Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
CONCEPTUAIS:
1. Adquirir nocións básicas sobre a fisioloxía e anatomía do aparello fonador.
2. Adquirir nocións básicas sobre a emisión de sons vocálicos e consonánticos.
3. Coñecer o concepto de disfonía disfuncional, con ou sen lesións orgánicas.
4. Coñecer as principais técnicas que permitirán preservar a voz no contexto escolar: respiración, relaxación e emisión.
5. Coñecer as características das voces infantís e as súas principais alteracións.
PROCEDIMENTAIS:
1. Entender e aprender a utilizar o corpo como un instrumento para a fonación.
2. Manexar técnicas de respiración, relaxación e emisión que permitan incrementar a calidade da voz e a eficacia do seu emprego na aula.
3. Seguir as normas básicas de coidado e mantemento da voz.
4. Aprender a detectar hábitos erróneos na emisión da voz e a corrixilos.
5. Recoñecer os principais signos perceptivos das condutas de sobreesforzo vocal.
6. Ser capaz de utilizar recursos que permitan axudar a preservar a voz infantil na aula.
ACTITUDINAIS:
1. Obter coñecementos mediante a procura, organización e análise crítica de bibliografía, fontes documentais e TICS relacionadas cos contidos da materia.
2. Desenvolver actitudes abertas, comunicativas, empáticas e asertivas que faciliten o traballo en equipo, a participación e a colaboración cos compañeiros e compañeiras e co/a docente.
3. Desenvolver valores de tolerancia e respecto ás/aos demais no marco da diversidade individual.
Tema 1. O corpo como instrumento: bases anatómicas e funcionais.
1.1. O aparello fonador: fisioloxía e anatomía da fonación.
1.2. O sistema nervioso e a súa implicación na produción vocal.
1.3. Conciencia corporal e esquema corporal vocal.
Tema 2. A voz e a palabra.
2.1. Breves nocións de fonética.
2.2. Calidades da voz.
2.3. Clasificación e adaptabilidade das voces segundo o contexto comunicativo.
Tema 3. Preservar a saúde vocal no contexto escolar: uso correcto da voz en profesionais da educación.
3.1. Disfuncións e patoloxías da voz no profesorado: causas, síntomas e abordaxe.
3.2. Técnicas de respiración.
3.3. Técnicas de relaxación.
3.4. Técnicas de emisión vocal: impostación, articulación e entoación na dicción.
3.5. Saúde e hixiene vocal: prevención, detección e manexo de problemas vocais.
Tema 4. A voz infantil: prevención e tratamento nas aulas.
4.1. Características da voz infantil e factores de risco vocal.
4.2. Disfonías infantís: incidencia, causas e detección precoz no contexto escolar.
4.3. Estratexias de prevención e promoción do coidado vocal no contexto escolar e familiar.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
1. Fiuza, M. (2011). Una realidad olvidada: la salud vocal en educación infantil y primaria. Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e
Educación, 19(1), 27-40.
2. Fiuza, M. (2013). Educación vocal. Guía Práctica. Pirámide.
3. Rodríguez, T. (2000). La voz en la enseñanza. Secretaria de Publicaciones de la Universidad de Sevilla.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
1. Bustos, I. (2000). Trastornos de la voz en edad escolar. Aljibe.
2. Bustos, I. (2002). Tratamiento de los problemas de la voz. Nuevos enfoques. CEPE.
3. Bustos, I. (2007). La voz. La técnica y la expresión. Paidotribo.
4. Cortazar, I., e Rojo, B. (2007). La voz en la docencia: conocer y cuidar nuestra herramienta de trabajo. Graó.
5. Garcia, L. (2003). Tu voz, tu sonido. Díaz de Santos.
6. Lodes, H. (2008). Aprende a respirar. RBA.
7. Molina, M.T., Fernández, S., Vázquez, F., e Urra, A. (2006). Voz del niño. Revista de Medicina de la Universidad de Navarra, 50(3), 31-43.
8. Payné, R. (2002). Técnicas de relajación. Guía práctica. Paidotribo.
9. Quiñones, C. (2003). Programa para la prevención y el cuidado de la voz. PRAXIS.
10. Rivas, R.M., e Fiuza, M.J. (2002). La voz y las disfonías disfuncionales. Prevención y tratamiento. Pirámide.
11. Tulón, C. (2006). La voz. Técnica vocal para la rehabilitación de la voz en las disfonías funcionales. Paidrotribo.
12. Vallés, A., e Vallés, C. (2006). La voz y la respiración. Ejercicios de foniatría infantil (2ª ed.). EOS.
13. Veiga, P. (2005). Educación de la voz: anatomía, patologías y tratamiento. IdeasPropias.
14. Vila, J. M. (2010). Guía de intervención logopédica en la disfonía infantil. Síntesis.
COMPETENCIAS BÁSICAS:
CB.1. Que os/as estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, aínda que se apoie en libros de texto avanzado, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB.2. Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
CB.3. Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB.4. Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
COMPETENCIAS XERAIS:
X1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos arredor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
X2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe tanto individualmente como en colaboración con outros/as docentes e profesionais do centro.
X3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
X10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo entre os/as estudantes.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
E54. Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde as artes.
E55. Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos seus aspectos plástico, audiovisual e musical.
E56. Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais e plásticas dentro e fóra da escola.
E57. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos/as estudantes.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
T1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A metodoloxía a empregar conxuga o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo e aprendizaxes autónomas. As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes temas e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas, etc. O apoio de material visual e recursos en rede empregaranse para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.
Nas sesións interactivas realizaranse diferentes actividades de carácter práctico que se especificarán na guía docente. Os resultados do traballo, realizados en grupo ou individualmente, poderán ser defendidos oralmente ante os/as compañeiros/as e posteriormente debatidos.
Para cada un dos temas proporcionaranse as diapositivas empregadas nas exposicións, ao que se lle poderá engadir materiais de estudio especificamente para cada tema tratado (ex. lecturas obrigatorias). A totalidade do material das clases expositivas e interactivas será obxecto de estudio básico para os exames da materia e estará a disposición do alumnado no Campus Virtual da USC.
As titorías individuais e/ou de grupo, a demanda do alumnado, servirán para aclarar ou comentar aspectos do traballo realizado nas clases expositivas e interactivas.
A avaliación global do estudantando na materia basearase na combinación dos seguintes elementos:
- O 30 % da cualificación corresponderá aos resultados das probas (exames) sobre os contidos dos temas tratados nas clases expositivas e interactivas. Realizarase unha avaliación continua e sumativa, mediante un total de catro exames, un por tema.
- O 70 % da cualificación corresponderá ao traballo realizado nas sesións interactivas. Teranse en conta, entre outros aspectos, a calidade dos contidos, o grao de axuste ás directrices, a competencia expositiva, a orixinalidade, as achegas críticas e a evidencia de traballo en grupo.
Para poder ser avaliado na materia, o alumnado deberá ter participado, realizado e presentado, polo menos, o 80 % dos traballos obrigatorios requiridos (tanto das sesións interactivas como das expositivas). A non realización das actividades en calquera das dúas modalidades implicará unha cualificación de "non presentado" en ambas convocatorias. Será requisito imprescindible superar por separado tanto as actividades vinculadas ás sesións expositivas (exames) como as correspondentes ás sesións interactivas.
No caso de non superarse algunha destas partes, a cualificación que figurará en actas será de "suspenso" co valor numérico máis próximo ao 5 obtido no apartado non superado. O alumnado que teña superadas as actividades das sesións expositivas pero non as das interactivas, será avaliado unicamente destas últimas na segunda oportunidade, mediante a entrega dunha proba práctica cunha semana de antelación á data oficial do exame. Pola contra, o alumnado que non teña superadas as actividades das sesións expositivas pero si as das interactivas poderá presentarse á segunda convocatoria realizando unicamente unha proba específica na data oficial do exame final.
Asistencia a clase:
O programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. Pode obterse máis información ao respecto no enlace: https://minerva.usc.gal/entities/publication/bfb797a8-db23-4a8e-a8a9-6d…
Neste sentido, a asistencia ás clases é obrigatoria para superar a materia. O estudantado deberá asistir obrigatoriamente a un mínimo do 90 % das sesións de clases. Entenderanse cumpridas as obrigas de asistencia sen necesidade de achegar xustificación cando as ausencias non superen o 10 % das horas programadas, agás nos casos de actividades de realización obrigatoria, nas que será imprescindible a asistencia total.
O alumnado repetidor deberá seguir o réxime ordinario da materia, incluída a asistencia continuada ás clases, agás nos casos en que tivese superado previamente os requisitos de asistencia establecidos para a materia en cursos anteriores. Neste último caso, o alumnado quedará exento da asistencia continuada e só deberá realizar as actividades específicas propostas polo profesorado, así como someterse ao sistema de avaliación correspondente, que poderá desenvolverse en datas alternativas previamente acordadas.
Dispensa de asistencia a clase:
O alumnado ao que lle sexa concedida a dispensa de asistencia realizará as mesmas probas e traballos que se programen na Guía Docente. Deste xeito, tratamos de asegurar que se cumpran condicións similares de aprendizaxe tanto para o alumnado asistente como non asistente. Este alumnado deberá contactar co profesorado na primeira semana de clase. A cualificación global do alumnado de dispensa/exención na materia procederá por tanto: 30 % probas-exames e 70 % traballos de interactivas, coa excepción de que poderán realizarse de xeito individual e telemático, e en datas alternativas de ser necesario.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Segundo a Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación (aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017), a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
A materia ten en torno a 38,5 horas de clases presenciais, distribuídas en actividades en gran grupo (clases expositivas), actividades en grupo mediano en seminarios (clases interactivas), titorías e actividades de avaliación formativa e sumativa.
Estímase que o alumnado deberá dedicar 74 horas de traballo persoal/autónomo para poder superar a materia, incluíndo 14 horas de lectura de materiais, 30 horas de elaboración de informes e traballos, e 30 horas de estudo.
É importante que o alumnado se implique activamente dende o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito. Recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa dos contidos teóricos e prácticos da materia.
Recoméndase o uso das titorías co profesorado, cuxo horario se especificará na Guía docente da materia e no Campus Virtual da mesma.
1. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
2. Responsabilidade ambiental:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non fagan referencia directa aos temas desenvolvidos.
3. Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso dunha linguaxe inclusiva e non sexista, tanto no traballo habitual da aula como nos traballos académicos. Pode obterse máis información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/sites/default/files/documents/2023-10/linguaxe_n…
4. É obrigatorio o uso do correo rai.
5. É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
6. Non se poderá utilizar o teléfono móbil, salvo como instrumento de traballo seguindo as indicacións do/a docente. O alumnado será responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non adecuado do mesmo.
7. Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
8. É de obrigatorio cumprimento a normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Ana Nieto Vieites
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813679
- Correo electrónico
- ananieto.vieites [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
13:30-14:30 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 4º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
14:30-15:30 | Grupo /CLIS_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 4º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
22.01.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
17.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |