Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 14 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 18 Total: 36
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer o rol da economía dixital na economía
-Identificar e explicar as políticas públicas para o desenvolvemento da economía dixital
-Coñecer e saber utilizar as fontes estatísticas fundamentais relacionadas coa economía dixital
Contidos:
Coñecer os conceptos e características da economía dixital
Coñecer as ferramentas estatíticas para a medición da economía dixital
Entender as políticas públicas para a promoción e desenvolvemento da economía dixital
Entender os efectos da economía dixital nos sectores produtivos
Entender as implicacións da economía dixital na sociedade
Estes contidos serán estruturados nos seguintes temas:
TEMAS
1. Introdución á economía dixital
-Definición e características básicas
-A economía dixital en perspectiva histórica
2. Fundamentos teóricos da economía dixital
-Custo marxinal cero e economías de escala
-Custos de transacción e economía dixital
-Innovacións dixitais nos modelos de negocio
3. Políticas públicas para a economía dixital
-O marco regulador na Unión Europea e en España
-Promoción da economía dixital
4. Retos da economía dixital
-Desigualdades socio-económicas e economía dixital
-Necesidades materiais da economía dixital
-Economía dixital e tributación
Bibliografía básica:
Barefoot, K., Curtis, D., Jolliff, W. A., Nicholson, J. R., & Omohundro, R. (2018). Defining and Measuring the Digital Economy. U.S. Bureau of Economic Analysis (BEA). https://www.bea.gov/research/papers/2018/defining-and-measuring-digital…
Benages, E.; Fernández de Guevara, J.; Hernández, L. (2023). La economía digital en España. Avances y retos por regiones y sectores. Cotec & IVIE https://cotec.es/proyectos-cpt/la-economia-digital-en-espana-2/
Consejo Económico y Social. (2021). La digitalización de la economía (1/21). https://www.ces.es/prensa-digital/-/asset_publisher/hSrVbpkaZ1mj/conten…
EuropeanCommission. (2023). Preguntas y respuestas: Ley de Mercados Digitales: garantizar unos mercados digitales justos y abiertos. EuropeanCommission-EuropeanCommission. https://ec.europa.eu/commission/presscorner/detail/es/QANDA_20_2349
Frase, P. (2020). Cuatro futuros: Ecología, robótica, trabajo y lucha de clases para después del capitalismo. Blackie Books.
García Novoa, C. (2019). Los grandes retos fiscales de la economía digital desde la perspectiva europea. En 4o Revolución Industrial: La fiscalidad de la sociedad digital y tecnológica en España y Latinoamérica (1.a ed.). Thomson Reuters -Aranzadi
Gobierno de España. (2022). España Digital 2026. http://espanadigital.gob.es/sites/espanadigital/files/2022-10/Espa%C3%B…
Mason, P. (2016). Postcapitalismo: Hacia un nuevo futuro. Paidós.
Noam, E. (2018). Inequalityand theDigital Economy. En L. Pupillo, E. Noam, & L. Waverman(Eds.), DigitizedLabor: TheImpactoftheInternet onEmployment(pp. 117-140). Springer International Publishing. https://doi.org/10.1007/978-3-319-78420-5_8
Robles, J. M. (Ed.). (2017). Las desigualdades digitales. Los límites de la Sociedad Red (Vol. 25). Funcas. https://www.funcas.es/revista/las-desigualdades-digitales-los-limites-d…
Signorelli, S., Torrecillas Jodar, J., & Papazoglou, M. (2024). MappingEU levelfundinginstruments2021-2027 toDigital Decadetargets. https://doi.org/10.2760/45054
Fontes de informes e series estatísticas de interese:
Asociación Española de la Economía Digital: https://www.adigital.org/publicaciones/
España Digital: https://espanadigital.gob.es/
European Comissión. The Digital Economy and Society Index (DESI): https://digital-strategy.ec.europa.eu/en/policies/desi
EUROSTAT: https://ec.europa.eu/eurostat/web/main/home
Instituto Nacional de Estadística (INE): www.ine.es
Instituto Nacional de Estadística (INE): Encuesta sobre el uso de TIC y comercio electrónico en las empresas https://www.ine.es/dyngs/INEbase/es/operacion.htm?c=Estadistica_C&cid=1…
Instituto Nacional de Estadística (INE): Encuesta sobre Equipamiento y Uso de Tecnologías de la Información y Comunicación (TIC) en los Hogares https://www.ine.es/dyngs/INEbase/es/operacion.htm?c=Estadistica_C&cid=1…
C2. Identificar conceptos fundamentais da economía dixital e o seu impacto na organización das empresas.
C7. Seleccionar fontes estatísticas para a toma de decisións empresariais.
HD4. Traballar en equipo, compartindo e poñendo en común os coñecementos, integrando distintos enfoques, amosando habilidades de negociación, resolución de conflitos e intelixencia emocional.
HD5. Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, metodoloxías, información, resultados, problemas e solucións.
CP9. Abordar os problemas e retos desde diferentes perspectivas, con capacidade para adaptarse a situacións e realidades novas.
CP11. Actuar no eido da economía e da empresa valorando o impacto social, económico e medioambiental das decisións empresariais e tecnolóxicas.
A Aula Virtual, dispoñible a través do Campus Virtual da USC, será a plataforma fundamental de todo o proceso formativo e a canle a través da cal se establecerá o contacto entre docentes e alumnado. Na Aula Virtual estarán dispoñibles todos os recursos necesarios para o proceso formativo do alumnado, así como as tarefas e actividades prácticas planificadas para a avaliación continua, que deben entregarse na ferramenta establecida na propia aula virtual.
Ao longo de curso serán realizadas titorías virtuais a través da ferramenta institucional de videoconferencia MSTeams. Estas sesións teñen como obxectivo principal a resolución das dúbidas ou preguntas que teña o alumnado tras a consulta dos materiais de cada tema dispoñibles na Aula Virtual. Así mesmo, o docente aproveitará estas sesións para facer un seguimento dos avances do estudantado e proporcionar as orientacións teórico-metodolóxicas que guíen a súa aprendizaxe autónoma.
Ao longo do curso desenvolveranse varias actividades ou traballos nos que o alumnado porá en práctica os contidos da materia, facilitando así a súa comprensión e fixación. Utilizaranse estudos de caso, discusións e debates, resolución de problemas e realización de traballos monográficos en grupo ou individuais.
O docente atenderá adecuadamente as consultas realizadas polo alumnado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, sempre e cando o profesor/a non estea desfrutando dalgún permiso. O profesor cualificará as actividades e tarefas propias da avaliación continua nun prazo non superior a un mes.
O traballo individual do alumnado oriéntase cara a lectura, comprensión e interiorización dos contidos da materia; así como á realización de actividades prácticas ou interactivas. A través da resolución de exercicios, da elaboración e discusión de casos, e da investigación, análise e discusión de problemas, o alumnado reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análise e expresión.
Conforme á anterior proposta docente a avaliación recollerá o resultado da totalidade do esforzo realizado ao longo do curso: participación activa; debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa; realización e exposición de traballos; probas e exame final; etc. Avaliaranse todas as competencias sinaladas no apartado correspondente.
O sistema de avaliación da materia basearase en dúas compoñentes:
a) A proba final de carácter obrigatorio, que consiste nun exame escrito que se celebrará na data e hora que determine o calendario oficial do centro (50% da puntuación total).
b) A realización das actividades de avaliación continua propostas durante as sesións expositivas e interactivas da materia (50% da puntuación total). Estas actividades poderán consistir en exercicios prácticos, obradoiros e traballos individuais ou en grupo.
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de cinco puntos sobre dez. Aprobar o exame final é un requisito imprescindible para superar a materia. A nota da avaliación continua só será considerada para facer media (ponderada) coa nota do exame final se este último é aprobado. Considérase aprobado se se obtén un mínimo de 5 puntos sobre 10.
O alumnado que non supere o exame escrito na primeira oportunidade do curso ten dereito a acudir á segunda oportunidade. Neste caso, a nota obtida na segunda oportunidade será a que faga media ponderada (mantendo o peso do 50% sobre o total) coa nota correspondente ás actividades de avaliación continua.
O formato de exame será o mesmo en ambas oportunidades, sendo obxecto de avaliación os temas que figuran no programa, as lecturas obrigatorias, as explicacións do profesor e o resto do material que se facilitar. Non haberá probas liberatorias parciais. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
No caso de fraude na realización de exames ou traballos, aplicarase o disposto na Normativa para a avaliación do rendemento académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Seguindo a normativa oficial, a cualificación dunha convocatoria en que o estudante non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
Non existe ningunha modalidade de avaliación específica para o alumnado repetidor.
Docencia virtual asíncrona: 36 horas
Titorías virtuais síncronas: 14 horas
Exame: 4 horas
Traballo persoal do estudantado: 58,5 horas
Esta materia parte da base de que o alumnado adquiriu as competencias e os obxectivos de aprendizaxe das materias cursadas no curso anterior, especialmente na materia de Nova economía e tecnoloxía.
Recoméndase avanzar progresivamente coa lectura, comprensión e estudo dos contidos da materia. Todos os materiais ofrecidos son susceptíbeis de ser materia de exame.
Recoméndase non esgotar os prazos de entrega das actividades prácticas para non arriscarse a deixar actividades sen entregar por causa de imprevistos.
Lémbrase a dispoñibilidade de servizo de titorías para a resolución de calquera tipo de dúbida ou problema que se presente ao longo do curso.
Raul Rios Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- raul.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
12.01.2026 18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 1 |
08.06.2026 18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 1 |