Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivo xeral:
Recoñecer a pertinencia da aplicación da psicoloxía ao ámbito dos procesos de saúde-enfermidade, e coñecer e comprender a influencia dos aspectos psicolóxicos na prevención da enfermidade física, no proceso de atención sanitaria e no desenvolvemento, curso clínico e rehabilitación de distintos trastornos de saúde
Obxectivos específicos:
-Adquirir os coñecementos básicos sobre os elementos teóricos, históricos e metodolóxicos que definen o campo da Psicoloxía da Saúde, así como sobre os conceptos e modelos centrais en Psicoloxía da Saúde
- Saber recoñecer cales son as variables e procesos psicolóxicos relacionados coa prevención da enfermidade e co proceso de atención sanitaria, así como saber describir e explicar os aspectos psicosociais implicados na etioloxía, curso clínico e rehabilitación de distintos trastornos de saúde.
- Ser capaz de avaliar as necesidades e definir os obxectivos da intervención psicolóxica en problemas de saúde física
- Adquirir os coñecementos teórico-prácticos, a nivel básico, para establecer os obxectivos da intervención e seleccionar as técnicas de intervención en distintos hábitos comportamentais e problemas de saúde física, sobre a base da eficacia, efectividade e eficiencia que presentan.
-Coñecer a interrelación que existe entre o traballo do psicólogo da saúde e outros profesionais que traballan no campo da saúde física, definindo dende a interdisciplinariedade as achegas e limitacións do psicólogo, e poñendo a énfase na necesidade de integrar os diversos perfís profesionais capaces de complementarse na tripla dimensión biopsicosocial da saúde
- Coñecer cales son as liñas de investigación máis recentes en Psicoloxía da Saúde
- Saber cales son e como se accede ás principais fontes documentais en Psicoloxía da Saúde
I. Introdución á psicoloxía da saúde
Tema 1. Aproximación histórica e delimitación conceptual da Psicoloxía da saúde.
A irrupción da Psicoloxía no campo da saúde física. O concepto de saúde. Delimitación conceptual da Psicoloxía da Saúde. Obxectivos e ámbitos de aplicación. Fontes documentais
II. Estrés e saúde
Tema 2. Estrés e saúde
Delimitación conceptual. Condicións xeradoras de estrés. Moderadores da experiencia de estrés. A resposta de estrés. Os efectos do estrés sobre a saúde
III . Conductas de saúde
Tema 3. As creencias e conductas de saúde
Obstáculos para a prevención e determinantes das conductas de saúde. Modelos de cognición social das conductas de saúde. Intervencions en conductas de saúde
Tema 4. Hábitos de alimentación e actividade física e saúde.
Estilo de vida e saúde. Determinantes dos hábitos de alimentación e actividade física. Programas de intervención para a modificación de hábitos de alimentación e actividade física
Tema 5. Hábito tabáquico e saúde.
O tabaco e os seus efectos sobre a saúde. O hábito de fumar: procesos de adquisición e eliminación. Programas de intervención para a eliminación do hábito de fumar
IV. Os aspectos psicolóxicos no proceso de atención sanitaria
Tema 6. Os aspectos psicolóxicos no proceso de atención sanitaria.
As conductas de enfermidade. A adhesión aos tratamentos
V. Os aspectos psicolóxicos en distintos trastornos de saúde
Tema 7. Os aspectos psicolóxicos en distintos trastornos de saúde.
Factores psicolóxicos nos trastornos cardiovasculares. Aspectos psicolóxicos no paciente oncolóxico
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Amigo, I. (2020). Manual de Psicología de la Salud . Madrid: Pirámide.
Baile, J. y González, M.J. (2013) Intervención psicológica en obesidad. Madrid: Pirámide
Becoña, E- (2010) Dependencia del tabaco. Manual de casos clínicos Madrid: Sociedad Española de Psicología Clínica, Legal
y Forense
Morrison, V., y Bennett, P. (2007). Psicología de la salud. Madrid: Pearson
Peralta, MI (2019) Un villano llamado estrés. Cómo impacta en nuestra salud. Madrid: Pirámi
Ademais dos manuais referidos aquí, proporcionarase bibliografía específica para cada tema
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Baile, J.I. y González-Calderón, M. (2013) Obesidad: técnicas y estrategias psicológicas. Madrid: Pirámide
Baile, J.I . (2007) Obesidad infantil. Madrid: Síntesis
Becoña, E. (2006) Tabaco. Madrid: Pirámide
Boyer BA y Paharia MI (2008) Comprensive handbook of Clinical Health Psychology. Hoboken, NJ: Wiley
Brannon, L.,yFeist, J. (2001). Psicología de la Salud. Madrid: Thompson Paraninfo
Buceta, J.M. y Mas, B. (2019) Psicología y Salud. Evaluación y Tratamiento. Madrid: Dykinson
Camic, P.M., y Knight, S.J. (2004). Clinical handbook of health psychology: A practical guide to effective interventions. Ashland, OH, US: Hogrefe and Huber Publishers.
Crespo, M. y Labrador F.J. (2003). El estrés. Madrid: Síntesis
Fernández-Abascal, E.G. (2008). Emociones positivas. Madrid: Pirámide.
Gatchel, RJ., Oordt, MS, (2003). Clinical health psychology and primary care: practical advice and clinical guidance for successful collaboration. Washington: American PsychologicalAsociation.
Gutiérrez T, Raich RM, Sánchez D, Deus J (2003) Instrumentos de evaluación en Psicología de la Salud. Madrid: Alianza editorial.
Hunter CL, Goodie JL, Oordt MS y Dobmeyer AC (2009). Integrated behavioural health in primary care. Washington DC: American Psychological Association
Kaptein AD y Weinman J (2004). HealthPsychology. Londres: BlackwellPublishers.
Munuera JN, Abad Mateo, MA, Esteban Albert M, TjerinaArreal (2004) Psicología para ciencias de la salud. Madrid: McGraw Gil
Oblitas, L. (2007). Psicología de la Salud y calidad de vida. México: Thomson Editores.
Oblitas, L. (2006) Psicología de la Salud. (2º Ed.). México: Plaza y Valdés.
Pérez-Álvarez, M, Fernández-Hermida J R, Fernández-Rodríguez C, Amigo I. (2003) Guía de tratamientos psicológicos eficaces II. Psicología de la Salud. Madrid: Pirámide.
Raczynski JM y Leviton LC (2004) Handbook of clinicalhealthpsychology: Volume 2. Disorders of behaviour and health. Washington :AmericanPsychologicalAssociation
Remor E, Arranz P y Ulla S. (2003) El psicólogo en el ámbito hospitalario. Bilbao: Desclée de Brouwer
Rodriguez-Marín, J. y Neipp, M.C. (2008) Manual de Psicología Social de la Salud. Madrid: Síntesis
Simón, MA (1999) Manual de Psicología de la Salud: Fundamentos, metodología y aplicaciones. Madrid: Biblioteca Nueva.
Suls JM , Davidson KW, y Kaplan R (2010) Handbook of health psychology and behavioural medicine. New York: Guilford Press.
Taylor, S.E. (2007).Psicologia de la Salud. New York: McGraw-Hill (sexta ed.).
Wadden, T., Stunkard, A.J. & Berkowitx, R.I. (2005). Obesidad: guía para los profesionales de salud mental. Clínicas Psiquiátricas de Norteamérica, 28 (1).
Competencias específicas da titulación
- Coñecer as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía
- Coñecer os distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo-
- Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas da actuación psicolóxica
- Saber Identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica
- Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria
- Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
- Saber definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os seus resultados
- Saber transmitirlles aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación
- Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais
- Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía
Competencias específicas da materia
- Coñecer e comprender os conceptos, modelos e ámbitos de actuación que conforman a disciplina da Psicoloxía da Saúde, e adquirir os coñecementos básicos sobre a influencia das variables e procesos psicolóxicos nos estados de saúde-enfermidade, no proceso de atención sanitaria e na etioloxía, curso clínico e rehabilitación dos trastornos de saúde
-Coñecer as posibilidades e a eficacia da avaliación e o tratamento psicolóxico no ámbito da Psicoloxía da Saúde
- Identificar as variables e procesos psicolóxicos implicados na prevención e o tratamento da enfermidade e ser capaz de avaliar as necesidades e definir os obxectivos da intervención psicolóxica no ámbito da Psicoloxía da Saúde
-Determinar as características relevantes do comportamento dos individuos nos procesos de saúde-enfermidade mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica
- Adquirir os coñecementos teórico-prácticos, a nivel básico, para deseñar programas de avaliación e intervención psicolóxica para a prevención, tratamento e rehabilitación en distintos ámbitos de actuación da Psicoloxía da Saúde
- Saber seleccionar as técnicas de intervención psicolóxica en función das características dos destinatarios, dos obxectivos da intervención e do problema de saúde de que se trate, atendendo aos niveis de eficacia, efectividade e eficiencia que presentan
-Saber planificar unha busca bibliográfica, seleccionar a información, desenvolver a capacidade de comprender, analizar e sintetizar textos científicos, organizar a información e adquirir habilidades de comunicación oral e escrita usando unha terminoloxía axeitada e rigorosa no ámbito da Psicoloxía da Saúde
-Coñecer e axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía
Sesións expositivas: para introducir e explicar a información máis relevante, así como para clarificar e organizar os contidos do programa, utilizarase a clase maxistral participativa, utilizando os materiais de apoio que sexan pertinentes. Nestas sesións facilitarase bibliografía básica de referencia para traballar cada tema e poderán introducirse distintas actividades.
Sesións interactivas: para afondar na vertente aplicada dos contidos teóricos deséñanse distintas actividades en grupos reducidos entre as que inclúen a utilización de materiais complementarios como lecturas e vídeos, e o adestramento no deseño de programas de avaliación e intervención para a modificación de distintos hábitos comportamentais relacionados coa saúde.
Traballo autónomo do alumno: Elaboración dos informes correspondentes ás actividades das sesións expositivas e interactivas, e realización dos traballos propostos en relación cos temas do programa.
-Exame final no que se avaliará o grao de adquisición dos contidos abordados nas sesións expositivas e interactivas e o material bibliográfico indicado. A nota obtida no exame supón o 70% da cualificación final. Para superar a materia, así como para que se poida sumar a puntuación das actividades interactivas, é necesario aprobar o exame. No caso de non aprobar o exame non se computarán as cualificacións obtidas nos informes e nos traballos realizados, e a nota final será a puntuación do exame ponderada sobre 7.
-Informes das actividades desenvolvidas nas sesións interactivas e nas clases expositivas e a realización dos traballos propostos. A cualificación obtida supón o 30% da nota final.
Para superar a materia requírese que a suma das puntuacións ponderadas obtidas no exame final e nos informes de actividades e traballos acade un mínimo de 5 sobre 10.
A realización de calquera actividade sometida á avaliación implica que o alumno obtén a cualificación final da materia, mesmo no caso de non presentarse ao exame final.
Para as persoas que teñan obtido autorización para Dispensa de Asistencia a clase contémplase unha avaliación baseada no exame final (que supón o 80% da cualificación final) e a realización de diversas actividades ou traballos durante o curso, que se concretará con cada estudante (20% da cualificación final). Para superar a materia é necesario aprobar o exame, realizar a lo menos o 80% das actividades propostas e que a suma das puntuacións ponderadas obtidas no exame final e nos informes de actividades e traballos acade un mínimo de 5 sobre 10.
Horas presenciais expositivas: 26 h.
Horas presenciais interactivas: 11,5 h.
Exame final: 1 h.
Horas de estudo do alumno: 44 h. (estimadas).
Elaboración de informes e de traballos: 30h. (estimadas)
- Estudo da materia conforme se desenvolve o programa.
- Realización das tarefas propostas para a adquisición dos contidos teóricos e prácitxos
- Coñecementos previos recomendados: Psicoloxía da Personalidade, Avaliación Psicolóxica, Tratamento Psicolóxico
Horario de titorías:
Luns de 11:00 a 12:00 e de 13:00 a 14:00 h
Martes de 10:00 a 12:00 h
Xoves de 11:00 a 13:00 h
Maria Isabel Vazquez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813731
- Correo electrónico
- mariaisabel.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carmela Martinez Vispo
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813734
- Correo electrónico
- carmela.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
08.01.2024 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
08.01.2024 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
08.01.2024 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
08.01.2024 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
08.01.2024 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
08.01.2024 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
08.01.2024 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
08.01.2024 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
19.06.2024 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 1 |
19.06.2024 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
19.06.2024 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
19.06.2024 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
19.06.2024 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
19.06.2024 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2 |