A FECYT e Clarivate organizan o I Ciclo de Formación Online de 2025 da base de datos Web of Science, co obxectivo de dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos.

Para participar nas sesións é imprescindible rexistrarse co correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas. As sesións serán gravadas e, ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación.
A sesión terá os seguintes obxectivos formativos:
- Traballar cunha conta persoal para gardar o traballo
- Buscar un tema con operadores booleanos
- Utilizar o meu historial para gardar buscas e crear alertas
- Gardar e organizar documentos en listas marcadas
Apúntate ao webinar picando neste enlace.
As bases da convocatoria oficial de formación e as instrucións para obter o certificado, atópanse nesta páxina da FECYT.