Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 282.5 Horas de Titorías: 12.5 Clase Interactiva: 5 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Química Física, Química Orgánica, Enxeñaría Química, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Física Aplicada, Química Física, Química Orgánica, Enxeñaría Química, Área externa Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Realización, presentación e defensa individual ante un tribunal universitario, dun proxecto no ámbito da Enxeñaría Técnica Industrial no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas de Grao.
· Capacidade para integrar creativamente os coñecementos para resolver un problema de ámbito profesional.
· Destreza na elaboración de informes, ben estruturados e ben redactados.
· Destreza na presentación oral dun traballo, empregando os medios audiovisuais máis habituais.
· Capacidade para estruturar unha defensa sólida dos puntos de vista persoais apoiándose en fundamentos científico-técnicos e en razoamentos críticos.
Os contidos do traballo fin de grao (TFG) estarán dentro do ámbito profesional do Enxeñeiro Técnico Industrial. Para determinar a procedencia dunha temática a desenvolver como TFG, o estudante deberá presentar unha proposta seguindo un formulario normalizado ante a comisión de seguimento de TFG da titulación. Unha vez obtida a aprobación da proposta, o TFG poderá ser elaborado e presentado para a súa defensa.
Todos os aspectos relativos ao desenvolvemento desta materia recóllense na correspondente normativa de TFG que se atopa publicada na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/normativasmaster.html
Variable en función da tipoloxía de traballo a abordar.
*Básicas:
CB1- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soe atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
*Xenerais:
CG1- Capacidade para a redacción, firma e desenvolvemento de proxectos no ámbito da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial que teñan por obxecto, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 da orde, a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais e procesos de fabricación e automatización.
CG2- Capacidade para a dirección, das actividades obxecto dos proxectos de enxeñaría descritos no epígrafe anterior.
CG4- Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
CG6- Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
CG7- Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
CG8- Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
CG9- Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
CG11- Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
*Transversais:
CT1: Capacidade de análise e síntese
CT3: Capacidade para xestionar a información
CT5: Demostrar compromiso ético.
CT7: Demostrar iniciativa e espírito emprendedor.
CT8: Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación.
CT9: Capacidade para organizar e planificar: incluída en CG9
CT10: Capacidade para a resolución de problemas: incluída en CG4
CT11: Capacidade para tomar decisións: incluída en CG4
CT14: Demostrar razoamento crítico: incluída en CG4
*Específicas:
CE28- Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Industrial de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas.
A metodoloxía docente a utilizar serán as titorías individuais (ME8) co fin de atender as necesidades específicas de cada traballo fin de grao que, en cumprimento dos requisitos que afectan á profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Industrial, deberá de ser un exercicio orixinal e individual.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ACTIVIDADES DOCENTES EN REMOTO:
No caso de que a docencia se realizase en remoto, o estudante deberá dispoñer de ordenador (ou tablet, etc.), de conexión a internet, de webcam e micrófono.
Para a realización das titorías, así como para manter unha comunicación direta tanto entre os propios estudantes como entre éstos e os seus titores, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams o bien mediante correo electrónico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A avaliación do traballo fin de grao será levada a cabo por parte dun tribunal universitario de acordo cos criterios que figuran na Normativa de TFG e en base á Rúbrica de avaliación de TFG que pode consultarse no link http://www.usc.es/export/sites/default/gl/centros/ciencias/descargas/GE….
PLAN DE CONTINXENCIA PARA AVALIACIÓN EN REMOTO:
O sistema de avaliación sería o mesmo pero empregando os medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente Ms Teams.
O alumno, xunto coa proposta entregará un cronograma no que se detallarán as actuacións a acometer, así como a súa distribución temporal, de forma que se xustifiquen as horas totais de traballo necesarias para superar o TFG, 300 horas.
Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
O idioma de impartición será o correspondente ás linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ACTIVIDADES DOCENTES EN REMOTO:
No caso de que a docencia se realizase en remoto, o estudante deberá dispoñer de ordenador (ou tablet, etc.), de conexión a internet, de webcam e micrófono.
Para a realización das titorías, así como para manter unha comunicación direta tanto entre os propios estudantes como entre éstos e os seus titores, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams o bien mediante correo electrónico.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA AVALIACIÓN EN REMOTO:
O sistema de avaliación sería o mesmo pero empregando os medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente Ms Teams.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Gerardo Pereira Goncalves
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 982824140
- Correo electrónico
- gerardo.pereira.goncalves [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Aida Jover Ramos
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- aida.jover [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eugenio Fernandez Carrasco
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- eugenio.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María José Vázquez Vila
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mariaj.vazquez.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Francisco Jose Fraga Lopez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 982824081
- Correo electrónico
- francisco.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Julio Antonio Seijas Vazquez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 982824062
- Correo electrónico
- julioa.seijas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Hector Rodriguez Martinez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816804
- Correo electrónico
- hector.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Carlos Castro Díaz
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Jose Otero Gavieiro
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h