Ir o contido principal

Cláusula informativa sobre protección de datos no Sistema Interno de Información

Cláusula informativa sobre protección de datos no Sistema Interno de Información

De conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e co Regulamento UE 2016/679, os datos que proporcione serán incorporados pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no tratamento “Denuncias e comunicacións” cuxa finalidade é a corrección de infraccións normativas.

O responsable do devandito tratamento é a Universidade de Santiago de Compostela, cuxos datos de contacto son Praza do Obradoiro s/n, 15782, Santiago de Compostela, mail: protecciondatos [at] usc.gal (protecciondatos[at]usc[dot]gal)

O contacto co Delegado de Protección de Datos é dpd [at] usc.es (dpd[at]usc[dot]es)

O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.

Poderanse ceder datos a outras administracións públicas nos casos establecidos na lexislación vixente.

As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento oposición e portabilidade a través da Sede Electrónica en https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm

Os datos recollidos no Sistema Interno da Información da USC que sexan obxecto de tratamento poderán conservarse unicamente durante o tempo imprescindible para decidir sobre a procedencia de iniciar unha investigación sobre os feitos relatados. En todo caso, transcorridos tres meses desde a recepción da comunicación sen que se iniciaran actuacións de investigación, deberá procederse á súa supresión ou bloqueo, salvo que a finalidade da conservación sexa deixar evidencia do funcionamento do sistema. As comunicacións ás que non se lle dera curso constarán de forma anonimizada.

A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en

http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.html

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.11.2023.