Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos que se pretende que o estudantado alcance con esta materia fan fincapé na adquisición de coñecementos básicos sobre a disciplina, tanto a nivel descriptivo, explicativo e de comprensión dos diferentes ámbitos do desenvolvemento, como de práctica de destrezas relacionadas e adquisición de certas disposicións valorativas. É prioritario que os alumnos/as cheguen a:
• Coñecer os cambios normativos que se producen no desenvolvemento bio-físico e psicomotor, cognitivo, lingüístico e socio-emocional dende os 3 aos 6 anos, así como as relacións que establecen cos cambios que se produciron no período precedente (de 0 a 3 anos).
• Apreciar a diversidade e as diferencias individuais no desenvolvemento normativo dos nenos e nenas e recoñecer os factores que as determinan.
• Recoñecer os fitos do desenvolvemento neste período como obxectivos educativos da etapa escolar.
• Coñecer o impacto das características do contorno no desenvolvemento psicolóxico e rendemento escolar.
• Favorecer o desenvolvemento de habilidades para a planificación e execución de actividades que impulsen o desenvolvemento e a aprendizaxe ao longo da nenez temperá.
• Estimular a análise crítica do coñecemento.
• Adquirir habilidades de traballo grupal e en equipo.
• Adquirir destrezas para a exposición oral e pública de información.
• Fomentar o manexo das TICs.
• Adquirir valores de respecto á diversidade no desenvolvemento.
• Tomar conciencia da trascendencia que ten a acción docente sobre o desenvolvemento humano.
Tema 1. O desenvolvemento físico e psicomotor: evolución de habilidades motoras e coordinacións perceptivomotoras, e implicacións nas primeiras aprendizaxes escolares.
Tema 2. O desenvolvemento cognitivo: período preoperacional, procesamiento de información e capacidades de memoria.
Tema 3. O desenvolvemento da linguaxe: a expansión da linguaxe oral, e a primeira aproximación ao código escrito.
Tema 4. O desenvolvemento afectivo, socio-emocional e da personalidade: regulación emocional, desenvolvemento dos atributos psicosociais e de personalidade, e aprendizaxe de regras sociais.
Bibliografía básica:
- Mariscal, S. e Giménez-Dasí, M. (2017). Desarrollo temprano: Cognición, afectos y relaciones sociales (0-6). Paraninfo.
- Martín, C. e Navarro, J.I. (2009). Psicología del desarrollo para docentes. Pirámide.
- Muñoz, A. (Coord.)(2010). Psicología del desarrollo en la etapa de educación infantil. Pirámide.
- Muñoz, V., López, I., Jiménez, I. Ríos, M. e Morgado, B. (2014). Manual de psicología del desarrollo aplicado a la educación. Pirámide.
Bibliografía complementaria:
- Bausela Herreras, E. (2017). Psicología del desarrollo: cuaderno de prácticas para futuros maestros. Club Universitario.
- Berger, K. S. (2016). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Editorial Médica Panamericana.
- Bermejo, V. (1994). Desarrollo cognitivo. Síntesis.
- Burgos , A., Fernández, M., Alba, G. e Justicia-Arráez, A. (2017). Optimización del desarrollo y prevención de riesgos en el aula de Educación Infantil. Pirámide.
- Conde, J. L. e Viciana, V. (1997). Fundamentos para el desarrollo de la motricidad en edades tempranas. Aljibe.
- Craig, G. J. (2000). Desarrollo psicológico (7ª ed.). Prentice Hall.
- Delval, J. (2004). El desarrollo humano. Siglo XXI.
- Feldman, R. S. (2008). Desarrollo en la infancia. Prentice-Hall.
- Fernández, J. (1988). Nuevas perspectivas en el desarrollo del sexo y el género. Pirámide.
- Karmiloff, K. e Karmiloff-Smith, A. (2005). Hacia el lenguaje: Del feto al adolescente. Morata.
- López, F., Etxebarria, I., Fuentes, M. J. e Ortiz, M. J. (Coords.) (2014). Desarrollo afectivo y social. Pirámide.
- Ortega, Mª J. (1992). La Escuela Infantil (3-6 años). Editorial Escuela Española.
- Owens, R.E. (2003). Desarrollo del lenguaje. Pearson-Prentice-Hall.
- Palacios, J., Marchesi, A. e Coll, C. (Comps.) (2014). Desarrollo psicológico y educación. Vol. 1 Psicología evolutiva. Alianza.
- Papalia, D.E., Feldman, R.D. e Martorell, G. (2012). Desarrollo humano. McGraw Hill.
- Rodrigo, M.J. e Palacios, J. (1998). Familia y desarrollo humano. Alianza.
- Serra, M., Serrat, E., Solé, R., Bel, A. e Aparici, M. (2000). La adquisición del lenguaje. Editorial Ariel.
- Shaffer, D. R. e Kipp, K. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Thomson.
- Vasta, R., Haith, M. M. e Miller, S. A. (2001). Psicología infantil. Ariel.
- Veracoechea, G. (2018). La evaluación del desarrollo del niño preescolar. Guía práctica para los docentes. Servieditoriales.
- Vila, I. (1998). Familia, escuela y comunidad. Horsori.
- Woolfolk, A. (1999). Psicología educativa. Prentice Hall.
Competencias xerais (específicas da titulación)
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.4.- Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflictos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G.8.- Coñecer fundamentos da atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construcción da personalidade na primeira infancia.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa, e promovelo nos estudantes.
Competencias específicas da materia
E.2. Coñecer os cambios psicolóxicos na infancia no período 3-6.
E.3. Coñecer os fundamentos da atención temperá.
E.4. Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais e afectivas.
E.5. Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e límites, o xogo simbólico e heurístico.
E.21. Saber traballar en equipo con outros profesionais do dentro e fora do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espacio de xogo, identificando as peculiaridades do período 3-6.
Competencias básicas (Marco Español de Calificacións para a Educación Superior, MECES)
B.2. Que o estudantado saiba aplicar coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posúa as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
B.3. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias transversais
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
A proposta metodolóxica a empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo e aprendizaxes autónomas. As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes temas e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas, etc. O apoio de material visual e recursos en rede empregaranse para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.
Co traballo en seminarios preténdese afondar en aspectos concretos das clases teóricas. As actividades a realizar incluirán a lectura e comentario de documentos, respostas a preguntas, análise de situacións prácticas, visionado de vídeos, estudo de casos, debates e realización de traballos. Con eles, preténdese que o estudantado aprenda a manexar diferentes fontes de información, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construír significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios serán presentados ó estudantado nas correspondentes sesións de clase.
Nas sesións interactivas realizaranse diferentes actividades de carácter práctico que se especificarán na Guía docente e no Plan de Traballo de cada tema. Os resultados do traballo, habitualmente realizado en grupo, deberán ser defendidos oralmente ante os/as compañeiros/as e posteriormente debatidos.
Para cada un dos temas proporcionaranse as diapositivas empregadas nas exposicións, ao que se lle poderá engadir materiais de estudio especificamente para cada tema tratado (lecturas obrigatorias...). A totalidade do material das clases expositivas e interactivas será obxecto de estudio básico para o exame da materia e estará a vosa disposición no campus virtual da USC. O Campus Virtual servirá de soporte para compartir este material, así como para entregar traballos e intercambiar comentarios e avisos sobre a materia e as súas sesións.
As titorías individuais e / ou de grupo, a demanda do estudantado, servirán para aclarar ou comentar aspectos do traballo realizado nas clases expositivas e interactivas. Faranse nos horarios sinalados e no despacho do profesorado.
A calificación global do estudantado na asignatura procederá:
-Un 50% da cualificación dos resultados dunha proba sobre os contidos tratados na materia. É preceptivo ter aprobado este exame para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da asignatura.
- Un 50% da cualificación do traballo realizado nas sesións expositivas e interactivas (Seminarios). É preceptivo ter aprobados tódolos traballos realizados nas sesións para sumar a cualificación obtida na proba (exame).
Os criterios de avaliación destas actividades poderán variar para cada unha delas. Entre os aspectos xerais que se considerarán están, ademais da asistencia obrigatoria e a participación nas clases expositivas e interactivas, a propia calidade dos contidos, o grao de axuste ás directrices dadas, a competencia expositiva, a orixinalidade e as achegas críticas, e a evidencia de traballo en grupo e non a suma de respostas individuais.
A asistencia ás clases expositivas e interactivas serán preceptivas para poder ser avaliado na materia (Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024; artigo 1, punto 2c). O estudantado deberá asistir a un 90% das sesións expositivas e interactivas e non deberá superar o 10% de faltas non xustificadas en ditas sesións (artigo 3). Ademais o estudantado deberá ter participado, realizado e presentado as actividades requeridas nas sesións expositivas e interactivas. A non realización do exame ou das actividades propostas nas sesións expositivas e interactivas levará consigo unha cualificación de NON PRESENTADO. Cando non se supere, xa sexa o exame xa sexan as actividades propostas nas sesións expositivas e interactivas, a cualificación que figurará en actas será a de SUSPENSO, co valor numérico máis próximo ao 5 " e menor que este" nun e noutro apartado da avaliación.
O estudantado que non cumpra os requisitos de asistencia e de entrega de traballos establecidos no parágrafo anterior, NON poderá aprobar a materia na oportunidade de xuño. En sucesivas oportunidades poderá facelo realizando, ademais dunha proba teórico-conceptual, outra de corte práctico-aplicado que avaliará as competencias procedementais. A proba teórico-conceptual terá un peso do 50% e a proba práctico-aplicada do 50%.
O estudantado que non supere a proba, pero teña aprobadas as actividades realizadas nas sesións expositivas e interactivas poderá presentarse ao exame oficial da segunda oportunidade sen necesidade de facer traballos ou probas adicionais. O estudantado que non teña superada algunha das actividades realizadas nas sesións expositivas e interactivas, pero si o exame, na segunda oportunidade será avaliado unicamente daquelas actividades non superadas a través dunha proba práctica.
Nos casos que se contemplan na normativa da Facultade, o estudantado que teña solicitada e concedida a exención de docencia ou a dispensa de asistencia deberá presentar ao profesorado a devandita certificación ao principio de curso e realizará esta proba práctico-aplicada en tódalas oportunidades ás que concorra. Nos devanditos casos, o estudantado debe poñerse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e a superación da materia. A proba teórico-conceptual terá un peso do 50% e a proba práctico-aplicada do 50%.
O estudantado repetidor rexirase polo sistema de avaliación ordinario. Se no curso anterior tivese superados os requisitos de asistencia e dos traballos dispostos na programación docente, presentarase ao exame oficial sen necesidade de facer traballos ou probas adicionais.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citar aos autores e as fontes. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
A materia ten arredor dun total de 50 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas en gran grupo, actividades en grupo mediano en seminarios, estudos de casos, resolución de supostos, planificación e posta en práctica de intervencións educativas, así como a realización dunha proba-exame.
Estímase que o estudantado deberá adicar en torno a 90 horas o seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 40 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, búsqueda de información e análise de documentos; en torno a 60 dedicaraas a outras actividades de estudo, análise de materiais, preparación de presentacións orais, e resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.
É importante que o estudantado se implique activamente dende o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito. Recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa dos contidos teóricos e prácticos da asignatura.
* NORMATIVA DE AVALIACION (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de
cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-): Dado que a avaliación da materia require de realización de exame, compre sinalar que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
* RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
* PERSPECTIVA DE XÉNERO
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
* Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
* Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
* Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o estudantado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
* Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
* ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Cando as condicións e requisitos da materia, a valoración e coordinación co alumnado ou os orzamentos do centro o permitan, poderanse desenvolver saídas didácticas, experiencias de Aprendizaxe-Servizo (ApS) ou mesmo desenvolver sesións fóra das instalacións da facultade, podendo empregar espazos naturais ou mesmo instalacións deportivas municipais.
* ASISTENCIA A CLASE: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
* PROTECCIÓN DE DATOS: Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
María Adelina Guisande Couñago
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813919
- Correo electrónico
- mariaadelina.guisande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
02.06.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
02.06.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
08.07.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |