, Razones y personas, Madrid: A. Machado Libros, 2004.
Rachels, James, Introducción a la filosofía moral, Ciudad de México: FCE, 2007.
Singer, Peter, Liberación animal, Taurus, Madrid, 2011.
———— Vivir éticamente: cómo el altruismo eficaz nos hace mejores personas, Barcelona: Paidós, 2017.
———— (ed.), Compendio de ética, Madrid: Alianza, 1995.
Smart, J.J.C. & Williams, Bernard, Utilitarismo: pro y contra, Madrid: Tecnos, 1981.
EN INGLÉS (INCLÚESE NESTA LISTA A BIBLIOGRAFÍA NON DISPONÍBEL EN GALEGO/PORTUGUÉS NEN EN CASTELÁN)
Driver, Julia, Consequentialism, Abingdon-on-Thames: Routledge, 2012.
Fieser, James & Dowden, Bradley, Internet Encyclopedia of Philosophy, 1995-2015, http://www.iep.utm.edu
Mayerfeld, Jamie, Suffering and moral responsibility, Oxford: Oxford University Press, 2002.
Persson, Ingmar, The Retreat of Reason: A Dilemma in the Philosophy of Life, Oxford University Press, Oxford, 2005.
Shafer-Landau, Russ, The fundamentals of ethics, New York: Oxford University Press, 2012.
Temkin, Larry S., Rethinking the good: moral ideals and the nature of practical reasoning, New York: Oxford University Press, 2012.
Zalta, Edward N. (ed.), Stanford Encyclopedia of Philosophy, 1995-2015, http://plato.stanford.edu.
BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Que os/as graduados/ as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que teñan a capacitación para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros eidos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que o estudantado demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo instrumental:
Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais:
Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas:
Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta #ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividad, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
AULAS EXPOSITIVAS
O fin das aulas expositivas é a apresentación dos problemas tratados na materia, e a clarificación da natureza destes, na aula. Ainda que o profesor expoña certos contidos e poida orientar a discusión, a clarificación para o alunado deses contidos non pode ser levada acadada sen a participación activa do alunado nas aulas expositivas. Na aula expositiva de cada semana será exposto un tema que logo será discutido na aula interactiva da semana seguinte.
AULAS INTERACTIVAS
As aulas interactivas teñen como obxecto o traballo colectivo nos contidos impartidos coa participación activa do estudantado.
REQUERIMENTOS PARA AS AULAS
A participación na aula levarase a cabo conforme aos seguintes criterios:
· Non se falará cando outra persoa estexa a facelo.
· Na participación na aula ningunha clase de actitude irrespectuosa co resto que se detecte será aceptada. Pode ser, sen dúbida, que teñan lugar actitudes dese tipo que pasen sen seren detectadas. Mais toda actitude sexista ou discriminatoria doutra maneira co resto do alunado que sexa detectada será considerada inaceptábel, e se actuará en consecuencia.
· Hai que ter en conta que distintas personas expoñen as súas posicións de distintas maneiras. Hai xente máis asertiva e segura de si propria, que fala sen problema en primeira persoa e que sinten urxencia por expresar as súas ideas. Hai outras persoas que someten a forte autocrítica as súas opinións antes de expresalas, que valoran escuitar o que as outras persoas teñen que dicer e que poden expresar o que pensan de maneira moi dubitativa. A priorización da atención as posicións expresadas de maneira mais asertivas resulta de maneira xeral perxudicial para unha parte importante do grupo dunha maneira non xustificada, dado que maior asertividade non implica maior interese ou competencia. As opinións expresadas por aquelas persoas que falen de maneira mais prudente ou tímida non son menos correctas ou menos interesantes que as de quen se exprese de xeito mais asertivo. E tais opinións son igualmente merecedoras ou mais de seren escuitadas e receberen atención.
Á luz disto, na aula atenderase a todas as opinións, sexan expostas dun modo ou outro, e potenciarase que todo o mundo poida expresar os seus pontos de vista. As persoas con maior tendencia a falar en público e expor as súas opinións deberán facer iso limitándose a si proprias para deixaren espazo para que as outras persoas que non teñan esa disposición, e ás que lles resulte menos doado o falar en público e expresar os seus puntos de vista poidan tamén facelo. No debate terase que prestar atención a non dar maior importancia ás opinións expresadas de maneira mais asertiva, en voz alta e con maior seguridade que as presentadas de maneira mais dubitativa, humilde, en voz baixa, mediante perguntas retóricas, etc.
· De xeito relacionado co anterior, non será aceptábel na discusión o uso de instrumentos retóricos externos á propria discusión das ideias deste para defender unha certa posición como o uso do proprio tono de voz ou de argumentacións ad hominem para tal fin.
· As opinións que parezan estrañas ou aparentemente moi erradas deberán ser obxecto de consideración e atención tanto como as que estexan mais en liña co que comunmente pensamos ou que parezan correctas de maneira mais aparente.
TRABALLO PREVIO ÁS AULAS INTERACTIVAS
Para que as aulas interactivas poidan levarse adiante é preciso que nelas o tempo inicial adicado á clarificación do problema non se alongue en exceso. Do contrario non se pode dispór do tempo suficiente para o resto da sesión. Para iso, é preciso que na aula expositiva prévia se traballe e se expoñan as dúbidas, e que entre a aula expositiva e a seguinte interactiva se repasen as cuestións repasándose os apuntamentos tomados nas aulas expositivas, para non chegar á interactiva sen teren ideia do contido a tratar nesta.
TITORÍAS DE GRUPO
Para a preparación dos ensaios terán lugar titorías de grupo, onde se explicarán todas as cuestións sobre as que haxa dúbidas, se explicará a metodoloxía práctica a seguir para superar a materia e se exporá a bilbiografía que se pode empregar para a preparación do traballo para a superación do curso. Estas terán lugar na metade do curso.
Haberá tres xeitos de superar a materia. A asistencia ás expositivas non é obrigatoria en ningún dos casos, aínda que recomendábel, a realización das tarefas das interactivas (que implican necesariamente a asistencia) será proporcional á nota obtida nestas:
(1) O estudantado que se atope en situación de dispensa académica ou non remate con éxito as sesións interactivas da materia será avaliado nun exame na data oficial da materia. Os contidos que entrarán nese exame estarán disponíbeis na aula virtual.
(2) O estudantado que asista á materia ao longo do curso poderá avaliarse na data oficial da materia cun exame máis doado que contará 5 puntos. Alén disto, deberá facer as interactivas da materia, que contarán outros 5 puntos. As interactivas consistirán nunha serie de tarefas que serán entregadas ao longo do curso en base ao traballo realizado nas sesións interactivas.
Para superar a materia no transcurso do curso hai que obter un mínimo de 4 puntos en cada unha das partes. O estudantado que non obteña un mínimo de 4 puntos nas interactivas terá que ir ao exame conforme á opción 1.
(3) O estudantado que asista á materia ao longo do curso poderá tamén superar a materia mediante a entrega dun ensaio sobre o contido impartido no curso, sobre cuestións indicadas polo profesor, que contará 5 puntos, xunto ao que deberá facer as interactivas da materia. Quen non obteña un mínimo de 4 puntos nas interactivas terá que ir ao exame conforme á opción 1, aínda que teña feito o ensaio.
O ensaio será redactado de maneira presencial, nun día habilitado para iso durante o curso.
Para o ensaio haberá unha rubrica que será subida á aula virtual onde se exporán polo miúdo os critérios para a avaliación.
Os contidos (de maneira xeral) dos ensaios deberán recibir a aprobación previa por parte do profesor.
Os ensaios cumprirán os seguintes requisitos (o seu non cumprimento imposibilitará superar a materia):
· Consistirán na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
· Terán unha estrutura ordeada. Constarán de resumo inicial, introdución expondo a tese, liña argumental e estrutura do traballo, estruturación conseguinte por seccións e conclusión final.
· Incluirán as referencias relativas a cada posición ou argumento dalgunha outra autora ou autor ou da información obtida.
Na avaliación, os ensaios e resumos amosarán o coñecemento dos conceptos básicos e o carácter específico da ética. Tamén amosarán a capacidade para analisar e sintetizar, argumentar lóxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos. A participación na aula amosará isto último, asi como o aprecio do valor da ética na formación, e o coñecemento dos principios de respecto e igualdade.
Coa participación nas prácticas e cos resumos e as recensións das prácticas avaliarase a capacidade para explicar os seus coñecementos, a de analizar e sintetizar, argumentar lóxicamente, a de saber expresarse, comunicar, debater e dialogar, a de tomar decisións, e presentar e resolver problemas, e o dominio do razoamento crítico.
Deste xeito, cos ensaios avaliaráse o conxunto das competencias xerais, básicas e específicas. Nas tarefas das interactivas avaliaráse o conxunto das competencias xerais, básicas e transversais.
Se alguén copia no exame, suspenderá o curso. O mesmo se plaxia, isto é, se tenta facer pasar por texto escrito por unha mesma ou por un mesmo algun texto escrito por outras persoas (en ensaios ou interactivas).
Tempo de traballo: 150 horas (6 créditos ECTS):
Horas presenciais: 51 horas
Horas de titorías: 3 horas
Aulas expositivas: 24 horas
Aulas interactivas: 24 horas
Horas non presenciais: 99 horas
A materia pode ser superada dun xeito que é moi asequíbel de prepararse os textos para as aulas interactivas cada semana. Facendo iso non só se poderá ter unha boa nota nas práticas, senón que tamén se obterá unha familiaridade cos contidos da materia que fará moi sinxela a superación desta.
Reprodúcense aquí as observacións transmitidas polo Departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC:
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego daconta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou diversidade funcional deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago@usc
Óscar Horta Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812529
- Correo electrónico
- oscar.horta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
Venres | |||
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
22.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
22.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
22.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
22.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 3 |
22.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
22.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
22.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
22.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
18.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 3 |
18.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
18.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
18.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
18.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
18.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
18.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
18.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |