Ir o contido principal
Data de publicación
Data de solicitude
Prazo de resolución

A Universidade de Santiago de Compostela deseña esta convocatoria para facilitar a formación e o estudo do seu persoal. Esta axuda está destinada a que as persoas titulares  poidan formarse de xeito gratuíto en titulacións de grao e máster.  A esta axuda poderán acollerse tamén as persoas beneficiarias para a realización dunha única titulación oficial de grao e máster en universidades públicas españolas e  portuguesas, por razóns de proximidade e fomento das relacións co país veciño. 

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o día 14 de maio de 2026.

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

1. Matrícula en titulacións oficiais impartidas na USC:
- Cando formalice a súa matrícula de continuación a través da páxina web https://www.usc.gal/gl/admision sinalando o tipo de subvención no apartado de EXENCIÓNS. Deberase achegar a información solicitada sobre a persoa titular do dereito á axuda.
- Cando a persoa beneficiaria non marque esta axuda no momento da súa matrícula, o/a titular do dereito poderá realizar a solicitude mediante o formulario que atopará na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/axudasPersoalUSC0506.htm

2. Matrícula en titulacións de universidades públicas portuguesas ou españolas distintas da USC:
- O titular do dereito deberá cubrir a solicitude mediante o formulario que atopará no seguinte enlace: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/axudasPersoalUSC0506.htm

DOCUMENTACIÓN

1. Matrícula en titulacións oficiais impartidas na USC. A persoa titular do dereito á subvención da Universidade de Santiago de Compostela deberá achegar en formato electrónico no momento da aceptación a través da Secretaría Virtual (SV):
- Libo de familia cando a persoa beneficiaria non é a titular do dereito (só a primeira vez que solicita a axuda).
- Certificado de convivencia se a persoa beneficiaria é parella de feito do/a titular.
- Se a persoa beneficiaria pertence a familia numerosa da categoría xeral e, se opón á consulta a través do Sistema de verificación e consulta de datos (SVCD), deberá achegar copia do título no cal deberá constar a súa data de caducidade. Isto non será preciso cando o fixera constar na súa matricula na USC.
2. Matrícula en titulacións oficiais en universidades públicas portuguesas ou españolas distintas da USC:
- Ademais da documentación citada no punto anterior que puidese corresponder, deberanse achegar os xustificantes de matrícula e do pagamento da mesma. No caso de que o estudantado faga o pagamento fraccionado dos prezos públicos por servizos académicos, terá que xustificar o pagamento de todos os prazos.
- Cando se realicen modificacións de matrícula ao longo do curso, enviarase o xustificante bancario que coincida co importe da matrícula definitiva.
- Cando a matrícula se realice nunha universidade portuguesa deberá achegar documentación xustificativa de que é pública.

Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado

Pavillón Estudantil, 1.º andar
Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782
Santiago de Compostela
Teléfonos
881 814525 881 814560 881 814523