Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Conceptuais (saber)
1. Comprender as dimensións, procesos e fases do desenvolvemento psicolóxico.
2. Analizar as principais teorías e modelos explicativos do desenvolvemento dos nenos e nenas entre os 6 e 12 anos.
3. Identificar metodoloxías básicas de investigación en Psicoloxía do Desenvolvemento e as súas aplicacións no ámbito escolar.
4. Comprender as diferenzas entre persoas (cultura, raza, relixión, sexo/xénero, clase...) e respectar a igualdade de dereitos e oportunidades.
Procedimentais (saber facer)
1. Observar, analizar e interpretar comportamentos representativos das principais dimensións do desenvolvemento durante a idade escolar.
2. Adecuar a práctica docente ás características do nivel madurativo a través dunha comprensión reflexiva do desenvolvemento psicolóxico.
3. Manexar procedementos e estratexias para favorecer o pensamento e estudo das nenas e nenos entre os 6 e 12 anos.
4. Utilizar fontes de información relacionadas coa Psicoloxía do Desenvolvemento.
Actitudinais (saber ser)
1. Interiorizar as funcións do docente en Educación Primaria no proceso de desenvolvemento infantil.
2. Adoptar hábitos de traballo que promovan a actualización permanente da profesión.
3. Mostrar unha disposición favorable cara o traballo colaborativo, comunicación asertiva, resolución pacífica de conflitos, valores de tolerancia, respeto e compromiso ético.
A materia estrutúrase ao redor de dous bloques temáticos configurados por un total de 6 temas a través dos cales se adquirirán os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento dos nenos e nenas de educación primaria e a metodoloxía básica de investigación empregada en psicoloxía do desenvolvemento.
Bloque I. Introducción á Psicoloxía do Desenvolvemento.
Tema 1. Aproximación conceptual. Principais teorías do desenvolvemento.
Tema 2. Métodos de investigación da Psicoloxía do Desenvolvemento.
Bloque II. O desenvolvemento de 6 a 12 anos.
Tema 3. O desenvolvemento físico e perceptivo-motor.
Tema 4. O desenvolvemento cognitivo.
Tema 5. O desenvolvemento da linguaxe.
Tema 6. O desenvolvemento persoal, socioafectivo e moral.
BÁSICA (soporte papel):
Berger, K. S. (2016). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Médica Panamericana.
Feldman, R. S. (2008). Desarrollo en la infancia. Prentice Hall.
Papalia, D. E., Feldmand, R. D., y Martorell, G. (2012). Desarrollo humano. McGraw-Hill.
Papalia, D. E., Oold, S. W., y Feldman, R.D.(2009). Psicología del desarrollo: de la infancia a la adolescencia. McGraw-Hill.
Shaffer, D.R. (2007). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Internacional Thomson.
BÁSICA (soporte dixital)
Brioso, A. (2005). Psicología del desarrollo y de la educación. Vol. I. Psicología del desarrollo. UNED.
García, J. A. (2019). Psicología del desarrollo I. UNED.
Gutiérrez, F., y Vila, J. O. (2015). Psicología del desarrollo II. UNED.
Muñoz, V. (2014). Manual de Psicología del desarrollo aplicada a la educación. Pirámide.
Palacios, J., Marchesi, A., y Carretero, M. (2004). Desarrollo psicológico y educación. Vol. I. Psicología evolutiva. Alianza.
COMPLEMENTARIA:
Barajas, C., Morena De la, M. L., Fuentes, M. J., y González, A. M. (2007). Perspectivas sobre el desarrollo psicológico: teoría y prácticas. Pirámide.
Berk, L. E. (2004). Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice-Hall.
Córdoba, A. I., Descals, A., y Gil, M. D. (2007). Psicología Del desarrollo en la edad escolar. Psicología Pirámide.
Craig, G. J., y Baucum, D. (2009). Desarrollo psicológico. Prentice-Hall.
Palacios, J., Marchesi, A., y Carretero, M. (2004). Psicología evolutiva (vol. I, II). Alianza.
Santrock, J. W. (2007). Desarrollo infantil. McGraw Hill.
Xerais
a)Fomentar a convivencia na aula e fora dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica dos conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal no alumnado.
b)Manter unha relación crítica e autónoma no respecto polos saberes, valores e as institucións sociais, públicas e privadas.
c)Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a tarefa docente, adquirindo hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e a súa posterior promoción entre o alumnado.
d)Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación, discernindo selectivamente a información audiovisual que contribúa aos aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Específicas
a)Coñecer e comprender o desenvolvemento da psicoloxía evolutiva na etapa da educación primaria, atendendo ás características do alumnado e dos seus contextos motivacionais e sociais.
b)Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade do alumnado.
Básicas
a)Que o alumnado sexa capaz de aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo dun xeito profesional, elaborando e defendendo argumentos e resolvendo problemas.
b)Que o alumnado saiba reunir e interpretar datos relevantes da súa área de estudo, emitir xuízos e reflexionar sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
c)Que o alumnado desenvolva a capacidade de transmitir información, ideas, problemas e solucións de forma eficiente, a especialistas e non especialistas.
d)Que o alumnado desenvolva habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais
a)Coñecemento instrumental dunha lingua estranxeira.
b)Coñecemento instrumental da lingua galega.
c)Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A proposta metodolóxica conxugará o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo e de autoaprendizaxe. As actividades presenciais no grupo de clase expositiva terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para favorecer aprendizaxes significativas, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas… O apoio material visual e os recursos en rede utilizaranse para aclarar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.
Co traballo en seminarios (clases interactivas) preténdese profundizar en aspectos concretos das clases teóricas; as actividades a realizar poden incluír a lectura e comentario de documentos, respostas a preguntas, análise de situación prácticas, visionado de vídeos, estudio de casos, debates e realización de traballos. Con elas preténdese que o alumnado aprenda a manexar diferentes fontes de información, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construir significados compartidos axudado do labor mediador da docente. A concreción das tarefas requeridas e os materiais necesarios serán presentados ao alumnado nas correspondentes sesións de clase.
Na atención titorial atenderanse as necesidades específicas de cada alumno/a e realizaranse as orientacións pertinentes para guiar o seu proceso de ensinanza-aprendizaxe. As titorías poderán realizarse presencial ou telemáticamente, a petición do/a alumno/a.
Valorarase o rendemento e as aprendizaxes adquiridas a través dunha combinación entre actividade de avaliación formativa (continua) e de avaliación sumativa (final). Desta maneira, proponse valorar tanto os resultados da aprendizaxe como o esforzo e o progreso durante o desenvolvemento do mesmo, incentivando a reflexión crítica e unha dedicación constante á materia ao longo do cuadrimestre. En consonancia cunha visión construtiva do proceso de ensinanza-aprendizaxe, preténdese que o alumnado demostre un dominio non só declarativo senón tamén procedimental e actitudinal dos contidos, mediante a análise de exemplos e a articulación de relacións entre conceptos.
Os traballos individuais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia e a avaliación do alumno/a na seguinte convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser empregado para varias materias, salvo nas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación da materia inclúe as seguintes modalidades:
1) PROBAS ESPECÍFICAS (40%-50% da calificación): Un exame -proba obxectiva- (test e/ou preguntas curtas) que avalía os coñecementos fundamentais da materia, tanto teóricos como prácticos. Os contidos do exame son os relativos aos aspectos desenvolvidos polo equipo docente nas clases teóricas así como as lecturas recomendadas. O alumnado deberá obter unha cualificación mínima que se corresponda co 50% da puntuación máxima deste apartado para que se poida sumar o resto de cualificacións (informes escritos e/ou outras producións).
2) INFORMES ESCRITOS E/OU OUTRAS PRODUCIÓNS (50%-60% da calificación): Avaliación de informes, análise de casos, comentarios de texto ou outras producións escritas resultantes, fundamentalmente, do traballo nos seminarios. Poden incluír exposicións orais en formato individual e/ou grupal, onde se terá en conta a presentación, claridade expositiva, capacidade de síntese, coherencia e organización discursiva, interrelación dos temas traballados, profundidade dos argumentos, entre outros aspectos. Unha parte desta calificación pode asignarse á asistencia e participación activa en clase. O alumando deberá obter unha cualificación mínima que se corresponda co 50% da puntuación máxima deste apartado para que se poida sumar o resto de cualificacións (probas específicas -exame)
Aclaracións sobre a avaliación:
1. CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA: Para obter a calificación de aprobado, o alumnado deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos na cualificación final. Dita puntuación debe derivarse da obtención da metade ou máis da cualificación máxima de cada apartado do sistema de avaliación. So cando ambas partes estean superadas sumaranse ambas cualificacións.
2. ASISTENCIA: Controlarase a asistencia nas sesións presenciais. O número de faltas de asistencia sen xustificar pode ser unha consideración importante para poder superar a materia, de forma que a porcentaxe de faltas sen xustificar pode implicar a perda do dereito a ser avaliado a través do sistema convencional, podendo optar por unha alternativa que será informada pola docente. O sistema de control de asistencia e xustificación de faltas basearase no regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela do 25 de novembro de 2024.
3. ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA: Deberá poñerse en contacto co equipo docente no prazo que estipula a normativa vixente da Facultade, para concretar un plan alternativo de avaliación. Este implicará condicións similares ao alumnado asistente (asistencia a exame, entrega de actividades...) tanto en primeira como en segunda convocatoria.
4. ALUMNADO QUE NON SUPERE A MATERIA NA PRIMERA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO): Neste caso respectaranse as puntuacións das partes superadas durante o período ordinario.
5. ALUMNADO REPETIDOR: o equipo docente poderá respectar as puntuacións das partes superadas o curso inmediatamente anterior, baixo unhas determinadas condicións que serán detalladas a principio do semestre.
6. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL. O alumnado que presente algún tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servizo acreditado pola USC a estos efectos e informar do seu caso á docente desta materia dentro das dúas primeras semanas do semestre afectado, a fin de que se poida acordar á maior brevidade un plan de traballo adaptado para poder atender cada situación particular.
Actividades en gran grupo: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo.
Actividades en grupo mediano: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo.
Actividades en pequeno grupo: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo.
Total de horas presenciais: 51.
Total de horas de traballo autónomo: 99
TOTAL HORAS: 150.
Recoméndase comprobar a comprensión dos contidos ao finalizar cada tema (mediante a autoavaliación ou a análise da mesma), prantexando as posibles dúbidas na aula ou nas titorías, planificar a elaboración dos traballos e advertir ao equipo docente coa anticipación suficiente dos avatares que poidan xurdir.
Posto que a USC é unha Universidade presencial, farase control de asistencia nas sesións, que pode ter un impacto no dereito a ser avaliado a través do sistema convencional. As consideracións sobre a asistencia serán especificadas na guía docente.
O alumnado con dispensa de ensino deberá respectar as datas de entrega de traballos establecidas polo profesorado, sendo tamén recomendable e necesario que manteñan contacto a través das titorías, plataformas virtuais, correo, etc, para garantir o óptimo desenvolvemento da materia, e a superación da mesma.
María Campos Magdaleno
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 982821012
- Correo electrónico
- maria.campos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Veronica Marcos Martinez
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Correo electrónico
- veronica.marcos.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 29 |
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 29 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | Aula 21 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego, Castelán | Aula 21 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_04 | Galego, Castelán | Aula 21 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | Aula 21 |
26.05.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 29 |
26.05.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
09.07.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 29 |
09.07.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |