Ir o contido principal
Podes inscribirte no IV Certame de paisaxe sonora, coordinado por Arturo Vaquero, ata o 30 de outubro de 2025
Imaxe do cartel

O certame ten como finalidade alentar e estimular a disciplina da creación de paisaxes sonoras, así como fomentar a educación da escoita e a sensibilización do oído na nosa contorna. Pretendemos destacar a importancia dos sons no noso día a día e a súa capacidade para evocar emocións, contidos culturais e históricos, e a conexión co noso medio ambiente.

Participantes

Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen, sen restrición de nacionalidade ou lugar de residencia.

Premios

  • Premio á mellor paisaxe sonora: 300 € e diploma
  • Premio á mellor paisaxe feita por estudantado da USC: 200 € e diploma
  • Premio do público: 100 € e diploma

Entrega do traballo

O traballo enviarase do 8 ao 10 de novembro de 2025 ao correo-e cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal) ou por WeTransfer. 

Titorías

Coa vontade de proporcionar ferramentas e fomentar o coñecemento, o certame pon a disposición das persoas participantes a posibilidade de manter unha titoría en liña, o 22 de outubro ás 20.00 h, cunha duración de 60 minutos. Para poder asistir a esta titoría é preciso enviar un correo-e a cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal) co asunto: Titoría.

Entrega de premios

A data da entrega de premios e escoita dos traballos será o 21 de novembro na Casa do Saber.

Bases do certame

Consulta as bases do certame para máis información.

INSCRICIÓN

A inscrición pode realizarse ata o 30 de outubro de 2025, cubrindo este formulario. Logo de cubrir o formulario, as persoas participantes deben enviar un correo-e a cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal) co DNI escaneado e Certificado de conta bancaria na que desexen recibir o premio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.10.2025.