Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
De modo xeral, conforme ao previsto para o título de GRAO EN FILOSOFÍA: (i) que os estudantes posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía da Mente, con referencia a achegas investigadoras recentes, así como ás grandes achegas da tradición filosófica na materia; (ii) que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía da Mente; (iii) que coñezan as distintas maneiras de tratar os problemas da Filosofía da Mente, así como os seus métodos, co fin de facerse coas ferramentas necesarias para despois poder abordar unha tarefa investigadora na materia.
De maneira máis específica polo que concierne aos contidos da materia: que os estudantes alcancen unha comprensión dos problemas epistemológicos, metafísicos e conceptuais propios da materia, seguindo un enfoque tanto analítico como naturalista e abordando parte da problemática tanto desde unha óptica conceptual como empírica (poñerase énfase nos puntos de contacto da materia coas distintas disciplinas da ciencia cognitiva, así como con investigacións recentes no campo de estudo da consciencia).
1. INTRODUCIÓN.
1.1. Problemas epistemológicos e ontológicos (o eu, as outras mentes, os qualia, a natureza da experiencia, a relación mente-corpo).
1.2. Filosofía da mente, ciencias cognitivas e psicoloxía popular.
1.3. Breve panorama histórico desde Platón ata a filosofía contemporánea da mente.
2. NOCIÓNS BÁSICAS.
2.1. Tipos de estados mentais: sensacións, actitudes, emocións e estados de ánimo.
2.2. Propiedades, estados, eventos e procesos.
2.3. Causalidade mental.
2.4. A intencionalidade.
2.5. O contido mental.
2.6. Modularidad.
2.7. Algunhas claves para entender o problema mente-corpo. Emerxencia. Epifenomenalismo. Superveniencia e redución.
3. SENSACIÓN, PERCEPCIÓN, MEMORIA, EMOCIÓNS.
3.1. O problema dos qualia.
3.2. Sensación e percepción.
3.3. Teorías da percepción e os seus problemas.
3.3.1. Teoría realista da percepción.
3.3.2. Realismo directo vs. realismo indirecto ou representacionalismo.
3.3.3. O disyuntivismo.
3.3.4. Fenomenalismo e idealismo.
3.3.5. Novas teorías sobre a percepción.
3.4. Teorías da memoria e os seus problemas.
3.4.1. Perspectiva cognitiva e empírica sobre a memoria.
3.4.2. Papel na identidade persoal.
3.5. Emocións: teorías, problemas e prospectiva.
3.5.1 As teorías cognitivas
3.5.2. As teorías evolucionistas
3.5.3. A teoría perceptiva de Jesse Prinz
4. PENSAMENTO E LINGUAXE.
4.1. A concepción representacionalista da mente.
4.2. Imaxes mentais.
4.3. Conceptos.
4.4. A hipótese da linguaxe do pensamento.
4.5. Pensan os animais?
4.6. Pode pensar unha máquina?
4.7. O coñecemento da linguaxe: innato ou adquirido?
5. O PROBLEMA MENTE-CORPO.
5.1. Teorías dualistas.
5.1.1. Dualismo cartesiano.
5.1.1. Revisión do dualismo: Lowe.
5.2. O conductismo e os seus problemas.
5.2.1. Conductismo lóxico: Gilbert Ryle.
5.2.2. Conductismo psicolóxico.
5.3. O materialismo.
5.3.1. Tipos de materialismo.
5.3.2. Problemas do materialismo.
5.4. O funcionalismo: tipos e problemas.
5.5. Mentes e máquinas.
5.5.1. O modelo computacional da mente e o programa de intelixencia artificial.
5.5.2. O conexionismo.
5.6. Cognición corporeizada e mente estendida.
5.7. La perspectiva científica sobre mente-cerebro.
5.7.1. A teoría de Damasio.
5.7.2. Os correlatos neuronais da consciencia: a perspectiva de Koch.
5.7.3. Unha perspectiva desde a física: Roger Penrose.
5.7.4. A teoría da información integrada.
6. O EU E Os OUTROS.
6.1. Identidade persoal.
6.2. O coñecemento do mundo interno.
6.3. Consciencia e autoconsciencia.
6.3.1. Teorías da consciencia.
6.3.1.1. Teoría de orde superior.
6.3.1.2. Modelos interpretativos.
6.3.1.3. Teorías cognitivas. A teoría do espazo de traballo global.
6.3.1.4. Teorías neurológicas e físicas.
6.3.1.5. Teorías non-físicas.
6.3.2. Autoconsciencia.
6.3.2.1. Consciencia e consciencia de si.
6.3.2.2. Condicións para a autoconsciencia.
6.3.2.3. Autoconsciencia en infantes e animais non humanos.
6.3. O autoengano.
6.4. O concepto de persoa e a liberdade da vontade.
6.5. O problema das outras mentes.
(Nota: Algúns apartados ou mesmo temas poden ficar excluídos de acordo co desenvolvemento da materia.)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Crane, T. (1995/2008): La mente mecánica. Introducción filosófica a mentes, máquinas y representación mental, Fondo de Cultura Económica, México D.F.
Chalmers, D.J. (1996/1999): La mente consciente. En busca de una teoría fundamental, Gedisa, Barcelona.
Lowe, E. J. (2000). Filosofía de la mente. Barcelona: Idea Books.
Pineda, D. (2012). La mente humana. Madrid: Cátedra.
Prinz, J. (2010): ¿Cuáles son las emociones básicas? Cuadernos de Crítica 55, México: UNAM.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bennett, M., D. Dennett, P. M. S. Hacker & J. Searle (2008): La naturaleza de la conciencia. Cerebro, Mente y Lenguaje. Barcelona: Paidós.
Block, N., O. Flanagan, & G. Güzeldere (ed.) (1997): The Nature of Consciousness: Philosophical Debates, The MIT Press, Cambridge, Mass.
Boden, M.A. (ed.) (1990/1994): Filosofía de la Inteligencia Artificial, F.C.E., México.
Brockman, J. (ed., 2012): Mente. Barcelona: Crítica.
Chalmers, D. J. (ed., 2002): Philosophy of Mind: Classical and Contemporary Readings. Oxford: Oxford University Press.
Churchland, P.M. (1988/1992): Materia y conciencia: introducción contemporánea a la filosofía de la mente, Gedisa, Barcelona.
Dennett, D. C. (1995): La conciencia explicada. Barcelona: Paidós.
Ezcurdia, M. & O. Hansberg (eds., 2003): La naturaleza de la experiencia. Vol. I: Sensaciones. México: UNAM.
Fodor, J.A. (1975): The Language of Thought, New York: Crowell.
Fodor, J.A. (1983): The Modularity of Mind. Cambridge, MA: MIT Press.
Fodor, J.A. (1987): Psychosemantics, Cambridge, MA: Bradford Books/MIT Press.
Gallagher, S. & Zahavi, D. (2007/2013): La mente fenomenológica. Madrid: Alianza.
Gregory, R.L. (ed.) (1989/1995): Diccionario Oxford de la Mente, Alianza, Madrid.
Grossberg, S. (2021): Conscious Mind, Resonant Brain. How Each Brain Makes a Mind, Oxford: OUP.
Guttenplan, S. (1994): A Companion to the Philosophy of Mind. Oxford: Blackwell.
Kim, J. (2006): The Philosophy of Mind, Westview, Cambridge, 2ª ed. modificada.
Koch, S. (2005): La consciencia: una aproximación neurobiológica, Barcelona: Ariel.
Lycan, W.G. & J.J. Prinz (eds.) (2008): Mind and Cognition: An Anthology, Blackwell, Oxford.
Moya, C. (2017): El libre albedrío: un estudio filosófico, Madrid: Cátedra.
Noonan, H. (2019): Personal Identity, third edition, London: Routledge.
Pineda, D. (2019): Sobre las emociones, Madrid: Cátedra.
Pinker, S. (1999): El instinto del lenguaje, Madrid: Alianza.
Prinz, J. (2004): Gut Reactions: a Perceptual Theory of Emotion, Oxford: Oxford University Press.
Prinz, J. (2012): The Conscious Brain, Oxford: OUP.
Rabossi, E. (comp.) (1995): Filosofía de la Mente y Ciencia Cognitiva, Paidós, Barcelona.
Rosenthal, D. M. (ed.) (1991): The Nature of Mind, Oxford U.P., Oxford.
Searle, J.R. (1992): Intencionalidad. Un ensayo en la filosofía de la mente. Madrid: Tecnos.
Seth, A. (2021): Being You. A New Science of Consciousness, Oxford: OUP.
Stich, S. P. & T. A. Warfield (2003): Blackwell Guide to Philosophy of Mind. Oxford: Blackwell.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doctrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/o noutros eidos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu eido de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental:
Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual.
Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita.
Capacidade de xestión da información.
Resolución de problemas.
Toma de decisións.
CT02 - Personais:
Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía.
Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos.
Boa disposición para as relacións interpersonais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo.
Razonamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas:
Capacidade para a aprendizaxe autónoma.
Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións.
Creatividade.
Coñecemento de outras culturas e costumbres.
Iniciativa e espíritu emprendedor.
Motivación pola calidade.
Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade e medioambientais.
ESPECÍFICAS
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debatir e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, propoñer e resolver problemas.
A metodoloxía do ensino seguida nesta materia combinará clases expositivas, aínda que abertas á intervención e debate por parte do alumnado, e clases interactivas, adicadas á lectura conxunta e discusión de textos. É recomendable asistir ás clases e preparar as lecturas con tempo para poder presentalas e debatilas nas clases interactivas.
Para o caso dos/as alumnos/as que teñan dispensa de asistencia ás aulas, a metodoloxía incluirá titorías presenciais e/ou telemáticas. Os/as alumnos/as elaborarán os cuestionarios das lecturas e os presentarán por correo ou polo CV e o profesor poderá preguntar aos/ás alumnos/as sobre os contidos de ditos cuestionarios.
De acordo con una das posibilidades contempladas no regulamento universitario, a asistencia ás aulas será tida en conta como un factor de valoración na modalidade de avaliación continua.
(1) Avaliación continua:
A avaliación continua levarase a cabo a través de (i) cuestionarios presentados en prazos determinados con antelación sobre as lecturas obrigatorias e (ii) dous exames presenciais que, de ser superados cun 5/10, eximen de facer o exame final da materia. Valoraranse tamén a asistencia e a participación activa nas clases en forma de preguntas e intervencións tanto nas clases expositivas como nas interactivas, e moi especialmente nestas últimas a través da presentación das lecturas programadas.
• Asistencia ás aulas: 5%; participación activa nas clases: 15%
• Cuestionarios: 15%
• Exames presenciais: 65%
O alumnado que conte con dispensa de asistencia poderá disfrutar da avaliación continua, se ben as únicas actividades prácticas que contarán para a avaliación serán as que se realicen a través de Campus Virtual ou entreguen a través do correo electrónico. Dito alumnado deberá cando menos asistir á algunha titoría, que poderá ser presencial ou telemática.
(2) Avaliación única:
A avaliación única levarase a cabo a través dun exame final cuxa calificación supoñerá un 100% da nota final.
6 créditos ECTS. Traballo total do estudante: 150 horas.
- Horas presenciais: 51h.
Horas de Titorías 3h.
Clases Expositivas 24h.
Clase Interactiva 24h.
- Horas non presenciais: 99h.
-------------------------------------------------------------------------------
TRABALLO DO ALUMNO/A
TOTAL GLOBAL 150
É imprescindible unha asistencia regular e a entrega de tarefas nos prazos indicados para unha avaliación continua. Por tanto, para superar a materia por esta vía resulta imprescindible un traballo constante da materia e, concretamente, das lecturas obrigatorias e tarefas previstas ao longo do cuadrimestre. Os/as estudantes que non procedan a traballar desta forma deberán superar a materia mediante un exame final.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858.
Javier De Donato Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812537
- Correo electrónico
- xavier.dedonato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Nussbaum (109) |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Nussbaum (109) |
Venres | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Nussbaum (109) |
16.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
16.01.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
12.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
12.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |