Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia consisten na adquisición e/ou das seguintes competencias:
(1) Dominio dos coñecementos propios da materia, coa capacidade para os explicar, aplicar e incrementar. En particular, comprender adecuadamente de que se ocupa a bioética, e coñecer os problemas básicos da bioética animal
(2) Capacidade para reconstruír e analizar argumentos sobre cuestións morais.
(3) Capacidade para organizar a información e investigar un problema filosófico.
(4) Dominio das ferramentas máis básicas da teoría da decisión racional.
1. Conceptos básicos en bioética
2. Ética de populacións
3. Interese en vivir e conflitos entre vidas
4. O especismo
5. Ética animal aplicada
6. Ética animal vs éticas ambientais
7. IA e bioética
8. Maximización e impacto marxinal da nosa acción
9. A consideración do futuro e o longopracismo
Os textos básicos a traballar na materia, de lectura obrigada, serán os materiais subidos á aula virtual. Alén destes, a bibliografía complementaria da materia é a seguinte:
EN GALEGO/PORTUGUÉS
Cunha, Luciano C. Uma breve introdução à ética animal: Desde as questões clássicas até o que vem sendo discutido atualmente, Curitiba: Appris, 2021.
———— Razões para ajudar: o sofrimento dos animais selvagens e as suas implicações éticas, Curitiba: Appris, 2022.
Dorado, Daniel, El conflicto entre la ética animal y la ética ambiental: bibliografía analítica, Madrid: Universidad Carlos III, 2015.
Ética Animal, Introdução ao sofrimento dos animais selvagens, Oakland: Ética Animal, 2023.
Horta, Oscar, Na defensa dos animais, Rianxo: Axóuxere, 2019.
Hottois, Gilbert & Missa, Jean-Noël (dirs.), Nova enciclopedia de bioética, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 2005.
McMahan, Jeff, A Ética no ato de matar: problemas às margens da vida, Porto Alegre: AltMed, 2011.
Singer, Peter, Ética prática, São Paulo: Editora Martins Fontes, 2006.
EN CASTELÁN (INCLÚESE NESTA LISTA A BIBLIOGRAFÍA NON DISPONÍBEL EN GALEGO/PORTUGUÉS)
Horta, Oscar, Trenes y brújulas: introducción a la ética, Madrid: Plaza y Valdés, 2025.
Nagel, Thomas, La muerte en cuestión: ensayos sobre la vida humana, Ciudad de México: FCE, 1981.
Parfit, Derek, Personas, racionalidad y tiempo, Madrid: Síntesis, 2004.
———— Razones y personas, Madrid: A. Machado Libros, 2004.
Rodríguez-Arias Vailhen, David, Una muerte razonable: testamento vital y eutanasia, Bilbao: Desclée de Brouwer, 2005.
Singer, Peter, Liberación Animal, Madrid: Trotta, 1999.
———— (ed.), Compendio de Ética, Madrid: Alianza, 1995.
Singer, Peter & Kuhse, Helga, Desacralizar la vida humana: ensayos sobre ética, Madrid: Cátedra, 2003.
EN INGLÉS (INCLÚESE NESTA LISTA A BIBLIOGRAFÍA NON DISPONÍBEL EN GALEGO/PORTUGUÉS NEN EN CASTELÁN)
Bernstein, Mark H., The Moral Equality of Humans and Animals, Basingstoke: Palgrave Macmillan, 2015.
Cavalieri, Paola, The death of the animal: a dialogue, New York: Columbia University Press, 2012.
Dunayer, Joan, Speciesism, Derwood: Ryce, 2004.
Faria, Cátia, Animal Ethics in the Wild: Wild Animal Suffering and Intervention in Nature, Cambridge: Cambridge University Press, 2023.
Francione, Gary, Rain without thunder: the ideology of the animal rights movement, Temple University Press, Philadelphia, 1996.
Harris, Jamie & Reese Anthis, Jacy, “The Moral Consideration of Artificial Entities: A Literature Review”, Science and Engineering Ethics, 27, a. 53, 2021.
Johannsen, Kyle, Wild animal ethics: The moral and political problem of wild animal suffering, Nueva York: Routledge, 2020.
Long, Robert et al., “Taking AI Welfare Seriously”, Eleos AI Research, 2024, https://eleosai.org/papers/20241104_Taking_AI_Welfare_Seriously.pdf
Pluhar, Evelyn, Beyond prejudice: the moral significance of human and nonhuman animals, Durham: Duke University Press, 1995.
Regan, Tom & Singer, Peter (eds.), Animal Rights and Human Obligations, Englewood Cliffs: Prentice Hall, 1989.
Villamor Iglesias, Alejandro, “The Suffering of Invertebrates: An Approach from Animal Ethics”, Tópicos, 61, 403-420, 2021. https://www.redalyc.org/journal/3230/323069872014/html.
Vinding, Magnus, Suffering-Focused Ethics: Defense and Implications, Copenhagen: Ratio Ethica, 2020.
Zalta, Edward N. (ed.), Stanford Encyclopedia of Philosophy, 1995-2014, http://plato.stanford.edu.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver posteriormente esos coñecementos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
TRABALLO NAS AULAS
Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes dous tipos:
(1) Aulas expositivas. Nestas levarase adiante a explicación dos temas do programa aberta á participación e o debate.
(2) Aulas interactivas. Nestas farase unha presentación por parte do alunado dos temas nas distintas sesións. Estas faranse ao fío dos contidos impartidos previamente nas sesións teóricas anteriores e de textos complementarios disponíbeis no campus virtual. Porén, deixarase lugar á interpretación por parte das alunas ou alunos que leven presentacións a cabo. Tras estas, o resto das e dos estudantes terán que formularlles perguntas e obxeccións, logo do cal abrirase un debate sobre os textos expostos e a materia, orientado en base a varias perguntas que formulará o profesor.
Á súa vez, nas titorías de grupo repasarase con alunado as cuestións das que queiran traballar nas presentacións, orientando sobre a dirección que poida levar esta e sobre a bibliografía a consultar. Tamén se solventarán dúbidas no relativo a composición da recensión do libro. Terán lugar durante os meses de outubro e inicios de novembro.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUNADO
(1) Preparación das presentacións nas sesións prácticas.
(2) Leitura de textos e traballo sobre estes. A cada sesión levaranse resumos do impartido na sesión expositiva correspondente respostando a algunhas perguntas que estarán disponíbeis no campus virtual.
REQUERIMENTOS PARA AS AULAS
Participación activa (que obviamente require asistencia)
A materia require necesariamente da participación activa do alunado. Esta levarase a cabo conforme aos seguintes critérios:
· Non se limitará a un grupo reducido de persoas, todo o mundo terá que participar.
· Non se falará cando outra persoa estexa a facelo.
· Na participación na aula nengunha clase de atitude irrespectuosa, sexista ou dalgun outro xeito discriminatoria que sexa detectada será considerada aceitábel.
· Na aula atenderanse todas as opinións, sexan expostas dun modo ou outro, e potenciarase que todo o mundo poida expresar os seus pontos de vista. As persoas mais asertivas, con maior tendencia a falar en público e expór as súas opinións deberán facer iso limitándose a si proprias para deixaren espazo para que as outras persoas que non teñan esa disposición, e ás que lles resulte menos doado o falar en público e expresar os seus pontos de vista poidan tamén facelo.
· Non serán aceitábeis na discusión na discusión de ideias instrumentos retóricos como un tono de voz alto ou argumentacións ad hominem.
· As opinións que parezan estrañas ou aparentemente moi erradas deverán ser obxecto de consideración e atención tanto como as que estexan mais en liña co que comunmente pensamos ou que parezan correctas de maneira mais aparente.
Hai dúas maneiras de superar a materia. A asistencia ás expositivas non é obrigatoria en ningún dos casos, aínda que recomendábel, a realización das tarefas das interactivas (que implican necesariamente a asistencia) será proporcional á nota obtida nestas:
O estudantado que se atope en situación de dispensa académica ou non remate con éxito a materia mediante avaliación continua será avaliado nun exame na data oficial da materia. Os contidos que entrarán nese exame estarán disponíbeis na aula virtual.
Quen vaia superar a materia mediante avaliación continua deberá entregar distintas tarefas
(1) O contido da materia dividirase nas diferentes sesións prácticas nas que o estudantado presentará e discutirá este. Cada persoa deberá facer unha presentación defendendo unha certa tese sobre algunha cuestión e unha resposta ao ensaio doutra persoa. Con isto avaliarase a adquisición dos coñecementos da materia, así como a capacidade de explicalos, aplicalos e incrementalos. Con isto tamén se avaliará a capacidade de leitura e interpretación no que atinxe á comprensión dos textos traballados.
(2) Por outra parte, entregarase unha breve reseña das cuestións tratadas na aula, así como dun elenco de textos. Con isto tamén se avaliará a adquisición dos coñecementos da materia, así como a capacidade de explicalos, aplicalos e incrementalos. Esta parte da avaliación tamén considerará a adquisición dos valores de respeito e promoción da igualdade, e os demais vencellados a estes. E tamén a dunha capacidade de, diálogo, debate e decisión razoados e constructivos mediante a discusión na aula. Quen non entregue estas ao longo do curso (incluído quen se atope en situación de dispensa académica) poderá facelo na data fixada para a avaliación final, na que os requerimentos para a avaliación positiva serán notabelmente máis rigorosos.
(3) Por último, realizarase presencialmente un ensaio tratando as cuestións expostas na presentación, así como a resposta ao ensaio doutra persoa. Os ensaios cumprirán os seguintes requisitos:
• Consistirán na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
• Terán unha estrutura ordeada. Constarán de resumo inicial; introdución expondo a tese, liña argumental e estrutura do traballo; estruturación conseguinte por seccións e conclusión final.
• Os contidos dos ensaios deberán recibir a aprobación previa por parte do profesor.
• Incluirán as referencias relativas a cada posición ou argumento dalgunha outra autora ou autor ou da información obtida.
Con isto avaliarase, alén da adquisición de coñecementos, a capacidade de leitura e interpretación no que atinxe á comprensión dos textos traballados.
Cada unha das distintas facetas da avaliación servirá tamén para avaliar a adquisición dun sentido ético que tamén procura a materia.
Todas as tarefas serán entregadas en remoto no campus virtual.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
A presentación e as respostas contarán o 15% da nota. O ensaio contará o 35% da nota. As recensións dos contidos tratados e dos textos contarán o 50% da nota.
As competencias serán avaliadas nas presentacións e no material entregado do modo seguinte. Valoraranse: (i) a súa calidade (de contido e argumentativa), que amosará o coñecemento do sentido e dos contidos específicos da materia, (ii) o rigor formal, que avaliará capacidade de composición de textos (iii) o esforzo investido nel, e (iv) o uso axeitado de fontes bibliográficas, que amosará a capacidade de comprensión e análise. A experiencia na presentación oral non será avaliada, mas adquirirase nas práticas e nas presentacións.
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
De alguén copiar en calqueira momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese (a) o plaxio, tentar facer pasar por texto escrito por unha mesma ou por un mesmo algun texto escrito por outras persoas (en ensaios ou práticas); (b) respostar a cuestións no exame non de memoria senón con apuntamentos, que non están autorizados no exame, ou mediante cambiazos. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 4,5 créditos que ten, é de 112’5 horas:
· Horas presenciais semanais: 2 horas (docencia expositiva e interactiva). Isto é: 38,25 horas no conxunto do semestre.
· Horas de titorías de grupo: 2,25 horas
· Aulas expositivas: 18 horas.
· Aulas interactivas: 18 horas.
· Horas non presenciais: 74 horas no semestre.
(1) Participación nas presentacións
(2) Preparación dos temas/textos marcados seguindo as pautas indicadas
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
Reprodúcense aquí as observacións transmitidas polo Departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC:
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego daconta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou diversidade funcional deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago@usc
Óscar Horta Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812529
- Correo electrónico
- oscar.horta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Mead (303) |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Mead (303) |
14.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
14.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
10.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
10.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |